Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

EXPLORANDO O MUNDO

Crea o teu pasaporte!

VOS DEIXAMOS UN MODELO DE PASAPORTE QUE VOS PODE SER DE UTILIDADE. SENÓN TAMÉN PODEDES BUSCAR CALQUERA OUTRO O AÍNDA MELLOR SER ORIXINAIS E FACER O VOSO PROPIO QUE SEGURO QUEDARÁ MOITO MELLOR. NON VOS ESQUEZADES DE MANDARNOS AS FOTOS DOS VOSOS TRABALLOS E PASAPORTES PARA VER O BEN QUE O ESTADES FACENDO. biblioteca@ceipfrianteis.com

PARA COMPLETAR O TEU PASAPORTE PODES PEGAR UN SELO DE CADA PAIS QUE VISITES. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA. SENÓN EN INTERNET PODEDES ATOPAR MOITÍSIMOS MAIS. SENÓN TENDES IMPRESORA TAMÉN OS PODEDES DEBUXAR CON ROTUS DE DIFERENTES CORES.

Pasa a seguinte páxina para comezar a viaxe

Siguiente

Visitando

6-8 maio

11-15 maio

18-22 maio

25 -29 maio

os 5 continentes!!!

ÁFRICA

NixeriaKeniaExipto

INicio

MéxicoEstados Unidos e Estado de Alaska Costa RicaCoordilleira Andina

AMÉRICA

INicio

EUROPA

PortugalGreciaItalia

INicio

República de Irlanda

ASIA OCEANÍA

RusiaChinaXapónIndiaAustralia

INicio

1

2

3

4

5

6

COMEZAMOS??

OS ELEFANTES E AS VACAS SON CONSIDERADOS ANIMAIS SAGRADOS NA INDIA E TRÁTANSE CON RESPETO E MOITO CARIÑO. CASE POR OBRIGACIÓN, TODAS AS FAMILIAS TEÑEN UNHA VACA LEITEIRA NA SÚA CASA.

O MESMO OCORRE COS ELEFANTES , POR ISO EN JAIPUR, UNHA CIDADE DA INDIA, REALÍZASE EN MARZO UN FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS.

ELEFANTES E VACAS SAGRADAS

NAMASTÉ

Ioga e meditación son sinóminos da India e da súa espiritualidade.

O NOSO ELEFANTE INDIO

MATERIAIS_5 Pinzas da roupa_ Cartón reciclado_ Plastilina_ Limpiapipas_ Témperas de cores

Paso 1:Debuxamos o elefante nun cartón seguindo o modelo ou creando o noso propio.

Paso 2:Decoramos o noso elefante. Canto mais colorido mellor.

Paso 3:Coloreamos as pinzas das patas e a do hindú.

Paso 4:Con plasti facemos o gorro e poñemos os brazos cos limpiapipas ou alambre

Paso 5:Por último colocamos as pinzas no seu sitio.

Xa temos o noso elefante!!!

MEHANDI BINDI

Arte de pintar o corpo co Hennq,Polvo de follas secas dun arbusto típico da India.Dura dúas semanas na pel e logo desaparece.

Elemento decorativo da frente. Punto de cor vermello na parte central.Tamén pode ser unha xoia ou pegatina.

CULTURA DE CORES

ATRÉVESTE A PINTAR A FRENTE E AS MANS COMO OS HINDÚS?

ZENTANGLE

Técnica de debuxo con patróns que se repiten. Técnica de relaxación Zen que proben da India.

Marca as túas mans e a debuxar

PODES USAR CALQUERA DESTAS LIÑAS COMO EXEMPLO OU UTILIZAR CALQUER OUTRA QUE SE CHE OCORRA.

DANZA BOLLYWOOD

Está baseada na fusión bailes clásicos, folclóricos e modernos da danza hindú.PREPÁRATE PARA BAILALA!

Italia

1

2

3

4

5

INicio

Gastronomía Italiana

A comida italiana é un dos seus moitos atractivos: pastas, pizzas, risottos ,helados artesáns... Que vos parece se a facemos aínda mais divertida??

O CARNAVAL DE VENECIA

Comeza despois do martes de cinza.Dura 10 días.

A celebración comeza cun desfilepolo canal de Venecia en góndola.

Os disfraces son traxes de época e as máscaras son o mais importante.

Non te perdas este video coas mellores máscaras venecianas.

Cartolinas

Pratos

Caixas deovos

Cartón

Goma Eva

FACEMOS A NOSA?

Antonio Vivaldi

Foi un coñecido compositor italiano, autor da obra "Le quattro stagioni", na que podemos escoitar o famoso concerto para violín "La Primavera". Prepárate para desfrutar con esta fermosa música:Escoita con atención e convértete en director/a de orquestra. Imaxina que todos os músicos responden as túas indicacións e move os brazos como se estiveses a dirixir.

RUSIA

INicio

"O CREBANOCES" DE TCHAIKOVSKY

Foi un coñecido compositor ruso do século XIX.Olla o vídeo-conto musical inspirado no conto de Hoffmann e o ballet "O crebanoces" de Tchaikovsky.

