Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

AUDICIÓN E LINGUAXE

PELO

TODOS

ANOS

ANOS

ANOS

ÍNDICE

LINGUA DE SIGNOS

CONTOS

RIMAS

ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES

As rimas con movemento de Tamara Chuvarovsky combinan movementos e sons que axudan ás nenas e nenos a contrarrestar os excesos e carencias da nosa época, axudándolles a madurar o seu sistema nervioso central

RIMAS CON MOVEMENTO

+info

SEMANA 27- 30 ABRIL

12

11

10

SEMANA 8 - 12 XUÑO

SEMANA 15 - 19 XUÑO

SEMANA 1 - 5 XUÑO

SEMANA 18 - 22 MAIO

SEMANA 25 -29 MAIO

SEMANA 11 - 15 MAIO

SEMANA 4 - 8 MAIO

PLANIFICACIÓN SEMANAL 3 ANOS

SEMANA 27- 30 ABRIL

12

11

10

SEMANA 8 - 12 XUÑO

SEMANA 15 - 19 XUÑO

SEMANA 1 - 5 XUÑO

SEMANA 18 - 22 MAIO

SEMANA 25 -29 MAIO

SEMANA 11 - 15 MAIO

SEMANA 4 - 8 MAIO

PLANIFICACIÓN SEMANAL 4 ANOS

SEMANA 27- 30 ABRIL

12

11

10

SEMANA 8 - 12 XUÑO

SEMANA 15 - 19 XUÑO

SEMANA 1 - 5 XUÑO

SEMANA 18 - 22 MAIO

SEMANA 25 -29MAIO

SEMANA 11 - 15 MAIO

SEMANA 4 - 8 MAIO

PLANIFICACIÓN SEMANAL 5 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 27 - 30 ABRIL

  • RECORDO DE PALABRAS: Nesta ocasión imos a dicirlle dúas palabras e o neno/a debe repetilas na mesma orde. Podemos aumentar a tres palabras sempre e cando o faga ben. Aquí vai un exemplo.
  • 2 palabras (Sol – casa, can– lúa, cama– pan...)
  • 3 palabras ( Pelo – mesa – man, tapón – barco – gato, vaca – saco – sopa...)

RECORDO DE NOMES: Dicímoslle ao neno/a dous nomes de compañeiros da aula, por exemplo: “Pepe, María” e preguntamos: “¿Que dixen?”. Debe repetir os nomes na mesma orde. Continuamos decindo os nomes de todos os compañeiros de dous en dous e incluso podemos facelo con nomes dos familiares.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

  • XOGAMOS A DICIR PALABRAS: Neste caso imos a categorizar en substantivos, adxectivos e verbos, para iso nós dicímoslle:
  • “O barco vai cheo de… froitas(terá que decir nomes de froitas), animais (decir nomes de animais).
  • “No colexio podo… (ten que dicer verbos)….. (por exemplo: cantar, rir, xogar, pintar…)
  • “Os autobuses son… (ten que dicir adxectivos)… (por exemplo: grandes, pequenos, verdes, vermellos…

XOGAMOS A DICIR NOMES DE COUSAS que se comen, de animais, de xoguetes...ou ben dicimos actividades que facemos (xogar, comer, cantar, saltar...). Cada palabra dita representámola gráficamente debuxando un pau nun papel, pegando gomets, marcando con pezas dalgún xogo...

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 27 -30 ABRIL

CAL FALTA?: nesta actividade debemos pedirlle que escoite atentamente, porque lle diremos 2 palabras, logo repetiremos só unha delas e debe adiviñar cal é a palabra que falta. O exemplo de actividade sería: Adulto/a: Casa –silla – comer, que dixen???. A nena/o repetirá: Casa –silla – comer. Adulto/a: Perfecto, agora direi só 2 e debes adiviñar cal é a palabra que non digo. Casa – silla, cal falta?

