Want to make creations as awesome as this one?

Liña temporal para coñecermos mellor a vida e obra do autor das Letras Galegas 2020

More creations to inspire you

Transcript

RICARDOCARVALHO GALEGO

1939

1937-38

1936

1934-35

1933

Adquire a condición de funcionario do concello de Ferrol (1933) e convertese no segundo presidente do Partido Galeguista de Ferrol, cargo que ocupará durante os anos 1934 e 1935. Tamén en 1933 casa con María Ignacia Ramos. Te he precedido, niña de los ojos castaños, pocos meses en venir a este mundo triste; a tí el peplo sutil de la dicha te viste, yo perdí la fragancia de nuestros quince años. Y no han sido traiciones, no han sido desengaños; es, niña de castaños ojos, que en mi alma existe algo que debe ser como un extraño alpiste que seduce a los pájaros oscuros de los Daños. ¡Oh niña de castaños ojos! Tú eres dichosa y yo infeliz. Tú tienes en el pecho una rosa fragante; yo un espino implacable y esquivo que me produce una herida dolorosa. ¿y te enoja esta divergencia, misteriosa? Niña de ojos castaños ¡tú sueñas y yo vivo! (“Los ojos de María” in Trinitarias, poema dedicado a súa noiva)

1928-32

1926-27

1921-25

1919-20

1910

1910-1940:de Ferrol a Xaén pasando por Compostela

Día das Letras 2020

Seguinte

Có final da guerra, Carvalho Calero é preso en Xaén. Condenado por rebelión e por separatista a 12 anos e un dia. Escribe en prisión poesía, cartas e imparte clase a outros presos. Convento de Santa Úrsula (Xaén) prisión de Carvalho Calero Os tristes recordos destes anos quedan inmortalizados na súa novela Scórpio

Trasladado có Goberno da República a Valencia, obtén o grao de tenente e acaba integrado no exército republicano de Andalucia. Non sei se matei.Estiven na trincheira. Non vin o meu nemigo. Disparei. Non sei se matei. Fun ferido. Mais non sei se matei. Toupa cega, non teño outro ollo que o ollo do meu fusil. ¿Se cadra o ten vistoo meu nemigo? Olladas de fogo cruzan-se entre os dous: eu e o meu nemigo. Fun ferido. Eu non seise matei. (de Excalibur, in Futuro condicional)

Carvalho Calero finaliza por libre a súa segunda carreira ( Filosofía e Letras). É compromisario pola provincia de A Coruña para as eleccións á Presidencia da República. Cara finais de xuño, oposita a docente de instituto en Madrid. Iniciada a guerra civil, alistase no Batallón Félix Bárzana da FETE (Federación de Trabajadores de Enseñanza) da UGT e participa na defensa de Madrid. Pode que se o 18 de Julho me achasse em Ponteareias em troca de me achar em Madrid, estaria agora cos moços da minha quinta servindo ao exército insurrecto; e seguramente aturaria, e nom tencionaria desertar (in Scorpio)

En 1934 publica o libro de poemas O silencio axeonllado: MADRIGAL A ROSALÍA A ti, sombra perdida, espírito pervagante,que entre néboas de alén andas errante.A ti, clara voz morta, ollos feridos,pazo esquecido, outonolonjano, chúviaaceda sen lecer, sibilachorosa; a ti que teso corazón de lua traspasado,nas mans tremor de maina bris que ri,as fazulas aradas pola dor-oh estadea de bágoas sen fin-e na fronte un fantasma aluarado:a ti,de min,aos pes,a flordun siléncio ajoellado. Carvalho so o pseudónimo de Eduardo Colmeiro colabora no semanario Ser, dirixido por Suárez Picallo, impreso por Ánxel Casal e deseñado por Luís Seoane (1935).

Adquire a condición de funcionario do concello de Ferrol en 1933 ao tempo que se converte no segundo presidente do Partido Galeguista de Ferrol, cargo que ocupará durante os anos 1934 e 1935. Neste mesmo 1933 casa con María Ignacia Ramos. Te he precedido, niña de los ojos castaños, pocos meses en venir a este mundo triste; a tí el peplo sutil de la dicha te viste, yo perdí la fragancia de nuestros quince años. Y no han sido traiciones, no han sido desengaños; es, niña de castaños ojos, que en mi alma existe algo que debe ser como un extraño alpiste que seduce a los pájaros oscuros de los Daños. ¡Oh niña de castaños ojos! Tú eres dichosa y yo infeliz. Tú tienes en el pecho una rosa fragante; yo un espino implacable y esquivo que me produce una herida dolorosa. ¿y te enoja esta divergencia, misteriosa? Niña de ojos castaños ¡tú sueñas y yo vivo! (“Los ojos de María” in Trinitarias, poema dedicado a súa noiva)