MATRIOSKA

É UN CONXUNTO DE BONECAS TRADICIONAIS RUSAS CREADAS EN 1890.A SUA ORIXINALIDADE CONSISTE EN QUE SE AOPAN OCAS E NO SEU INTERIOR ALBERGAN UNHA NOVA BONECA, E ESTA A SUA VEZ OUTRA , NUN NÚMERO VARIABLE QUE PODE IR DESDE 5 ATA QUE SE QUEIRA, SEMPRE E CANDO SEXA IMPAR, AÍNDA QUE NON SOEN PASAR DE 20!CARACTERIZANSE POR SER MULTICORES OU POLA PRESENCIA DE ELEMENTOS DECORATIVOS EN PINTURA.

AQUÍ TEDES UN VÍDEO PARA REALIZAR A NOSA PROPIA MATRIOSHKA!!!

TRANSIBERIANO

TRATASE DO SEGUNDO TREN MÁIS LONGOS DO MUNDO

ATRAVESA 3 PAÍSES: RUSIA , MONGOLIA E CHINA!

DURACIÓN: 7 DÍAS E 6 NOITES!!!

XOGO PSICOMOTOR! VIAXAR EN TREN . VAMOS A BAILAR AO SON DA CANCIÓN VIAXAR EN TREN. ATRAVESAMOS VARIOS PAÍSES ENTRE ELES RUSIA! PODES ENVIAR O TEU VÍDEO A biblioteca@ceipfrianteis.com

kandinsky

  • naceu en rusia en 1866.
  • precursor arte abstracto.
  • pinta paisaxes, liñas xeométricas,...

ARTE NA CASA REALIZAMOS NA NOSA CASA A COMPOSICIÓN DO CUADRO! É MOI FÁCIL E SINXELO! PODES REALIZAR ESTA OUTRA COMPOSICIÓN: LEMBRA ENVIAR AS TUAS OBRAS DE ARTE A : biblioteca@ceipfrianteis.com

ACTIVIDADE TIC SOBRE RUSIA!

podes cubrir os formularios no seguinte enlace!son actividades moi sinxelas !ánimo.

XAPÓN

1

2

3

5

4

INicio

XAPÓN

APRENDO OS NÚMEROS EN XAPONÉS

ESCRIBO O MEU NOME EN XAPONÉS

ABANICOS XAPONESES

Materiais • Cartulinas cortadas en forma de arco da vella de 21 cm de ancho e 12 cm de alto • PaUCIÑOs de madeira • Pegamento • Papel tissue • Tesoiras Pasos 1. Corta os arco da vella, un para cada abanico 2. Rompe ou corta o papel tissue en pequenas partes e cubre a parte diantera do abanico con mesmos. Asegúrate de cubrir toda a superficie do mesmo. 3. Corta o exceso de papel que queda nos bordes. 4. Na parte traseira pega 3-4 paUCIÑOs de madeira ao longo do borde unindose por debaixo do mesmo. 5. Decora os abacos con cintas ou papel si o desexas

SEGUE AS INSTRUCIÓNS E CONSTRUE O TEU PROPIO ABANO!

NINJAS

XOGO PSICOMOTOR

PARA SER AUTÉNTICOS NINJAS REALIZA ESTE CIRCUITO NA TUA CASA

"Equipo de rescate sushi"

Escoita con atención a canción :“Equipo de rescate sushi”.Despois aprende e canta o seu retrouso:Ninja sushi NIinja sushi Chicka-chicka suh-wahNinja sushi NIinja sushi Chicka-chicka suh-wah

exipto

ola, sabes quen son?

INicio

SON O FARAÓN TUTANKAMÓN, AGORA TÓCACHE SER UN VERDADEIRO EXIPCIO. SÚMASTE O RETO DE ESCRIBIR O TEU NOME EMPREGANDO OS XEROGLÍFICOS?. ESTOS FORON UN DOS PRIMEIROS SISTEMAS DE ESCRITURA QUE TIVEMOS. ESTE SISTEMA DE ESCRITURA É DIFERENTE O NOSO, NESTE EMPRÉGANSE SÍMBOLOS OU FIGURAS EN VEZ DE LETRAS.

son cleopatra a derradeira faraona de exipto. antes de comezar a vosa viaxe é importante que coñezades un pouco a historia do meu país.

INicio

as pirámides son uns dos monumentos máis importantes de exipto, preme no vídeo e verás cómo se fixeron fai moitísimos anos.

agora tócavos construir unha pirámide

INicio

grecia

INicio

OLA FRIANCIÑOS E FRIANCIÑAS, GRECIA É UN PAÍS DO SURESTE DE EUROPA .A SÚA CAPITAL É ATENAS. FOI CONSIDERADADA "A CUNA DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL". PREME NO SEGUINTE VÍDEO PARA COÑECER UN POUCO MÁIS DA ANTIGA GRECIA.

OS GREGOS TIÑAN INFINIDADE DE DEUSES. ELES REPRESENTABAN A FORZA DA NATUREZA. CADA UN TIÑA A SÚA FUNCIÓN COMO FORZA ACTIVA DA NATUREZA. ESTES VIVÍAN NO MONTE MÁIS ALTO DE TODA GRECIA, O MONTE OLIMPO. AS SÚAS PAREDES DE ROCA MOI ESCARPADAS FACÍAN CASE IMPOSIBLE ESCALALO. TAN ALTO ERA QUE CASE NON SE PODÍA VER A CIMA, SEMPRE RODEADA POR NUBES. ALÍ NA CIMA DO OLIMPO TIÑAN O SEU PALACIO OS DOCE DEUSES MÁIS IMPORTANTES DE GRECIA. GRECIA NON SÓ É IMPORTANTE POLOS SEUS DEUSES SENÓN TAMÉN POLA SÚA MITOLOXÍA. OS MITOS GREGOS TENTABAN EXPLICAR AS ORIXES DO MUNDO E DETALLAN AS VIDAS E AVENTURAS DUNHA AMPLA VARIEDADE DE DEUSES, HÉROES E OUTRAS CRIATURAS MITOLÓXICAS.

