Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Con motivo da celebración do Día das letras galegas este 17 de maio de 2020, deseñei esta viaxe no tempo para que coñezas un pouco máis sobre a nosa lingua, sobre esta conmemoración e sobre o homenaxeado deste ano.

Deseñado e realizado por M.Isabel Lago Noceda

PREME PARA SABER MÁIS

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

PRIMEIRO MIRA A PRESENTACIÓN

AQUÍ RECIBIRÁS INSTRUCIÓNS

INSTRUCIÓNS

BENVIDO/A VIAXEIRO/A!!AO LONGO DESTA VIAXE NO TEMPO VAS IR ATOPANDO DIFERENTES RETOS QUE TERÁS QUE SUPERAR. IRÁNSECHE DANDO UNS NÚMEROS QUE FORMAN PARTE DUN CÓDIGO NUMÉRICO. SI O DESCUBRES PODERÁS ABRIR O BAÚL DOS LIBROS DO ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICAN ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS.ABRE BEN OS OLLOS E MIRA O MAPA QUE ATOPARÁS AO PREMER NO BAÚL.

ESTA É UNHA VIAXE NO TEMPO. Ó LOGO DA MESMA IRÁN DÁNDOSECHE UNS NÚMEROS QUE FORMAN PARTE DUN CÓDIGO NUMÉRICO QUE PERMITIRÁN QUE ABRAS O BAÚL DOS LIBROS DO ESCRITOR Ó QUE SE LLE ADICAN ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS.

4º RETO REXURDIMENTO

5º RETO

RECOMPENSA FINAL

1º RETOANTIGA ROMA

2º RETO IDADE MEDIA

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

3º RETO SÉCULOS ESCUROS

PODES VER AQUÍ O MAPA QUE TE LEVARÁ A CONSEGUIR AS PEZAS NECESARIAS PARA TER A CHAVE QUE ABRIRÁ O CANDADO DO BAÚL DOS LIBROS.PARA CONTINUAR PREME NO PRIMEIRO RETO.

Soio poderás obter a túa recompensa si ó longo da viaxe conseguiches descubrir todas as pistas para abrir o baúl dos libros.

Querido viaxeiro/a, soio poderás acceder a esta parte da viaxe si completaches os diferentes retos!

5º RETO

RECOMPENSA FINAL

4º RETO REXURDIMENTO

1º RETOANTIGA ROMA

2º RETO IDADE MEDIA

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

3º RETO SÉCULOS ESCUROS

PODES VER AQUÍ O MAPA QUE TE LEVARÁ A CONSEGUIR AS PEZAS NECESARIAS PARA TER A CHAVE QUE ABRIRÁ O CANDADO DO BAÚL DOS LIBROS.PARA CONTINUAR PREME NO PRIMEIRO RETO.

Soio poderás obter a túa recompensa si ó longo da viaxe conseguiches descubrir todas as pistas para abrir o baúl dos libros.

EMPEZAR

Neste primeiro reto viaxaremos á Antiga Roma.Responde as preguntas e obtén a primeira peza da túa chave!!

PREGUNTA 1/4

O romano

O gaélico

O latín

Os romanos chegaron a Galicia máis tarde que ao resto da península. Na antiga Roma falábase unha lingua que foi evolucionando ata converterse ao cabo dos séculos no galego, pero cal era esa lingua?

Seguinte!

¡Correcto!

PREGUNTA 2/4

O Imperio Romano, estendeuse por moitos países bañados polo mar Mediterraneo, de aí que moitas linguas deriven do latín coma o galego. Cales destas o fan?

portugués, castelán, catalán, francés

castelán, catalán, éuscaro

italiano, francés, castelán, inglés

PREGUNTA 2/4

O Imperio Romano, estendeuse por moitos países bañados polo mar Mediterraneo, de aí que moitas linguas deriven do latín coma o galego. Cales destas o fan?

portugués, castelán, catalán, francés

castelán, catalán, éuscaro

italiano, francés, castelán, inglés

Seguinte

Parabéns!

PREGUNTA 3/4

Entre outras moitas cousas os romanos trouxeron un sistema de numeración, que se emprega por exemplo para nomear os séculos. Intenta descubrir cal sería por exemplo o século catorce.

Podes repasar a numeración romana premendo aquí.

XIV

XIIII

XVI

Seguinte

mOI BEN!

PREGUNTA 4/4

Ademais dos romanos por Galicia pasaron outros pobos que deixaron pegada na lingua, coma os pobos celtas, xermanos, árabes...Das palabras que ves aquí cales proveñen do latín?

xarope, albanel, cenoria

amigo,orella,noite

agasallo, guerra, Mondariz

Seguinte

Acertaches!

Explicación:Xarope, albanel e cenoria son palabras que proceden dos pobos árabes.Agasallo, guerra e Mondariz proceden dos pobos xermánicos.

