Want to make creations as awesome as this one?

¨Selección de 8 peliculas para trabajar las emociones en primaria

Transcript

8 Pelis

para traballar as emocións

imos!

"DEL REVÉS"

INTERESANTE PARA TODA A FAMILIA

Nesta película de Disney, as emocións son as protagonistas da historia (literalmente). Alegría quere gobernar sobre todos os seus compañeiros para que Riley sempre sexa feliz. Pero a tan ignorada Tristeza, intentando atopar o seu lugar dentro da mente da pequena, desencadena toda unha serie de momentos que poñerán en perigo a súa estabilidade emocional, xusto cando máis precisa ter as súas emocións baixo control. Unha película cun profundo significado tanto para pequenos como para maiores.

Trailer

"HOME. HOGAR DULCE HOGAR"

PARA TODA A FAMILIA

Oh é un alieníxena que tras invadir a Terra e poñer en perigo a toda a súa raza vese na obriga de deixar todo e fuxir sen mirar atrás. No camiño coñece a unha adolescente lchamada Tip que está buscando á súa nai. Xuntos serán capaces de salvarse a si mesmos e ao planeta. Nesta película trabállase a empatía e o respecto polo que é diferente, ademáis de amosar as distintas emocións asociadas á amizade, A esperanza, a convivencia ou o positivismo.

Trailer

Trailer

Trailer

LOS MUNDOS DE CORALINE

PARA OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º

Narra a historia de Coraline, unha nena que tras mudarse a unha nova casa coa súa familia descubre unha parede secreta que lle da acceso a un mundo paralelo. Esta versión mellorada da súa vida lle amosa unha realidade moi distinta: a súa nai e o seu pai danlle mimos, fanlle caso, cóidana e pasan moito tempo con ela. Como alí se atopa mellor, Coraline se refuxia nese mundo paralelo ainda que non todo o que ocurre alí é necesariamente mellor. Resulta unha opción interesante para traballar aspectos emocionais entre pais, nais e fillos e fillas, como a importancia dunha boa comunicación, as necesidades emocionais dos máis pequenos ou como enfrentarse aos conflitos familiares no momento no que aparecen.

Trailer

COMO ENTRENAR A TU DRAGÓN

Para toda a familia

Esta peli de animación explora o que significa a intelixencia emocional a través de valores como a empatía e a tolerancia, ademáis da amizade. Transcurre nun poboado vikingo onde o xoven Hipo, seguindo as tradicións dol lugar e a pesares de non amosar as habilidades adecuadas, empeza a súa formación para enfrontarse aos dragóns que habitan a zona e así convertirse nun guerreiro. Todo cambiará o día que coñeza a un dragón ferido: ambos os dous entablarán unha relación especial que fará que Hipo loite polas súas ideas, e queira cambiar a mala relación que existe entre os aldeáns e estas criaturas.

Trailer

EL VIAJE DE CHIHIRO

Para toda a familia

Esta película de animación xaponesa ten como protagonista a Chihiro, unha nena de 9 anos que queda atrapada nun mundo fantástico e sobrenatural. A historia relata unha viaxe de introspección no que Chihiro, que perdeu aos seus pais, debe atopar dentro dela a fortaleza necesaria para sobrepoñerse. O tránsito ao longo deste mundo asóciase co paso que debe facer a protagonista da súa nenez á vida adulta, no que debe formar unha nova identidade.

Trailer

WONDER

Para toda a familia

O protagonista, coñecido como Auggie, é un neno de 10 anos que vive cun casco de astronauta sempre posto. A razón? Numerosas ciruxías que lle dejixaron un aspecto deforme, polo que se ocultou sempre do resto incluso negándose a acudir á escola. Pero todo cambia cando debe comezar o instituto, momento no cal deberá mostrarse ao mundo e relacionarse cos seus compañeiros de clase. Toda unha lección sobre como lidiar con complexos, como xestionar relacións de amizade e aprender a identificar sensacións e sentimientos.

Trailer

UP

Para toda a familia

Unha fermosa historia na que dúas xeracións tan dispares como un neno e un ancián deben colaborar xuntas na pescuda dun soño. Unha película que fala sobre as decepcións, os soños e as adversidades, pero sobre todo, amosa o que se pode conseguir cuhna mente aberta, a colaboración, o respecto e o agarimo.

Trailer

WALL-E

STEP 8: TITLE OF THE EIGHTH STEP

Producida por Walt Disney e Pixar, este largometraxe de animación non só pode utilizarse para traballar o tema da educación medioambiental, se non quq serve tamén para traballar a intelixencia emocional da man dos seus protagonistas: os robots Wall-E e Eve. O interesantes é que en determinados momentos da película non hai diálogos, polo que é posible estudar as expresións e os xestos que utilizan para comunicarse; esta relación afiánzase e fortalécese, deixando latir as súas emocións e sentimentos.

Trailer