OS PRIMEIROS XOGOS OLÍMPICOS CELEBRÁRONSE EN GRECIA NUNHA CIDADE CHAMADA OLIMPIA. A ANTORCHA OLÍMPICA ERA A PORTADORA DO FOGO SAGRADO. NA ANTIGA GRECIA O FOGO ERA UN ELEMENTO DIVIÑO. A CHAMA ACENDÍASE 100 DÍAS ANTES DAS OLIMPÍADAS E ERA CUSTODIADA POR UNHAS SACERDOTISAS NAS RUÍNAS DO TEMPLO DE ERA PARA ASEGURAR A SÚA PUREZA . AGORA TÓCAVOS FACER UN POUCO DE EXERCICIO E FACER A VOSA PROPIA OLIMPIADA PREME NO SEGUINTE ENLACE. https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/juegos-para-ninos/ideas-para-celebrar-en-casa-los-juegos-olimpicos/ Los Juegos Olímpicos ahora se juegan en casa y en familiaDel 24 de julio al 9 de agosto de 2020 se celebrará la XXXII edición de los Juegos Olímpicos en Tokio, Japón, y para celebrarlo, en Sapos y Princesas...Sapos y Princesas

NESTES MOMENTOS ATOPÁMONOS NA ACRÓPOLE DE ATENAS, LUGAR INDISPENSABLE PARA VISITAR SE ESTAMOS EN GRECIA. COMO DI O SEU PROPIO NOME ATÓPASE NA PARTE ALTA OU CIMA DA CIDADE. DENTRO DA ACRÓPOLE PODEMOS VISITAR O PARTENON, TEMPLO ADICADO Á DEUSA ATENEA E O TEATRO DE DIONISIO ENTRE OUTROS. SE PREMES NO SEGUINTE ENLACE PODERÁS FACER UNHA VISITA VIRTUAL DA ACRÓPOLE. https://www.acropolisvirtualtour.gr/ ACTIVIDADE: IMOS CONSTRUIR UN TEMPLO GREGO

SIRTAKI

É unha danza popular grega, caracterizada pola acekeracuón progresiva dos seus movementos.Olla o vídeo e despois prepárate para bailar imirando os movementos.

REPUBLIC OF IRELAND

The capital is Dublin.

Let´s visit Dublin!

Traditional Irish dance

INicio

Where is Republic of Ireland located on the world map? It is an island located in the North Atlantic. Enfrente atópase United Kingdom, outro país de fala inglesa.

This is the irish flag. It is green, white and orange. Proposta: realiza a túa propia "irish flag". Podes facela como gostes: collage, debuxo, materiais de reciclaxe, etc. Envíame, se podes, a túa "flag" a: victoria.conde.zurita@ceipfrianteis.com THANK YOU!

St. Patrick´s Day is the day of Ireland (17th of March). A lenda di que se atrapas ao "leprechaun", dirache onde agocha o seu caldeiro cheo de moedas de ouro. O caldeiro atópase ao final dun "rainbow".

This is a traditional irish breakfast. It includes: bacon, eggs, baked beans and sausages.

This is a celtic harp, the traditional harp of Ireland. Nas moedas dun euro irlandesas, aparece "this harp" como símbolo de Ireland.

UNITED STATES

The capital is Washington D.C.

New York is a very important city.

SQUARE DANCE

The Square Dance is the typical dance of the United States. É un baile popular en parellas. PROJECT (PROPOSTA) : realiza a túa propia versión do "Square Dance" e grábate bailándoo. Se queres me podes enviar o teu video a : victoria.conde.zurita@ceipfrianteis.com

INicio

O lugar máis coñecido de Washington D.C. é "The White House". É a residencia oficial do presidente dos "United States".

This is a typical american burger. Ingredients: bun (bollo), meat, cheddar cheese, tomato, lettuce, pickle, onion, mayonnaise and mustard.

The 4th of July is a national holiday in the United States. Celébrase o día da independencia dos "United States" do Imperio Británico. Ese día, lánzanse un montón de "fireworks".

ALASKA

5

1

2

3

4

INicio

EN ALASKA FAI MOITO FRÍO E NEVA MOITO.IMOS FACER UN BONECO DE NEVE.

O FRÍO

1

PINTAMOS CON XEO

Sabedes que podemos pintar con xeo?? Probade a facer xeos de cores, podedes facelo con colorante alimenticio e despois facede un debuxo.

2

A PESCA

A PESCA É UNHA DAS ACTIVIDADES MÁIS IMPORTANTES DE ALASKA.ANÍMATE A FACER UNS PEIXIÑOS!!!

4

ESKIMOS

Eskimos, en ingles, é o nome co que se coñece popularmente aos pobos que habitan nas rexións árticas de Alaska.Escoita e canta a canción Five Little Eskimos.

