Sistema Solar
noelia.bures
Created on April 28, 2020
Presentación para o alumnado de 5º de Educación Primaria
Over 30 million people create interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
AUSSTELLUNG STORYTELLING
Presentation
WOLF ACADEMY
Presentation
STAGE2- LEVEL1-MISSION 2: ANIMATION
Presentation
TANGRAM PRESENTATION
Presentation
VALENTINE'S DAY PRESENTATION
Presentation
HUMAN RIGHTS
Presentation
LIBRARIES LIBRARIANS
Presentation
Transcript
Do universo á Terra
EMPEZAR
Representación da Terra
A hidrofera e a xeosfera
A atmosfera
A Lúa
Os xiros da Terra
Planetas
O universo
Estades preparados para comezar a viaxe...
O universo
O Universo está formado por galaxias, que son agrupacións de estrelas.A galaxia onde está a Terra é a Vía Láctea formada polo Sistema Solar que se conforma polo Sol, os planetas e outros astros.O Sol é a estrela máis próxima á Terra. Pero... o Universo é xigante, como se miden as distancias nel? Pois úsase o ano luz. Un ano luz é a distancia que un raio de luz percorre nun ano. A luz é moito máis rápida ca calquera vehículo xa que percorre 300.000 quilómetros nun segundo.
os planetas
Outros astros:
Os planetas do sistema solar son astros que xiran arredor do Sol, nunha traxectoria case circular que se chama órbita. Ademais, os planetas xiran sobre si mesmos, e arredor deles poden xirar outros corpos celestes chamados satélites. Os planetas son practicamente esféricos e non teñen luz propia No sistema solar hai oito planetas, que se poden clasificar en:- Planetas interiores: Mercurio, Venus, a Terra e Marte. Son os máis próximos ao Sol e son de menor tamaño. - Planetas exteriores: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.Son os máis afastados do Sol e o seu tamaño é moito mayor.
Os planetas
VER ESTE VÍDEO
Marte
Terra
Venus
Mercurio
No pasado tivo auga líquida. Chama a súa atención polo súa cor vermella. Tamén se coñece como o planeta vermello.
A Terra é o único planeta do Sistema Solar onde se pode encontrar vida. é rochosoe gran parte da súa superficie está chea de auga.
É un planeta con atmosfera, e é o máis parecido á Terra pola súa masa.
É o planeta máis pequeno do sistema solar. É o que se atopa máis preto do Sol.
Planetas interiores
Neptuno
Urano
Saturno
Xúpiter
No pasado tivo auga líquida. Chama a súa atención polo súa cor vermella. Tamén se coñece como o planeta vermello.
A Terra é o único planeta do Sistema Solar onde se pode encontrar vida. é rochosoe gran parte da súa superficie está chea de auga.
É un planeta con atmosfera, e é o máis parecido á Terra pola súa masa.
É o planeta máis grande. Ten moitos satétites
Planetas interiores
E por que non? Tamén aproveitamos para aprender os nomes dos planetas en inglés.
Como tod@s sabemos, nós vivimos na Terra e debemos saber que este planeta realiza dous tipos de movementos: o de rotación e o de traslación. No primeiro movemento, o de rotación, a Terra xira arredor do seu eixe e orixina a sucesión dos días e das noites. por iso podemos establcer que a terra tarda un día en dar un xiro completo sobre si mesma, é dicir, 24 horas que é a duración dun día. Por outro lado, preguntarédesvos porque non temos a mesma hora en tosdos os países, e isto débese a que os nosos reloxos deben adaptarse á luz do Sol. Como non chega a todos os recunchos da mesma forma estableceuse que a Terra se divididise en 24 fusos horarios. Esto fusos horarios son divisións lonxitudinais, paralelas e que cada unha delas chámase meridiano. O Meridiano 0º de Greenwich establece a hora de referencia mundial.
Os xiros da Terra
Play
O segundo movemento da Terra é o de traslación que consiste no xiro que fai a Terra arredor do Sol e que dá lugar ás estacións, Ademais o eixe da Terra ten unha leve inclinación polo que tamén é responsable das estacións. Cando os rais chegan case verticais, hai máis horas de luz e é verán, polo contrario, cando chegan máis inclinados é inverno.
Os xiros da Terra
Info
Estas son as 4 fases lunares: lúa chea, cuarto minguante, lúa nova e cuarto crecente.
A Lúa é o satélite da Terra. A Lúa non emite luz e o brillo dela débese ao reflexo da luz do Sol. Ao igual que a Terra, ten dous movementos: o de rotación ( que tarda 28 días en dar un xiro completo) e o de traslación ( que tamén tarda 28 días e chámase mes lunar).Ademais, sabemos que a Lúa exerce unha forza de atracción sobre a Terra e provoca as chamadas mareas.
A Lúa
Enlace
A atmosfera é a capa gaseosa que envolve e cubre á Terra. Ao mesmo tempo está formada por cinco capas, que son:1. A troposfera: é a capa máis próxima á Terra e contén a maior parte do osíxeno e do vapor de auga. 2. A estratosfera: nesta capa atópase a capsa de ozono, un gas que protexe a Terra da radiación do Sol e que derivado da contaminación pode destruirse. 3. A mesosfera:é a capa máis fría.4. A termosfera: Nela fórmanse as auroras boreais e as estrelas fugaces. 5. A exosfera: atópase antes que o espacio exterior e protéxenos dos meteoritos.
A atmosfera
O noso planeta como xa sabedes ten unhas manchas verdes e azuis, sabedes que son realmente?Pois o azul é auga, e toda ela, conforma a hidrosfera. A auga na Terra pode presentarse en estado gasoso, sólido ou líquido.E o verde e ás veces marrón, fai referencias á xeosfera que é a parte da Terra composta por rochas e minerais. A xeosfera divídese en codia, manto e núcleo.A codia é a capa exterior, na que viven todos os seres vivos. O manto é a capa intermedia na que se alcanzan altísimas temperaturas.O núcleo é unha esfera con materiais pesados e as súas temperaturas son moi elevadas.
A hidrosfera e a xeosfera
Por último, tamén vos preguntaredes por como se representa a Terra...Pois ben, pódese representar de varias formas (globo terráqueo, mapa ou plano). O globo terráqueo representa a Terra e respecta a súa forma esférica. E o mapa representa a Terra nunha superficie plana.
Representación da Terra
INicio
O próximo día comezaremos cunha serie de actividades para recordar o que fixemos, moito ánimo.
E ata aquí a presentación de hoxe! Gústouvos?