Want to make creations as awesome as this one?

Formacións léxicas abreviadas

Transcript

A ABREVIACIÓN

Formacións léxicas para reducir palabras ou enunciados

cONCEPTO

tipos

ABREVIATURA

símbolo

Sigla

acrónimo

Pódense distinguir catro subtipos de abreviación

A abreviatura é unha redución gráfica dunha palabra ou dun grupo de palabras

Os símbolos son abreviacións de carácter científico ou técnico internacional

As siglas son reducións construídas só coa aprimeira letra das palabras da forma plena.

Un acrónimo é unha redución dun sintagma e toma máis letras cás inicias

+ info

A abreviación consiste no acurtamento dunha ou de varias palabras que queremos reducir en extensión para simplificar a escrita e evitar reiteracións. Agora ben, o afán por simplificar un documento non debe entorpecer nunca a súa perfecta comprensión. Por iso, é aconsellable ter en conta dúas pautas fundamentais: 1. A primeira vez que aparece nun texto unha abreviación pouco usual, debe facelo despois da forma desenvolvida. 2. Hai que evitar, na medida en que sexa posible, que varias abreviacións remitan á mesma denominación e que varias denominacións compartan unha soa abreviación. bibliografía – (bib., bibl. ou bibliog.) imp. – (importe, imperativo, imprenta ou importación) Se as dúas palabras pertencen á mesma familia léxica, é máis fácil entender que se reutilice unha forma abreviada para ambas. acad. – (académico e academia)

+ info

TIPOS Tendo en conta as súas características, pódense distinguir catro subtipos de abreviación (abreviaturas, símbolos, siglas e acrónimos) que, pola súa vez, se agrupan en dous bloques, dado que comparten trazos *Un deles formaríano a abreviatura e o símbolo, dado que comparten os seguintes trazos: - O fragmento que se reduce non ten por que ser un sintagma. Se o é, non se trata como unha unidade senón como a xuntura das abreviaturas ou dos símbolos de varias palabras. máx. (máximo) g (gramo) c. de adm. (consello de administración km/h (quilómetros por hora) - Son reducións das unidades plenas correspondentes e non elementos léxicos novos. Por iso á hora de lelas non se recorre ao soletreo da forma reducida senón que se pronuncia a palabra completa. Ilmo. lese “ilustrísimo”. min. lese “minuto”. *O segundo bloque está composto pola sigla e o acrónimo, unidades que coinciden noutros dous aspectos: - Son sempre a redución de máis dunha palabra NIF (Número de identificación fiscal) CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) Inserso (Instituto Nacional de Servizos Sociais) Ingabad (Instituto Galego de Bacharelato a Distancia) - Convértense en unidades novas que substitúen á estrutura plena da que proceden. BOE lese “boe” e non Boletín Oficial do Estado Banesto lese “banesto” e non “Banco Español de Crédito”. • Convértense en unidades novas que substitúen á estrutura plena da que proceden. BOE lese “boe” e non Boletín Oficial do Estado Banesto lese “banesto” e non “Banco Español de Crédito”.

