Want to make creations as awesome as this one?

Breve conto persoal

Transcript

Título

Autor:

Faremos portada e contraportada con cartón, cartulina, goma eva.... ou outro material da casa e decoraremos esa portada libremente.Inventaremos un título para o noso libro e escribimos o noso nome como autor do mesmo.As páxinas interiores poden ser folios ou páxinas de libreta en branco.

ESTE SON EU

Cada neno fará o seu debuxo e escribirá o seu nome. Pode usar técnicas diferentes

ESTAS SON AS PERSOAS QUE MÁIS QUERO

Libremente decidirá a quen quere debuxar e escribirá os seus nomes con axuda se a precisa. Tamén poden poñer unha foto familiar en vez do debuxo

O QUE MÁIS BOTO DE MENOS É...

Debuxará ás persoas ou actividades que agora non pode facer. Podemos cambiar o debuxo por foto dalgún momento familiar que nos guste recordar.Os maiores poden escribir un pequeno texto, con axuda, que acompañe ao debuxo. Por exemplo:"O QUE MÁIS EXTRAÑO É ANDAR NA BICI"

O PRIMEIRO QUE FAREI CANDO POIDA SAIR

Coma na páxina anterior, farán un debuxo e, os que saiban, poden escribir unha frase.

Podedes ir elaborando o conto pouco a pouco ao longo da semana e ao seu remate enviade foto á profe.Sede creativos e así teredes un recordo bonito destes días complicados.E ánimo que todo vai saír ben.