Want to make creations as awesome as this one?

ORIENTACIÓN ACADÉMICA DE 1º A 2º BACH BARRAL

Transcript

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

de 1º a 2º de Bacharelato

ESTRUTURA SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

BACHARELATO

Pertence a etapa da educación secundaria, pero non é obrigatoriaDura 2 cursos que normalmente realízanse entre os 16 e os 18 anos

- Co título da ESO - Co título de ciclo de Grao Medio ou técnico de Artes Plásticas e Deseño/ Deportivo.

Accédese:

Finalidade:

- Proporcionar formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que permitan ao alumnado desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. - Acceder a estudos Superiores: universitarios e de formación profesional.

CARACTERÍSTICAS DO BACHARELATO

Repetición:

• Promocionarás de 1º a 2º se superas todas as materias ou tes avaliación negativa en dúas como máximo. Se promocionas con materias non superadas, en 2º deberás matricularte das materias pendentes de 1º. - Se ao rematar 2º suspendes algunha/s materia/s poderás matricularte delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou podes optar por matricularte de todas as materias de 2º para mellorar as túas cualificacións. • Pódese repetir un máximo de dúas veces na etapa, un curso cada vez, e excepcionalmente un curso dúas veces (previo informe favorable do equipo docente). Poderás permanecer escolarizado durante catro cursos académicos no réxime ordinario. No réxime de adultos hai máis anos de permanencia. Titulación: - Para acadar o título debes ter avaliación positiva en todas as materias. A nota media da etapa será a media de todas materias de 1º e 2º cursos de bacharelato.

Promoción:

PROMOCIÓN E TITULACIÓN NO BACHARELATO

• Dentro de cada modalidade hai varias opcións e itinerarios. - Na modalidade que escollas cursarás materias de tres tipos: troncais, específicas e de libre configuración.

CIENCIAS

ARTES

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

MODALIDADES BACHARELATO

LCL II (3 horas)

Historia de España(3 horas)

Troncal propia modalidade II (4 horas)

1ª Lingua estran. II (3h.)

LGL. II (3 horas)

MATERIAS COMÚNS A TODAS AS MODALIDADES 2º Bacharelato

O alumnado que no 2º curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia primeira lingua estranxeira poderá incorporarse ás ensinanzas da lingua estranxeira II coa autorización do/da director do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso. Cando se solicita?: no momento da matrícula e, en calquera caso, antes do inicio das actividades lectivas do segundo curso. A dita materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumnado promocionou ao segundo curso. Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado/a na materia de segundo. Se non podes asistir a clase da materia de 1º a traballarás coma se fose unha pendente.

CAMBIO DE IDIOMA NA PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA

Terás que rexistrar a túa opción por orden de preferencia

  • Inglés

PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA

  • Francés
  • Portugués

PODERÁS ELEXIR ENTRE...

CIENCIAS: Matemáticas IICIENCIAS SOCIAIS: Matemáticas aplicadasás CC.Soc II HUMANIDADES: Latín IIARTES: Fundamentos da Arte II

TRONCAIS PROPIAS DE MODALIDADE

E unha das seguintes a elexir:

CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES: cursarán obrigatoriamente...

CIENCIAS: Elexir dúas entre....

BIOLOXÍA

FÍSICA

ECONOMÍA DE EMPRESA

HISTORIA DA ARTE

HISTORIA DA FILOSOFÍA

GREGO II

DEBUXO TÉCNICO II

QUÍMICA

XEOLOXÍA

XEOGRAFÍA

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN NO IES DO BARRAL 2º Bacharelato

  • APLICACIÓNS INFORMÁTICAS PARA AS MATEMÁTICAS (2 horas)
  • XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA (2 horas)
  • LINGUA GALEGA DO S.XX E DA ACTUALIDADE (2 horas)
  • E.F.: VIDA ACTIVA E SAUDABLE (2 horas)
  • AFONDAMENTO DUNHA MATERIA (1 hora)

Das materias que atopas dentro deste cadro soamente podes elexir unha:

  • CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE (3 horas)
  • TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICO-PLÁSTICA (Debuxo artístico II) (3 horas)
  • PSICOLOXÍA (3 horas)
  • TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II (3 horas)
  • IMAXE E SON (3 horas)
  • HISTORIA DA FILOSOFÍA (4 horas, so para ciencias)
  • 2ª LINGUA ESTRANXEIRA FRANCÉS (3 horas)
  • 2ª LINGUA ESTRANXEIRA PORTUGUÉS (3 horas)
  • 2ª LINGUA ESTRANXEIRA INGLÉS (3 horas)
  • TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (3 horas)
  • RELIXIÓN (1 hora)
  • UNHA MATERIA NON CURSADA DO BLOQUE DE MATERIAS TRONCAIS DA OPCIÓN ELEXIDA (4 horas).......Debes indicar cal!

MATERIAS ESPECÍFICAS E DE L.C. 2º Bacharelato (elexir máximo 3, mínimo 2 que sumen 8 horas)

E SE PREFIRES ACCEDER DIRECTAMENTE AO CURRÍCULO DE CADA UNHA DELAS...

E ADEMAIS TEN UN CADERNO CON ITINERARIOS, MATERIAS E SAÍDAS DO BACHARELATO LOMCE, ONDE PODES ATOPAR O RESUMO DE TODAS ESTAS MATERIAS

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN NON TE PERDAS O BLOGUE DE MÓNICA DIZ, UNHA ORIENTADORA MOI RIQUIÑA QUE FAI UN CADERNO CON TODA A INFO QUE PRECISAS

ENLACES PARA COÑECER MÁIS AS MATERIAS DO BACHARELATO

+info

+info

+info

  • Dache acceso a:
    • Estudios de graos universitarios (mediante a realización da ABAU).
    • Ciclos formativos de Grao Superior de calquera familia profesional.
    • Estudos superiores de ensinanzas de réxime especial.
    • Outros estudos: Piloto Civil, Estudios Militares Superiores, Forzas de Corpos de Seguridade, Centro Superior de Hostalería de Santiago e outras titulacións propias das universidades.
  • Debes ter en conta que en función do Bacharelato escollido (modalidade/itinerario/materias) terás máis fácil acceso a uns Graos universitarios e Ciclos Superiores de formación profesional determinados.

TÍTULO DE BACHARELATO

E despois do Bacharelato...que?

Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (A.B.A.U.)

A ABAU é a proba que debe realizar o alumnado que remata Bacharelato para acceder á Universidade. Obxectivo da proba: valorar a madurez, as destrezas básicas e coñecementos disciplinares concretos, que debe acadar o estudante ao finalizar o Bacharelato para seguiren con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de Grao. Estrutura: consta de 2 partes: . Parte Obrigatoria: é a que debes superar como mínimo para o acceso á universidade. Consta de 5 exames das materias de LCL II, LGL II, 1ª lingua estranxeira II (a cursada en 2º de Bach), Historia de España e a materia propia de modalidade cursada en 2º de Bach. . Parte Voluntaria: sirve para mellorar a nota media de acceso á universidade. Podes examinarte dun máximo de 4 materias entre as materias do bloque das materias troncais de opción de 2º de bacharelato, as materias xerais troncais de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba e a segunda lingua estranxeira (materia específica).

ABAU

  • O acceso á universidade dende o Bacharelato, para cursar estudos oficiais de grao, requerirá a superación da parte obrigatoria da ABAU.
  • A cualificación da Parte Obrigatoria será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios.
  • A nota de acceso á universidade calcularase co 60% da nota media do Bacharelato e o 40% da nota media da parte obrigatoria (sempre que obtiveses un mínimo de 4 puntos nesta parte).
  • Superarás a ABAU cando obteñas unha nota de acceso igual ou superior a 5 (entre o 0 e o 10).
  • Dentro de cada rama universitaria, cada universidade poderá sinalar as materias concretas que considera prioritarias para un determinado título., e publican táboas de parámetros de ponderación co valor ponderado desas materias (o,1 ou 0,2).
  • Na parte voluntaria debes elexir examinarte das materias que se corresponden, en xeral, coa rama de coñecemento onde se inscribe a titulación que che interesa, e concretamente, as que ponderan o seu valor (multiplicando por 0´1 ou 0´2) para o grao ou graos aos que desexas acceder.
  • A nota media de admisión para cada grao universitario será distinta en función desta ponderación: sumando a nota ponderada das dúas materias á túa nota de acceso, por iso a nota de admisión pode ir do 0 ao 14).