+ info

DIFERENZAS ABREVIATURA/SÍMBOLO Ademais dOS aspectos comúns que existen entre as abreviaturas e os símbolos existe tamén unha serie de diferenzas que os individualizan entre si: • O grao de extensión é distinto. As abreviaturas son unidades particulares de cada lingua pero os símbolos teñen validez internacional, o que obriga a contar cun consenso supranacional para modificar a súa forma ou para introducir unidades novas.• O ámbito de uso é tamén distinto. As abreviaturas refírense a formas da lingua común pero os símbolos representan unidades universalmente definidas dos campos técnico e científico. TIPOS DE ABREVIATURAS Segundo o procedemento que se empregue para reducir a forma plena pode falarse de: • abreviaturas regularesCréanse eliminando elementos da parte final da palabra plena (apócope), polo que esta é facilmente deducible a partir da forma reducida. econ. (economía) ant. (antigo) subx. (subxuntivo) • abreviaturas convencionaisConservan, ou ben só a letra inicial da palabra plena (apócope extrema), ou ben elementos do principio e do final (síncope). Isto provoca que sexa máis difícil deducila partindo da forma reducida. s. (século) t. (tomo) avda. (avenida) ltdo. (limitado) CARACTERÍSTICAS Todas as abreviaturas posúen unha serie de trazos formais que lles outorgan homoxeneidade como grupo. • Rematan cun punto. Son excepcionais algúns exemplos, especialmente da terminoloxía bancaria ou económica, cos que se pode empregar o punto ou a barra inclinada (/). c/ (conta) x/ (xiro) t/ (talón) ch/ (cheque) • Prefírense as formas que non empregan caracteres en superíndice, a non ser en casos xa moi asentados no uso, como poden ser os números ordinais. V. e pr. (visto e prace) mellor ca Vº e pr. núm. (número) mellor ca nº dir. (directora) mellor ca dirª • Conservan a grafía maiúscula ou minúscula que tiña a letra inicial da palabra plena. d. de C. (despois de Cristo) p. d. (por delegación) Non respectan este criterio as abreviaturas dos tratamentos de persoa xerais e protocolarios, así como a do pronome persoal de respecto (vostede). Sr. (señor) Sra. (señora) Excmo. (excelentísimo) Vde. (vostede) • Mantéñense os acentos gráficos se a palabra plena xa os posuía. índ. (índice) méd. (médico) • Normalmente non rematan cunha vogal, agás aquelas abreviaturas convencionais que conservan a que pechaba a palabra plena ou as formadas por unha única letra. ind. (industria) bibl. (bibliografía) atte. (atentamente) dto. (desconto) A. (alteza) o. (orde) • Cando se abrevia o nome ou o apelido dunha persoa as letras que se manteñen conservan todos os signos gráficos (tiles, guións...) que tiñan na forma plena. Ádega Fernández Santos – Á. Fdez. Santos Jean-Paul Belmondo – J.-P. Belmondo • Só as abreviaturas convencionais poden presentar unha forma do plural distinta da do singular. Os procedementos por medio dos cales se constrúe son dous: — As formadas por medio da síncope engádenlle un -s á forma do singular ( ou -es, como na foma plena ltdo. (limitado) – ltdos. (limitados) avda. (avenida) – avdas. (avenidas) tfno. (teléfono) – tfnos. (teléfonos) Sr. (señor) - Sres. (señores)

  • Nalgúns casos este pode ir voado: nº (número) → nº
— Para algunhas das formadas por apócope extrema o uso asentou unha forma de plural que se basea na reduplicación da única letra que posúen no singular. s. (século) – ss. (séculos) P. (padre) – PP. (padres) Pero moitas outras non posúen variación en función do número. u. (unidade) – u. (unidades) f. (folio) – f. (folios) n. (nota) – n. (notas) PAUTAS DE EMPREGO • Débese evitar sempre que sexa posible que varias palabras plenas coincidan baixo unha mesma abreviatura, sobre todo no mesmo texto e en ámbitos nos que sexa posible confundilas. inf. (infinitivo) ou (información) Pódese manter unha postura máis permisiva e admitir esa coincidencia en casos en que a confusión sexa moito máis difícil. al. (alemán) e (alumno) pres. (presente) e (presidente) • Hai que atacar tamén a dispersión na dirección contraria, é dicir, aquela que permite que unha mesma palabra conte con máis dunha abreviatura. pr. ou pz. (praza) av. ou avda. (avenida) Cómpre potenciar unha das dúas opcións, aínda que sen proscribir a outra, tendo en conta a súa difusión. • É aconsellable indicar, sobre todo en documentos longos, a correspondencia que existe entre unha determinada abreviatura e a palabra plena á que remite, a non ser que se trate de formas de uso moi estendido. Esta explicación adoita facerse a primeira vez que aparece a abreviatura. • Débese intentar que aparezan só en parénteses, notas, táboas e incisos aclaratorios, e evitalas en textos corridos. • A abreviatura só ten sentido cando supón unha redución perceptible de tempo e de espazo con respecto á palabra plena. Por iso prescindimos de abreviaturas como *atto./*atta. (atento/atenta) *l. (lei) *bco. (banco) *pto. (porto) *cgo. (cargo) *vda. (venda) *D./*Dna. (don/dona) *vulg. (vulgar) *fol. (folio) *vvo./*vva. (viúvo/viúva) Por marcar unha fronteira, desaconsellarase o emprego de abreviacións que non aforren polo menos tres letras con respecto á denominación completa. • Os topónimos non se abrevian, polo tanto, Santiago de Compostela e non Sant. de Compostela A Pobra do Caramiñal e non A P. do Caramiñal Nova Orleáns e non N. Orleáns Exceptúanse, non obstante, algúns casos puntuais que o uso estableceu como correntes. N. York (Nova York) EUA (Estados Unidos) • O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente. n. do ed. (nota do editor) e non n.do ed. p. ex. (por exemplo) e non p.ex.

