Want to make creations as awesome as this one?

orientación académica barral 2º a 3º

Transcript

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

IES DO BARRAL

De 2º a 3º ESO

ESO

Recuperamos materias que deixamos atrás en 2º ESO, como Bioloxía e Xeoloxía ou Plástica.

Lingua Castelá e L.

11

10

Música

Titoría

Educación Física

EPVA (Plástica)

Tecnoloxía

Xeografía e Historia

Bioloxía e Xeoloxía

Física e Química

Inglés

Lingua Galega e L.

MATERIAS COMÚNS 3º ESO

Matemáticas

Valores ou Relixión

Materias específicas

OPCIÓNS 3º ESO

Terás 4 horas semanais desta materia

En 4º ESO

En 3º ESO

deberás escoller entre dous itinerarios segundo os estudos que queiras estudar despois: - Ensinanzas académicas para inciación ao Bacharelato- Ensinanzas aplicadas se estás pensando na FP

deberás elexir entre: - Matemáticas académicas- Matemáticas aplicadas Ainda que podes cambiar de opción en 4º, o que escollas en 3º xa te orientará a un dos itinerarios de 4º curso.

MATEMÁTICAS 3º ESO

Terás 4 horas semanais desta materia

É unha materia deseñada para continuar estudos postobrigatorios de bacharelato. O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de proporcionar necesaria solucións prácticas a estes. Tamén debe valorar as posibilidades de aplicación práctica do coñecemento matemático tanto para o enriquecemento persoal como para a valoración do seu papel no progreso da humanidade. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques: • Procesos, métodos e actitudes en matemáticas • Números e álxebra • Xeometría • Funcións • Estatística e probabilidade

MATES ACADÉMICAS

+info

Como ves os contidos das dúas opcións de matemáticas son os mesmos, pero en matemáticas aplicadas traballaralos de xeito máis práctico e en matemáticas académicas traballarás os contidos con máis afondamento

O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de proporcionar solucións prácticas a estes, cun enfoque eminentemente práctico dirixido a proporcionar recursos e competencias que permitan ao alumnado continuar estudos de formación profesional. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques: • Procesos, métodos e actitudes en matemáticas • Números e álxebra • Xeometría • Funcións • Estatística e probabilidade

Terás 4 horas semanais desta materia

+info

Mates Aplicadas

MATERIAS ESPECÍFICAS

OU

CULTURA CLÁSICA

Terás 2 horas semanais desta materia

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

  • Francés
  • Portugués

+info

PODES ELEXIR ENTRE...

+info

Terás 2 horas semanais desta materia

Nesta materia traballaremos distintos aspectos relacionados coas civilizacións grega e latina nos ámbitos literario, artístico, filosófico, científico, sociopolítico e lingüístico, para ver a influencia destes aspectos na cultura occidental, e comprender a nosa identidade cultural, así como as manifestacións que a definen. Estudaremos o pensamento antigo, as crenzas, a mitoloxía, a estética, a ética...

Cultura Clásica

Terás 1 hora semanal desta materia

Debes decicir por unha materia ou outra, non ten que ser o mesmo que elexiches en 1º ou 2º da ESO

Valores éticos ou Relixión

E despois de 3º ESO...que?

ESO

As materias varían segundo o itinerario escollido

Elexir dous troncais entre...

Lingua Castelá e L.

12

11

10

Física e Química

Latín

Economía

Bioloxía e Xeoloxía

Mates académicas

Titoría

Valores ou Relixión

Xeografía e Historia

Educación Física

Inglés

Lingua Galega e L.

4º ESO ENSINANZAS ACADÉMICAS

Elexir dous troncais entre...

Lingua Castelá e L.

11

10

Ciencias aplicadas á actividade profesional

Iniciación á actividade emprende./empresarial

Tecnoloxía

Mates aplicadas

Titoría

Valores ou Relixión

Xeografía e Historia

Educación Física

Inglés

Lingua Galega e L.

4º ESO ENSINANZAS APLICADAS

Nos dous itinerarios poderás elexir dous materias entre...

Artes escénicas e danza

10

Una troncal no cursada

TIC

2ª lingua estranxeira: Francés ou Portugués

Música

Filosofía

Cultura Clásica

EPVA (Plástica)

Cultura Científica

4º ESO Materias Específicas

Pasarás de curso se superas todas as materias ou tes avaliación negativa en dúas como máximo (que non sexan simultáneamente LCL/LGL e Matemáticas)

Se pasas de curso con materias non superadas as levarás como "pendentes" e terás que recuperalas con traballos e exames (estate pendente!)

