Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ler máis

DECÁLOGO DE SEGURIDADE NA REDE

Nas redes e no correo, acepta unicamente contactos e mensaxes con remitentes coñecidos. Así evitas ameazas como virus, phising ou ciberbullying.

Emprega contrasinais fortes: combina maiúsculas e minúsculas, números e caracteres.

Non amoses a túa ubicación nas publicacións das redes sociais.

Nunca proporciones datos persoais se o formulario ten fiabilidade dubidosa. Pregunta a un adulto.

Non creas nas ofertas ou premios que aparecen anunciados na web. Nunca premas neles.

Accede a páxinas web e recursos de confianza.

Non creas todo o que les nas redes, contrasta a información. Internet é unha porta aberta ás chamadas "Fake news"

Cando non uses o teu dispositivo persoal, asegúrate de pechar a túa sesión na conta das redes sociais, correos, banca, etc.

Ten coidado coas descargas e accesos na rede. Emprega un bo antivirus.

Non compartas información privada, nin túa nin dos demais sen o seu consentimento.

10

9

1

3

2

8

5

4

7

6

INTERNET É UN RECURSO MAGNÍFICO: ÚSAO CON SENTIDIÑO!

17 Maio

#DÍA DE INTERNET

Phishing é o delito de enganar ás persoas para que compartan información confidencial como contrasinais ou números de tarxetas de crédito. As vítimas reciben mensaxes de correo ou de texto imitando a persoas ou organizacións de confianza. Por iso, é fundamental que abras unicamente as mensaxes das que coñezas o remitente.