Primeiras publicacións: Trinitarias (poemario en español, Ferrol, 1928): Yo tengo austeridades de viejo anacoreta; yo tengo efervescencias de rancio soñador; tengo algo de vesánico; tengo mucho de asceta y en el pecho escondida una sangrienta flor. Si sun hojas son versos, entonces soy poeta;Si besos de mujer, soy de ella orador,mas mi amor es entonces dura pasión inquietao quimérico sueño: nunca sólido amor. Yo el corazón pusiera en un ser intangible;cual Séneca, me abriera las venas impasibleo, matando la carne, viviera en una ermita. Con Jusús Nazareno predicara en Judea, Con Alonso Quijano soñara a Dulcinea, con Armando Duval amara a Margarita Vieiros (Nós, 1931): Realmente é un livro de transizón. Vieiros publicou-se no ano 1931. Eu sempre teño dúvidas se é no ano 30 ou no 31... Hai, si, evidentes relazóns coa vangarda, ainda que é un vangardismo bastante moderado o deste livro. Efectivamente, xa conectara coas liñas fundamentais de desenrolo da poesia galega naqueles tempos. E hai, ainda que mui escasamente rexistáveis, certas conexóns coas tendenzas neotrovadorescas ou hilozoístas. Si, recordo que hai un poema escrito con arreglo aos critérios da poética trovadoresca, versos escritos con paralelismo, con leixaprén. (in FERNÁN-VELLO e PILLADO MAYOR, Conversas en Compostela con Carballo Calero, Sotelo Blanco, 1986, páx. 74) “La fuerza pública en la universidad de Santiago, 29-1-31. Datos y documentos” (dando conta dos incidentes causados pola entrada da policía na universidade, 1931), La soledad confusa (en castelán, 1932). Primeiros relatorios: no Centro Obreiro de Ferrol: "En torno a las ideas comunistas de Platón" En principio un traballo para a Cátedra de Dereito Natural (1929) e en setembro deo 1930 (discurso na apertura do Curso académico a cargo de Ricardo Carvalho Calero, alumno) En 1931 remata brillantemente os seus estudos de Dereito e participa na redacción do “Anteproxecto de estatuto da Galiza” con Lois Tobío e có apoio de Vicente Risco. Cando en decembro deste mesmo ano se funda o Partido Galeguista, forma parte do Consello con Castelao, Bóveda, Lugrís Freire, Paz Andrade e Tobío Fernández. Un ano despois, na Segunda Asemblea do P. G, pasa a formar parte da Executiva..

No ano 1926 matriculase na Universidade en Primeiro de Filosofía e Letras, preparatorio de Dereito. Entra en contacto con algúns dos integrantes do Seminario de Estudos Galegos (S.E.G.). Con 16 anos aparece entre os novos socios correspondentes do SEG xunto a Álvarez Limeses, Couceiro Freijomil, Otero Botana, Montero Díaz. Participa tamén no movemento estudantil, afiliándose a F.U.E. (Federación Universitaria Escolar), sindicato estudantil do que Ricardo Carvalho chegará a ser presidente da Asociación Profesional de Alumnos de Dereito. Lembro as cargas da Guarda Civil a cabalo no campo de Don Mendo, que ocupaba o espazo que hoxe é campus universitario, diante dos colexios maiores. (in FERNÁN VELLO e PILLADO MAYOR, Conversas en Compostela con Carvalho Calero, Sotelo Blanco, 1986). En 1927 ingresa no S.E.G. ca lectura dun conxunto de poemas agrupados baixo o título “A dor cantareira”, que serán recollidos, en parte, na primeira edición de Vieiros. Dentro do Seminario de Estudos Galegos pertence ás seccións de Historia da Literatura e Ciencias Sociais e será Secretario de Actas e Secretario xeral. ... o Seminario era para min un fogar, un casino... Aquela entidade, tal como estaba concebida e funcionaba entón, estaba feita á miña medida, de xeito que con absoluta naturalidade incorporeime as tarefas dos “seminaristas” e pódese dicer que a miña incorporación ao Seminario foi o resultado dun proceso de búsqueda dun ambiente e dunha canle por onde puidese discorrer a miña actividade literaria... fiquei incorporado ao plano xeral de desenvolvimento da cultura galega, que era a finalidade principal do Seminario. Eu sempre me considerei como membro da Xerazón do Seminario. (in BLANCO, Carmen, Conversas con Ricardo Carballo Calero, Galaxia, 1989, pp. 24, 112-13, 133)