Excepcionalmente, un alumno pode repetir dúas veces en 4º curso se non repetiu antes na etapa

Pódese repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo na etapa

OUTRAS COUSIÑAS IMPORTANTES A RECORDAR AO LONGO DA ETAPA...

Profesorado de reforzo na aula nalgunhas materias de 4º ESO

Programa ARCO:

A partir de 2º ou 3º da ESO podes ser proposto polo equipo docente para comezar ensinanzas de FP de grao básico

Este título é tan importante que se ofertan diversas posibilidades para acadalo, sempre contando co teu esforzo persoal e interese...

Se tes 17 ou máis podes presentarte a unha proba anual e conseguir o acceso a ciclos de FP de grao medio, deste xeito poderás continuar estudos, aínda que non obterás o título da ESO

Proba acceso a ciclos de grao medio

FP Básica

Para cursar 2º e/ou 3º curso agrupando as materias en ámbitos de coñecemento, en clases de 10 alumnos/as como máximo

PMAR: Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento

Algunhas medidas como:

Existen agrupamentos en 1º e 2º, Adaptacións, reforzo educativo, apoios...

E SE NON PROGRESO AXEITADAMENTE NA ETAPA?

O alumnado que xa repetira un curso e teña dificultades de aprendizaxe non imputables á falta de estudo ou esforzo poderá incorporarse a un Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 1 ou 2 anos para cursar 2º e/ou 3º de ESO.

As clases serán dun máximo de 10 alumnos/as.

Neste programa, algunhas das materias agruparanse en ámbitos de coñecemento, así o alumnado cursará ámbitos dentro do programa, e algunhas materias (como Música, Tecnoloxía, EF ou EPVA) co grupo de referencia ordinario. Os ámbitos son: - Ámbito de linguas extranxeiras: materia de inglés. - Ámbito lingüístico-social: inclúe as materias de LCL, LGL, Xeografía e Historia. - Ámbito científico-matemático: onde se traballan as materias de Mates aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química.

PROGRAMAS DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO (PMAR)

  • Ao remate obterás o "Título de graduado en Educación Secundaria" se superas todas as materias cursadas o tes avaliación negativa en dúas materias máximo, que non sexan simultáneamente LCL/LGL e Matematicas (recorda que tamén contan as pendentes).
  • Ademais tamén é preciso que o equipo docente considere que tes conseguidos os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.
  • Este é o título mínimo esixible para acceder a un posto de traballo.
  • Darache acceso ás ensinanzas postobrigatorias: FP de grao medio ou Bacharelato (independentemente do itinerario seguido en 4º curso, pero OLLO! que si están así establecidos é porque te preparan mellor para uns estudos ou para outros).

O TÍTULO DA ESO

E despois da ESO?

  • Ciclos de Grao Medio de FP
  • Bacharelato
  • Ensinanzas de réxime especial (artísticas, deportivas....)
  • Ciclos de FP Básica (se tes entre 15 e 17 anos)
  • Proba libre de Graduado en ESO (18 anos)
  • ESA (Educación Secundaria de Adultos, 18 anos)
  • Proba de acceso a ciclos de grao medio (17 anos)

Co título da ESO

Sen título da ESO

ESTRUTURA SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

QUE É O BACHARELATO?

Pertence a etapa da educación secundaria, pero non é obrigatoriaDura 2 cursos que normalmente realízanse entre os 16 e os 18 anos

- Co título da ESO - Co título de ciclo de Grao Medio ou técnico de Artes Plásticas e Deseño/ Deportivo.

Accédese:

Finalidade:

- Proporcionar formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que permitan ao alumnado desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. - Acceder a estudos Superiores: universitarios e de formación profesional.

CARACTERÍSTICAS DO BACHARELATO

Repetición:

• Promocionarás de 1º a 2º se superas todas as materias ou tes avaliación negativa en dúas como máximo. Se promocionas con materias non superadas, en 2º deberás matricularte das materias pendentes de 1º. - Se ao rematar 2º suspendes algunha/s materia/s poderás matricularte delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou podes optar por matricularte de todas as materias de 2º para mellorar as túas cualificacións. • Pódese repetir un máximo de dúas veces na etapa, un curso cada vez, e excepcionalmente un curso dúas veces (previo informe favorable do equipo docente). Poderás permanecer escolarizado durante catro cursos académicos no réxime ordinario. No réxime de adultos hai máis anos de permanencia. Titulación: - Para acadar o título debes ter avaliación positiva en todas as materias. A nota media da etapa será a media de todas materias de 1º e 2º cursos de bacharelato.

Promoción:

PROMOCIÓN E TITULACIÓN NO BACHARELATO

• Dentro de cada modalidade hai varias opcións e itinerarios. - Na modalidade que escollas cursarás materias de tres tipos: troncais, específicas e de libre configuración.