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

ORDENAMOS FRASES: nesta actividade tedes que facer uso do seguinte enlace. Nel preséntase un documento no que tomando como referencia a imaxe central, o neno/a irá construíndo frases e deberá de ordenar os elementos abaixo sinalados. Unha vez aberto o documento pulsar en INICIAR PRESENTACIÓN (arriba á dereita)

CONCIENCIA LÉXICA

PODES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 27 - 30- ABRIL

QUE SÍLABA FALTA?. Decímoslle primeiro series de 3 sílabas, logo repítense só dúas e debe adiviñar cal falta: Adulto/a: PA…….. BO…… FU…… (deixamos uns segundos entre sílabas), logo decimos PA…. FU…. Cal falta??? E debe responder BO.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Xogamos a contar as sílabas dunha palabra: Axudámonos de dar unha palmada por cada sílaba. Ex: BO-NE-CA… ADIVIÑA QUE PALABRA DIGO: neste caso segmentamos as palabras e dicímosllas separadas por sílabas, polo que a nena/o terá que adiviñar que palabra dixemos, por exemplo: CA – MI – SA. E tamén podemos xogar ao revés, que sexa a nena/o o que nos diga a palabra e nós teñamos que adiviñar.

CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 4 - 8 MAIO

Para realizar esta actividade debes pulsar aquí e accederás a un documento interactivo. É importante que se DESCARGUE xa se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, cando se reproduzan as palabras, a nena/o debe repetilas antes de pasar á seguinte diapositiva onde aparece o apoio visual. Espero que vos guste!

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

  • Combinamos frases de dúas e de tres palabras: igual que na actividade anterios, dicímoslle frases e imos contando cos dedos, con gómets... pero nesta ocasión alternarán frases de dous de de tres elementos, para que non todas sexan iguais.

Contamos cantas palabras ten a frase: dicimos unha frase e en cada palabra levantamos un dedo, seguidamente o neno/a contará as palabras que ten dita frase. Exemplos:Frases de 2 palabras:“nome da nena/o” dorme, “nome da nena/o” come, mamá debuxa, papá limpa. Frases de 3 palabras:mamá bebe zumo, os avós corren, os nenos escriben.

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 4 - 8 MAIO

Importante non apoiar a actividade con imaxes ou obxectos, posto que o obxectivo é a memoria auditiva e non queremos que interveña a memoria visual.

CAL ENGADO: Neste exercicio imos a decirlle 2 palabras, a nena/o repetirá e a continuación dicimos esas dúas palabras e engadimos unha nova, e debe adiviñar cal é a palabra que se engade. Exemplo: can – pataca, repite. A nena/o repite e o adulto di: can – pataca – gato, cal endago?? Podemos facelo con 3 palabras e engadir unha 4ª dependiendo de como resolva a tarefa anterior e tamén introducir o novo elemento ao comezo, ao final ou no medio, non sempre na mesma posición.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

interactivo 2

interactivo 1

Contamos sílabas: contamos as sílabas que ten unha palabra empregando por exemplo os dedos, tapóns, gomets…Interactivo: a continuación, preséntanse 2 actividades, debes premer sobre elas e lévate a unha presentación onde deberás pulsar en INICIAR PRESENTACIÓN (arriba á dereita) para comezar. Debe clasificar cada palabra que aparece na marxe superior esquerda na columna que corresponda segundo o número de sílabas.

CONCIENCIA SILÁBICA

PODES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 4 - 8 MAIO

EXEMPLO DE SERIES DE 4: - PO - TE - MI - PU - TU - CA - BE - LA - TE - FA - SO - DI

Recorda os sons (sílabas): O adulto repite series de sílabas empezando por series de 4 e irá aumentando en función do éxito da tarefa ca nena/o que irá repetindo a series escoitada na mesma orde. Importante non apoiar a actividade con imaxes, posto que o obxectivo é a memoria auditiva e non queremos que interveña a memoria visual.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

PALABRAS ENCADEADAS: explicamos a dinámica do xogo das palabras encadeadas. Para poder realizar a actividade co MATERIAL INTERACTIVO. Por exemplo: Adulto: Imos a contar a palabra “casa” cos dedos. Nena/o: ca – sa. Adulto: Como termina a palabra casa?. Nena/o: “SA” Adulto: Imos a buscar unha palabra que empecé por “sa”, que empecé igual que termina “casa”.Se non se ocorre ningunha indicaremos “sapo”

CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 11 - 15 MAIO

Cal falta?: Primeiro o adulto dirá unha serie de 2 palabas que a nena/o deberá repetir. A continuación, e logo o adulto repetirá só unha das palabras e a nena/o debe dicir cal é a que falta. Recoméndase modificar a posición da palabra eliminada, é dicir, non cambiar sempre a primeira ou a última para evitar que se habitúen a unha posición determinada. Exemplo: Adulto: “silla – casa, que dixen?” Nena/o: “silla – casa” Adulto: Moi ben, agora vou a dicir só unha das palabras e deberás de adiviñar cal é a que non digo: silla” Nena/o: “casa”

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Contamos cantas palabras ten a frase: dicimos unha frase e en cada palabra levantamos un dedo, seguidamente o neno/a contará as palabras que ten dita frase. Exemplos: Frases de 4 palabras: “a nena escoita música”, “mamá compra unha boneca”, “a vaca come herba”, “o can bebe auga”, “mamá mira un debuxo”. Frases de 5 palabras: “a nena limpa o cristal”, “os avós limpan o coche”, “a nena dobra a camiseta”, “o perruqueiro corta o pelo”, “o neno debuxa unha árbore”. Frase de 6 palabras: “o gato durme moito no sofá”, “o bebé durme ben na cuna”, “mamá bebe un zume de laranxa”, “a nena xoga cos seus bonecos”, “os nenos xogan e merendan fóra”.

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 11 - 15 MAIO

Importante non apoiar a actividade con imaxes ou obxectos, posto que o obxectivo é a memoria auditiva e non queremos que interveña a memoria visual.

Lembra as palabras ao revés: O adulto dirá dúas palabras (comezaremos por series de 2 e posteriormente iremos aumentando en función das necesidades e características da nena/o), o neno/a repetirá as palabras pero en orde inverso. Por exemplo: Adulto: “can – gato”. Neno/a: “gato – can”.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

interactivo 3

interactivo 2

interactivo 1

Contamos sílabas: a continuación, preséntanse 3 actividades de maneira interactiva, debes premer sobre elas e lévate a unha presentación onde deberás pulsar en INICIAR PRESENTACIÓN (arriba á dereita) para comezar. Debe clasificar cada palabra que aparece na marxe superior esquerda na columna que corresponda segundo o número de sílabas.

CONCIENCIA SILÁBICA

CANTAS SÍLABAS TEN O NOSO NOME??: nesta actividade xogamos a contar o número de sílabas que presenta o seu nome e os dos compañeiros e compañeiras de clase, así como dos familiares. Tamén poderán clasificar os nomes e ver cales teñen o mesmo número de sílabas entre eles.

CONCIENCIA SILÁBICA

ESCOITA ATENTO E ADIVIÑA A PALABRA: Ante dúas ou máis sílabas escoitadas, a nena/o identificará a palabra pronunciada polo adulto xuntando as sílabas. Exemplo: Adulto: “Pe – lo” (facendo unha breve pausa entre as sílabas”, “Que dixen?” Neno/a: “pelo”. Faremos o mesmo con palabras de tres sílabas. Adulto: “Pe- lo- ta, que dixen? Neno/a: “pelota”.

CONCIENCIA SILÁBICA

PODES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 11 - 15 MAIO

CAL ENGADO?: O adulto pide que se lle escoite atentamente. Primeiro dí unha serie de 3 sílabas e pídelle que as repita. Despois volve a invitar a que escoite atentamente de novo e que trate de averiguar cal é a sílaba nova que imos a dicir e antes non estaba. Por exemplo: Adulto: “CA – LA – TA”. Neno/a: “CA – LA -TA”.