+ info

O símboloOs trazos que definen esta unidade son: — Só representa as formas plenas sen pretender substituílas. — Representa unidades do ámbito técnico-científico. — As súas formas non varían dunha lingua a outra. — Poden estar constutídos por unha comibación de letras e números (m2 -metro cadrado) Pero, ademais destas, existen tamén unha serie de marcas formais que lle outorgan homoxeneidade como categoría individual. As máis destacables son as seguintes: • Non levan punto (.) nin barra final (/). km (quilómetro) g (gramo) t (tonelada) Esa barra que se prohibe ao final do símbolo emprégase, pola contra, para marcar algún tipo de relación entre dous deles. km/h (quilómetros por hora) m3/s (metros cúbicos por segundo) l/m2 (litros por metro cadrado) • Non admiten forma de plural. 1 h (unha hora) 6 h (seis horas) • Escríbense con letra maiúscula ou minúscula segundo as convencións internacionais determinen en cada caso. É unha decisión arbitraria, pero debe ser respectada universalmente se se quere garantir a comprensión do documento. g (gramo) kg (quilogramo) M (mega-) MHz (megahertz) MB (megabyte) As maiúsculas e as minúsculas do símbolo deben manterse con independencia do tipo de letra que leve o resto do texto. Precísase un ordenador con 850 MB de memoria. CONFISCAN 50 kg DE AMEIXA SEN DEPURAR. • Os símbolos que están formados pola redución de máis dunha palabra, non deixan espazo entre os seus constituíntes. CV (cabalo de vapor) e non C V UA (unidade astronómica) e non U A Si que se mantén unha separación, pola contra, entre unha cantidade e o símbolo que a acompaña. 3 t (tres toneladas) e non 3t 120 CV (cento vinte cabalos de vapor) e non 120CV Se esa separación coincide co remate dunha liña pásase para a liña seguinte o conxunto formado por cantidade e símbolo. ardeu unha superficie de 150 ha de monte e non ardeu unha superficie de 150 ha de monte Existe unha única excepción para os símbolos de tanto por cento (%) e tanto por mil (‰) que sempre se manteñen unidos á cantidade que acompañan. O 52% dos electores votou ao candidato A taxa de mortalidade é dun 4‰

