Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

O Románico nas igrexas de Arteixo

CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

Índice

1

2

3

4

5

6

SANTUARIO DE PASTORIZA

7

Xogos

8

Sto. Tomé de monteagudo

Sta mariña de lañas

STa eulalia de chamín

san tirso de oseiro

Sta maría de loureda

San estevo de morás

Porta principal

Antigamente a igrexa tiña unha torre-campanario que desapareceu no ano 1651 debido o seu mal estado, dado que xa se derrubara parte dunha esquina e ameazaba con caer enriba da capela maior. Os Agostiños de Caión pediron permiso para leva-la torre e os sillares caídos porque eles necesitaban de pedra e así foi como unha pequena parte do antigo mosteiro de Monteagudo foi parar a vila de Caión

O Románico nas igrexas de Arteixo

Sto. Tomé de Monteagudo

Coroando a parte central unha espadana formada por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados servendo para aloxar as campás e rematado por un frontón triangular lixeiramente curvo coroado por un acroterio cuadrandular cunha cruz de pedra.

A fachada, de grande sobriedade constructiva divídese en tres corpos verticais que reflexan a división interior do templo nas correspondentes tres naves, abríndose en cada parte un óculo circular.

A fachada foi reformada no primeiro tercio do século XIX perdendo a influencia románica. En cada un dos muros laterais había unha entrada, hoxe en día tapiadas sendo a do norte semicircular e a de sur, máis elaborada, resolvéndose cunha arquivolta tórica, apoiada en cadansúa columna.

O Románico nas igrexas de Arteixo

A porta do muro norte atópase tapiada

A súa cuberta é a dúas augas e a planta basilical, de tres naves e tres ábsidas semicirculares nos que se abren sinxelas xanelas con arco de medio punto.

Cuberta a duas augas. A chuvia cae para os dous lados do tellado

Ábsidaé a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa.

Dovela.en arquitectura e enxeñaría, é un elemento construtivo que conforma un arco e que pode ser de diferentes materiais, como ladrillo ou pedra.

Baseé a parte inferior da columna, que ten como fin servir de punto de apoio ao fuste.

Fusteé a parte da columna que se atopa entre o capitel e a base.

Capitelé un elemento arquitectónico que se dispón no extremo superior da columna para transmitir a estas as cargas que recibe do arco que se apoia nel.

Dovela central ou clave.É a última das dovelas do arco pois é a que reparte as forzas entre as dúas columnas laterais.

Os arcos de ingreso ás tres ábsida,son apuntados sobre semicolumnas acoroadas, pero os que están ao fondo destes, son de medio punto

Os tramos están cubertos por bóvedas de canón apuntadas e, os tambores en que rematan as ábsidas, bóvedas de cascarón ou de cuarto de esfera. Ao fondo presentan unhas xanelas estreitas e no exterior

Os piares que dividen as naves prolónganse ata a cuberta para servir de apoio as cerchas de madeira que, sobre a nave central, soportan a estructura de cubrición de madeira a dúas augas.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Un chisco é unha celosía; unha estrutura de celosía de barras rectas interconectadas en nodos formando triángulos planos (en celosias planas) ou pirámides tridimensionais (en celosias espaciais). Tamén son coñecidos como armaduras.

+info

Cerchaé unha celosía; unha estrutura de celosía de barras rectas interconectadas en nodos formando triángulos planos (en celosias planas) ou pirámides tridimensionais (en celosias espaciais). Tamén son coñecidos como armaduras. Tipos de cerchas:

Arco apuntado

Arco apuntado.

Arco medio punto.

Bóveda de cuarto de esfera.

Columna ou Piar.

Alzada da igrexa de Sto Tomé

Os piares que dividen as naves prolónganse ata a cuberta para servir de apoio as cerchas de madeira que, sobre a nave central, soportan a estructura de cubrición de madeira a dúas augas. O seu chan é o orixinal composto por enlousado de pedra, algunhas delas numeradas.

Planta igrexa Sto Tomé

Planta basilical de tres naves e tres ábsidas semicirculares nas que se abren sinxelas xanelas con arco de medio punto agregadas a corpos ou tramos rectangulares

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Igrexa do século XII e principios do XIII.

Ten diferencias estilísticas cos outros templos románicos do concello podendo falarse de que nel hai mostras tardías do románico das Mariñas dos Frades e da Terra do Faro. Posúe dúas portas románicas, unha no lateral e outra na fachada frontal.

