Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Letras galegas 2020

O caso do autor desaparecido

Ms.saltyteacher

Le ben cada anaco de pista, pois te levará a unha serie de cuestións e tras pasalas, non poderás volver a elas. Con elas, descubrirás o nome do autor desaparecido.

Naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi escritor, historiador da literatura, crítico literario, filólogo e lingüista.Estudou na Coruña e foi a Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Dereito e Filosofía e letras con notas brillantes.

A que provincia pertence a Universidade na que estudou o noso autor desaparecido?

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Vinculouse ó galeguismo participando na revista Nós e ingresando en 1927 no Seminario de Estudos Galegos. Colaborou na redacción do Estatuto de Autonomía, entrou no Partido Galeguista e publicou as súas primeras obras en castelán e en galego con mostras de intervención político-cultural.

Na elaboración de que documento que recoñece a Galicia como nación histórica participou?

LOMCE

LOE

Constitución

Estatuto de Autonomía

Cando estalou a Guerra Civil estaba en Madrid opositando e incorporouse á loita como miliciano, ata chegar a ser teniente en campaña.Acabada a guerra, foi xulgado e condenado a doce anos, pero conseguiu saír ós dous, volver a Ferrol en réxime de liberdade condicional pero imposibilitado para acceder a ningún cargo público.

Foi xulgado e encarcelado por unirse na Guerra Civil en que bando?

Nacionalista

Republicano

En 1950 foi nomeado director do Colexio Fingoy, de Lugo, onde permaneceu durante quince anos, ó tempo que se doutoraba . Foi un pioneiro no emprego de métodos de ensino avanzados, dentro da vangarda pedagóxica europea, ligados ao movemento das Novas Escolas.

Que cargo do equipo directivo do centro de Fingoy lle correspondeu?

Director

Xefe de estudos

Secretario

Ademais quería dar unha educación que tivese unha utilidade inmediata para a vida e prescindir de libros e do memorismo. Polo tanto, non había libros de texto, senón libros de consulta e lectura, con biblioteca de aula. Realizaba con seu alumnado breves esquemas e toma de notas, aprendendo a consultar e documentarse. Evitou unha disciplina imposta pola forza, e optou por unha educación sen castigo.

A súa forma de ensinar era moi novidosa na época xa que non usaba...

Resumos

Libros de texto

Apuntes

Outro aspecto importante foi que había un maior tempo de permanencia do alumnado no centro, e, por suposto, un elemento fundamental foi a coeducación dos nenos e nenas, fomentando a igualdade e o respecto entre todos.

A forma de educar a nenos e nenas por igual foi algo moi novidoso tamén. A isto chamoúselle...

Coeducación

Igualdade de sexos

Colaboración

Restableceu contactos cos galeguistas que permaneceran no país, especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantiña correspondencia desde prisión. Paralelamente a súa labor docente, desenvolveu nestes anos un traballo de investigación moi importante -iniciado coa súa tese doutoral, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) - que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da "Historia da literatura galega contemporánea".

O nome dunha publicación moi exitosa de 1963 ...

"Historia da literatura galega contemporánea".

"Historia da lingua galega contemporánea".

Foi membro da Real Academia Galega desde 1958. En 1965 foi autorizado para exercer o ensino público no Liceo Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, mentres comezaba a impartir clases de galego na Universidade.

En que tipo de centro deu clases cando foi autorizado ...

Universidade

Colexio público

Colexio privado

Asimismo, desenvolvería unha amplia labor como editor de clásicos. Xubilouse en 1980 pero mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións. Escribiu teatro, narrativa e, sobre todo, ensaios.En 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa obra Scórpio.Actualmente, a que fora a súa biblioteca personal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia dende 1997.

Por que obra recibiu o premio da crítica narrativa?

A Xente da Barreira

Scorpio

Reticencias

Ri

Car

Do

Car

val

ho

ca

lero

Tes que volver a empezar, algún dato polo camiño non puideches atopar

Imaxe utilizada: Leandro Lamas

Noraboa, xa tes o nome e apelidos. Xúntao todo..quen é o autor desaparecido?