Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

O AUTOR HOMENAXEADO Este ano, adicamos as Letras Galegas a Ricardo Carballo Calero. Coñece a súa vida e obra na seguinte ligazón! Coñecendo a Ricardo Carballo Calero

BUSCAMOS A TÚA VOZ Atréveste a gravar ca túa voz a historia da vida e obra de Ricardo Carballo Calero? Dende o EDLG convidámoste a que nos envíes unha gravación túa lendo a súa biografía ben en formato audio, ou ben nun vídeo. Na seguinte ligazón deixamos o documento de novo: Coñecendo a Ricardo Carballo Calero Enviade as vosas gravacións á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

COME O COCO! Agora que xa coñeces a vida e obra de Ricardo Carballo Calero, cres que serás quen de responder este cuestionario en forma de videoxogo? Preme na seguinte ligazón... se te atreves! Come o coco!: Cuestionario sobre Ricardo Carballo Calero

RETO DE INVESTIGACIÓN (1) Eres quen de investigar e anotar o título de 3 obras de poesía de Ricardo Carballo Calero, escritas en lingua galega? Para axudar na túa investigación, deixamos a ligazón a una liña temporal elaborada polo CEIP A Ponte (Lugo) onde se inclúen todas as obras publicadas por Carballo Calero. Liña do tempo de Ricardo Carballo Calero Envía unha foto dos tres títulos á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

CARICATURAS DIVERTIDAS Saca a relucir o teu lado máis artístico e realiza unha caricatura ou un retrato a partir da seguinte fotografía de Ricardo Carballo Calero: Envíanos o resultado á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

ATOPA AS OBRAS DE TEATRO Ricardo Carballo Calero foi un autor moi polifacético. Escribiu poesía, narrativa, ensaios e tamén obras de teatro. Xa sabedes que fixo un grupo de teatro cos seus alumnos do colexio de Fingoi. Eres quen de atopar os títulos dalgunhas obras teatrais que escribiu? Proba sorte no seguinte minixogo! Preme na imaxe

MATERIAL PARA COLOREAR Dende o portal de Primavera das Letras achégannos algunhas imaxes para darlle cor, con ilustracións sobre Ricardo Carballo Calero. Deixádevos levar e echede de cor estas ilustracións. Actividade recomendada para os pequenos da casa! Dalle cor a Ricardo Carballo Calero

RETO DE INVESTIGACIÓN (II) Investiga con que obra de Ricardo Carballo Calero se relaciona esta imaxe. Cando o adiviñes, anota o título e pescuda sobre o argumento desta obra. Cando resolvas o reto, mándanos a resposta á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

VIDEOXOGO DE MEMORIA Cantas obras coñeces de Ricardo Carballo Calero? Axudámosche a memorizar e familiarizarte con algúns títulos destacados deste autor, mediante este videoxogo de memoria. Serás quen de atopar a posición na que se atopan as distintas obras? Preme na seguinte ligazón: Videoxogo: Fai memoria...

CURTA EDUCATIVA Anímaste a ver este pequeno documental sobre a vida e obra de Ricardo Carballo Calero? realizado por David Rial, coordinador do EDLG do Colexio San Pío X (Ourense) e o alumnado de 5º de primaria; en colaboración co Seminario Galán e con ilustracións orixinais de Carlos Gallego Domínguez. Preme na imaxe

VERDADEIRO OU FALSO Tras ver esta pequena curta, canto cres que sabes sobre Ricardo Carballo Calero? Podes determinar os datos verdadeiros e falsos sobre a súa vida? Preme na imaxe

TALLER DE POESÍA Ricardo Carballo Calero publicou diversas obras poéticas. A poesía serve para expresar o que sentimos, o que imaxinamos e mesmo o que soñamos. Saca o teu lado máis poético e escribe unha pequena poesía de temática libre. Velaquí deixamos o documento! Preme na imaxe Unha vez cuberto, envíanos unha foto á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

RETO DE INVESTIGACIÓN (III) "Rematada a guerra e de regreso á miña vila natal, tiven ocasión de oír relatos de acontecementos ocorridos nunha familia establecida no campo que chamaron a miña atención por desenvolverse nun mundo realmente moi distinto a aquel no que se desenvolvera a miña vida ata entón". Ricardo Carballo Calero Carballo Calero escribiu unha obra baseada na vida dunha familia fidalga. Eres quen de descubrir de que obra se trata? Cando resolvas o reto, mándanos a resposta á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

DESCIFRA OS CÓDIGOS Ricardo Carballo Calero participou en varias revistas importantes. Sabes cales son? Se queres descubrilo, descarga esta actividade do Seminario Galán e segue o código para descubrir os títulos. Preme na imaxe

AMANTE DOS ANIMAIS Ricardo Carballo Calero describíase coma unha persoa amante dos animais, como mostra na súa obra "As pitas baixo a chuvia". Cubre esta tarxeta falando do teu animal favorito ou da túa mascota, se tes algunha na casa. Preme na imaxe Unha vez cuberto, envíanos unha foto á seguinte direción de correo: ofarodesardoma@gmail.com

PREGUNTOIRO MUSICAL Anímaste a responder este pequeno preguntoiro musical sobre a vida e obra de Ricardo Carballo Calero? realizado por Jose e Noemí, mestres de E. Física do CEIP Frei Luís de Granada, Sarria (Lugo). Preme na imaxe

AS PITAS BAIXO A CHUVIA "Moito queria eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre min e eles que nos comunicabamos co pensamento". As pitas baixo a chuvia (1952) Completa esta actividade interactiva do portal web de Primavera das letras baseada na obra "As pitas baixo a chuvia" publicada na revista Lar por Carballo Calero no ano 1952. Primavera das letras: As pitas baixo a chuvia

CADA OVELLA CA SÚA PARELLA Canto aprendiches das actividades que tes feito ata agora? Une os títulos das obras de Ricardo Carballo Calero co xénero literario ao que pertencen (poesía, narrativa ou teatro). Preme na imaxe

O XOGO FINAL: TESOURO DAS LETRAS GALEGAS 2020 Todo o percorrido que fixeches ata agora serviu como preparación para este momento. Completa o desafío final das Letras Galegas, e consegue o tesouro. Preme na imaxe