Want to make creations as awesome as this one?

Historia

Transcript

atrapados no tempo

Houbo unha estraña tormenta e unha especie de raio caeu no instituto. A túa aula desapareceu (literalmente): só queda un espazo baleiro e non hai rastro dos alumnos...Que vos pasou? Onde estades? Entrastes nunha ponte de Einstein-Rosen, máis coñecida como burato de verme... Síntoo, pero estades perdidos no tempo.Resolvede as probas que se vos presentan para poder avanzar e volver ao voso tempo.

EMPEZAR

Estabades en clase e, de repente, estabades aquí: no castro de Viladonga, no século VIII a.C..Sabes quen vivía nesta època na Península?Averíguao para saber por onde tes que saír de aquí!

Coidado! Non tentes ir por calquera lado!Poderías ficar para sempre perdido no espazo-tempo

Saíches en Els Vilars d'Arbeca. Busca a saída no estanque central.

Coidado! Non tentes ir por calquera lado!Poderías ficar para sempre perdido no espazo-tempo

Un porto fenício... sabes quen era este pobo ao que gregos e cartaxineses disputaron o comercio no Mediterráneo?

Coidado! Non tentes ir por calquera lado!Poderías ficar para sempre perdido no espazo-tempo

E chegas ao palacio de Cnosos.Necesitas coñecer as etapas polas que pasou a civilización grega para seguir avanzando.Para iso vai á cámara do trono.

Coidado! Non tentes ir por calquera lado!Poderías ficar para sempre perdido no espazo-tempo

Entra en Micenas pola porta norte

Coidado! Non tentes ir por calquera lado!Poderías ficar para sempre perdido no espazo-tempo

Benvido ao Oráculo de Delfos. Os sacerdotes copiaban e interpretaban as visións da Pitonisa

Coidado! Non tentes ir por calquera lado!Poderías ficar para sempre perdido no espazo-tempo

A Ilíada é unha das grandes obras da literatura universalQuen foi o seu autor?

Sofocles

Eurípides

Homero

Inténtao de novo!

Inténtao de novo!

E chegaches a grande Atenas!Busca onde poderías estudar

Oikos: Equivalente ao termo "casa", era o conxunto de bens e persoas que constituían a unidade básica ddas polis gregras. Incluía ao telestai (xeralmente o varón de maior idade), a súa familia extendida (varias xeneracións ademais da familia nuclear -esposa e fillos-), e os seus escravos.

Acrópolis Lugar fortificado na zona máis alta da cidade. “akros” (altura) + “polis” (cidade). Aquí estaban os edificios relxiosos e civís máis relevantes.

Teatro: Construcións semicircular con gradas (koilon) para o público, un espazo para o coro (orchestra) e outro para a representación (skené). Naceu na Ática a partir de cantos e danzas corais mais despois foi un “instrumento” de educación de cidadáns e gobernantes. Nas obras aparecían poucos actores,(todos homes) que levaban máscaras, acompañados do coro que cantaba e bailaba. Principais autores de traxedias: Esquilo, Sófocles e Eurípides, de comedia: Aristófanes.

Ágora: Praza pública das polis que servía de mercado e nela celebrábase a asemblea de cidadáns da polis, tamén se utilizaban para festivais relixiosos, xogos atléticos, adestramento militar, representacións teatrais e para realizar actos de ostracismo

Chora: Zona predominantemente rural, con pequenas cudades e aldeas, incluso pequenas poboacións que non tiñan o estatus de cidade e que dependían doutra máis importante. A polis grega compoñíase da propia cidade (asty) e da chora (campos e aldeas que a rodean).

Porto. Situado nun lugar un pouco afastado da cidade, era onde os barcos cargaban e descargaban as mercadorías.

Gymnasion: institución dedicada á instrucción física e espiritual. Era asimismo un lugar para socializar e encontrar grupos cos que compartillar ideas. O nombre prové do grego gymnos, que significa desnudez, xa que os atletas competían espidos.

E na acrópole, o partenón.A que orde arquitectónica pertence? Vai ás columnas para saber

Fundada por Alejandro Magno no ano 332 a.C., contou cunha biblioteca que foi un dos maiores centros de difusión do coñecemento da Antigüidade.

Noraboa!Conseguiches volver a casa!