Want to make creations as awesome as this one?

Tradición galega

Transcript

OS MAIOS

Tradición galega

O día 1 de maio, celébrase o “día dos maios” que seguramente terás celebrado na escola ou viches na televisión algunha vez. En Galicia é moi típica e, sobre todo, en Pontevedra. Consiste na elaboración dunhas estruturas que poden ter diversas formas (cono, cruceiro, barco…) e que están forradas con fiuncho, herbas, flores, ovos, laranxas…. Esta é unha tradición que nos chega dun tempo moi afastado, dos celtas concretamente, que tiñan celebracións relacionadas coas colleitas, e aquí queremos explicar un pouquiño de onde procede esta tradición. A festa celta chamada BELTANE (“bo lume” / “lume luminoso”), que actualmente se chama FESTA DOS MAIOS, celebrábase ó 1 de maio para celebrar a nacente vexetación.

Esta é a festividade da sexualidade e a fertilidade. En pleno ciclo de fecundación e floración, Beltane lémbranos a capacidade divina de creación e pracer que posúen os nosos corpos, é a reivindicación do corpo como algo sacro. Esta festa marca o inicio da metade iluminada do ano que estaba dedicada ao deus celta Belenos ou Bel, divindade da luz e o lume. Na outra metade do ano celebrábase outra festa, que seguro que coñeces, O Samaín, que se corresponde co período de outono e inverno e por tanto onde hai menos luz.

A data é importante xa que o comezo do verán para os celtas era cinco semanas antes do solsticio e cinco despois do equinoccio – é importante ter en conta que as semanas celtas eran de 9 días-. Os druídas guiábanse pola estrela Maio da constelación das Pleides. Nesta festa os druídas tamén acendían fogueiras e era costume que o gando as atravesase para que, daquel modo, quedasen libres de enfermidade durante o ano. Ademais, levaban o lume de casa en casa para identificar o ano novo dos celtas. Isto recórdanos ao noso San Xoán.

O día 1 de maio, celébrase o “día dos maios” que seguramente terás celebrado na escola ou viches na televisión algunha vez. En Galicia é moi típica e, sobre todo, en Pontevedra. Consiste na elaboración dunhas estruturas que poden ter diversas formas (cono, cruceiro, barco…) e que están forradas con fiuncho, herbas, flores, ovos, laranxas…. Esta é unha tradición que nos chega dun tempo moi afastado, dos celtas concretamente, que tiñan celebracións relacionadas coas colleitas, e aquí queremos explicar un pouquiño de onde procede esta tradición. A festa celta chamada BELTANE (“bo lume” / “lume luminoso”), que actualmente se chama FESTA DOS MAIOS, celebrábase ó 1 de maio para celebrar a nacente vexetación.

Como facer as coplas para os maiosAnimámosvos a ver a esta moza que nos explica moi ben como facer as coplas típicas dos maiosEsperamos que poidades facer algunha copla

#cantademeunmaio

AS COPLAS DOS MAIOS

Chega a primaverae con ela os maiosvén a alegría neste novo anoNeste novo anovolvemos aos maiostraemos estes cantosmoi ben entoados

Como facer un maio

Os maios de Redondela

Clicade aquí abaixo para ampliar a información

Os maios de Vilafranca

Os maios en Ourense