+ info

A siglaAs siglas son abreviacións de sintagmas, referidos, no ámbito administrativo, a conceptos como nomes de organismos e documentos administrativos. As siglas son formas constantes, é dicir, non permiten adaptacións por parte de cada usuario. Algunhas contan cunha gran tradición de uso e son coñecidas amplamente, ata o punto de que podemos descoñecer o sintagma que está detrás. Noutros casos, a súa formación é máis recente e o seu uso adoita restrinxirse a contextos reducidos. A sigla caracterízase porque: — Reduce máis dunha palabra. — Substitúe as denominacións plenas correspondentes. — Só emprega a primeira letra de cada unha das palabras da denominación. É posible individualizar dous subtipos en función da maneira en que se len: • siglas silábicas Están formadas por unha combinación de letras que permite lelas como un bloque único. ONU (Organización das Nacións Unidas) IVE (Imposto sobre o valor engadido) • siglas consonánticas Están formadas por unha combinación de letras que obriga a soletrealas unha por unha. PVP (Prezo de venda ao público) SNL (Servizo de Normalización Lingüística) UXT (Unión Xeral de Traballadores) Igual que ocorría coas abreviaturas, tampouco as siglas presentan formas únicas a nivel internacional. Polo tanto, ao adaptar ao galego siglas estranxeiras pode actuarse de dous xeitos distintos: • Importar a sigla orixinal. General Agreement on Trade and Tariffs – GATT (Acordo xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio) Irish Republic Army – IRA (Exército Republicano Irlandés) Central Processing Unit – CPU (Unidade central de procesamento) • Traducir a denominación e crear a sigla sobre ela. Acquired Inmuno-Deficiency Syndrome (AIDS) – Síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) North Atlantic Treaty Organization (NATO) – Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) World Health Organization (WHO) – Organización Mundial da Saúde (OMS) Agora ben, o feito de que non exista unha normalización internacional para determinar a forma das siglas, non quere dicir que os usuarios dunha lingua poidan modificalas ou crear outras novas segundo a súa vontade. Cada idioma conta cun corpus de formas asentadas e validadas polo uso, ao que se van engadindo outras novas que organismos e institucións adoptan para denominarse a si mesmos. Non existen tampouco unhas normas establecidas á hora de crear novas siglas, pero adóitase ter en conta a facilidade para pronuncialas, o que fai que se prefiran as siglas silábicas (son raros exemplos como IGVS —Instituto Galego da Vivenda e o Solo—). Tamén se procura que dous organismos distintos non compartan a mesma sigla. Igual que ocorría coas abreviaturas e os símbolos, tamén as siglas teñen unhas características distintivas de tipo formal entre as que hai que subliñar que: • Non levan punto nin espazo intermedio. CDG (Centro Dramático Galego) e non C.D.G., C. D. G. nin C D G IRA (Exército Republicano Irlandés) e non I.R.A., I. R. A. nin I R A • Non levan til, incluso naqueles casos en que lles correspondería se fosen tratadas como unha unidade léxica máis. BASIC (Beginner’s All-purpose Symbolic Instruction Code) e non BÁSIC • Non teñen forma de plural. Para facer referencia a máis dun obxecto ou dunha entidade, a marca de número vai no artigo ou nalgunha das palabras que acompañan a sigla. os DOG do mes de maio tres DNI caducados • Teñen o mesmo xénero ca a primeira palabra do sintagma pleno de que proceden. o PIB (o produto interior bruto) a LAU (a Lei de autonomía universitaria) • Van normalmente en maiúsculas. En minúsculas introdúcense só as iniciais das palabras gramaticais (artigos, preposicións, etc...), nos casos en que formen parte da sigla. INEF (Instituto Nacional de Educación Física) SEPI (Sociedade Española de Participacións Industriais) PSdG (Partido Socialista de Galicia) CiU (Convergència i Unió) Este criterio non se cumpre de xeito estrito, pois existen siglas asentadas na lingua que grafan as preposicións ou as conxuncións con maiúscula. ENDESA (Empresa Nacional de Electricidad, Sociedad Anónima) PEME (Pequena e mediana empresa) IRYDA (Instituto de Reforma e Desenvolvemento Agrario) • Escríbense sempre con letra redonda, aínda que a forma plena se grafe con cursiva. DOG (Diario Oficial de Galicia) ALG (Atlas Lingüístico Galego) Ademais das particularidades formais vai haber tamén unha serie de restricións que delimitan as posibilidades de empregar siglas en contextos concretos: • A primeira vez que aparecen nun documento deben ir entre parénteses despois da forma plena, co fin de aclarar as posibles dúbidas que puidesen existir sobre o seu significado. O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) ten o cometido de dotar de soporte técnico o proceso de normalización da lingua galega na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O SNL ofrece os seus servizos á totalidade dos membros da comunidade universitaria... • Non se aconsella usalas nos títulos dos documentos, a non ser que a forma plena resulte excesivamente longa. A LEI DE AUTONOMÍA UNIVERSITARIA CUMPRE DEZ ANOS mellor ca A LAU CUMPRE DEZ ANOS. O BALANCE DO FEDER. INFORME ANUAL mellor ca O BALANCE DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL.

+ info

Un acrónimo é un tipo de abreviación que se constrúe tomando máis dunha letra de todas ou dalgunha das palabras que constitúen a forma plena. Esta forma especial de creación permite que poidan pronunciarse sen recorrer ao soletreo. As súas características formais e as súas restricións de uso son as mesmas ca as das siglas, cunha única excepción: • Os acrónimos só conservan a maiúscula na primeira letra, como manifestación da súa maior integración na lingua, se se trata dun nome Fenosa (Fuerzas Eléctricas del Noroeste, Sociedad Anónima) mellor ca FENOSA Aenor (Asociación Española de Normalización e Certificación) mellor ca AENOR Icona (Instituto Nacional para a Conservación da Natureza) mellor ca ICONA Inem (Instituto Nacional de Emprego) mellor ca INEM Se non son nomes comúns xa non conservan nin a inicial. A súa lexicalización é completa ... (láser, ovni, bit, módem...) light amplification by stimulated emission of radiation – láser unidentified flying object – obxecto voador non identificado – ovni binary digit – bit Desde a perspectiva dun falante actual estamos diante de unidades léxicas normais: seguen as regras de acentuación do galego (láser), teñen variación en canto ao número (bit-bits), escríbense con minúscula... Hai quen os agrupo nunha categoría independente, denominada siglas lexicalizadas.

1

2

5

4

3

6