Acabas de superar o primeiro reto, abandonamos a época do Imperio romano, debes seguir a túa viaxe. Antes apunta o número da túa peza, necesaria para obter a chave que abrirá o baúl dos libros.

Número 1

Preme para continuar

CONTINÚA

Parabéns! Xa tes a primeira peza e o primeiro número.A próxima parada da nosa viaxe será a Idade Media.Como diciamos o latín foise transformando no galego, os primeiros textos nesta lingua apareceron no século XIIQueres tentar conseguir a peza co segundo número para abrir o baúl?

Dos séculos XIII a XV, o galego acadou un gran prestixio, era a lingua falada de tódalas clases sociais e empregábase tamén na lingua escrita.En parte esta transcendencia na difusión do idioma foi grazas aos trobadores, xa que fixeron difusión da lingua a través das súas cantigas.

Preme para continuar

Nesa etapa de esplendor do noso idioma, que daquela se chamaba galego-portugués, un rei escribiu unha serie de poemas denominados Cantigas de Santa María, para o cal empregou esta lingua, saberías dicir de que monarca se trata?

Filipe o Fermoso

Afonso X o Sabio

Fernando de Castela

Seguinte

xenial!

E aquí en galego actual:Rosa das rosas e Flor das flores, Dona das donas, Señora das señoras. Debémola moito amar e servir, porque puña de nos gardar de fallar; de aí dos erros nos fai arrepentir, que nós facemos como pecadores.

Aquí che amosamos un fragmento das Cantigas de Santa María en galego- portugués:Rosa das rosas e Fror das frores, Dona das donas, Sennor das sennores. Devemo-la muit' amar e servir, ca punna de nos guardar de falir; des i dos erros nos faz repentir, que nos fazemos come peccadores.

Acabas de superar o segundo reto. Seguimos coa nosa viaxe . Abandonamos unha época de esplendor para o galego e pasamos a outra moi diferente. Non olvides anotar o número da túa peza .

Número 0

Preme para continuar

Número o

Pois non acertaches!Veña, non te desanimes, dos erros sempre se aprende, así que pensao mellor e intentao novamente.

MALA SORTE!

VOLVE A INTENTALO

Tes que buscar mellor, Fíxate ben, que entre tanta escuridade por suposto que é difícil acertar,

POIS NON ÉRA GALEGO!

VOLVE A INTENTALO

OS SÉCULOS ESCUROS

Nesta viaxe ao longo do tempo entramos nunha etapa moi escura para o galego. Escura porque deixou de empregarse nos escritos e nos usos formais e quedou soamente o galego falado.Non había produción escrita, nin poetas, nin narracións, soamente os contos orais, que pasaban de pais a fillos.Aínda así no próximo reto debes atopar entre tanta escuridade, escritores galegos. Serás capaz de identificalos?

EMPEZAR

PULSA SÓ NOS ESCRITORES GALEGOS 1/3

Podes arrastrar a luz para atopar os escritores galegos na escuridade.

GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

ALEJANDRO DUMAS

ANTONIO MACHADO

ROSALÍA DE CASTRO

JOSÉ DE ESPRONCEDA

JUAN RAMÓN JIMÉNEZ

JOSÉ ZORRILLA

LOPE DE VEGA

CURROS ENRÍQUEZ

GLORIA FUERTES

¡CORRECTO!

PULSA SÓ NOS ESCRITORES GALEGOS 2/3

Podes arrastrar a luz para atopar os escritores galegos na escuridade.

MIGUEL DE CERVANTES

MIGUEL DELIVES

FRANCISCO DE QUEVEDO

EDUARDO PONDAL

CLARA CAMPOAMOR

¡CORRECTO!

PULSA SÓ NOS ESCRITORES GALEGOS 3/3

Podes arrastrar a luz para atopar os escritores galegos na escuridade.

Seguinte!

parabéns!

Os escritores que acabas de descubrir na escuridade do reto anterior, sacaron á nosa lingua dos Séculos Escuros e iniciaron unha nova etapa, que será tamén a próxima parada da nosa viaxe: O Rexurdimento.Pero antes continúa para obter outra das pezas que agocha un novo número.

Pois non acertaches!Veña, non te desanimes, dos erros sempre se aprende, así que pensao mellor e intentao novamente.

MALA SORTE!

VOLVE A INTENTALO

Seguinte!

noraboa!

Todos estes escritores que descubriches na escuridade, sacaron as nosas letras dos Séculos escuros e leváronas a outra época que vai ser a próxima parada: O Rexurdimento.Pero antes continúa e recolle a nova peza que que corresponde

Moi ben! Acabas de superar o teu terceiro reto. Abandonamos unha época onde a lingua non tiña relevancia ninguna nos escritos e pasamos a outra onde aparecen escritores galegos de moitísima importancia. Seguinte parada: O Rexurdimento.

