Want to make creations as awesome as this one?

MATERIAL ELABORADO polo equipo técnico da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA. www.autismogalicia.org

Transcript

TIPS DE UTILIDADE ANTES DE SAÍR A RÚA

#quedanacasa

TEAconsellos

É importante que pensemos nas necesidades individuais e teñamos en conta cada situación, tanto se somos unha persoa con autismo, coma se lemos isto polo noso familiar con autismo. Debemos ter en conta que calquera tipo de pauta debe ser observado coma un consello xeral e non coma algo válido para todo o mundo.

CONSELLOS XERAIS

O obxectivo das saídas ten que ser sempre que o feito de saír a rúa contribúa ao noso benestar físico e emocional. Se supón un estrés para nos ou para a persoa con TEA non é o momento. Respectemos os ritmos e preparémonos antes.

IMPORTANTE:

O primeiro paso ten que ser prepararnos emocionalmente para saír o exterior. Dar e obter as respostas as preocupacións para ter seguridade. Por exemplo, as preocupacións son por contaxio? Levamos moito tempo escoitando o perigo da saída a rúa, pero debemos saber que as condicións nos permiten saír porque o virus está máis controlado. Ter claro cando se pode saír, o horario, e a duración, tamén axuda. Podedes obter máis información en:

HAI UNHA RESISTENCIA MOI FORTE A SAÍR? NON ME SINTO MOI SEGURO DE SAÍR?

Planifiquemos o tempo, o recorrido e as medidas que teño que tomar.

Como primeira medida no caso de ser necesario pódense acortar as primeiras saídas e que estás sexan unha primeira toma de contacto, intentando avanzar un pouco máis nas seguintes de forma paulatina. Tamén pode ser útil márcalas nun calendario.

Podo utilizar recursos visuais para apoiar o noso plan se fose necesario:

  • Pictogramas.
  • Imaxes.
  • Cronómetros.
  • APPS para controlar o tempo.
  • Os recursos que atoparedes na nosa páxina INFO Covid AUTISMO GALICIA.

Ter claro no noso plan que podemos e non podemos facer na rúa. Se utilizamos como explicación ou reforzo imaxes, pictogramas, ou pautas escritas, ter estas a man pode apoiarnos de forma visual nos momentos que o necesitemos. Pode ser necesario traballar o contacto pouco a pouco con máscara, lavado de máns, etc. Debemos ter en conta a sensibilidade da persoa por si puidese ser molesta as gomas da máscara, pódese comprar máscaras de atar ou extremar a precaución de distanciamento social e contacto.

CONSULTA AS NORMAS DE DISTANCIAMENTO SOCIAL E USO DE MÁSCARAS.

Ademais dos recursos visuais elaborados que atoparás na nosa páxina, tamén podes preparar ou utilizar contos para a explicación, coma o da seguinte ligazón:

Podemos facer previamente coa persoa con TEA representacións con playmobil, teatro, role playing ( dinamización, o xogo de roles),etc.

As normas son moi importantes para moitas persoas con TEA; podes usar a información das fases de desescalada onde indica que podemos facer nestes momentos.

OUTRAS COUSAS QUE ME PODEN AXUDAR:

Utiliza reforzadores e intereses da persoa cos que podan saír a rúa.

As técnicas de respiración (respiración contando, etc. ) tamén poden servirche se xa fixeches un entrenamento previo.

Ver pola fiestra a outra xente paseando pola rúa pode servir de modelo ou reforzo.

www.autismogalicia.org

¡Graciñas, e en breve máis TEAconsellos