5

NIXERIA

ÁFRICA

niXeria

AGORA CON MÚSICA!!!

PROPOSTA;PON UN PANO NA CABEZA

AS MULLERES ACOSTUMAN POÑER PANOS NA CABEZA

SELY OLUYOLE E O GRUPO "DREAM CATCHERS"

APRENDE OS PASOS

SELY OLUYOLE E UNHA RAPAZA DE NIXERIA QUE AO VER TANTOS RAPACES HORAS E HORAS SOS NA RÚA SEN PODER IR A ESCOLA, DECIDIU AXUDALOS. COMO A MEIRANDE PARTE DO TEMPO QUE ESTABAN POLAS RÚAS, ESTABAN A BAILAR, DECIDIU CREAR UNHA ACADEMIA DE BAILE PARA QUE APRENDAN TODO O QUE NECESITEN E TEÑAN TODO O COIDADO QUE MERECEN.

niXeria

HAUWA IBRAHIN

É UNHA DEFENSORA DOS DEREITOS DAS MULLERES E NENAS EN NIXERIA

PROPOSTA

FAITE FOTOS OU GRÀBATE EN VÌDEO POÑENDO EN PRÁCTICA UN OU VARIOS DOS TEUS DEREITOS.

OS NOSOS DEREITOS

KENIA

ÁFRICA

kenia

PROPOSTAS

ELEFANTE

REPRESENTA UN ELEFANTE ESTAMPANDO A PALMA DA TÚA MAN.NON TES QUE FACELO IGUAL. DEIXA VOAR A TÚA CREATIVIDADE!!!

RINOCERONTE

OS RINOCERONTES TEÑEN UN OU DOS CORNOS.TÉCNICAMENTE PODEMOS DICIR QUE SON "UNICORNIOS". PERO SEN PURPURINA E COLORINCHOS... FAI UN DEBUXO DUN RINOCERONTE, UN UNICORNIO OU UN ANIMAL QUE TI IMAXINES QUE SÓ TEÑA UN CORNO. E LEMBRA SEMPRE DEIXAR VOAR A TÚA CREATIVIDADE!!!

CEBRA

LEÓN

XIRAFA

REPRESENTA UNHA XIRAFA ESTAMPANDO AS XEMAS DOS TEUS DEDOS.NON TES QUE FACELA IGUAL. DEIXA VOAR A TÚA CREATIVIDADE!!!

FAI CLICK ENRIBA DE CADA ANIMAL PARA VELOS EN ACCIÓN

kenia

ESCOITA O CONTO

PROPOSTA PROTEXE O TEU BARRIO

O REI LEÓN

PrepPre

Prepárate para bailar como os artístas que dan vida ao Musical O Rei León, seguindo as súas indicacións:

CH E G AM O S

AOS ANDES

1

2

3

4

INicio

TODO BO EXCURSIONISTA DEBE LEVAR UNHA MOCHILA BEN PREPARADA. PRECISAMOS:-CHUBASQUEIRO.-XERSEI GORDO.-PANTALÓN LONGO.-PANTALÓN CURTO.-CAMISETA MANGA LONGA DE ALGODÓN.-CAMISETA MANGA CURTA.-GORRO DE LA.-GORRA OU GORRO ESTILO "INDIANA JONES".LENTES DE SOL.-BOTAS PARA CAMIÑAR. -SANDALIAS.-CREMA SOLAR.-CANTIMPLORA.CADERNO E BOLÍGRAFO.-CÁMARA DE FOTOS (SERÁ A NOSA MENTE E OS NOSOS OLLOS). PROPOSTA: ENVIÁDENOS AS VOSAS FOTOS COAS VOSAS MOCHILAS. ENCANTARANOS RECIBILAS!

9443 QUILÓMETROS SEPARAN VIGO DA CORDILLEIRA ANDINA, QUE É COMO CRUZAR ESPAÑA 9 VECES APROXIMADAMENTE. ADEMAIS, ESPAÑA ESTÁ NO HEMISFERIO NORTE E A CORDILLEIRA ANDINA NO HEMISFERIO SUR. ESO SIGNIFICA QUE TEMOS AS ESTACIÓNS INTERCAMBIADAS. AGORA EN ESPAÑA É PRIMAVERA E NOS ANDES ACABA DE EMPEZAR O OUTONO. DÉIXOVOS UN ENLACE REAL PARA QUE POIDADES VIAXAR COS VOSOS SENTIDOS E PERCORRER TODOS ESTES QUILÓMETROS ATA O NOSO PUNTO DE PARTIDA. https://earth.google.com/web/@5.68418069,-38.72822465,-29878.5882448a,11551464.14339633d,35y,0h,0t,0r/data=MicKJQojCiExVm1QbTQwWGJRa3FoRjdnX2JDdXNSWThMUDdXUmEtbzM6AwoBMA?authuser=0