Entre 1920 e 1925 este neno, gran lector, estuda preto do novo enderezo familiar, na Rúa Real, no colexio "Sagrado Corazón de Jesús" dirixido polo profesor-escritor rexionalista, Manuel Comellas Coimbra, con que se inicia no estudo dos clásicos, a "Preceptiva" e a "Retórica" Prepara por libre o bacharelato, examinase no instituto Eusebio da Guarda de A Coruña e comezan as súas primeiras experiencias literarias. En 1924 na revista ferrolá Maruxa publica os seus primeiros poemas, so o pseudónimo "Ilex". Mais tarde publicará na revista Vida Gallega e no xornal local El Correo Gallego.

En 1919 morre a súa nai, coa que Carvalho aprendera as primeiras letras. Ao ano seguinte o seu pai casa por segunda vez cunha irmá da falecida, madriña de Carvalho, que tamén morrerá de parto un ano despois. Ricardo , o primeiro pola dereita Eu, neno, matei a miña infáncia co coitelo da miña gravidade. No relógio adiantado da miña vida, a agulla da miña vontade asinalaba a hora da colleita cando ainda non era a hora de sementeira; asinalaba a hora do roibo amor cando era a hora do branco jogar; e ateigado cedo da ciéncia da dor, o meu rouxinol puxo-se a cantar ainda antes de aprender a voar. Cando era a hora do viver, foi para min a hora do coidar. (“Evocazón da infáncia perdida” in Vieiros)

O penúltimo día de outubro de 1910 nace, na casa número 51 da rúa de San Francisco, no barrio do Ferrol Vello, casa natal Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo CARBALLO CALERO, o maior dos cinco irmáns nados do matrimonio entre Gabriel Ricardo Carballo Naya e Mª Dolores Calero Beltrán. FERROL 1916 Cinco duros pagábamos de aluguer. Era um terceiro andar, bem folgado. Pola parte de atrás dava para o Campinho, e por diante para a rua de Sam Francisco. No segundo vivia a minha tia aboa: Tiña unha peza cheia de paxaros disecados que só abria os dias de festa para que os nenos disfrutásemos nela. Ainda vivia minha mãe e todos os meus irmaos viviam, e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro, e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego. Na casa tinhamos pombas e, por suposto, un grande gato mouro; e o mue pai era novo ainda e no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha. Via o mar da minha fiestra, e chegavam cornetas da marinha. E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola, e duas vezes rubia-os de volta. As mulheres entom usavam capa e corsé, e íamos à aldeia em coche de cavalos, e a rua estava ateigada de pregons de sardinhas e de ingleses que vendiam Bíblias. Eu tinha un pacto con Deus: que ninguén dos meus morreria. E o pacto era observado, e eu confiaba na perenidade do pacto. Todo isto fica tam longe que aduro podo ainda lembrá-lo. Esqueceria-o dentro de pouco tempo se non escrebese estes versos. (de Avalon in Futuro condicional)

RICARDOCARVALHO GALEGO

1990marzo

1990Xaneiro

1984-89

1980-83

1971-79

Adquire a condición de funcionario do concello de Ferrol (1933) e convertese no segundo presidente do Partido Galeguista de Ferrol, cargo que ocupará durante os anos 1934 e 1935. Tamén en 1933 casa con María Ignacia Ramos. Te he precedido, niña de los ojos castaños, pocos meses en venir a este mundo triste; a tí el peplo sutil de la dicha te viste, yo perdí la fragancia de nuestros quince años. Y no han sido traiciones, no han sido desengaños; es, niña de castaños ojos, que en mi alma existe algo que debe ser como un extraño alpiste que seduce a los pájaros oscuros de los Daños. ¡Oh niña de castaños ojos! Tú eres dichosa y yo infeliz. Tú tienes en el pecho una rosa fragante; yo un espino implacable y esquivo que me produce una herida dolorosa. ¿y te enoja esta divergencia, misteriosa? Niña de ojos castaños ¡tú sueñas y yo vivo! (“Los ojos de María” in Trinitarias, poema dedicado a súa noiva)