CAL FALTA?: O adulto pide que se ten que escoitalo atentamente, e dille primeiro series de 3 sílabas, logo repite só dúas desas sílabas e seguidamente debe adiviñar a sílaba que falta. Por exemplo: Adulto “PA, BO, FU”. Logo di: “PA, FU, cal falta? Neno/a: “BO”.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Buscamos a sílaba común: Neste material interactivo o neno/a debe adiviñar cal é a sílaba común que teñen as imaxes. Unha vez aberto o documento hai que pulsar arriba á dereita a INICIAR PRESENTACIÓN. Verás dúas imaxes que teñen unha sílaba en común e debaixo aparecen 3 sílabas, representadas en forma de bocas, que indican tres posibilidades a elixir. Cada sílaba está representada por 2 bocas, o primeiro cadro é a representación dunha consoante e o segundo está a boca que representa a vocal. O neno/a debe seleccionar o conxunto de bocas que reprensentaN o son en común que teñen esas imaxes.

CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 18 - 22 MAIO

Cal falta?: Primeiro o adulto dirá unha serie de 3 palabas que a nena/o deberá repetir. A continuación, o adulto repetirá só dúas das palabras e a nena/o debe dicir cal é a que falta. Recoméndase modificar a posición da palabra eliminada, é dicir, non cambiar sempre a primeira ou a última para evitar que se habitúen a unha posición determinada. Exemplo: Adulto: “silla – casa - pato, que dixen?” Nena/o: “silla – casa - pato” Adulto: Moi ben, agora vou a dicir só unha das palabras e deberás de adiviñar cal é a que non digo: silla - pato” Nena/o: “casa”

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Cal quitei?: Para realizar esta actividade debes pulsar aquí e accederás a un material interactivo. Esta actividade é a continuación da da semana pasada, co que hai que realizar o mesmo. É importante que se descargue xa que se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, cando se reproduzan as palabras, o neno/a debe repetilas antes de pasar á seguinte diapositiva.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Inventar frases: partindo de algún apoio visual como por exemplo as imaxes desta web, o neno/a deberá inventar frases de 3 ou 4 elementos. Inventamos frases a partir dunha palabra: o adulto diralle unha palabra e a partir dela o neno/a deberá inventar unha frase. Exemplo: Adulto: “Vermello” Neno/a: “O vestido é vermello”

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 18 - 22 MAIO

Importante non apoiar a actividade con imaxes ou obxectos, posto que o obxectivo é a memoria auditiva e non queremos que interveña a memoria visual.

Repetimos ao revés: O adulto dille series de números, comezando por 2 e o neno/a terá que repetilos de maneira inversa. Exemplo: Adulto: “5 – 7” Nena/o: “7 – 5” Podemos aumentar as series a 3 díxitos (Ex: 3 – 5 – 8)

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

interactivo 2

interactivo 1

Contamos sílabas: a continuación, preséntanse 3 actividades de maneira interactiva, debes premer sobre elas e lévate a unha presentación onde deberás pulsar en INICIAR PRESENTACIÓN (arriba á dereita) para comezar. Debe clasificar cada palabra que aparece na marxe superior esquerda na columna que corresponda segundo o número de sílabas.

CONCIENCIA SILÁBICA

interactivo 2 C/Z

interactivo 1 B

Empeza por….? Neste material aparecerá unha sílaba representada por dúas bocas. A primeira boca é a consoante, neste caso a B e o C/Z, e a seguinte é a vocal. O neno/a debe identificar a sílaba representada e logo buscar nas imaxes cal é a palabra que comeza por esa sílaba. Unha vez aberto o documento debes premer (arriba á dereita) en INICIAR PRESENTACIÓN.

CONCIENCIA SILÁBICA

EMPEZAN IGUAL

Empezan igual… nesta actividade interactiva preséntase unha imaxe na parte superior que representa unha palabra e na parte inferior, catro opcións de imaxes que representan palabras a elixir. O neno/a debe seleccionar aquela palabra que comece pola mesma sílaba que a palabra modelo. Unha vez aberto o documento debes premer (arriba á dereita) en INICIAR PRESENTACIÓN.