ARXENTINA

É A MONTAÑA MÁIS ALTA DE AMÉRICA E A SEGUNDA DO PLANETA TERRA DESPOIS DO HIMALAYA EN ASIA. NO ACONCAGUA HAI UN PARQUE NATURAL DESDE ONDE SE ORGANIZAN DIFERENTES RUTAS DE SENDEIRISMO E SUBIDAS AOS DOUS CUMES QUE TEN. PROPOSTA:COA TÚA MOCHILA PREPARADA, A TÚA CASA SERÁ O CAMPAMENTO BASE NO VAL E O LUGAR A ONDE SAES A PASEAR O TEU ACONCAGUA PERSONAL. COMO XA PODEMOS SAÍR A PASEAR UNHA HORA DIARIA, IMAXINAREMOS QUE ESE PERCORRIDO QUE FACEMOS É UNHA RUTA DE SENDERISMO QUE NOS LEVA A O NOSO ACONCAGUA PARTICULAR. DEBERÁS DEBUXAR UN MAPA MARCANDO A TÚA CASA COMO CAMPAMENTO BASE E TRAZAR O CAMIÑO QUE SIGA ATA CHEGAR AO TEU DESTINO (QUE MARCARÁS COMO ACONCAGUA).UNHA VEZ ALÍ, NO TEU ESPAZO AO AIRE LIBRE XOGANDO, OU CANDO VOLVAS AO CAMPAMENTO BASE (A TÚA CASA), NO TEU CADERNO REPASARÁS O TEU MAPA E DEBUXARÁS ALGO DO OBSERVADO NO TEU PERCORRIDO. ADEMAIS, SE QUERES PODES ESCRIBIR ALGUNHA PALABRA QUE REPRESENTE ALGUNHA EMOCIÓN VIVIDA.DÉIXOCHE A MIÑA RUTA E UN VÍDEO INSPIRADOR DENDE A CUMBRE DO ACONCAGUA REAL.GOZA DA RUTA! NON FAI FALTA TER UN CADERNO REAL. PODES COLLER FOLIOS BRANCOS E DOBRALOS Á METADE COMO FIXEN EU: O MEU MAPA: https://www.youtube.com/watch?v=4ZCT_nevrck

CHILE

O VOLCÁN LICANCABUR ATÓPASE NA CORDILLEIRA ANDINA, NO DESERTO. O SEU NOME SIGNIFICA "MONTAÑA DO POBO". O LICANCABUR SITÚASE NA FRONTEIRA CON BOLIVIA E PÓDESE VER DE LONXE DESDE SAN PEDRO DE ATACAMA. NA CIMA DO VOLCÁN, PRECISAMENTE NO SEU CRÁTER, ATÓPASE O QUINTO LAGO A MAIOR ALTURA DO MUNDO. ESTE CHARCO, QUE MIDE 90X70 METROS POSÚE ENTRE 5 E 6 METROS DE PROFUNDIDADE. POLA NOITE PODE HABER TEMPERATURAS DE -30 GRADOS. PROPOSTA:SE APETECEVOS PODEDES FACER ESTE EXPERIMENTO CASEIRO PARA VER CÓMO ERUPCIONA UN VOLCÁN. https://www.youtube.com/watch?v=MdWxLiK_tmE https://www.youtube.com/watch?v=3sl1H6zyr-s

BOLIVIA

O SALGAR DE UYUNI É O MAIOR DESERTO DE SAL CONTINUO E ALTO DO MUNDO. É MOI INTERESANTE VER QUÉ PASA NA AUGA SALGADA . NAS LAGOAS DE SAL QUE HAI, CANDO UN TENTA MERGULLARSE NON PODE E SEMPRE FROTA. PODEDES COMPROBALO CUN OVO, POR EXEMPLO, FACENDO O SEGUINTE EXPERIMENTO: https://www.youtube.com/watch?v=4pe6rm5m-oM https://www.youtube.com/watch?v=GyfVqR8tav8

PERÚ

ANTIGO POBOADO INCA. AQUÍ ESTAMOS NA SELVA E AÍNDA QUE FAI MOITO CALOR É O MOMENTO DE USAR OS PANTALÓNS LONGOS E A CAMISETA DE MANGA LONGA DE ALGODÓN QUE LEVAMOS NA MOCHILA, PARA EVITAR QUE NOS PIQUEN OS MOSQUITOS. MACHU PICCU ESTÁ NO HEMISFERIO SUR COMO VOS EXPLIQUEI CANDO CHEGAMOS AOS ANDES. ESO SIGNIFICA QUE O CEO DESDE ALÍ VESE MOI DIFERENTE A COMO O VEMOS DESDE VIGO. PROPOSTA: IMOS A FACER UN PLANETARIO CASEIRO PARA VER AS CONSTELACIÓNS QUE DESCUBRIRON OS INCAS E SE VEN DENDE PERÚ. Precisarás: unha caixa de cartón, unha chincheta ou un punzón, tesoiras, lapis, cartolina ou papel groso (podes reciclar o dunha revista de bo gramaje), cinta adhesiva e uns libros.Nun extremo da caixa, fai un buraco do diámetro da lanterna. No oposto, retira un rectángulo. Agora, copia as constelacións que prefiras no papel, e fai un buratiño coa chincheta sobre cada estrela. Despois, suxeita con cinta cada papeliño ao lateral da caixa e proxéctao introducindo a lanterna polo outro lado (os libros son para suxeitala comodamente!). SUXERÍMOSCHE QUE DEBUXES PARA PROXECTAR ALGUNHA DAS FAMOSAS CONSTELACIÓNS QUE DESCUBRIRON OS INCAS. AQUÍ DEIXÁMOSCHE 4 PROPOSTAS: A CRUZ DO SUR: ESCORPIÓN: HYDRA (SERPE): CENTAURUS: ENVÍANOS UNHA FOTO DO TEU PROXECTOR DE CONSTELACIÓNS E CÓNTANOS QUE DESCUBRICHES!

