Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

SOCIAIS 6º PRIMARIA

TEMA 8

11 MAYO 2020

O SUFRAXIO FEMININO.Amaia visita co colexio o Congreso dos Deputados. De súpeto aparéceselle, coma nun soño, a deputada Clara Campoamor. Esta explícalle como conseguiu, en 1931 e logo dun duro debate, o voto para as mulleres españolas.

Neste tema descubrirás:

  • A evolución política de españa dende o reinado de Alfonso XIII ata o franquismo
  • Como afectou a Guerra Civil á poboación
  • Que dereitos e liberdades reivindicaron as mulleres ao longo do século XX.
  • Cales foron os cambios tecnolóxicos e sociais do século XX

SÉCULO XX

ESPAÑA

Línea del tiempo.

O 18 de xullo de 1936 houbo unha sublevación militar contra a República apoiada polos sectores sociais contrarios ao goberno republicano. Foi o inicio da Guerra Civil española.

As reformas levadas a cabo pola República tiveron problemas desde os seus inicios:- A oposición dos partidos conservadores.- As queixas dos grupos de esquerdas e dos sindicatos.Todo isto creou tensións políticas e un aumento da conflitividade social.

En 1930, Primo de Rivera dimitiu e convocáronse eleccións que ganaron os partidos republicanos. O 14 de abril de 1931 proclamouse a Segunda República e Afonso XIII exiliouse.

A monarquía de Afonso XIII intentou democratizar o sistema político español, pero non o deu conseguido.En pleno contexto de crise impúxose a ditadura do xeneral Primo de Rivera (1923).

4. A Guerra Civil

3. Os problemas da República

2. A Segunda República

  1. A Monarquía de Alfonso XIII

España en Xullo de 1936

Manifestación minera en Mieres 1934.

Proclamación da 2ª República en Madrid, 1931

Alfonso XIII despachando con Primo de Rivera

1. A monarquía de Alfonso XIII

En 1902 iniciouse a maioría de idade de Afonso XIII. Logo da crise de 1898 intentouse democratizar o sistema político e acabar coas trampas electorais e o caciquismo.Así e todo, os resultados foron escasos: houbo conflitos entre obreiros e patróns e tensións militares por mor dunha guerra no norte de Marrocos, onde se situaba a colonia española do Rif.Neste contexto de crise, impúxose a ditadura do xeneral Primo de Rivera, que suspendeu a Constitución, clausurou o Parlamento e suprimiu as eleccións e as liberdades democráticas.

2. A Segunda República

En 1930, Primo de Rivera dimitiu e convocáronse eleccións municipais para o ano seguinte. As eleccións déronlles a vitoria aos partidos republicanos e o 14 de abril de 1931 proclamouse a Segunda República. Como consecuencia disto, o rei Afonso XIII tivo que abandonar España.Coa República volveuse a un sistema democrático: convocáronse eleccións para un novo parlamento, aprobouse unha Constitución que recoñecía amplos dereitos e emprendéronse unha serie de reformas sociais: Acabar coas grandes extensións de terra (latifundios) en mans dun único propietario (reforma agraria). Limitar o poder do exército. Diminuír o peso social da Igrexa. Concederlles a autonomía a Cataluña, o País Vasco e Galicia.

3. Os problemas da República.

As reformas republicanas provocaron a oposición dos partidos conservadores, que querían suspendelas ou retardalas.Os grupos de esquerda e os sindicatos, pola contra, querían que as reformas fosen máis fondas e se aplicasen con maior rapidez. Manifestación mineira en Mieres (Asturias), 1934.Todo isto implicou tensións políticas e un aumento da conflitividade social.En 1933, as dereitas gañaron as eleccións e paralizaron as reformas. O ano seguinte, houbo protestas obreiras en todo o país, que se radicalizaron en Asturias e Cataluña.No ano 1936, unha coalición de esquerdas (Frente Popular) gañou as eleccións e propúxose continuar co proceso reformista republicano.

4. A Guerra Civil

Fronte ao triunfo electoral das esquerdas, os sectores sociais contrarios á República apoiaron unha sublevación militar, que se iniciou o 18 de xullo de 1936.A sublevación dividiu o país en dous bandos opostos e derivou nunha guerra civil.

Consecuencias sobre a poboación civil

A dureza da guerra causou grandes penurias entre a poboación civil: Houbo represalias en ambos os bandos, que se traduciron en persecucións e asasinatos. A falta de alimentos e materias primas provocou fame, frío e escaseza entre a poboación. Os bombardeos constantes sobre as cidades causaron un elevado número de vítimas civís.