CONCIENCIA SILÁBICA

Atrás

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

CONCIENCIA FONÉMICA

CONCIENCIA SILÁBICA

MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 18 - 22 MAIO

Escoita e repite o son: o adulto dirá series de fonemas (sons) comezando por series de 2 (dependendo do éxito da tarefa podemos aumentar a 3). Tras a escoita, o neno/a debe repetir os sons na mesma orde que dixo o adulto. Exemplo:Series de 2 sons: F – L, RR – Z, Z – M, D – S, CH – N, G – P. Series de 3 sons: Z – P – L, N – G – CH, M – D – S, T – M – CH, F – L – RR, B – S - Ñ

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Buscamos a sílaba común: Neste material interactivo o neno/a debe adiviñar cal é a sílaba común que teñen as imaxes. Unha vez aberto o documento hai que pulsar arriba á dereita a INICIAR PRESENTACIÓN. Verás dúas imaxes que teñen unha sílaba en común e debaixo aparecen 3 sílabas, representadas en forma de bocas, que indican tres posibilidades a elixir. Cada sílaba está representada por 2 bocas, o primeiro cadro é a representación dunha consoante e o segundo está a boca que representa a vocal. O neno/a debe seleccionar o conxunto de bocas que reprensentaN o son en común que teñen esas imaxes.

CONCIENCIA SILÁBICA

Adiviña... cal empezar por...?? tedes á vosa disposición dúas actividades interactivas, premendo nas imaxes inferiores. Unha vez aberto o documento, hai que premer arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a deberá identificar a palabra que comeza co son representado na imaxe da boca. Cada vez que faga clic nunha palabra correcta, as imaxes cambiarán e deberá identificar unha nova.

CONCIENCIA FONÉMICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 25 - 29 MAIO

Cal quitei?: Para realizar esta actividade debes pulsar nos elementos interactivos e accederás a un material interactivo. É importante que se descargue xa que se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, cando se reproduzan as palabras, a nena/o debe repetilas antes de pasar á seguinte diapositiva onde aparece o apoio visual.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Para realizar esta actividade debes pulsar nos elementos interactivos. É importante que se DESCARGUE xa se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, van a presentarse 2 palabras de maneira auditiva e despois o neno/a debe sinalar na diapositiva as palabras escoitadas na mesma orde en que as oíu previamente. Espero que vos guste!

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Engadimos unha palabra: o adulto daralle unha frase ao neno/a e irán engadindo unha ou máis palabras sen que a frase perda sentido. Exemplo: Adulto: “o neno come...” Neno/a: “o neno come pan...” Adulto: “o neno come pan e...” Neno/a: “o neno come pan e chourizo...”

CONCIENCIA LÉXICA

Inventamos frases: o adulto di 2 palabras e a partir delas o neno/a debe inventar unha frase. Exemplo: Adulto: “coche, grande” Neno/a: “ o meu coche é grande”

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 25 - 29 MAIO

Lembra palabras ao revés: O adulto repite series de palabras, comezando por series de dúas e irá aumentando en función do éxito da tarefa, e o neno/a debe repetilas de maneira inversa, é dicir, ao revés. Exemplo: O adulto lembra a actividade facendo varias series de 2 palabras: “gato – casa” lembrándolle que debe repetilas en orde inversa. Neno/a: “casa – gato”. Aumentamos a series de 3 palabras como: coche – moto – camión.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

A actividade anterior tamén a podes facer agora de maneira interactiva. Pincha nos interactivos, lembra descargar os arquivos porque de non facelo é posible que non se oian os audios.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

PALABRAS ENCADEADAS: explicamos a dinámica do xogo das palabras encadeadas. Para poder realizar a actividade co MATERIAL INTERACTIVO. Por exemplo: Adulto: Imos a contar a palabra “casa” cos dedos. Nena/o: ca – sa. Adulto: Como termina a palabra casa?. Nena/o: “SA” Adulto: Imos a buscar unha palabra que empecé por “sa”, que empecé igual que termina “casa”.Se non se ocorre ningunha indicaremos “sapo”

CONCIENCIA SILÁBICA

Unha vez comprendida a dinámica, procederemos a xogar de maneira interactiva. Cada diapositiva ten dúas partes, unha superior na que aparece unha palabra representada por un pictograma e unha cadea de cadros que debe ser completada. Na parte inferior aparecen series de catro palabras e debe elixir unha para poñela na cadea superior.