Sta. María de Lañas

O Románico nas igrexas de Arteixo

Portada principal

Ten arquivoltas semicirculares sobre columnas acodilladas.Esta porta é bastante curiosa pola decoración a base de elementos circulares, que lle proporcionan un aspecto particular en relación a outras portas existentes na zona

Espadana

A espadana é un muro vertical ou falsa parede cun ou máis vans ou ocos onde vai situada a campá ou campás, especialmente é utilizado na construción de igrexas. A denominación campanario ou campanil denomina construcións máis complexas.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Arquivoltasé cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de arcos concéntricos decorando o arco das portadas medievais

Porta lateral

Ademais da porta principal posee estoutra porta lateral que presenta un timpano decorado cunha cruz flordelisada

Ábsida

A ábsida cóbrese con bóveda de canón apuntado

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Decoración con cruz flordelisada. Este tipo de cruz remata os seus extremos coa flor de lis.

Capiteis decorados con motivos vexetais.

Bóveda de canon apuntado.é aquel tipo de bóveda xerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal

Alzada Sta Mariña de Lañas

Alzada con porta lateral orientada cara o sur

Planta Sta Mariña de Lañas

Ten unha soa nave con ábsida rectangular.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Edificio erixido entre 1161 e 1164 segundo o que aparece en dúas inscricións que aluden á súa construción e consagración. Unha delas da segunda metade do século XII, na fachada, e outra mutilada,no interior da bóveda, de principios do XIII referente á consagración. Ten unha cuberta a duas aguas. Presenta a singularidade de estar construida en tres niveis.

Sto. Tirso de Oseiro

O Románico nas igrexas de Arteixo

Esta é a sancristía , que se di é barroca, pero segundo unha inscrición atopada na nave da igrexa de 1894, quizais esta afirmación debería ser verificada e documentada.

Fachada principal

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Na súa fachada destaca o seu rosetón rodeado de molduras e arcos semicirculares.Debaixo, entre os canzorros que sosteñen, está o tornachoivas nos cales se representa un caliz con hostia que pode ser a representación máis antiga que se coñece do escudo de Galiza.No adro hai dous sarcófagos, un antropoide e outro cunha interesante cuberta das chamadas de "estola" con curiosos relevos.

+info

Oadro, ouadral, é o patio principal ou o terreo arredor dasigrexas e a súa orixe está noatrium das casas romanas

+info

Na súa fachada, ó lado dereito da porta, conserva una inscrición que fai referencia á data da súa construcción. E que di asi:ECCLAMERA M CCLiteralmente “Ecclesiam Era Milesima Duocentesima” ou sexa , ano 1162 d.C.No interior, na parede dereita da nave, xunto á porta sur e a metro e medio do chan hai outra inscrición

Rosetóné unha fiestra circular calada, dotada de vidreiras, cuxa trazaría disponse xeralmente de forma radial .

TornachuviasSainte da fachada que protexía lixeriamente da chuvia

Canzorros sostendo o tornachuvias

Timpano (denomínase así a superficie entre o lintel e o arco dunha porta ou ventá). Neste caso está decorado con cruz flordelisada.

Dintel ou lintel (denominase así a un elemento estrutural horizontal, que salva un espazo libre entre dous apoios) decorado.

Canzorro coa decoración da hostia e o cáliz. Pode ser considerada a representación mais antiga que se coñece do escudo de Galicia.

Capiteis con decoracións diversas

O Románico nas igrexas de Arteixo

Porta Lateral tapiada

A igrexa segue o modelo construtivo da catedral compostelá, empregando contrafortes nun dos seus muros laterais xunto a arcos semicirculares co fin de contrarrestar os empuxóns.

Esta cornixa esta apoiada nun conxunto de canzorros.En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado.

Arco de medio punto

Contraforte é a obra maciza que, acaroada a un muro ou parede, serve para reforzar os puntos de apoio de arcos ou trabes, ou ben o mesmo muro.

Rodea a toda a fachada unha cornixa sustentada por diferentes canzorriños

A Igrexa de San Tirso posúe unha ábsida rectangular rematada ao fondo nunha xanela cega .

Alzada San Tirso de Oseiro

Na parte esquerda está a ábsida rectangular mais baixa

Planta San Tirso de Oseiro

Unha única nave con planta rectangular e sancristia , posterior, no lateral.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Está igrexa atopase nun val afastado do "mundanal" ruido que invita ao recollemento. Foi construída en 1162 segundo unha inscrición feita no muro exterior da igrexa.Trátase dunha capelarománica e é un bo exemplo do románico rural.Ten unha fachada principal de cadeirado, sen decoración, rematada en espadaña.No século XVIII modifícase a fachada eengádeselle unha sancristía no muro sur.