1966-70

1956-65

1951-55

1950

1941-49

1941-1990:de Ferrol a Compostela pasando por Lugo

Día das Letras 2020

Seguinte

Atrás

Morre en Compostela o 25 de marzo. Administrar o capital do nosso destino,é umha forma de viver.Querer trocar a moeda do nosso destinoé umha forma de morrer.Aquilo é próprio de ti,isto de mim.Vive, pois, Phoénix, a tua vida,mentres eu morro a minha morte.Hai un além que se chama autenticidade,onde, se cadra, a tua vida e a minha morteconvergirám, como paralelas no infinito. (in Cantigas de amigo e outros poemas) Con posterioridade públícanse Do Galego e da Galiza Do que se trata é da restauraçom da língua do país. Esta seria a língua normal. Nom haveria umha língua alta e umha língua baixa. O galego seria língua alta e baixa, e ademais todos os galegos possuiriam o castelhano como meio de comunicaçom dentro do mundo dos castelhano-falantes, mundo no qual por tantas razons históricas e sociais estám fortemente implicados. Assi os galegos dominariam os dous romanços mais estendidos pola terra, e poderiam comunicar-se sem esforço com quase quinhentos milhons de indivíduos. (in Do galego e da Galiza, Sotelo Blanco, 1990) e Reticências (1986-1989), poesía.

O 7 de xaneiro de 1990 é nomeado Fillo Predilecto de Ferrol. De um jeito ou outro, hei de entrar no meu povo, para ver se tropeço numha rua qualquer do Ferrol Velho -será a de Sam Francisco, a do Socorro?- com o neno que fum e que foi outro; aquel que fum e que nom fum entom, quando eu nom era o velho que hoje som. (in Reticências) Ferrol integrado na Galiza e no universo está sempre presente na minha vontade, no meu espirito e na minha emoçom (Carvalho Calero)

En 1984 recibe a medalla Castelao e non acepta a invitación para formar parte do Consello da Cultura Galega. Publica Letras Galegas e Narrativa completa, dous anos despois Cantigas de Amigo e Outros Poemas (1980-1985) e en 1987 a novela Scórpio. retrato da xeración dos vencidos na guerra civil e, en certa maneira, unha autobiográfica. Con ela obtivo o Premio da Crítica. Artigo de Mónica Pazos Martínez sobre Scorpio. De 1989 son os seus Escritos sobre Castelao e Estudos e Ensaios sobre Literatura Galega.

1980.- Nomeado presidente da Comisión elixida polo Parlamento preautonómico galego para elaborar un patrón escrito para o galego. Membro da Academia das Ciéncias de Lisboa. Xubílase e abandona a docencia. Publica Pretérito Imperfecto (1927-1961), poesía, e ao ano seguinte Problemas da Lingua Galega. En xullo de 1982 aparecen as Normas do Idioma Galego elaboradas e aprobadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, contrarias ás teses defendidas por Carvalho quen segue a publicar:. Libros e Autores Galegos II e Futuro Condicional (1961-1980): ¡Meu pasado imperfeito, meu futurocondicional! Mais o presente ¿ulo?O presente perfeito,feliz ou desditado,mais completo en si mesmo, mais colmadona sua indiferente estimativa. (in Futuro condicional (1961-1980), Edicións do Castro, 1982, páx. 13) e en 1983 Da Fala e da Escrita.

En 1971 publica: A Sombra de Orfeu, Farsa das Zocas, A Árbore e Auto do Prisioneiro (teatro) Comeza a recompilación da sua obra ensaística espallada por revistas e xornais: Sobre lingua e literatura galega. Obtén a primeira cátedra de Lingua e literatura galega na Universidade de Santiago no ano 1972 . O 27 de xullo de 1975 aparece en La Voz de Galicia o seu artigo “Ortografía galega”. No ano 1977 non acepta presentarse á presidencia da RAG. Comeza a súa evolución cara ao que denominaba escrita galega tradicional ou histórica (1978) En 1979 publica Estudos Rosalianos: aspectos da vida e obra de Rosalia de Castro e Libros e Autores Galegos I Director da exposición “O libro galego onte e hoxe”

Desde o mes de outubro de 1965 comeza a exercer como profesor adxunto interino de grego no instituto feminino "Rosalia de Castro" de Compostela. onde, nese mesmo curso é nomeado adxunto numerario (có nº 1 da súa oposición) de lingua e literatura españolas. Alí, no Rosalía de Castro, eu realicei un labor para min enormemente agradábel, cunha enorme vocación e cun enorme entusiasmo; eu tiven alí nenas de primeiro ano, ás que había que ensinar a redactar, pero todo iso o facía con enorme gosto, é dicer, que aunque fun profesor universitario, nos anos como profesor de ensino medio e, mesmo referíndome aos meus esforzos coas alumnas dos primeiros anos, para min carecían totalmente de espiñas. (in BLANCO, Carmen, Conversas con Ricardo Carballo Calero, Galaxia, 1989, páx 45) No 1966 publica a 1ª edición da súa Gramática Elemental del Gallego Común. Obtén o Pedrón de Ouro en 1968. Xa no 1970 elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas para o galego, por encargo da Real Academia Galega.