CONCIENCIA SILÁBICA

Atrás

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

CONCIENCIA FONÉMICA

CONCIENCIA SILÁBICA

MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 25 - 29 MAIO

Cal falta?: O adulto repite unha serie de sons (comezando por series de 2 ou 3 e aumentando segundo o éxito da tarefa). A continuación, o neno/a repite e logo o adulto volverá a dicir a serie omitindo un dos fonemas. Exemplo:Adulto: “ FFF, OOO, LLL” . Agora repite! Neno/a: “ FFF, OOO, LLL” Adulto: Agora vou elimitar un e debes de adiviñalo: “FFFF, LLLL”, cal falta? Neno/a: “LLLL”

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Cal engado?: Ao contrario que na actividade anterior, desta vez comezaremos cunha serie de 2 ou 3 sons, o neno/a repite e logo o adulto engadirá un máis e o neno/a debe adiviñar que son se engadiu. Procurar non engadilo sempre ao final para que non se acostume. Exemplo: Adulto: “FFF, OOOO”. Agora repetimos. Neno/a: “FFF, OOOO”. Adulto: “Agora tes que adiviñar cal engado: FFFF, LLLL, OOO”

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Buscamos a sílaba común: Neste material interactivo o neno/a debe adiviñar cal é a sílaba común que teñen as imaxes. Unha vez aberto o documento hai que pulsar arriba á dereita a INICIAR PRESENTACIÓN. Verás dúas imaxes que teñen unha sílaba en común e debaixo aparecen 3 sílabas, representadas en forma de bocas, que indican tres posibilidades a elixir. Cada sílaba está representada por 2 bocas, o primeiro cadro é a representación dunha consoante e o segundo está a boca que representa a vocal. O neno/a debe seleccionar o conxunto de bocas que reprensentaN o son en común que teñen esas imaxes.

CONCIENCIA SILÁBICA

Adiviña... cal empezar por...?? tedes á vosa disposición dúas actividades interactivas, premendo nas imaxes inferiores. Unha vez aberto o documento, hai que premer arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a deberá identificar a palabra que comeza co son representado na imaxe da boca. Cada vez que faga clic nunha palabra correcta, as imaxes cambiarán e deberá identificar unha nova.

CONCIENCIA FONÉMICA

Adiviña... cal empezar por...?? Velaquí outra tanda como a anterior, con un nivel superior. Unha vez aberto o documento, hai que premer arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a deberá identificar a palabra que comeza co son representado na imaxe da boca. Cada vez que faga clic nunha palabra correcta, as imaxes cambiarán e deberá identificar unha nova.

CONCIENCIA FONÉMICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 1 - 5 XUÑO

Cal quitei?: Para realizar esta actividade debes pulsar nos elementos interactivos e accederás a un material interactivo. É importante que se descargue xa que se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, cando se reproduzan as palabras, a nena/o debe repetilas antes de pasar á seguinte diapositiva onde aparece o apoio visual.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Para realizar esta actividade debes pulsar nos debuxos inferiores. É importante que se DESCARGUE xa se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, van a presentarse 2 palabras de maneira auditiva e despois o neno/a debe sinalar na diapositiva as palabras escoitadas na mesma orde en que as oíu previamente. Espero que vos guste!

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Quitamos palabras a unha frase: A unha frase dada, o neno/a irá quitando palabras sen que perda sentido. Exemplo: Adulto: “A nena pequena come carne” Neno: “A nena come carne”, “a nena come”

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 1 - 5 XUÑO

Lembra palabras ao revés: Pincha nos interactivo, lembra descargar o arquivo, en caso contrario é posible que non se escoiten os audios.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Conteo de sílabas: Interactivo: a continuación, preséntanse 2 actividades, debes premer sobre elas e lévate a unha presentación onde deberás pulsar en INICIAR PRESENTACIÓN (arriba á dereita).