Sto. Estevo de Morás

O Románico nas igrexas de Arteixo

+info

CanzorrosPoden ter diferentes formas. Nesta igrexa hainos con formas de animais (zoomorfas) e formas humáns (antropomorfas)

+info

Seteira en arquitectura militar, é unha abertura ou un rebaixamento na muralla, que na súa concepción primitiva permitía aos defensores (arqueiros, besteiros) lanzar setas.

+info

.No muro sur da nave hai unha porta de arco semicircular antiga.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

+info

A Ábsida é rectangular e no seu fondo atópase unha xanela románica, de arcos de medio punto, moi cegada

O Románico nas igrexas de Arteixo

Tanto o muro sur coma os dous laterais da ábsida presentan baixo o aleiro unha boa e variada colección de canzorros dos mais variados motivos zoomórficos ou xeométricos.

A orixe románica desta igrexa é apreciábel no muro norte onde aínda podemos ver os contrafortes orixinais.Tamén no muro sur permanecen os arcos cegados de datas anteriores

Arcos de medio punto cegados

Contrafortes orixinais

Cornixa sustentada por canzorriños

Alzada San Estevo de Morás

No prebisterio éntrase por un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acaroadas

Planta San Estevo de Morás

Igrexa románica dunha soa nave e ábsida única, con cuberta de madeira.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

+info

O presbiterio é o espazo que nun templo ou catedral católicos, precede ao altar maior. Estaba, ata o Concilio Vaticano II, reservado ao clero e pode quedar separado da nave central por bancadas, escalinatas ou un enreixado

+info

Aábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás doaltar e que sobresae da cabeceira dunhaigrexa.

A pesar de que a súa orixe remóntase ó século XII, a igrexa de Santa María de Loureda foi ampliada nos séculos XVIII e XIX como ben o confirma a fachada neoclásica e unha placa que di que no ano 1829 reedificou a igrexa e fixo unha nova torre.A fachada utiliza un esquema compositivo propio do neoclasicismo potenciando a xeometría da traza, mediante un eixo vertical no que se sitúan a porta de luz vertical e moldurada

Santa María de Loureda

O Románico nas igrexas de Arteixo

Fachada principal

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Un gran óculo de luz con moldura, arriba da porta, ilumina o interior e máis arriba un frontón triangular. Esta fronte completa a súa decoración mediante acroterios con bóla. O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme coroado cun acroterio con bola e cruz de forxa.

Fachada con reiteración de liñas rectas características do arte Neoclásico

Rosetón que permite a entrada da luz.

Fachada que foi modificada en 1829 aportándolle este fronton triangular de estilo neoclásico

O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme coroado cun acroterio con bola e cruz de forxa.

+info

A peza de maior interés a nivel artístiico deste templo é o coxunto de tres retablos barrocos que alberga intactos no seu interior.O central é obra do escultor Xose Ferreiro e o pintor Manuel Landeira wn 1775, segundo consta na inscrición que ten no altar maior detras dunha das columnas. Este é sen dubidalo unha obra maestra do seu tempo.

+info

Orixinariamente pertencía ao románico do século XII, despois dunha profunda transformación no século pasado,só lle quedou a ábsida románica, abovedada en granito con dous arcos apuntados.

+info

Detalle do capitel dunha das columnas interiores

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

No prebisterio éntrase por un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acaroadas No interior conserva un maxestoso retablo no altar maior, obra de Xosé Ferreiro e do pintor Landeira (s.XVIII)

Alzada da igrexa de Santaia-Chamín

Planta da igrexa de Santaia-Chamín

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Igrexa románica do século XII que consta dunha nave cuberta con falso teito de madeira e unha ábsida rectangular abovedada cun arco triunfal que a une ca nave e unha sancristía no lado norte.Próxima ás súas inmediacións pasaba unha antiga vía romana que chegaba ata Sisalde

Santaia de Chamín

O Románico nas igrexas de Arteixo

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

+info

O entorno da cuberta na parede da fachada está desmantelado, coincidindo coa xanela e o campanario modernos que se elevan sobre o eixo, xa que naquel momento había un campanario alzado na parte dereita da parede..

Foto de Balsa de la Vega en 1908 do antigo campanario

+info

Son apreciables as modificacións introducidas na portada pricipal, cuxas arquivoltas e dimensións foron remodeladas aproximadamente, reconstruíndoas coas dovelas mixtas. Alternando dous conxuntos de dovelas, unha arquivolta con dentes de serra e a outra con arquiños, sobre un baquetón.

