Want to make creations as awesome as this one?

Infografía sobre os maios en galicia

Transcript

QUÉ SON OS MAIOS?

É unha construción ornamental feita de ramallos e flores. Nos primeiros días do mes de maio pódense ver de distintas formas segundo as vilas.

Os Maios ramos

Os Maios humanos

Os maios figurados

OS MAIOS

"Este mes de maio, é o mes das flores, onde os namorados deixan ver os seus amores".

Todo o que precisas saber

CEIP Mestres Goldar

Clases de maios

Como elaboramos un Maio

Os Maios de antes

Alumea o pan

Maios en Vilafranca

Maios en Ourense

Non vos perdades:

(Pincha na imaxe)

(Pon o cursor enriba das estrelas e descobre a información)

"Cando desaparecen as chuvias de abril e chegan os primeiros raios do sol, comeza un novo ciclo natural e iso, para un pobo labrego coma o noso, é un motivo de celebración".Así comezou esta festa, dende tempos da prehistoria, pasando polos celtas, gregos, romanos... En diversas culturas tratan a fecundidade da natureza, que ten lugar dentro do ciclo de maio. As festas dos maios adoitan celebarse entre finais do mes de abril e os primeiros días do mes de maio, aínda que o ciclo desenvólvese ata o inicio do verán, coa noite de San Xoán. Di a copla, que cando marzo é airoso e abril chuviñoso, o mes de maio será florido e fermoso. Di a lenda que o 1 de maio, o inverno e a escuridade morrían porque era o día no que chegaba o maio, e toda a natureza renacía en cores e olores. Hai árbores vestidas de cor e de flores. A xente baila e celebra o truinfo da vida. A ledicia vital da primavera exprésase nesta festa.

Lume pan, que che dan. cada espiga seu toledán. Lume trigo, que che digo, cada espiga seu pantrigo.

Son os máis sinxelos. Eran ramos pequenos que os rapaces facían e que ofrecían á xente pedíndolle lambetadas en troco. Hoxe xa non perviven.

Nenos e nenas, son cubertos de flores e ramas. Van cantando coplas que carecen de crítica. O público bota noces, avelás, caramelos... a xeito de aguinaldo. Foron vistosos en Portomarín e Ribadeo.Tamén podes gozar deles na actualidade en Vilafranca do Bierzo.

O Maio é unha figura en forma de pirámide ou cónica. Tamén poden adoptar outras formas, imitando monumentos locais, figuras de personaxes famosas... Teñen moita sona en Pontevedra, Redondela e na cidade de Ourense.

No noso tempo, construímos os maios facendo figuras ornamentais, con musgo, flores, ovos, fiúncho e arredor delas cantamos acompañándonos de paos. En xeral, facíanse coplas irónicas e críticas falando de cousas e acontecementos que suceden na actualidade.

Sabías que en zonas de Muros e Noia había un rito moi curioso? Era o rito de "alumea-lo pan ou danzas do pan " A xente percorría os campos sementados con fachucos de palla prendidos ( o lume coma elemento purificador ) e recitando invocacións, tamén acendendo fogueiras nesta última noite de Abril.

Como podedes ver, os maios non son unha celebración recente. Hai moitos anos que este ciclo se celebra con forza en Galicia, mantendo deste xeito as nosas tradicións culturais. En definitiva, que chega o mes de maio, onde a vida renace e o campo se engalana de flores, onde, como din as coplas, sae a relucir a vida e o amor.

HALLOWEEN

OS MAIOS

"Este mes de maio, é o mes das flores, onde os namorados deixan ver os seus amores".

Comproba o que sabes

Clases de maios

(Adiviña o tipo de Maio e comproba poñendo o cursor na estrela)

¿Tipo de Maio?

¿Lugar?

¿Tipo de Maio?

¿Lugar?

CEIP Mestres Goldar

¿Tipo de Maio?

¿Tipo de Maio?

¿Lugar?

¿Lugar?

Maios humanos

Antiguamente en Portomarín e Ribadeo, na actualidade en Vilafranca do Bierzo.

Maio figurado

Pontevedra, Redondela e Ourense.

Maios figurados

Pontevedra, Redondela e Ourense.

Antiguamente en Portomarín e Ribadeo, na actualidade en Vilafranca do Bierzo.

Maios humanos