Want to make creations as awesome as this one?

ORIENTACIÓN ACADÉMICA DE 1º A 2º ESO BARRAL

Transcript

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

De 1º a 2º ESO

Deixamos atrás materias como Bioloxía e Xeoloxía ou Plástica, pero non vos preocupedes, volverán en 3º ESO!

Lingua Castelá e L..

12

13

11

10

Materia optativa

Titoría

2ª L. estranxeira

Valores ou Relixión

Educación Física

Música

Tecnoloxía

Xeografía e Historia

Inglés

Física e Química

Matemáticas

Lingua Galega e L.

MATERIAS 2º ESO

Terás 3 horas semanais desta materia

Aprenderás todo o que precisas saber sobre a MATERIA..que é, como está constituída e que cambios a afectan e transforman

FÍSICA E QUÍMICA

+info

Entre outros, é obxectivo desta materia dotar os alumnos e as alumnas dun vocabulario que permita a descrición de fenómenos musicais, unha comprensión da linguaxe musical como medio de expresión artística, unha sensibilidade cara á expresión musical e o entendemento da música como un fenómeno imbricado na historia e na sociedade.

Terás 2 horas semanais desta materia

+info

Música

Terás 3 horas semanais desta materia

Nesta materia faraste cos coñecementos básicos para entender como funcionan as cousas sinxelas que nos rodean, por que están formadas por determinados materiais e por que teñen una forma concreta. Os bloques de contidos que nos axuden a entender o noso entorno serán; "Debuxo", "Estruturas". "Electricidade" e "Mecanismos".

TECNOLOXÍA

+info

Ollo! Algúns alumn@s cursarán reforzo de linguas nestas 2 horas semanais

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA

  • Francés
  • Portugués

+info

PODES VOLVER A ELEXIR ENTRE...

Terás 1 hora semanal desta materia

Debes decicir por unha materia ou outra, non ten que ser o mesmo que elexiches en 1º ESO

Valores éticos ou Relixión

OLLO! Non podes volver escoller a que cursaches en 1º ESO

PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

ORATORIA

XADREZ

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

IGUALDADE DE XÉNERO

PROGRAMACIÓN

SOCIEDADE INCLUSIVA

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA (1 hora semanal)

A que mola sentir que formas parte dun grupo e poder participar de todas as conversas, xogos e actividades?...Pois non todo o mundo pode facelo, porque as veces a nosa sociedade impídeo ou o pon difícil (por exemplo se teño discapacidade visual e para ir ao patio teño que baixar unhas escaleiras sen pasamán!). Nesta materia poderás analizar que cosas pasan ao noso redor que poderíamos mellorar para que todes pudiésemos participar e disfrutar nas mesmas condicións; e así, propoñer ideas e proxectos para mellorar a nosa realidade, comezando polo IES, seguindo polos nosos barrios... A materia divídese en tres bloques de contidos: 1. A diversidade como valor social: traballaremos sobre que é a diversidade, e que o feito de que todos e todas sexamos diferentes é unha riqueza, porque aprendemos uns dos outros. Imaxínaste un mundo no que todes fósemos iguais? menudo aburrimento!2. A accesibilidade universal e a inclusión: identificaremos e proporemos ideas para eliminar barreiras que impiden que as persoas poidan ter unha vida normal e plena.3. O entorno inclusivo: é a parte práctica da materia, osea, eses proxectos que podemos levar a cabo para mellorar o noso entorno.

SOCIEDADE INCLUSIVA

A materia de Programación achega os coñecementos informáticos necesarios para resolver problemas deseñando algoritmos e codificando programas, e para adaptarse aos cambios propios do ámbito informático. A materia divídese en tres bloques de contidos: 1. "Diagramas de fluxo" trata os aspectos básicos do deseño de algoritmos e da súa representación mediante diagramas de fluxo. 2. "Programación por bloques" introduce un paradigma de programación que resulta especialmente útil neste nivel educativo, para unha primeira aproximación a esta disciplina, dada a súa sinxeleza e as súas posibilidades técnicas para converter de forma gráfica diagramas de fluxo en programas. 3. "Programación web" introduce as linguaxes de marcas (apoiándose na linguaxe HTML) e as ferramentas da web 2.0, para aplicar as destrezas de programación á produción de contidos sinxelos ao tempo que interactivos e accesibles. Ou...noutras palabras...aprenderemos a deseñar videoxogos e a programar o Ranger!