CONCIENCIA SILÁBICA

Empeza por….?: Neste material interactivo aparecerá unha sílaba representada por dúas bocas. A primeira boca é a consoante, neste caso a CH, D e F, e a seguinte é a vocal. O neno/a debe identificar a sílaba representada e logo buscar nas imaxes cal é a palabra que comeza por esa sílaba. Unha vez aberto o documento debes premer (arriba á dereita) en INICIAR PRESENTACIÓN.

CONCIENCIA SILÁBICA

Palabras encadeadas: Cada diapositiva ten dúas partes, unha superior na que aparece unha palabra representada por un pictograma e unha cadea de cadros que debe ser completada. Na parte inferior aparecen series de catro palabras e debe elixir unha para poñela na cadea superior.

CONCIENCIA SILÁBICA

Atrás

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

CONCIENCIA FONÉMICA

CONCIENCIA SILÁBICA

MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 1 - 5 XUÑO

SUMAMOS SÍLABAS INICIAIS: No seguinte interactivo irás a unha presentación na que debes darlle arriba á esquerda a “escucha aquí” e pasas as páxinas pulsando na frecha de abaixo. Aparece unha imaxe e abaixo dúas sílabas representadas en forma de boca, no mesmo cadro hai dúas bocas, a da esquerda é a consoante e a da dereita é a vogal, polo que deben selecciónar cal das opcións se corresponde coa primeira sílaba da imaxe. Logo aparece outra imaxe e deben facer o mesmo que coa anterior. A suma das primeiras sílabas de cada palabra vai a dar como resultado outra imaxe, a cal terá que escoller das opcións que se dan abaixo. Se tendes dúbidas na realización da actividade sabedes que podedes poñervos en contacto co colexio para solucionalas.

CONCIENCIA SILÁBICA

Adiviña... cal empezar por...?? Velaquí outra tanda como a anterior, con un nivel superior. Unha vez aberto o documento, hai que premer arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a deberá identificar a palabra que comeza co son representado na imaxe da boca. Cada vez que faga clic nunha palabra correcta, as imaxes cambiarán e deberá identificar unha nova.

CONCIENCIA FONÉMICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 15 - 19 XUÑO

Para realizar esta actividade debes pulsar nos debuxos inferiores. É importante que se DESCARGUE xa se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, van a presentarse 2 palabras de maneira auditiva e despois o neno/a debe sinalar na diapositiva as palabras escoitadas na mesma orde en que as oíu previamente. Espero que vos guste!

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

BUSCAMOS RIMAS: Empregamos este material interactivo, unha vez dentro pulsamos arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. Na parte superior aparece unha palabra que debe nombrar, a continuación debe nomear as 4 imaxes inferiores para detectar cal é a que rima coa de arriba. unha vez detectada a palabra, o neno/a debe pulsar sobre ela para pasar á seguinte diapositiva.Ademais podemos invertar frases coas palabras sinalas ou buscar máis palabras que rimen coa da parte superior.

CONCIENCIA LÉXICA

BUSCAMOS O INTRUSO DAS RIMAS: Empregamos este material interactivo, unha vez dentro pulsamos arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a debe nomear todas as imaxes e detectar cal é a imaxe que NON rima co resto.

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 8 - 12 XUÑO

Lembra palabras ao revés: Pincha nos interactivo, lembra descargar o arquivo, en caso contrario é posible que non se escoiten os audios.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Empeza por….?: Neste material interactivo aparecerá unha sílaba representada por dúas bocas. A primeira boca é a consoante, neste caso a G, G-J, e k, e a seguinte é a vocal. O neno/a debe identificar a sílaba representada e logo buscar nas imaxes cal é a palabra que comeza por esa sílaba.