Cualificación

DÉIXOVOS TAMÉN O ENLACE ÁS NOTAS DE CORTE, ONDE ADEMÁIS PODERÁS TER CONTA DE TODOS OS GRAO QUE SE IMPARTEN NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Se estudas Bacharelato co obxectivo de facer estudos universitarios hai dous cousas importantes nas que tes que fixarte: - Os graos universitarios ordénanse por ramas de coñecemento (cinco en total: ciencias, ciencias da saúde, artes e humanidades, enxeñería e arquitectura e ciencias sociais e xurídicas) isto pode indicarte qué modalidade de Bacharelato debes escoller. - Os parámetros de ponderación das materias na fase voluntaria da ABAU son o valor que ten esa materia para acceder a un grao determinado. As materias poden valer 0,1 ou 0,2 (máxima puntuación). Isto pode orientarte na elección das materias de 2º Bacharelato, vendo as que precisas para mellorar a túa nota. NO SEGUINTE ENLACE PODES CONSULTAR ESTES PARÁMETROS E AS RAMAS DE COÑECEMENTO DOS GRAOS

E A GRAN PREGUNTA: UNHA VEZ QUE SEI TODO ISTO...COMO FAGO PARA DECIDIRME?

+info

+info

ESTUDOS UNIVERSITARIOS

- GRAO: Obtense o título de graduado. - POSTGRAO: . MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada e máis avanzada. Acádase o título de Master. . DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master, obtense unha formación avanzada en técnicas de investigación. Acádase o título de doutor.

Existen graos e dobres graos... CONTINÚA PARA COÑECER TODA A OFERTA

Os títulos universitarios divídense en títulos de:

CARACTERÍSTICAS DOS ESTUDOS UNIVERSITARIOS

NO SEGUINTE ENLACE PODES COÑECER OS NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS DO SUG NO CURSO 20-21

NO BLOG DE MÓNICA DIZ PODES CONSULTAR TODA A OFERTA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO (SUG) E TER ACCESO AOS PLANS DE ESTUDO PARA COÑECER MELLOR CADA GRAO UNIVERSITARIO

CALES EXISTEN E ONDE PODO ESTUDAR?

+info

+info

FORMACIÓN PROFESIONAL

Cada un destes ciclos comprende dous cursos académicos (2000 horas ciclos LOE) e organízase en módulos profesionais, que serían como as materias de contidos teórico-prácticos que vas cursar, e que van estár moi ligadas á profesión que estudas.

Dentro de cada familia, a oferta educativa estrutúrase en ciclos formativos de grao básico, medio e superior

A finalidade da Formación Profesional é a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

A FP ordénase en 24 familias profesionais (grupos de ocupacións ou actividades produtivas)

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN PROFESIONAL

Déixoche un enlace para coñecer mellor a FP Dual.... (apartado 2.2.)

FP Dual: a formación do ciclo é compartida entre o centro educativo e unha empresa coa que se establece un convenio. Mentres te formas podes ter un contrato de aprendizaxe ou ser beneficiario dunha bolsa

Réxime de persoas adultas (18 ou 16 con contrato laboral): podes realizar a matrícula por módulos formativos (de xeito parcial) en modalidade presencial ou a distancia

Réxime ordinario: asistirás ás clases presenciais diariamente e realizarás o curso completo.

RÉXIMES E MODALIDADES DA FP

Consulta eiquí as modalidades de Bach preferentes para C.S.