Número 0

Preme para continuar

Número 9

Novo reto: identifica a imaxe correcta.

Querido/a viaxeiro/a do tempo, chegamos o Século XIX, o século da recuperación do uso literario do galego. A esta época chámaselle Rexurdimento, precisamente por iso porque xurdiu un movemento de defensa da nosa lingua o que supuxo o seu rexurdimento despois de tantos séculos sen empregala na escrita.Desta época hai tres figuras fundamentais que seguro que coñeces, pero ímolo descubrir.

EMPEZAR

Imos ver canto sabes dos escritores do rexurdimento. elixe entre estas dúas fotografías.Quen escribiu o libro de poemas Follas novas?

Rosalía de Castro

Eduardo Pondal

correcto!

Un destes escritores do rexurdimento escribiu o poema: o maio. aquí ven o maiode frores cubertopuxéronse á porta cantándome os nenos.....(fragmento)

Eduardo Pondal

Curros Enríquez

¡Correcto!

a súa obra máis importante foi aires da miña terra

Rosalía de Castro

Curros Enríquez

¡Correcto!

naceu en ponteceso e é o autor do himno galego, dentro da súa obra queixumes dos pinos.

Eduardo Pondal

Curros Enríquez

¡Correcto!

a súa obra cantares galegos, publicada no 1863 considérase a obra que iniciou o rexurdimento. A primeira conmemoración das letras galegas foi o 17 de maio de 1963 coincidindo co centenario desta publicación.

Curros Enríquez

Rosalía de Castro

POIS NON!!non éra a resposta correcta. equivocácheste de escritor, pero non hai mal que por ben non veña, así aprendeches algo que non sabías!! ÁNIMO!!

VOLVE A INTENTALO

Parabéns! Estamos chegando xa ó final da túa viaxe, superaches este reto tamén e acabas de conseguir a última peza co último número. Espero que poidas descubrir a clave que serve para atopar a chave e abrir o baúl dos libros. Non queda nada!!

Número 0

Preme para continuar

Número 9

Número 1

Número 1

Durante todos estes anos dende o 17 de maio de 1963, celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas, para conmemorar a todos aqueles escritores que contribuíron a engrandecer a nosa cultura.Dende aquela data dedicada a Rosalía, foron moitos os escritores galegos homenaxeados: Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro. Se tes curiosidade, preme e saberás máis sobre eles..

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Saber máis

Continuar.

Ó longo desta viaxe, irías anotando os números que atopaches nas pezas que coseguías ao finalizar correctamente cada reto.Aquí as tes todas xuntas. Proba a arrastralas e movelas! Intenta compoñer o quebracabezas e ver que combinación che sae. Logo dalle a continuar.

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Número 1

Continuar.

Número o

Número 9

Número 1

Continuar.

O 17 DE MAIO DO 2020 O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADÍCASE A :RICARDO CARBALLO CALERO

Abriches o baúl!! Acadaches a túa recompensa! Agora queda coñecer un pouquiño máis sobre o autor destes libros.

A xente da Barreira

Scórpio

Pretérito imperfecto

Teatro completo

Futuro condicional

Anxo da terra

Reticencias

As pitas baixo a choiva

LETRAS GALEGAS 2020RICARDO CARBALLO CALERO

Nalgúns lugares veralo escrito como Ricardo Carvalho Calhero, pero quen era este home?Ricardo naceu en Ferrol, nun ano que seguro che soa de algo, o ano 1910.Unha importante parte da súa vida pasouna tamén en Santiago de Compostela estudando e en Lugo, traballando de mestre.Foi profesor e catedrático universitario de Lingua e Literatura Galega e sempre un home moi interesado polo galego,Durante anos estudou as obras de Rosalía, Curros, Pondal, e outros moitos escritores galegos.

Continuar.

LETRAS GALEGAS 2020RICARDO CARBALLO CALERO

Este home moi comprometido co galeguismo como escritor, cultivou todos os xéneros literarios.Escribiu obras de narrativa, poesía ou teatro, publicou artigos en revistas especializadas de literatura, e incluso libros de gramática.A súa última novela, titulouse Scórpio, foi publicada en 1987, e obtén por ela o premio da crítica.Se tes curiosidade por coñecer máis podes facelo si premes a continuación.

Continuar

Deseñado e realizado por M. Isabel Lago

Saber máis

E chegamos ao final desta viaxe no tempo.Espero que che gustara e que che servira tamén para coñecer un pouco mellor o noso idioma e a importancia desta data.Teño unha sorpresiña final, por mediación de Ed.Embora e a Coordinadora de Equipos de Dinamización lingüística de Ferrolterra podes acceder a un dos contos feitos por Ricardo Carballo Calero se premes na imaxe.Vémonos na próxima!

Volver ao inicio

17 DE MAIODÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020