O 17 de maio de 1958 ingresa na Real Academia Galega (fora proposto por Otero Pedrayo, López Cuevillas e Ferro Couselo) có discurso "Contribución ao estudo das fontes en Rosalía", contestado por Otero Pedrayo. Publica en 1961 Salterio de Fingoy : No "Salterio de Fingoi" apresenta-se-nos, pois, a vida como unha sucesión de traxédias; na sua derradeira eséncia, catarse intermitente. O poeta situa-se nunha posición de menesterosidade ante Deus. E no libro, máis concretamente, na terceira etapa vital, a madurez, cando a paz do solpor se extende encol dos despoxos, nun reencontro coa crenza infundida na nenez, que como nos di no seu diálogo coa alma. Unha crenza, unha fe non infantil e docilmente, senón introspectiva e intelectualmente asumida. Medita sobre a vida humana: é un tránsito... Hai moito de oración, de petición de auxilio, de confesión de desvalimento, de filial arela de protección nos salmos do “Saltério”. O libro bíblico de tal nome reúne cánticos de vários tipos. Diríamos que é o salmo penitencial, o que rexistra a distáncia entre o home e o Deus, o que confesa a insignificáncia do que aspira ao consolo no grémio paterno, a angústia da efemeridade, a petición de salvación e misericórdia, o que estaba especialmente na mente do poeta cando na soledade de Fingoi, desacougado por graves inquedanzas, tanxe o seu instrumento lírico, o seu “Saltério”, como David rodeado de inimigos, é dicer, rodeado de forzas mundanas que baten con fria dureza no seu corazón. (HERRERO FIGUEROA, A., "A procura da transcendéncia en ‘Saltério de Fingoi’” in Grial: 74 (1981), pp.480-489.) e dous anos despois a Historia da literatura galega contemporánea, na que leva traballando case unha década, o esforzo de sistematización da nosa literatura máis ambicioso e significativo da segunda metade do século XX. Refúndase Grial como revista, na que colaborará asiduamente con artigos de lingua, literatura e crítica literaria... No curso 1964-65 deixa a dirección do Colexio "Fingoi" e incorporase como profesor interino de Língua e Literatura Galegas á Universidade de Compostela.

En 1951 publica A xente da Barreira, Premio do 1º Concurso de Bibliófilos Gallegos de 1950 , primeira novela publicada en galego na posguerra, cunha historia centrada nunha saga fidalga do rural. É unha novela histórica?... É unha novela histórica no sentido de que parte da súa aczón se situa no pasado. A novela comeza a princípios do século XIX. Fala-se do exército de Sir John Moore, que perseguido polo exército francés entra en Galiza para embarcar-se na Coruña despois da batalla de Elviña. Mas é unha novela pola que o tempo transcorre rapidamente. Hai várias xerazóns de señores da Barreira, e os últimos indivíduos da família dos Frade de Eirís aos que se cita ou aos que se alude na novela son xa contemporáneos meus. É unha novela histórica nese sentido. Se cadra poderiamos designá-la como pertencente ao subxénero que outras veces se chama “novela de época”, que mais ben trata de reproducir unha situación histórica mui próxima a nós.Por que escrivin esta novela?... A causa determinante foi, como teño dito en algunha ocasión, o contacto que estabelecin, através doutras persoas, cun mundo que a min, nado no Ferrol vello, xunto ao mar, me era descoñecido. O mundo rural coa relazón complicada, intensa e pintoresca entre os diversos estamentos da decadente aristocrácia que vive no pazo e a paisanaxe que rodea o pazo. Aínda que nesta novela, que algunhas veces foi calificada como “novela de pazo”, nunca se chama pazo á casa da Barreira.Relatos de persoas que viviran ese mundo, que nasceran nese mundo, trouxeron ao meu coñecimento formas de vida que eu non tiña experimentado directamente. Seduziron-me muitas das notícias sobre ese tipo de vida rural, como, por outra banda, as vivéncias que se me comunicavan rexistavan a decadéncia da clase señorial, que se precipitou depois da revoluzón de Mendizával, sentin-me inclinado a articular, nunha obra literária que tivese mais ben o carácter dunha crónica, pero que eu trataria con absoluta liberdade, eses feitos, eses acontecimentos, eses tipos que realmente me seduzian. E asi nasceu A xente da Barreira. (in FERNÁN-VELLO e PILLADO MAYOR, Conversas en Compostela con Carballo Calero, Sotelo Blanco, 1986, páx. 113) Ao ano seguinte comeza, por suxestión de Ramón Piñeiro o seu estudo sobre Sete poetas galegos, que publicará en Galaxia en 1955 e que sería a base da súa tese e antecedente da súa Historia da Literatura. Neste mesmo ano publica Poemas pendurados dun cabelo. Un cabelo de anjopendurado do ceo,se non é a espada de Damocles,é adival para o espírito, xímio equilibrista, que, nel agarrado, pode arrandear sobre a terra e crer que é a araña dun fio tirado do seu próprio miolo, cordón umbilical que o vencella ao seu niño que está no azul. Mais non sabemos qué é o norte, qué é o sul, o cenit e o nadir, a vida e a morte, a terra e o ceo, cál é o metro que leva ao paraíso e qué aeronave nos conduz ao inferno. (in CARVALHO CALERO, Ricardo, Beleza, verdade (escolma poética e limiar de Pilar Pallarés), Chan da Pólvora Editora, 2019, páx. 62). E en 1954 doutorase (con premio extraordinario) en Madrid coa tese Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea dirixida polo seu amigo e paisano Santiago Montero Diaz.