2. Vivo nunha sociedade en guerra

A sublevación militar do 18 de xullo de 1936 contra a República conduciu a unha terrible guerra civil que enfrontou os españois durante tres anos (1936-1939). A insurrección militar triunfou en boa parte da España agraria e fracasou nas cidades e nas zonas con máis presenza de obreiros industriais e xornaleiros agrícolas.España quedou dividida en dúas zonas: a que apoiou os militares sublevados, que se uniron baixo o mando do xeneral Franco, e a que se mantivo ao lado do goberno republicano. Os dous exércitos (franquista e republicano) enfrontáronse duramente. Os franquistas fóronlles gañando terreo aos republicanos ata conquistaren todo o territorio español. Ao rematar a guerra, moitos republicanos fuxiron de España (exilio) por temor ás represalias dos vencedores. Houbo un gran número de feridos e case medio millón de persoas morreron como consecuencia do conflito. O país quedou devastado e moi empobrecido.

Aprendiz de historiador@ As mulleres queren igualdade...

Ao longo do século XX, os movementos feministas esixiron que a democratización da sociedade incluíse tamén as mulleres.As mulleres de toda Europa, e tamén as españolas, reclamaron o dereito ao voto e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Os anos do franquismo 1939-1975

Aínda que o réxime político continuou a ser unha ditadura, a partir de 1953, España abriuse ao exterior e foi recoñecida internacionalmente.A vinculación á economía europea na década de 1960 xerou unha etapa de desenvolvemento económico.A agricultura mecanizouse, a industria aumentou e os servizos medraron estimulados polo turismo.Estes cambios provocaron un grande éxodo rural e o crecemento das cidades.Paralelamente, o nivel de vida dos españois aumentou e modernizáronse os costumes e as actividades da vida cotiá.

A guerra tivo duras consecuencias sobre a economía e a poboación. Os campos estaban sen cultivar e moitas industrias e vías de comunicación foran destruídas.Durante as dúas primeiras décadas do franquismo, España estivo illada internacionalmente e non foi admitida en organizacións internacionais como a ONU.Ademais, pretendíase que o país se abastecese só cos seus propios recursos (autarquía).A poboación pasaba moitas penurias. Faltaban produtos de primeira necesidade (alimentos, roupa…), así como materias primas, combustible etc.Moitos alimentos estaban racionados e só se podía comprar a cantidade que o goberno determinaba mediante unha cartilla de racionamento.

O franquismo tivo as seguintes características: A acumulación de todos os poderes nunha única persoa, Franco. A inexistencia dunha Constitución que garantise os dereitos e as liberdades dos cidadáns. A prohibición dos partidos políticos e dos sindicatos obreiros e a ausencia de eleccións para elixir os gobernantes. A existencia dun único partido (Falange Española y de las JONS) e dun único sindicato (Central Nacional Sindicalista). A persecución e o encarceramento dos que se opoñían ao réxime. A organización centralista do Estado e a supresión das autonomías.

3. O cambio económico na década de 1960

2. A dificil Posguerra

  • O franquismo

A sociedade española e a galega nos anos 60

Cociña comezos do século XX e cociña na década de 1970

A comezos do século XX, a meirande parte da poboación española era analfabeta e a educación superior estaba reservada ás clases sociais máis altas. A maioría dos nenos e nenas só ían á escola ata os 12 anos. Na década de 1960 estableceuse a educación obrigatoria e gratuíta. A obriga de asistir á escola ata os 14 anos impúxose en 1964 e no ano 1992 alongouse aos 16 anos.

O crecemento da economía implicou o aumento dos ingresos das persoas e unha mellora do nivel de vida. Como consecuencia disto, as familias puideron destinar parte do seu orzamento á compra de bens moi diversos (sociedade de consumo). As vivendas enchéronse de electrodomésticos e aumentaron as comodidades (electricidade, gas, calefacción). Tamén se estendeu a posesión dun automóbil e a práctica de ir de vacacións fóra da residencia habitual.

O crecemento da industria produciu un aumento da poboación que traballaba nas fábricas e nos servizos. A mecanización da agricultura implicou un descenso da poboación que traballaba no campo. Estes cambios implicaron un elevado éxodo rural e o crecemento das cidades que recibiron a poboación rural. O proceso de urbanización supuxo un gran cambio xa que as cidades tiveron novos servizos: auga corrente, iluminación eléctrica, asfaltado das rúas, novos transportes (metro, autobús, automóbil…). Tamén se desenvolveu unha nova clase media situada entre a burguesía e os obreiros. Estaba formada por obreiros especializados, profesionais liberais, funcionarios, traballadores dos servizos etc.