PROGRAMACIÓN

A materia estrutúrase en catro bloques diferenciados:1. “A construción social das identidades sexuais e de xénero” introduce os conceptos principais sobre xénero e igualdade. 2. “Relacións de xénero e afectividade” trabállase a necesidade de abordar a convivencia e a relación entre os sexos, de reflexionar sobre a interdependencia entre os distintos xéneros e as relacións de afectividade e sexualidade. 3. “Da discriminación á igualdade de oportunidades” trabállanse as dificultades das mulleres para visibilizarse e acadar o que xa moito antes conseguiron os homes (por exemplo, as loitas polo sufraxio, o dereito á educación, os postos de responsabilidade pública ou o acceso ao poder político, social e económico). 4. “Cara a unha sociedade sen violencia machista” pretende, describir e poñer de relevo como as violencias machistas son consecuencia das múltiples discriminacións por cuestión de xénero. Ademais, no IES contamos cun Equipo de igualdade e diversidade no que poderás participar!

IGUALDADE DE XÉNERO

Nesta materia coñecerás os efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, para adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. O currículo divídese en dous bloques de contidos: 1. "Actividade física e saúde" no que coñeceremos que efectos positivos ten sobre a saúde o feito de levar unha vida activa, e aprenderemos estratexias que nos permitan evitar os hábitos tóxicos relacionados coa actividade física (sedentarismo, lecer excesivo a través de pantallas, etc.). 2. "Alimentación para a saúde" hábitos de alimentación e hidratación saudables a través do coñecemento dos alimentos e das bebidas, así como das proporcións máis adecuadas ás nosas características e demandas enerxéticas.Búscase tamén o desenvolver a capacidade crítica na compra de alimentos e bebidas, e coñecemento para interpretar as etiquetas nutricionais...ninguén poderá enganarte no súper!

PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

Con esta materia pretendemos que todo o alumnado vos sintades parte activa das paisaxes que nos rodean, e que herdamos dos nosos antepasados, para que cheguemos a entender que preservar este patrimonio entraña unha responsabilidade, presente e futura. Ademais profundizaremos no desenvolvemento sustentable, baseado no equilibrio harmónico entre as necesidades sociais, a economía e o ambiente. Coñeceremos as claves para interpretar as paisaxes galegas, desenvolvendo unha conciencia crítica sobre os seus valores culturais, ambientais, sociais e económicos. E con todo isto, entendermos a estreita relación entre a paisaxe e o benestar material, mental e espiritual da nosa sociedade.

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

Xogo de lóxica e estratexia que axuda a adquirir hábitos, actitudes e procesos de pensamento. Cando xogamos reflexivamente débense seguir pasos semellantes aos necesarios para desenvolver calquera outro tipo de problema; xogando créase un clima favorable á discusión e ao debate, o que fomenta a expresión oral en diferentes contextos. O xadrez tamén facilita os procesos de socialización establecendo entre o alumnado relacións de cooperación. Bloques de contidos: 1. "Fundamentos de xadrez" contidos básicos e prácticos para empezar a xogar ao xadrez, ademais de aprender vocabulario específico noutros idiomas. 2. "O xogo en acción" coñecementos técnicos e tácticos para ir mellorando no xogo. 3. "Transversalidade no xadrez" pretende desenvolver técnicas de traballo cooperativo e a mellora no manexo das TIC.

