Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro ( emily dickinson)

AUSTRALIA

AÑOS DE SEQUÍA DE JANE HARPERAaron Falk, policía de Melbourne volve o seu pobo natal un lugar no medio da estepa e que leva anos dunha sequía interminable. Alí decide investigar o asasinato do seu mellor amigo da infancia a súa muller e fillo pequeno porque non cre que sexa certa a versión oficial das mortes.

Marrocos

el tiempo entre costuras de maría dueñas

Sira Quiroga é unha modista que marcha de Madrid nos meses anteriores á Guerra Civil para marchar a Tanxer por amor. Tras ser traizoada, soa e chea de deudas, múdase a Tetuán, a capital do Protectorado español en Marrocos.

Persépole

de Marjane satrapi

Obra autobiográfica na que a autora narra a súa vida desde 1979 (cando tiña dez anos) até 1994. Conta o modo en que, tras nacer nunha familia progresista de Teherán, trala revolución iraniana e a chegada ao poder do réxime fundamentalista islámico marcha a estudar a Viena e despois regresa á súa cidade para estudar Belas Artes, e logo de rematar na universidade decide marchar a Estrasburgo.

Cometas en el cielo

DE KHALED HOSSEINI

Conta a historia de Amir, un rapaz de Cabul. O seu mellor amigo é Hassan, un dos seus criados e que lle vai axudar a gañar unha competición de cometas. Amir non pode deter un ataque contra Hassan e os remorsos desa traizón acompañarano toda a vida, ata que, 20 anos despois intenta expiar a súa culpa rescatando ao fillo de Hassam . A historia está ambientada en Cabul e mostra moitos dos acontecementos da historia moderna de Afganistan: a caída da monarquía de Afganistán por mor da intervención militar soviética, o éxodo de refuxiados cara a Paquistán e os Estados Unidos, e o alzamento do réxime talibán. Hai un cómic e unha película baseada neste libro.

OUTROS LIBROS DO AUTOR:

Aventuras en alasca e canadá con jack london

Vive, a través dos ollos do protagonista,as aventuras e desventuras de Colmillo blanco un can lobo desde o seu nacemento, nas duras terras do Yukón (Canadá ), ata convertirse nun can de loita pasando pola súa estancia nunha tribu de nativos americanos.

Buck , un can doméstico que leva unha cómoda vida, é roubado e vendido. Así chega ao Canadá para pasar a ser un can de tiro dun trineo. A brutalidade á que se enfronta faille ver que necesita o seu lado salvaxe para sobrevivir.

New York , New York

Unha visión poética da cidade de Nova Iorque. Lorca escribiu este poemario durante a súa estadía na cidade nos anos 1929-30.

Sara Allen é unha rapaza de dez anos que vive en Brooklyn, Nova Iorque.O seu maior desexo é ir soa a Manhattan para levarlle á súa avoa unha tarta de amorodos... mais polo camiño tamén pode atopar ao lobo...

Nova Iorque, 1936. A pequena casa de comidas El Capitán comeza a funcionar na rúa Catorce, uno dos enclaves da colonia española na cidade . Coa morte do dono, as súas tres fillas terán que facerse cargo do negocio familiar.

Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California

Viaxa á California dos anos 50

-30%

Érica Esmorís

De que vaI?

Ulises é unha brillante estudante, pero a Historia Contemporánea abúrrelle de tal xeito que acaba suspendéndoa. Aínda que o resto das notas son excepcionais, o seu pai, un anticuario entusiasta da Grecia Clásica, envíaa a un estraño campamento de Historia Contemporánea para rapazas, situado no medio de ningures, na remota Illa do Tempo. Armada co seu móbil, tablet, ordenador portátil e MP3, Ulises chega ao campamento e axiña descobre que as súas compañeiras son moi raras, como saídas dun libro de texto… e está no certo! Non só as rapazas veñen de diferentes países, senón tamén veñen de diferentes décadas. A Illa do Tempo é un xigante burato de verme, un atallo no tempo e espacio onde foron a parar as peores estudantes de historia de todos os tempos.

Chile e a revolución pingüina

Unha pequena escola ao sur da Alameda, na ciudade de Santiago de Chile, está tomada e desde entón todo cambiou: as clases, o patio e tamén os alumnos. Entre eles, está Nicolás,o mellor porteiro do equipo de fútbol, que escribe en su cuaderno un diario da toma. Mentras desde a casona veciña, alguén mira. Unha novela ilustrada sobre os comezos da ‘revolución pingüina de 2006

Japón

Toru Watanabe é un executivo que, cando escoita nun aeroporto a canción Norwegian wood dos Beatles, recorda os seus anos de estudante en Tokio nos anos 60: a perda do seu mellor amigo, a súa relación coa moza deste, o descubrimento do amor e o sexo, a aparición doutra muller na súa vida, Midori... Uns anos cheos de dúbidas e temores nos que o protagonista se fai adulto.