3. A escolarización

2. O aumento do consumo

  • A urbanización en España e en Galicia

Personaxes galegos do século XX

Camilo José Cela naceu en Iria Flavia, A Coruña, e sendo neno trasladouse a Madrid coa súa familia. Escritor polifacético, destacou como novelista polo seu estilo moi innovador.Publicación de La familia de Pascual Duarte. En 1942 publicou con moito éxito a súa primeira grande obra: La familia de Pascual Duarte que pouco tempo despois foi prohibida e tivo que imprimirse en Bos Aires. En 1951, tamén en Bos Aires, publicou outra gran novela: La colmena. En 1957 pasou a formar parte da Real Academia Española. Recibiu en España os premios Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Cervantes. En 1989 a Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Literatura, un dos galardóns mundiais máis prestixiosos.

Carlos Maside naceu en San Xián, Pontecesures (Pontevedra) e morreu en Santiago de Compostela.Estivo interesado polo mundo galego e a súa transformación, cousa que reflectiu nas súas pinturas. Atraído polos movementos máis avanzados, formou parte da vangarda artística galega.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un dos galegos máis importantes desta época. Destacou como pintor, caricaturista, político, escritor e como un dos pais do nacionalismo galego. Publicou caricaturas en diversas revistas e en 1909 recibiu a medalla de ouro na Exposición Rexional Galega de Santiago. Castelao: Cousas de nenos. En 1912 uniuse ao movemento político Acción Gallega e colaborou na formación do Partido Galeguista. Dirixiu a revista Nós, que centraba a vida cultural e política de Galicia naquela época. En 1926 pasou a formar parte da Real Academia Galega. Morreu en 1950 en Bos Aires. Os seus restos foron trasladados a Galicia e descansan actualmente no Panteón de Galegos Ilustres do mosteiro de San Domingos de Bonaval.

María Barbeito naceu e morreu na Coruña e dedicoulle gran parte da súa vida á renovación educativa. Foi defensora dos dereitos das mulleres, da liberdade e da xustiza. Escribiu en numerosas revistas e xornais. Viaxou por Europa para coñecer o funcionamento das escolas doutros países e poder estudar novas correntes educativas. Apartada do mundo da ensinanza, dedicouse á actividade literaria e foi membro da Real Academia Galega.

Camilo José Cela (1916-2002), Premio Nobel de Literatura

Un renovador da pintura galega: Carlos Maside (1897-1958)

Castelao (1886-1950), impulsor do nacionalismo galego

A innovación pedagóxica: María Barbeito (1880-1970)

A PINTURA DOS ISMOS

A NOVA ESCULTURA

A ARQUITECTURA FUNCIONAL

ZOOM PATRIMONIO...

A arte experimentou unha gran revolución no século XX. Os novos materiais e técnicas construtivas permitiron un cambio radical nas formas dos edificios. A xeneralización da fotografía provocou que a pintura e a escultura xa non se formulasen reproducir fielmente a realidade, senón crear formas novas para interpretala e expresar sensacións e sentimentos.

A ARQUITECTURA FUNCIONAL

A arquitectura do século XX rexeitou as formas recargadas e moi decoradas dos estilos anteriores.Os novos edificios buscaban sobre todo a súa funcionalidade, isto é, servir á función para a que foron construídos.Por iso, utilizaron formas simples como a liña recta, o cubo e o cilindro e eliminaron os elementos superfluos ou decorativos.Ademais, os arquitectos utilizaron os novos materiais industriais como o cemento, o aceiro e o vidro.

A NOVA ESCULTURA

Os escultores interpretaron e deformaron a representación da figura humana para crearen novas formas afastadas da realidade.Tamén utilizaron todo tipo de materiais (ferro, bronce, plástico, aceiro) para crear figuras xeométricas e volumes abstractos

A PINTURA DOS ISMOS

No século XX, a pintura deixou atrás o Realismo para buscar novas formas artísticas como:Maruja Mallo unía nas súas pinturas elementos realistas con elementos máxicos e simbólicos.O Expresionismo, que quería reflectir os sentimentos humanos.O Cubismo, que plasmaba a xeometría do espazo.O Surrealismo, que expresaba o mundo dos soños.A Arte abstracta, na que as formas imprecisas, as liñas e as cores pretendían provocar emocións.En España destacaron tres grandes pintores de renome universal (Picasso, Dalí e Miró), que crearon estilos moi persoais e innovadores. En Galicia destacaron Carlos Maside, Arturo Souto e Maruja Mallo.