INicio

“¡No Portugal, o azulexo continúa vivo!”. Hoxe, como faia máis de 40 anos, a vitalidade da Arte da Cerámica permanece no recinto del Parque das Nações (Parque de las Naciones),no Museo Nacional del Azulejo de Lisboa,... Usábam¡nos para decorar contanto historias, facendo patróns (Maravilla)... Preme na ligazon e busca o que mais che guste e decoraro, ou fai un inventado. https://www.google.com/search?q=mandalas+mosaico+colorear&rlz=1C1KMZB_enES593ES593&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=2ahUKEwjN_6S-05_pAhUgDWMBHW-nBkkQ_AUoAXoECAwQAw&biw=1707&bih=720#imgrc=gyLO_tixE8mHpM mandalas mosaico colorear - Google SearchFree Mosaic Patterns To Print | Dibujo De Mandala Mosaico Con ...1600 × 1560 - 360k - jpgpinterest.de Mandalas de Mosaicos: Arte para colorear (...Google

A libraría Lello,no centro de Oporto,inspirou á escritora J.K. Rowling, cando traballaba como profesora de inglés en Oporto. Din que semella a tenda de libros «Flourish and Blotts», onde Potter e seus compañeiros compran cada ano os libros para ir a Hogwarts.

Libraría Lello

escribe a túa historia

TIRA OS DADOS, MIRA QUE CHE TOCA E DESCUBRE O MISTERIO CREA CANTAS AVENTURAS POIDAS MISTURAR

SUPERTUBOS,EL GIGANTESCO ARENAL

PENICHE

El gigantesco arenal de Medão Grande es mundialmente conocido así por las brutales olas tubulares que aquí se forman y que vuelven locos a surfistas y bodyboarders.

ANIMATE A CONSTRUIR UNHA TABOA DE SURF PARA CABALGAR SOBRE AS ONDAS

BARCELOS, ONDE NACE A LENDADO GALO DE PORTUGAL Barcelos non é un pobo moi grande, pero ten un museo podes ver un montón de obras, tanto antigas e con gran valor e interese arqueolóxico como modernas, incluidas esculturas de bronce e a cruz de pedra del Siglo XIV en la que se atopa a “Lenda Cruceiro de O Senhor do Galo”. Pudimos ver la cruz a la que se hace referencia en la leyenda: “Había en Barcelos unha horca e cerca dela, na beira da carretera vella, unha posada moi concurrida, famosa por a beleza da súa propietaria. Un día, un peregrino que cumpría unha promesa a Santiago de Compostela pasou a noite na posada. A posadeira namorou ao instante do peregrino, pero o peregrino non sentiu do mesmo xeito por estares nunha viaxe piadosa. A muller, despechada por a indiferenza do home, urdiu a súa vinganza escondendo na súa equipaxe uns valiosos cubertos de prata. Á mañá seguinte, o peregrino foi detido por ladrón cando atópanlle as pezas na súa equipaxe. En presenza do xuiz que ía almorzar un galo asado nese intre, o home xurou a súa inocencia, sendo igualmente condenado á horca. O peregrino, inspirado pola intervención divina berrou: -Son inocente e este galo asado cantará para probar miña inocencia. Nese preciso intre no que colgaban ao home polo pescozo na horca, o galo levantou e cantou. Á vista do milagre, o xuiz correu ata a horca e atopou ao peregrino colgando polo pescozo a Santiago suxeitando ao peregrino polos pés.”

AGORA TÓCACHE A TI FACER UN MILAGRE....COLLE MIGUIÑAS DE PAN E AMASA PARA MODELAR CA MASA UN GALO OU OUTRO ANIMAL... ÁNIMOOOO!!!

INicio

MILES DE TORTUGAS CHEGAN A PRAIA PARA DEIXAR AGOCHADOS OS SEUS OVOS https://www.youtube.com/watch?v=skRuMDlf28Q

A carreta pintada é unha tradición na que pintan as carretas populares con formas xeométricas, flores, facianas e paisaxes en miniatura, ademáis de puntas de estrela sobre un fondo de cor anaranxado, branco ou vermello.

Lúcenas nun desfile que se fai o segundo domingo de marzo para celebrar o Día Nacional del Boyero, que é a persoa que coida e guía os bois que tiran desas carretas.

TRATA DE REPROCUDIR AS FIGURAS CON PEZAS OU PAPEIS DE CORES, ÁNIMO

BAHÍA BALLENA

tRÁTASE DUN ESPAZO IDEAL PARA O AVISTAMENTO DE BALEAS, CAS SÚAS CRÍAS E LIBRES DE PRÁSTICOS.