No século XIX, un comerciante francés viaxa repetidamente a Xapón para comprar ovos de vermes de seda. para industria textil da súa cidade. Ao chegar a Xapón queda fascinado por unha misteriosa muller .

HIstoria en 1ª persoa dun rapaz que sobrevive á bomba de Hiroshima.

Exipto

zoé y las joyas del nilo de ana garcía siñeriz

Unhas tranquilas vacacións en barco polo Nilo, convírtense nun dos casos máis difíciles para a banda de Zoé

Nun cruceito polo Nilo, asasinan a unha moza rica durante a súa viaxe de noivos. Este será só o primeiro dos crímenes. Conseguirá Hercules Poirot resolvelos?

Muerte en el nilo de agatha christie

memorias de áfrica de isak dinasen

Kenia

Neste libro autobiográfico, a dinamarquesa Karen Blixen narra as súas experiencias en Kenia onde vivíu 17 anos na súa facenda de café.

En Kenia, Zoé e a súa banda terán que rescatar unha cría de elefante dos cazadores furtivos antes de que sexa moi tarde.

ZOÉ EN LA TIERRA DE LAS ESTRELLAS DE ANA GARCÍA SIÑERIZ

RUSIA

Ten un dos inicios máis coñecidos da literatura universal: "Todas as familias felices son iguais. As infelices sono cada unha ao seu xeito".Narra a historia de Ana Karenina unha aristócrata da Rusia tsarista que, malia parecer ter todo (beleza, riqueza, popularidade e un fillo amado), se sente baleira até encontrar un impetuoso oficial, o conde Vronski, que se convertirá no seu amante.

aventuras ao redor do mundo

Esta novela ambientada na Europa do século XVIII reúne aventuras, amizade, amor, feminismo, descubrimento… Seguimos a Henry "Monty" Montage pola súa viaxe percorrendo Europa.

Estonia 1992. A república báltica ven de recuperar a súa independencia. Aliide, unha anciá que malvive nunha zona rural ,atopa a Zara, unha rapaza rusa vítima do tráfico de mulleres que conseguíu escapar e necesita axuda. Esta historia mistúrase co recordos da xuventude de Aliide durante a invasión nazi e a II Guerra Mundial .

A cidade de Sighisoara está unida a unha novela: Drácula de Bram Stoker e no seu ciminterio podemos atopar esta curiosa tumba. Queres coñecer a súa historia? Dalle ao enlace: A tumba de Sighisoara

A novela cóntanos a historia de Oliver, un orfo que chega a Londres e acaba nas mans de Fagin e a súa banda de delincuentes.

O famoso detective privado Hercule Poirot regresa ao Reino Unido a bordo do Orient Express dende Istambul. O tren queda detido en Vinkovci e alí un millonario norteamericano que viaxaba tamén no tren é asasinado. Poirot ten que resolver o crime .

Ambientada nunha illa grega, esta entretida historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras. Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se os burros desaparecen, paralizarase toda a aldea...

Coñece as rúas de Estocolmo coa saga Millenium. Esta triloxía ( hai outros tres libros escritos trala morte do seu autor) de novela negra está protagonizada pola hacker Lisbeth Salander e o periodista de investigación da revista Millenium, Mikael Blomkvist. Nestas novelas trátanse tamén problemas sociais como a violencia contra as mulleres en Suecia.

Coñece as rúas de París polos seus cheiros seguindo os pasos de Grenouille, que nace o 17 de xullo de 1738 no lugar máis putrefacto de París.

Un país nos libros

Durante o inverno de 2010, nunha pequena vila do interior de Mallorca, Anna e Marina, dúas irmás reencóntranse para vender unha panadaría que herdaron dunha misteriosa muller á que cren non coñecer.Son dúas mulleres con vidas moi diferentes:Anna case non ten saído da illa e segue casada cun home do que non está xa namorada e Marina viaxa polo mundo traballando como cooperante dunha ONG.

O día que ETA anuncia o abandono das armas, Bittori vai o ciminterio a dicirlle ao seu home el Txato, asasinado pola banda terrorista, que decidiu volver á casa onde vivían. Será quen de convivir cos que acosaron a súa familia e mataron o seu home? Poderá saber quen foi o asasino?

En Ons catro rapaces comezan as súas vacacións "Mais o primeiro día, un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel...".É o primeiro libro da serie protagonizada polos cinco amigos.

viaxa por galicia da man de carlos meixide

#amor #amizade #aventuras #verán #vacacións #praia #acampadas #cine #festivais

Os cinco amigos volven atoparse no Festival de curtas de Cans, onde vivirán unha nova aventura.

