Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

9 Maio Día de Europa

Este día celebra a paz e a unidade do continente europeo. O 9 de maio de 1950 o ministro francés de exteriores Robert Schuman expuso a idea dunha nova forma de cooperación política, foi o xerme da actual Unión Europea.

HIMNO

Esta escultura, obra do tudense Xoán Oliveira, atópase ao final da avenida de Europa fronte á praia de Samil, representa o Rapto de Europa: Zeus quedou prendido pola beleza de Europa, filla dos reis de Tiro, cando a viu pasear pola praia. Converteuse en touro, o animal favorito da moza, ela achegouse a el e montou no seu lombo, entón Zeus adentrouse no mar e levouna ata a illa de Creta.

A bandeira da UE está formada por 12 estrelas amarelas dispostas en círculo sobre fondo azul. As estrelas representan os ideais de unidade, solidariedade e harmonía dos pobos europeos e o círculo é o símbolo da unidade.

Trala saída do Reino Unido o 1 de febreiro de 2020 forman parte da Unión Europea: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía e Suecia.

O euro é a moeda oficial de 19 países da Unión Europea dende 2002. O seu nome escolleuse no Consello Europeo celebrado en Madrid en 1995. O símbolo € inspírase na letra grega épsilon (Є), primeira letra da palabra "Europa", e está cruzado por dúas liñas paralelas que indican estabilidade.