Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

O MAIO

O MAIO

Os maios é unha festa que se celebra no mes de maio para festexar o final do inverno e o comezo da primavera.

A festa consiste en bailar, cantar e facer representacións arredor dunha estrutura que se chama MAIO que tradicionalmente tiña forma de árbore e estaba feita con flores, follas, froitos e ,ás veces, tamén ovos.

CELEBRACIÓN

A día de hoxe podemos ver maios de moitas formas e algunha, moi divertida.

NA ACTUALIDADE

Como xa estamos na primavera e hai moitas flores... vou facer un maio pequeniño para a miña casa.

IDEAZA!

Busco pola casa algún rollo de papel de cociña e un bote que non necesitemos para outra cousa.Metemos o rollo dentro do bote.

COMEZO

PEGAMOS POLO FÓRA DO BOTE RAMAS, FOLLIÑAS...TAMÉN ENCHEMOS O INTERIOR DO BOTE CON FLORES MÁIS ALTAS (se se nos caen , pegámolas ao rollo de papel)

SEGUIMOS

Colocamos todas as flores que queiramos. Cantas máis mellor.E agora... a bailar e cantar para o noso MAIO.

REMATAMOS

O MAIO

AÍ VÉN O MAIODE FRORES CUBERTO...PUXÉRONSE Á PORTACANTÁNDOME OS NENOS;I OS PUCHOS FURADOSPRA MIN ESTENDENDO,PEDÍRONME CROCASDOS MEUS CASTIÑEIROS.

anaquiño do poema de manuel curros enriquez

PINCHADE NESTE VÍDEO PARA ESCOITAR A CANCIÓN

PINCHA NESTE VÍDEO PARA VERA FESTA