O reto -lémbrao o autor- "o que me lanzou un alumno do instituto Xohán Carballeira de Bueu, de escribir unha novela ambientada na illa de Ons". O desexo, o propio, de "experimentar cunha novela de xénero, porque sempre me fascinaron as aventuras vacacionais, do estilo dos Cinco ou Verano Azul".

Nesta ocasión, os protagonistas terán que resolver un misterio na illa da Arousa: o envelenamento de varios cans na veciñanza . Alí tamén coñecerán a unha moza francesa pola que algún perderá a cabeza.

Os cinco protagonistas vense involucrados nunha revolta veciñal que defende o comunitario fronte outros intereses e sempre ao fío da celebración do famoso Festival de Pardiñas que, dalgún xeito, se homenaxea.

O madrid de manolito

ELVIRA LINDO

Se queres pasar un bo rato, viaxa con estes libros a Carabanchel Alto para coñecer a Manolito e compañía.

triloxía do baztán

de dolores redondo

Esta triloxía protagonizada pola inspectora de homicidios Amaia Salazar, teñen como escenario o val do Baztán. Os título que a conforman son : El guardián invisible, Legado en los huesos e Ofrenda a la tormenta.

Así comeza a 1ª novela:

Leer más

«Ainhoa Elizasu fue la segunda víctima del basajaun, aunque entonces la prensa todavía no lo llamaba así. Fue un poco más tarde cuando trascendió que alrededor de los cadáveres aparecían pelos de animal, restos de piel y rastros dudosamente humanos, unidos a una especie de fúnebre ceremonia de purificación. Una fuerza maligna, telúrica y ancestral parecía haber marcado los cuerpos de aquellas casi niñas con la ropa rasgada, el vello púbico rasurado y las manos dispuestas en actitud virginal.»

POLAS RÚAS DE BARCELONA

Na Barcelona de 1980 Óscar Drai soña esperto, abraiado polos palacetes modernistas preto do internado no que estuda. Nunha das súas escapadas coñece a Marina, unha rapaza audaz que comparte con Óscar a aventura de mergullarse nun enigma do pasado da cidade. Un misterioso personaxe da posguerra propúxose o maior desafío imaxinable, pero a súa ambición arrastrouno por un camiño sinistro cuxas consecuencias debe pagar alguén aínda hoxe.

Andrea chega a Barcelona para empezar os estudos na universidade. As súas ilusións chocan co ambiente oprimente que se vive na casa familiar. Con esta novela, a súa autora Carmen Laforet gañou o Premio Nadal con só 23 anos. https://youtu.be/QWL9o1QLERQ

Esta novela mistura a investigación policial e o humor. A acción ten lugar en Barcelona no comezo da transición, trala morte de Franco. O comisario Flores , un inspector da Brigada De Investigación Criminal, pide axuda a un antigo criminal depravado que está interno nun manicomio, para que lle dea información sobre a desaparición dunha nena dun internado.O comisario e o interno chegan a un acordo: se este axuda a resolver o caso, concederanlle a liberdade. Se che gusta, podes ler estas dúas novelas do autor ambientadas tamén en Barcelona:

Viaxamos á Barcelona medieval con esta historia de intriga e misterio que xira en torno á construción da catedral Santa María del Mar. Aquí podes coñecer máis sobre este templo; Curiosidades sobre Santa María del Mar

Andalucía

el lector de julio verne de almudena grandes

Nino, fillo de garda civil, ten 9 anos e vive na casa cuartel dunha aldea na Serra Sur de Xaén. No verán de 1947 chega un misterioso forastero, Pepe el Portugués, que se convertirá no seu amigo e no modelo do home que quere chegar a ser. https://www.youtube.com/watch?v=ax9cARrz4bA

Unha colección de lendas populares vistas a través do escritor norteamericano durante a súa viaxe por Andalucía.

Un pirata informático entra no ordenador persoal do Papa. Mentras, en Sevilla unha iglesia barroca deféndese matando a aqueles que están dispostos a demolela. OVaticano envía un axente, sacerdote, especializado en asuntos sucios: o pai Lorenzo Quart. https://www.rtve.es/alacarta/videos/pagina-dos/pagina-dos-ruta-literaria-piel-del-tambor-arturo-perez-reverte/3447218/ Página Dos - La ruta literaria: "La piel del tambor" de Arturo Pérez-Reverte - RTVE.esPágina Dos - La ruta literaria: "La piel del tambor" de Arturo Pérez-Reverte. Página Dos online, completo y gratis en RTVE.es A la Carta. Todos los...RTVE.es

BOA VIAXE!

#VIAXANDOCONLIBROS