En 1950 chega a Lugo, devo considerar-me lugués por razón de longa vizinhança, mas porque os meus filhos e os meus netos levam sangue lugués, pois lugués é o sangue da mai daqueles e ovoa destes, e em Lugo vive hoje toda a minha descendência. (in REIMUNDE, R., Cautivério de Fingoi. Os anos lugueses 1950-1965 de D. Ricardo Calvalho Calero, Lugo, Publicacións da Deputación) onde traballará como profesor do Colexio Fingoi, até 1965, sendo mais adiante nomeado Director e desenvolvendo un importante labor pedagóxico-formativo e teatral un “colexio experimental”, con definidas liñas pedagóxicas: unha educación disposta como utilidade inmediata para a vida e unha acción formativa, lonxe da erudición libresca, nunca imposta como disciplina desde o exterior. En resumo, pedagoxía viva, creativa e participativa. (FERNÁN VELLO, M. A., “Colexio Fingoi” in El Progreso, Lugo 9/12/2017) Publicará Anxo de Terra na colección de Poesía Benito Soto de Pontevedra: Anjo de terra, de cobarde arxila, que co teu po queres rubir ao ceo. Antre o verde e o azul fas o teu niño. Da nube e do piñeiro pendurado, arrandeando entre o que foge e dura. Ao teu xugo xunguir a Deus tencioas; Deus traducido á túa língoa de area. Polo-o doce camiño do que morrre percuras o relanzo do non nado. O ceo mineral friaxe ponche. Ha chegar o teu trunfo solermiño cando os ollos de Deus a bágoa embace e forte contra Deus teu nome sexa. Israel: e o divino mensaxeiro cairá rendido pol-a carne túa. E casará o seu ceo coa túa terra. (in Anxo de terra, Gráficas Torres, 1950, páx. 9)