CICLOS SUPERIORES: - Título de Bacharelato. A cada CS teñen preferencia os que cursaron determinadas modalidades de bacharelato. - Título universitario - Título de Técnico Superior de Formación Profesional.- Título de Técnico de Formación Profesional (ciclo medio) En cada CS teñen preferencia os titulados nun ciclo medio da mesma familia profesional. - Proba de acceso superada e ter 19 no ano de celebración da proba.

CICLOS MEDIOS: - Co título de ESO. - Título Profesional Básico (FP Básica) - Título de Bacharelato - Título universitario - Título de Técnico Superior de Formación Profesional (ciclo superior) - Proba de acceso superada e ter 17 anos no ano de celebración da proba.

ACCESO Á FP

+info

Cando as prazas nun ciclo medio sexan insuficientes aplicaranse os seguintes criterios: 1. Distribución por cotas: 90% xeral, 10% persoas con discapacidade, 5% a maiores para deportistas de alto rendemento. 2. Distribución por grupos dentro de cada cota: (en cada grupo as solicitudes ordénanse de maior a menor nota media en toda a etapa). GRUPO A: ESO e equivalentes ata o 70% GRUPO B: FPB e PCPI ata o 20% GRUPO C: Probas de acceso e outros ata o 10% 3. Criterios de desempate: sexo menos representado na área profesional, e se persiste, sorteo público de letras dos apelidos para a admisión.

ADMISIÓN NA FP

Entre outros módulos, todos os ciclos sexan do nivel que sexan inclúen a Formación en centros de traballo. A FCT é un período de prácticas nunha empresa, que normalmente dura ao redor de 3 meses (os últimos do curso) no 2º ano.É un módulo con moitas horas e para acceder precisas ter superados os outros módulos do ciclo.

FCT

Acadarás a titulación cando superes todos os módulos dese ciclo

CICLOS SUPERIORES: - Obterás o Título de Técnico Superior na profesión correspondente, co que poderás acceder ao mercado laboral, a estudos de grao universitarios (sen necesidade de realizar a ABAU, ou presentándote á parte voluntaria para subir a túa nota de acceso á Universidade).

CICLOS MEDIOS: - Obterás o Título de Técnico na profesión correspondente, co que poderás acceder ao mercado laboral, a ciclos superiores ou ao Bacharelato (cursando as materias xerais do bloque de troncais para acadar o título).

TÍTULACIÓN NA FP

Para solicitar praza en calquera ciclo terás dous períodos (datas orientativas): • Período ordinario en xuño, do 17 de xuño ao 2 de xullo aproximadamente, para quen cumpre os requisitos en xuño. • Período extraordinario en setembro, do 1 ao 8 de setembro aproximadamente, para quen cumpre os requisitos en setembro. No período extraordinario de setembro as prazas disponibles son as sobrantes do período ordinario, polo que pode haber ciclos que queden sen prazas. Este curso haberá que estar moi atento á páxina oficial da FP en Galicia para coñecer as novidades nos prazos a causa do COVID-19. Normalmente publicábase a mediados de xuño, xunto á oferta formativa. Deixo o link (haberá que esperar a que poña curso 20-21).

CANDO FAGO A INSCRIPCIÓN?

A oferta de ciclos publícase cada ano a mediados de xuño. No seguinte link atoparás a oferta do curso 19-20 ordenada por familia profesional ou por concello (xa que tamén temos que ter en conta as nosas posibilidades de desprazamento).

QUE CICLOS SE OFERTAN?

Aquí tes o acceso a cada un deles

RECORDAS ESES LIBRIÑOS DE CADA FAMILIA PROFESIONAL QUE TEMOS NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN?

ATA AQUÍ A FP, PERO...E SE ESTA TAMPOUCO É A MIÑA OPCIÓN?

E AÍNDA QUEDAN MÁIS...

ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

ARTE DRAMÁTICA

ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO

CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

CICLOS DE FP DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

MÚSICA E DANZA

ENSINANZAS DEPORTIVAS

ENSINANZAS DE IDIOMAS

CALES SON?

Se aínda quedas con dúbidas podes escribirme a orientabarral@gmail.com

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DO BARRAL

¡GRACIAS!