AXÚDA A MANTER OS OCÉANOS LIMPOS MIRA QUE PODES FACER:

CREA O TEU PROPIO COLECTOR CA ETIQUETA

RECREA AS ONDAS DO OCÉANO

1. ESTIRA E LEVANTA OS BORDES DPARA PECHAR ESCAPES.

2. MISTURA AUGA CON COLORANTE E ENCHE A SUPERFICIE

3. ENGADE NO OCÉANO OS BARCOS E IMPULSAOS NAS VELAS CO PULVERIZADOR... E A NAVEGARRRR !!!

Costa Rica

Trátase dun país moi pequeno (dez veces máis pequeno que España) entre o Océano Pacífico, o mar Caribe e o Atlántico, ideal para o turismo ecolóxico. SEUS HABITANTES CHÁMANSE "TICOS"

FESTIVAL DA LUZ

BAILE TRADICIONAL

FAN UN DESFILE DE NADAL CON CARROZAS ILUMINADAS COMA EN VIGO

CANDO QUEREN DICIR "SEN PROBLEMAS" DIN...

OS COSTARRICENSES SON XENTE MOI LEDA, QUE DISFRUTAN DE CADA INTRE. CONSTRÚE UNA CAMARA COMA ESTA CUNHA CAIXA E GARDADENTRO DEBUXOS DAS COUSAS FERMOSAS QUE ATOPES NOS PASEOS OU DE AQUELES FUGARES OS QUE QUEIRAS VIAXAR.

Música en portugués

ESCOITA A CANCIÓN E ACOMPAÑA CON PERCUSIÓN CORPORAL

INicio

COMIDA MEXICANA A orixe da actual comida mexicana é unha mestura entre ingredientes de España e ingredientes dos indios nativos mexicanos. Eles tiñan o millo, chile, cabaza, aguacate, camote (batata), jitomate (tomate), cacao, guajolote (pavo), froitas e condimentos. Nós desde España levámoslles o porco, polo, tenreira, pementa, azucre, leite, trigo, arroz e cítricos. E así temos hoxe a deliciosa e famosa comida mexicana!! Nós seguramente non temos todos os ingredientes, pero aínda así podemos animarnos a preparar unha cea mexicana! Con axuda dos adultos en casa, poderedes preparar algo rico e sinxelo. Animarvos! Imos preparar FAJITAS MEXICANAS. Necesitamos: - Fajitas mexicanas (véndenas en calquera súper) - Leituga en tiras - Pementos en tiras - Tomate en dados - Cebola en tiras - Polo ou carne á prancha en tiras - Queixo relado - Guacamole Se queres que sexa máis auténtico, tamén se lle pode engadir arroz, alubias e picante. As fajitas prepáranse na mesa. Cando xa tes todos os ingredientes cortados e preparados en cuncos, colles unha fajita e a recheas ao teu gusto. Hai mil combinacións diferentes! Que aproveite!

TOMA NOTA! En México falan español, aínda que tamén hai moitas linguas indíxenas. A moeda que usan chámase peso mexicano. A súa bandeira é de cor verde, branco e vermello, cunha aguia no centro collendo a unha serpe. Queda en América do Norte, e o seu capital é Cidade de México. México no mapa

A ver se adiviñas quen é este personaxe famoso mexicano... É unha moza defensora das mulleres... Gran pintora... Fixo moitas obras dela mesma... Trátase de Frida Kahlo!

OS MAIAS Foron unha importante civilización antiga que viviu en parte de México. Foron grandes investigadores das estrelas e crearon calendarios. Tamén tiñan afinidade polos números e crearon o número CERO. E usaban símbolos sinxelos para escribir os números que hoxe coñecemos. Ti es capaz de escribir a túa idade en maia? E a idade dos teus pais? Construíron cidades con pedra calcaria, coa que facían columnas decoradas, monumentos, esculturas... e ata bases de pirámides! Aquí tedes un vídeo en 360º, queda mellor velo có móbil! Vestíanse con moitos adornos cheos de bordados e cores alegres. E se eran persoas ricas, tamén decoraban a súa roupa con pedras e plumas, usaban adornos na cabeza e xoias, sobre todo ouro e xade. Propoñémosvos facer un colar ou pulseira maia con cordel e algo tan sinxelo como... pasta! Podedes usar macarrons, caracois, letras... ou outro tipo de pasta que poidades ensartar cun cordel. Primeiro pintades a pasta con rotulador, témpera ou colorante. E logo, deixade voar a vosa imaxinación! Aquí tedes algúns exemplos...

MARIACHIS A música mariachi forma parte da música rexional mexicana. Os que tocan esta música vístense co traxe tradicional de charro: pantalón, chaquetilla, camisa, botíns, corbatín e o típico chapeu mexicano.

Baila con Coco

INicio

TOMA NOTA! En Australia falan en inglés, aínda que tamén hai moitas linguas aborixes. A moeda que usan chámase dólar australiano. A súa bandeira é de cor azul con seis estrelas brancas de sete puntas, e coa bandeira do Reino Unido cara a un lado. Queda en Oceanía, e a súa capital é Canberra. Australia no mapa

FAUNA AUSTRALIANA A gran maioría dos animais de Australia só os poderás ver neste lugar en liberdade, xa que non viven en ningunha outra parte do mundo. Isto débese a que basicamente este país é unha enorme illa, e quedaron illados dos demais animais ao longo da historia do mundo. De feito, evolucionou 65 millóns de anos independientemente do resto do mundo. Seguro que coñeces a algún... Pero antes, imos escoitar que sons fan varios deles. Presta atención! Que che pareceu? A que non esperabas que o koala fixese ese ruído tan gruñón? Ou que o equidna fixese son algún? Neste gran país tamén poderemos atopar animais que parecen familia dos roedores ou dos cánidos, como o wombat ou o dingo, pero realmente non teñen nada que ver. É que Australia está cheo de animais moi curiosos dos que aprendemos moitísimo sobre a evolución. Se queres saber un pelín máis destes animais, podes ver o seguinte vídeo ou navegar por esta páxina web: Animales que sólo verás en Australia Agora tócache ver se recoñeces aos animais australianos... Pide axuda para imprimir esta ficha e ao choio!