No 1941 Carvalho regresa a Ferrol con liberdade condicional. Imposibilitado para recuperar a súa praza de funcionario público ou para exercer como avogado, vai traballar como docente no ensino privado. Como pudemos viver? Os olhos múltiplos e insones de Medusa fixos em nós à espreita. As bocas das metralhetas apontando-nos. A censura postal-fatídico agoireiro- lendo as nossas entranhas. Os sacristaos passando lista às portas das igrejas. Nos cafés, os contertúlios anotando as nossas reacçons perante as notícias do rádio. Clitemnestra na cama. Na escola, os nossos filhos aprendendo a condenar-nos, a desprezar-nos, a denunciar-nos, a falarem na língua com que insultados fomos e julgados réprobos, e na qual foi estendida a acta que nos levou ao paredom, ao cárcere, ao desterro; a língua com que nos indultarom para nos inserir arrependidos no mundo que quigéramos substituir. Muitos morrerom, mas nom falo agora desses mortos; falo dos que tiverom que viver morrendo entre os seus matadores, lendo a imprensa que de lama os enchera, saudando as insígnias contra as quais militaram. Como pudemos viver? E mais vivêmos. E comêmos, dormímos, engendrámos crianças: se havia quê comer, se havia leito para dormir ou para amar. E é que, assi como o home sossegado, bondoso e cortês, pode converter-se em malvado, besta cruel; e a mulher terna e fina, em selvagem ouveante alimária: assi tamém o home inquieto, íntegro e valoroso pode transformar-se em sofrida besta de carga ou tiro, e a mulher que as teias acendia da vitória, em abatida fêmea de miserenta espécie soterranha. Assi hienas e vermes, formas de desumana humanidade, encarniçam-se, arrastam-se. Nom haveria lobos se nom houvesse anhos. Milhafre e pomba todos podemos ser. Isso é ser home: humilhar ao home ou humilhar-se perante o home. Todos podemos humilhar-nos e humilhar. Isso é ser home. Mister seria para nos prevenir de sermos bestas depredadoras ou servis, conquistar umha faísca de lume prometeico e ser um pouco deuses, home e deus à par, na força e na renúncia; mas isso só é possível sobranceando o humano, cando águia é a hiena, e anjo o verme, sobre a terra a voar, segundo a desumana fórmula de Friedrich Nietzsche ou de Cristo Jesus. (in Retiências) A derecha y a izquierda por detrás, por delante, cadáveres me cercan. Esqueletos de niños,cenizas de mujeres,osamentas de amigos. Los que me fueron dulces,las que me fueron bellascimientos son de cruces. También los que lucharonbrazo a brazo conmigo,cruzados ya los brazos. Rodeado de muertos; ellos, sin mí, qué solos; yo, qué solo, sin ellos. (in CARVALHO CALERO, R., Poesía perdida, Edicións do Castro, 1993, páx. 34) Nestes anos colabora no suplemento cultural dos sábados de La Noche có pseudónimo Fernando Cadaval, sobre temas históricos e literarios, especialment sobre Rosalia de Castro. Colabora tamén na Colección “Bibliófilos Gallegos” En 1947 gaña o premio de teatro Castelao, convocado en Buenos Aires pola súa peza O fillo. O fillo é un drama de mulleres que aborda o tema da maternidade virxinal. Hai na peza dous caracteres antitéticos: Joana e Estrela. A primeira, a señora da casa, é sinxela, boa, virxinal e solteira. Estrela, a criada, é a outra cara da moeda combinando a dimensión maternal e sexual. Xa nesta obra fican anotados algúns elementos do seu teatro: coidada estrutura, lingua modélica, abundancia de personaxes e conflitos femininos, incorporación de partes líricas, parellas de personaxes (criados-amos, criada vella-criada nova) ou tensión entre a realidade e a ilusión. (in RABUÑAL, H., "Carvalho Calero na historia do noso teatro")

RICARDOCARVALHO GALEGO

2020 (III)

2020(II)

2020(I)

2019

2000-2018

1996-97

Esperando o Día das Letras na patria dos bos e xenerosos

Día das Letras 2020

Atrás

A pandemia que estamos a sufrir tamén ataca ao noso homenaxeado. O necesario distanciamento social vai provocar un atípico 17 de maio. Adíanse, reformúlanse actos ou xorden novas propostas: Dada a gravidade dos acontecementos e diante da imposibilidade de organizar as cousas axeitadamente, acordamos pospoñer a sesión académica do 17 de maio para o 31 de outubro (sábado), un día despois do 120 aniversario do nacemento de don Ricardo. Na súa cidade natal procuraremos daquela celebrar con todos os honores o Día Grande das Letras Galegas, dedicado á súa persoa. O mes de maio segue sendo un mes luminoso. O profesor gustaba de dicir que o ano 1910, ano do seu nacemento, fora un ano especial, o ano do cometa Halley, que asustou o mundo e inspirou toda clase de agoiros. Tamén promoveu unha alta dose de enerxía. Por iso, malia as circunstancias, queremos celebrar a don Ricardo. (Victor F. Freixanes "Circunstancias extraordinarias") O illamento social non vai ser quen para impedirnos o achegamento á eximia figura de Don Ricardo Carvalho Calero, que el nos contaxie có virus do seu inquebrantábel compromiso a prol da lingua e da patria!

