Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

PlantillaInfografía básica

botas unha peza?

Queremos que bailes ou que nos ensines a bailar algunha peza musical galega. Tamén poden ser doutras culturas musicais se nos explicas en galego como se baila.

2

1

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

tes moito conto?

Pódesnos contar un conto ou prefires un monólogo? Senón, podes enviarnos monólogos ou contos que coñezas en galego, en formato de audio ou vídeo.

quedachesretratada/o?

Aquí querémoste ver nun retrato. Gustaríanos que imitases unha pintura da tradición artística galega. Cos medios que teñas a man.

un pasa-tempos?

Non sabes en que pasar o tempo. Gústache crear caldos de letras? Podes facer os que propoñan ou propoñernos para facer.

regueifamos?

A regueifa é un xénero popular galego que cada vez está collendo máis forza. Queres cantar algunha peza para que che respondan? Prefires mandarnos soamente o audio ou queres simplemente escribila? Adiante!

e ti que ves?

No mundo audiovisual galego hai propostas moi interesantes. Seguro que es quen de achegarnos algunha ou mesmo ao mellor ti fixeches algunha peli, documental, curta…

lendo a carvalho?

Ricardo Carvalho Calero é o autor ao que lle dedican este ano o Día das Letras. Gustaríanos ter un podcast, un vídeo teu lendo algún dos seus textos. Na proposta que che facemos tes varios.

viñetas polalingua

Coleccionamos viñetas que teñan como tema o noso idioma. En galego houbo e hai grandes debuxantes: O Carrabouxos, Castelao, Xaquín Marín, O Bichero… Ou ao mellor ti es a gran debuxante que imos descubrir se nos aportas algunha viñeta pola lingua.

xogas?

Vai unha partida? En galego tamén temos xogos en rede; participa nalgunha partida ou dános a coñecer algún.

internet en galego?

Sabes que o Día das Letras Galegas é tamén o Día das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Así que nos gustaría que te informases ou que nos deses a coñecer algunhas webs, blogs, aplicacións… en galego.

tes fame?

Gustaríanos que nos fixeses unha receita da túa comida favorita, ou da que mellor che sae, ou unha que non che sabe moito, pero que ben a explicas en galego!

vai un crebacabezas?

Facer un crebacabezas online pode ser unha diversión moi interesante, e ademais podemos deseñalo nós con viñetas de Castelao, cadros de pintores galegos, portadas de obras literarias…

e ti de quen vés lendo?

Propostas para lermos en galego: banda deseñada, revistas, prensa, libros… Ou para aproveitarmos algunha e lermos o que nos aconsellen.

tapamos acara?

Parece que se van poner de moda as máscaras. E se as tuneamos con algunha frase ou debuxo que anime a taparmos a boca, pero a usarmos a nosa lingua?

a tisóache?

Seguro que che apetece escoitar algunha proposta musical que descoñecías en galego ou ben aconsellarnos algunha que che presta moito. Adiante!

kara o(u)ke?

Podemos cantar en galego. Distintos estilos, desde música tradicional a estilos diferentes da música actual.

"20 en galego..."

e quero verte falando, lendo,escribindo,escoitando... vémonos?

17

18

19

20

publícalo?

E todo isto que fixeches podes ensinárnolo, compartilo cos amigos ou a familia polo móbil. A nós gustaríanos verte facéndoo. “Vinte en galego”. Mais, se non queres, cóntanolo cando menos. Podes enviarnos un comentario ao noso correo cada vez que fagas algo (carralengalego@gmail.com) ou ben a ligazón ao link da rede social á que o subiras.

un xogo popular?

Os xogos populares, os de toda a vida, os que saen máis baratos… Vai unha partida?

dobras ou nada?

A quen non lle apeteceu escoitar a súa voz mentres falaba nunha película o seu actor ou actriz favoritos? Pois agora podes facelo.

todos os días das letras

Para nós todos os días son o Día das Letras Galegas. Por iso gústanos que nos ensines recursos para mellorarmos no uso da nosa lingua.

E ti como te ves en galego? Porque desde o EDLG do IES de Carral vémoste ben. Gustaríanos verte realizando cada unha das 20 propostas que facemos. E queremos que as vexa (e participe) toda a comunidade educativa do IES de Carral: alumnado, familias, persoal non docente, profesorado, veciñas e vecinos de Carral e arredores… e mesmo a calquera que vexan ou non os nosos ollos. Vedes que fácil?Ao premerdes sobre o título de cada actividade explícase en que consiste. Se premedes sobre o debuxo de cada proposta, teredes acceso a un exemplo.

EDLG IES DE CARRAL