CIENCIAS

ARTES

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

MODALIDADES BACHARELATO

QUE É A FORMACIÓN PROFESIONAL?

Cada un destes ciclos comprende dous cursos académicos (2000 horas ciclos LOE) e organízase en módulos profesionais, que serían como as materias de contidos teórico-prácticos que vas cursar, e que van estár moi ligadas á profesión que estudas.

Dentro de cada familia, a oferta educativa estrutúrase en ciclos formativos de grao básico, medio e superior

A finalidade da Formación Profesional é a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

A FP ordénase en 24 familias profesionais (grupos de ocupacións ou actividades produtivas)

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN PROFESIONAL

Déixoche un enlace para coñecer mellor a FP Dual.... (apartado 2.2.)

FP Dual: a formación do ciclo é compartida entre o centro educativo e unha empresa coa que se establece un convenio. Mentres te formas podes ter un contrato de aprendizaxe ou ser beneficiario dunha bolsa

Réxime de persoas adultas (18 ou 16 con contrato laboral): podes realizar a matrícula por módulos formativos (de xeito parcial) en modalidade presencial ou a distancia

Réxime ordinario: asistirás ás clases presenciais diariamente e realizarás o curso completo.

RÉXIMES E MODALIDADES DA FP

É o primeiro nivel da FP, e unha alternativa para o alumnado que xa cursou 3º ESO ou excepcionalmente 2º, e non agarda terminar a ESO con éxito.

Para acceder: precisas ser proposto polo equipo docente e contar coa autorización da túa nai/pai ou titores legais. Se estás interesado/a ponte en contacto canto antes coa túa orientadora no correo electrónico orientabarral@gmail.com

Estes ciclos de formación profesional están dirixidos a alumnos entre 15 e 17 anos e teñen unha duración de dous cursos.

Finalidade: Proporcionan unha formación básica e profesional vinculada ás distintas especialidades das distintas familias profesionais. Teñen unha duración de dous cursos.

QUE É A FP BÁSICA

Na FPB cursarás os seguintes módulos: 1. Módulos asociados ás unidades de competencia profesionais (segundo a profesión que elixas). 2. Módulos formativos comúns e académicos: A) Módulo de Comunicación e Sociedade: Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira e Ciencias Sociais. B) Módulo de Ciencias Aplicadas: Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional. 3. Módulo de Formación en Centros de Traballo (Prácticas en empresas)

SOBRE A FP BÁSICA

Titulación e continuación de estudos na FPB

Prazos de inscrición

Todo o proceso realízase en setembro, déixovos como orientación as datas do curso pasado, pero haberá que estar pendente á publicación das do curso 2020/2021: • Presentación de solicitudes: do 2 ao 12 de setembro ás 13.00 horas. • Publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido: 13 de setembro • Matriculación: do 13 ao 20 de setembro.

- Se aprobas todos os módulos, incluída a FCT obterás o título Profesional Básico da familia profesional correspondente, cuxa competencia profesional será o nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. - Con ese título tes acceso directo aos ciclos de FP de grao medio, para continuación de estudos. - Título de ESO: o alumnado que supere o ciclo de FPB poderá obter o título de ESO sempre e cando o equipo docente considere que acadou as competencias correspondentes. (OLLO! NON EXISTEN GARANTÍAS, DEPENDERÁ DO TEU ESFORZO)

SOBRE A FP BÁSICA

A oferta de ciclos publícase cada ano a mediados de xuño. No seguinte link atoparás a oferta do curso 19-20 ordenada por familia profesional ou por concello (xa que tamén temos que ter en conta as nosas posibilidades de desprazamento).

QUE CICLOS SE OFERTAN?

Aquí tes o acceso a cada un deles

RECORDAS ESES LIBRIÑOS DE CADA FAMILIA PROFESIONAL QUE TEMOS NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN?

ATA AQUÍ A FP, PERO...E SE ESTA TAMPOUCO É A MIÑA OPCIÓN?

E AÍNDA QUEDAN MÁIS...

QUE SON AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL?

ARTE DRAMÁTICA

ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO

CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

CICLOS DE FP DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

MÚSICA E DANZA

ENSINANZAS DEPORTIVAS

ENSINANZAS DE IDIOMAS

CALES SON?

Se aínda quedas con dúbidas podes escribirme a orientabarral@gmail.com

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN NON TE PERDAS O BLOGUE DE MÓNICA DIZ, UNHA ORIENTADORA MOI RIQUIÑA QUE FAI UN CADERNO CON TODA A INFO QUE PRECISAS

+info

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DO BARRAL

¡GRACIAS!