Want to make creations as awesome as this one?

Xogo pertencente ao proxecto "Viaxe ao reino das emocións" da Fundación Meniños

Transcript

Instrucións:

META

Hoxe apareciches no Aloia, e para volver a túa casa terás que aprender unha chea de cousas que os seres do Reino queren ensinarche. Prepara a maleta que imos de viaxe! Tira o dado e avanza as casiñas que che indique, despois pulsa na que caigas e fai a acción que che diga.

Boa sorte!

Xogo do Aloia

O sabio amósache as estrelas no seu telescopio. Gústache tanto a experiencia que quedas unha quenda investigando as constelacións.

Iris ten unha apócema máxica para ti. Bébea e avanza tres casiñas máis.

Atopaches un anaco do teu mapa do Aloia! Iso significa que xa te coñeces un pouco mellor e así podes avanzar máis rápido. Conta outras seis casiñas.

A ra invítate a comer unha mosca. Por non ser descortés, intentas probala pero dáche noxo e da impresión das un chimpo para atrás e retrocedes dúas casiñas.

A curuxa lévate voando un anaco, avanzas catro casiñas.

Enredaches bailando e cantando coas toupiñas, perdes unha quenda.

Quirón amósache un túnel secreto polo que avanzas tres casiñas.

Esquecéuseche todo o aprendido ata aquí e berrácheslle a alguén! Retrocede ata a casiña de saída.

Explica a última vez que te enfadaches. Por que pasou e que fixeches cando te sentiches así?

Toca ioga: fai a postura do gato.

Di algo que che faga rir.

Botáronche un meigallo e agora es un can contento. Represéntao!

Conta un recordo especial que te faga sorrir.

Canta a túa canción favorita (e pide que che fagan coros!)

Que sentes se che fan o agasallo que querías polo teu aniversario?

Que lugar che fai sentir ben?

Toca ioga: fai a postura do can.

Explica algo que lle guste facer ao xogador da túa dereita.

Mímica: representa sen sons que estás contento.

Atopa algo que che guste a ti e tamén ao xogador da túa dereita. Tedes que chegar a acordo.

Mímica: representa sen sons que estás triste.

Que sentes se perdes algo importante para ti?

Botáronche un meigallo e agora es un mono enfadado. Represéntao!

Toca ioga: fai a postura da cobra.

Amosa unha das túas habilidades.

Conta un dos teus éxitos.

Que actividade te fai feliz?

Di algo que te poña triste.

Toca ioga: fai a postura da tartaruga.

Botáronche un meigallo e agora es un oso triste. Represéntao!

Dálle as grazas a un xogador ou xogadora por algo bo que fixo por ti.

Atopa algo que che guste a ti e tamén ao xogador da túa esquerda. Tedes que chegar a acordo.

Conta algo que aprenderas recentemente.

Mímica: representa sen sons que estás enfadado.

Que sentes se te culpan por algo que non fixeches?

A curuxa lévate voando un anaco. Avanzas catro casiñas.

Di algo que che gusta doutro xogador ou xogadora.

Botáronche un meigallo e agora es unha tartaruga vergoñenta. Represéntao!

Amosa o teu baile da alegría.

Que lle dirías a alguén enfadado para axudarlle a que se sinta mellor?

Menciona a alguén que che axudara hai pouco.

Levántate e di firmemente: eu creo en min.

Toca ioga: fai a postura do cangrexo.

Que sentes se abres el cubo do lixo e ule moi mal?

Conta a última vez que te sorprendiches.

Que lle dirías a alguén triste para axudarlle a que se sinta mellor?

Se tiveses un superpoder, cal sería? Por que?

Mímica: representa sen sons que levaches unha sorpresa.

Se te puideras teletransportar a calquera sitio, onde irías?

Que sentes se chegas a casa e che prepararon unha festa sorpresa?

Mímica: representa sen sons que algo che dá noxo

Toca ioga: fai a postura do tiburón.

Que sentes se tropezas na rúa e se rin de ti?

Explica algo que lle guste facer ao xogador da túa esquerda.

Cal é o teu libro favorito?

Que che dá medo?

Túmbate no chan e respira calmadamente cinco veces coas mans na barriga. Nota como sobe e baixa. Como te sentes?

Conta unha experiencia que che gustaría vivir.

Mímica: representa sen sons que algo che dá medo.

Botáronche un meigallo e agora es un rato un ratón medorento. Represéntao!

Que sentes se atopas unha serpe no medio dun bosque?

Cal é a túa película ou serie favorita?

Parabéns!

Xogar de novo