XADREZ

Esta materia pretende desenvolver a nosa capacidade de comunicar (a arte de falar en público) para favorecer a nosa traxectoria académica e profesional, e construir unha imaxe propia positiva ante nós mesmxs e ante as demais persoas. Os contidos da materia distribúense en catro bloques: 1. "O discurso persuasivo" practicaremos as destrezas fundamentais da comprensión lectora e da escoita comprensiva, así como a construción do discurso persuasivo.2. "Elaboración do discurso persuasivo" a través dun coñecemento adecuado do tema do discurso, unha estrutura clara e ordenada, e un manexo axeitado da lingua e das técnicas da retórica.3. "A presentación do discurso persuasivo" xestión emocional do/da orador/a, control da conduta asociada ás emocións negativas, emprego de soportes audiovisuais e informáticos...4. "Oratoria, valores e educación emocional" habilidades persoais e sociais imprescindibles para o diálogo desde o respecto e a convivencia, como a autoconfianza, a empatía e a asertividade.

ORATORIA

E despois de 2º ESO...que?

ESTRUTURA SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

En 4º ESO

puedes escribir un subtítulo aquí

En 3º ESO

deberás escoller entre dous itinerarios segundo os estudos que queiras estudar despois: - Ensinanzas académicas para orientarte cara ao Bacharelato- Ensinanzas aplicadas se estás pensando na FP

deberás elexir entre: - Matemáticas académicas- Matemáticas aplicadas Ainda que podes cambiar de opción en 4º, o que escollas en 3º xa te orientará a un dos itinerarios de 4º curso.

PARA REMATAR A ESO...

Pasarás de curso se superas todas as materias ou tes avaliación negativa en dúas como máximo (que non sexan simultáneamente LCL/LGL e Matemáticas)

Se pasas de curso con materias non superadas as levarás como "pendentes" e terás que recuperalas con traballos e exames (estate pendente!)

Excepcionalmente, un alumno pode repetir dúas veces en 4º curso se non repetiu antes na etapa

Pódese repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo na etapa

OUTRAS COUSIÑAS IMPORTANTES A RECORDAR AO LONGO DA ETAPA...

A partir de 2º ou 3º da ESO podes ser proposto polo equipo docente para comezar ensinanzas de FP de grao básico

Este título é tan importante que se ofertan diversas posibilidades para acadalo, sempre contando co teu esforzo persoal e interese...

Se tes 17 ou máis podes presentarte a unha proba anual e conseguir o acceso a ciclos de FP de grao medio, deste xeito poderás continuar estudos, aínda que non obterás o título da ESO

Proba acceso a ciclos de grao medio

FP Básica

Para cursar 2º e/ou 3º curso agrupando as materias en ámbitos de coñecemento, en clases de 10 alumnos/as como máximo

PMAR: Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento

Algunhas medidas como:

Existirán agrupamentos nas materias instrumentais, reforzo educativo, apoios, etc.

E SE NON PROGRESO AXEITADAMENTE NA ETAPA?

  • Ao remate obterás o "Título de graduado en Educación Secundaria" se superas todas as materias cursadas o tes avaliación negativa en dúas materias máximo, que non sexan simultáneamente LCL/LGL e Matematicas (recorda que tamén contan as pendentes).
  • Ademais tamén é preciso que o equipo docente considere que tes conseguidos os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.
  • Este é o título mínimo esixible para acceder a un posto de traballo.
  • Darache acceso ás ensinanzas postobrigatorias: FP de grao medio ou Bacharelato (independentemente do itinerario seguido en 4º curso, pero OLLO! que si están así establecidos é porque te preparan mellor para uns estudos ou para outros).

O TÍTULO DA ESO

E despois da ESO?

  • Ciclos de Grao Medio de FP
  • Bacharelato
  • Ensinanzas de réxime especial (artísticas, deportivas....)
  • Ciclos de FP Básica (se tes entre 15 e 17 anos)
  • Proba libre de Graduado en ESO (18 anos)
  • ESA (Educación Secundaria de Adultos, 18 anos)
  • Proba de acceso a ciclos de grao medio (17 anos)

Co título da ESO

Sen título da ESO

Se aínda quedas con dúbidas podes escribirme a orientabarral@gmail.com

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN NON TE PERDAS O BLOGUE DE MÓNICA DIZ, UNHA ORIENTADORA MOI RIQUIÑA QUE FAI UN CADERNO CON TODA A INFO QUE PRECISAS

+info

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DO BARRAL

¡GRACIAS!