Entidades, empresas culturais e centros de ensino ofertan e programan multitude de iniciativas, actividades e materiais diversos sobre a figura do homenaxeado: Para mostra esta proposta de novela gráfica: ou o xa clásico telexornal do CPI dos Dices (Rois): Outras propostas aquí (I e II)

2020: comeza o Ano Carvalho Calero Ti na nosa memoria, memoriosos, vencellados contigo, navegantes nun mar confuso que lambe Curuxeiras, que olla San Francisco que se abeira no gardachuvas grande do teu saber; Ricardo Corazón de Terra, Corazón de Carballo, viaxeiro do tempo que lá foi mais segue a ser contigo. (Vicente ARAGUAS, “Homenaxe a Carvalho Calero”)

Na sesión do 22 de xuño de 2019 a RAG acorda, por fin, dedicarlle o Día das Letras 2020. O Pleno da institución acordou na sesión ordinaria celebrada hoxe homenaxealo o 17 de maio do ano que vén, cadrando cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. O profesor ferrolán, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vencellada á historia do galeguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.

Carvalho Calero foi proposto como autor para o Día das Letras en múltiples ocasións: 2000, 2010, 2011, 2013, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019 sendo a súa candidatura sempre rexeitada.

En 1996 o Parlamento galego noméao por unanimidade Fillo Ilustre de Galicia e, ao ano seguinte, instala a súa biblioteca (formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas) nunha das dependencias da propia biblioteca parlamentaria. Lembramos hoxe, aquí, o lingüista, o historiador da literatura (en tempos ben menesterosos, autor dunha monumental História da Litertura Galega Contemporánea, referente inescusábel de calquer estudo literário posterior), o filólogo, o erudito, o divulgador, o investigador e o ensaista, o narrador, o dramaturgo, o poeta. lembramos o patriota de traxectória exemplar. Temos saudades da sua compaña, da sua cordial amizade, do seu ensino. (María Pilar García Negro, intervención no Parlamento Galego, 27 de xuño de 1997) ... creo que todos temos que nos congratular, temos que nos felicitar porque, a partir de agora, o maior acervo cultural de D. Ricardo Carvalho Calero, que é a súa bibliotreca e é a súa docuentación e todo o seu arquivo persoal, enriquezca bibliograficamentre os fondos que ten á disposición este Parlamento para todos nós e para todos os estudiosos que queiran acercarse a el. (Fernando González Suárez, intervención no Parlamento Galego, 27 de xuño de 1997) Eu quéroo lembrar neste intre no seu despacho, rodeado deses libros que el mercaba, que el colocaba, cuidaba e, sobre todo, consultaba unha e outra vez. Os libros eran para el ferramentas de traballo. Como tal os tratou, como tal os valorou, e a nosa esperanza é que no futuro sigan servindo para o mesmo a todos aqueles que queiran seguir a traballar polas mesmas causas. (Margarida Carballo Ramos, intervención no Parlamento Galego, 27 de xuño de 1997) ... que esta biblioteca que estamos a formar sirva para o que, sen dúbida algunha, houbera querido D. Ricardo: que sirva a Galicia, que sirva para acadar esa Galicia que todos queremos. (Victorino Núñez, intervención no Parlamento Galego, 27 de xuño de 1997)

CARBALLO CALERO, Ricardo, 4 pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, Galaxia, 1971, 203 pp. CARBALLO CALERO, Ricardo, A xente da Barreira, Galaxia-La Voz de Galicia, Biblioteca Galega 120, 2002, 109 pp. CARVALHO CALERO, Ricardo, Beleza, verdade (escolma poética e limiar de Pilar Pallarés), Chan da Pólvora Editora, 2019, 191 pp. CARVALHO CALERO, Ricardo, Scórpio (epílogo de Artura Casas), Através editora, 2019 (2ª), 296 pp. GARCÍA NEGRO, Mª Pilar (edit.), Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación, Laiovento, 2019, 296 pp. PARDO DE NEYRA, Xulio, Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, Edicións Embora, 2019, 326 pp. RABUÑAL, Henrique, Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, Galaxia, 2020, 205 pp. VV. AA., Hei de entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero, Eidicións Embora, 2019, 197 pp. https://academia.gal/letras-actual https://carvalhocalero.academiagalega.org/ http://illa.udc.es/novelahistoricagalega/estudos/aieg2009_alva.pdf http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/carvalho-calero-ricardo.html http://literaturagalega.as-pg.gal/etapas/a-etapa-contemporanea-ii/a-guerra-civil-carvalho-escritor-no-silencio-1936-1947 https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/a-poesia-de-carballo-calero-en-sete-palabras/ https://sites.google.com/site/carvalhocalero/ https://docplayer.com.br/84265700-Carvalho-calero-de-puno-e-letra.html