CONCIENCIA SILÁBICA

Atrás

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

CONCIENCIA FONÉMICA

CONCIENCIA SILÁBICA

MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 8 - 12 XUÑO

Contar sílabas: Nos seguintes interactivos atopas unha imaxe e tras contar o número de sílabas cos dedos, deberá a imaxe no lugar correspondente segundo o número de sílabas. Como se indica nas instrucións da actividade, é mellor contar cos dedos e non dar palmadas porque cando se trata de palabras longas é posible que o neno non lembre cantas palmadas deu. Pola contra, contar cos dedos ten unha permanencia que permite aos nenos contar os dedos levantados.

CONCIENCIA SILÁBICA

Adiviña... cal empezar por...?? tedes á vosa disposición dúas actividades interactivas, premendo nas imaxes inferiores. Unha vez aberto o documento, hai que premer arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a deberá identificar a palabra que comeza co son representado na imaxe da boca. Cada vez que faga clic nunha palabra correcta, as imaxes cambiarán e deberá identificar unha nova.

CONCIENCIA FONÉMICA

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA LÉXICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 15 - 19 XUÑO

Para realizar esta actividade debes pulsar nos debuxos inferiores. É importante que se DESCARGUE xa se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, van a presentarse 2 palabras de maneira auditiva e despois o neno/a debe sinalar na diapositiva as palabras escoitadas na mesma orde en que as oíu previamente. Espero que vos guste!

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

BUSCAMOS O INTRUSO DAS RIMAS: Empregamos este material interactivo, unha vez dentro pulsamos arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. Na parte superior aparecen dúas imaxes que representan a 2 palabras, a suma destas palabras dará lugar a unha palabra composta. Abaixo aparecen 4 opcións das que só 1 é correcta.

CONCIENCIA LÉXICA

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 ANOS

ACTIVIDADES DE CONCIENCIA SILÁBICA

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 15 - 19 XUÑO

Cal quitei?: Para realizar esta actividade debes pulsar aquí e accederás a un material interactivo. É importante que se descargue xa que se se abre como unha presentación de Google é posible que non se escoite o audio. Unha vez descargado, cando se reproduzan as palabras, a nena/o debe repetilas antes de pasar á seguinte diapositiva onde aparece o apoio visual.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA

Empeza por….?: Neste material interactivo aparecerá unha sílaba representada por dúas bocas. A primeira boca é a consoante, neste caso a L, M, P, T e RR, e a seguinte é a vocal. O neno/a debe identificar a sílaba representada e logo buscar nas imaxes cal é a palabra que comeza por esa sílaba.

CONCIENCIA SILÁBICA

Atrás

PODEDES REALIZAR TAMÉN AS ACTIVIDADES PARA 3 E 4 ANOS

CONCIENCIA FONÉMICA

CONCIENCIA SILÁBICA

MEMORIA AUDITIVA

SEMANA 15 - 19 XUÑO

Contar sílabas: Nos seguintes interactivos atopas unha imaxe e tras contar o número de sílabas cos dedos, deberá a imaxe no lugar correspondente segundo o número de sílabas. Como se indica nas instrucións da actividade, é mellor contar cos dedos e non dar palmadas porque cando se trata de palabras longas é posible que o neno non lembre cantas palmadas deu. Pola contra, contar cos dedos ten unha permanencia que permite aos nenos contar os dedos levantados.

CONCIENCIA SILÁBICA

Adiviña... cal empezar por...?? tedes á vosa disposición dúas actividades interactivas, premendo nas imaxes inferiores. Unha vez aberto o documento, hai que premer arriba á dereita en INICIAR PRESENTACIÓN. O neno/a deberá identificar a palabra que comeza co son representado na imaxe da boca. Cada vez que faga clic nunha palabra correcta, as imaxes cambiarán e deberá identificar unha nova.

CONCIENCIA FONÉMICA

Noraboa! Remataches todas as actividades do curso! Espero que te divertiras facéndoas e que aprenderas moitas cousas novas. Agora o que toca é disfrutar do verán! Ah!! non esquezas nunca que.... TODO VAI A SAÍR BEN

BELÉN (AL)

¡GRACIAS!