Aborixe australiano Son os descendentes dos primeiros habitantes do país, e actualmente falan ata 20 linguas distintas. Pescaban, cazaban e colleitaban, usando lanzas, arpóns e o coñecido búmeran. É a cultura máis antiga do planeta que aínda está viva e está baseada no que eles chaman "O Tempo do Soño", que lles conta como foron creados todos os seres vivos. Teñen moi boa relación coa natureza e consideran aos animais como os seus irmáns, e á terra como a súa nai. Entre todos, forman un. Por iso respectan tanto ao medio ambiente e queren estar coa natureza. A arte aborixe australiano é moi amplo. Fixeron pinturas en follas, talla de madeira, talla de pedra, escultura, roupa cerimonial e pintura de area. Na seguinte foto podemos ver un canguro, dingos, equidnas e tartarugas: É moi coñecida a súa pintura de puntos. Usaban o amarelo para o sol, o marrón para o chan, o vermello para a area do deserto e o branco para as nubes e o ceo. Esta técnica adoitaban facela sobre rocas, covas... E pintaban animais, lagos, contos e lendas... pero sobre todo a natureza. Nas súas danzas utilizan o didyeridú (que realmente se chama yidaki), un instrumento musical feito cun tronco de eucalipto baleirado por dentro polas termitas. Aquí podes ver un show dun baile típico aborixe no que usan o didyeridú: Imaxinamos que somos aborixes australianos e necesitamos un búmeran. Pedímoslle axuda aos nosos pais para sacar un modelo en cartón ou cartolina (por exemplo, dunha caixa de cereais) e tócanos decoralo. Aquí hai uns exemplos para que che sirvan de inspiración!

ROCA DE AYERS Ou tamén coñecido como Uluru, é unha montaña formada por unha gran pedra. Está situada no centro do país, e por iso din que é o embigo do mundo. Ten máis de 300 metros de altura (máis ou menos coma se correses de punta a punta un campo de fútbol, 3 veces!!!), pero o asombroso é que a maior parte desta roca atópase baixo terra, así que non a podemos ver ao completo! A superficie da montaña cambia de cor segundo a inclinación dos raios solares, tanto ao longo do día como nas diferentes estacións do ano. É un lugar sacro para os aborixes australianos, os anangu, quen coidan e protexen esta montaña tan importante na súa cultura e nas súas tradicións, xa que a consideran o centro da súas vidas. Ten covas e grutas nas que poderemos atopar pinturas rupestres tan chulas coma estas: Xa que non podemos ir ata alí, abrocha o cinto e prepárache para ver a Uluru voando como un paxaro... Aquí temos unha proposta para os que non teñan medo a ensuciarse. Necesita tempo, pero a experiencia vale a pena! E ademais, quedará unha obra de arte magnífica feita en familia...

STEVE IRWIN Foi un coidador de zoolóxico moi famoso por defender ao mundo natural e ensinarnos a todos o marabilloso e emocionante que é. A Irwin apaixonáballe o seu traballo, e cría en ensinar aos demais a coidar a natureza mostrándolles o seu entusiasmo por ela. Estaba preocupado polos animais en perigo de extinción, e por iso dicía: "Me considero un guerrero por la vida salvaje. Mi misión es salvar a las especies en peligro de extinción." Os seus pais eran expertos na vida salvaxe e tiñan un pequeno Parque de Réptiles. Por iso Irwin creceu rodeado de crocodilos e outros réptiles. Axudaba aos seus pais alimentando e coidando aos animais todos os días. Así creceu rodeado de animais e hoxe coñéceselle como O Cazador de Crocodilos. Hoxe, os seus fillos xa maiores continúan coidando o zoolóxico da súa familia e tamén senten o amor cara aos animais que o seu pai inculcoulles.

ÓPERA DE SIDNEY É un fermoso edificio no que se realizan obras de teatro, ballet, ópera ou producións musicais. Está situado na cidade de Sídney e foi deseñado polo arquitecto danés Jorn Utzon. O seu diseño é único no mundo, e tardaron en construílo 14 anos! Terminárono en 1973. O seu tellado lembra a cunchas mariñas, e está recuberto por azulexos brillantes de cor branca.

O DIDYERIDÚ

  • Listado de puntos
  • Listado de puntos

ESCOITA O SEU SON

Constrúe o teu propio instrumento

*O audio está en Euskera, pero as imaxes son claras.

CHINA

1

2

3

INicio

COMIDA

Sabías que os chinos comen con palillos!Atréveste a probar??

1

ESCRITURA CHINA

En China teñen un alfabeto diferente onoso.Eres capaz de escribir o teu nome en chino?

2

O OSO PANDA

O oso panda é un animal moi valorado en China. O seu nome oso gato grande, porque ten a fortaleza dun oso pero a ternura dun gato

FAI UN DEBUXO DUN OSO PANDA

3