Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Celebrando o maio en familia.

No cole estabamos a aprender a través dun PDI. Eu son Galicia

Unha das festas tradicionais galegas que iamos celebrar eran os maios. Así o celebramos o ano pasado, cuns arcos con flores.

Sabemos que estades a facer moitas cousas en familia. Que vos parece facer todos xuntos un maio que poidamos compartir cando volvamos ao colexio?

Será en tamaño folio A4 sobre cartolina (para que sexa resistente). Escolledes materiais de refugallo ou non perecedoiros. Faremos un collage con eses materiais. A temática será Galicia: o mar, os oficios tradicionais, o camiño de Santiago, gastronomía,... Deixade voar a imaxinación!

Cando o teñades listo, sacádelle unha foto e mandádeslla a Mero. ahortademero@gmail.com Data límite: 8 de maio