Foto de Balsa de la Vega en 1908 do estado ruinoso da portada principal

+info

Os muros laterais da nave están construídos en cachotería, mentres que os testeiros da fachada, a cabeceira da nave e toda a estrutura da ábsida construíronse en sillería. Esta clara diferenza de fábrica provocou algún derrubamento como se pode ver nas propias paredes.

+info

Suliñar tamén a xanela do testeiro, cegada pola instalación do retablo na capela principal.

+info

Detalle do capitel dunha das columnas interiores

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

O tímpano ten unha gran cruz bordeada por dentes de serra

Observar que na reconstrucción mesturáronse dovelas diferentes.

SilleríaUn sillar (ou perpiaño) é unha pedra regular para a construción xeralmente en forma de paralelepípedo, coas caras sen tallar, e que forma parte das obras de cantaría. A diferenza dos cachotes, o sillar está labrado por varias das súas caras para darlle a forma rectangular.

Cachotería (mampostería)É o tipo de pedra sen labrar ou con labra ruda, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas como calzos chamadas ripios.

+info

Sinxela porta lateral no muro Leste, cun timpano liso que repousa sobre mochetas .

+info

É moito máis sinxela a porta lateral aberta na parede leste e moito mais sinxela ca principal, cun tímpano liso repousa sobre dúas mochetas.

+info

Sobre o muro, álzase una sinxela cruz antefixa apoiada nunha peza difícil de recoñecer.

+info

Coroa o testeiro da nave, unha figura zoomorfa moi erosionada, o que dificulta a súa identificación

+info

No exterior pódese observar un interesante sarcófago antropomorfo.(con forma humana)

+info

As paredes laterais e as da ábsida gardan os canzorros e as seteiras.

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Mocheta é, en arquitectura, un elemento destacado na esquina superior dunha porta onde descansa un lintel

Tímpano denomínase así a superficie entre o lintel e o arco dunha porta ou ventá

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Este arco triunfal que da acceso á ábsida está sostida sobre dúas columnas cos seus correspondentes capiteis vexetais.

+info

No arco triunfal había duas cabezas encaladas que desapareceron na restauración.

+info

Capiteis con decoracións vexetais

+info

A pila bautismal que hai no interior é unha interesante obra de cantería pertencente ao período fundacional románico, cun bordo tallado con dúas cordas.

Pila bautismal

Alzada Santa María de Loureda

Planta Santa María de Loureda

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Esta igrexa antes era de estilo románico pero agora é de estilo barroco do século XVII.A orixe do santuario e a devoción á Virxe de Pastoriza están envoltos en moitas lendas e tradicións.A igrexa acubilla unha imaxe da Virxe que data do século XIII.Esta imaxe da virxe tan venerada é moi antiga pero antes estaba sentada e a cabeza distinta á que ten actualmente

Santa María de Pastoriza

O Románico nas igrexas de Arteixo

Ábsida semicircular

Igrexa dunha soa nave e cun presbiterio con forma de ábsida semicircular románica,reminiscencia da antiga igrexa medieval sobre o solar onde se reconstruíu esta

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

+info

A fachada fa igrexa non presenta ningún rasgo do románico con liñas rectas. Nesta fachada destacan as imaxes de San Pedro,San Paulo, e a Asunción da Nosa Señora sobre a porta.

+info

Detalle do capitel dunha das columnas interiores

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

+info

FONTE (Cronoloxía:Idade Moderna (XVI-XVIII))Trátase dunha fonte de cabaliño na que a parede fronteira adquire un carácter monumental, dado neste caso polo seu gran tamaño. Atópase medio soterrada, accedéndose a ela por medio dunhas escaleiras de cantería de dobre rampla, once pola dereita nun só tramo e outras once pola esquerda en dous tramos, que contribúen a darlle prestancia. Actualmente ten un cano de saída de auga aínda que noutros tempos tivo dous.

Nun grande rectángulo central, lixeiramente resaltado, atópase descentrada, unha fornela coa imaxe pétrea da Virxe co Neno, protexida por unha reixa. É un peto de ánimas, onde se lle pide á Virxe por estas, xa que ten o privilexio de rescatalas do Purgatorio.

Remátase o conxunto cun frontón refundido sobre cornixa moldurada. Dous pináculos nas beiras enmarcan unha cruz de pedra. No frontón hai unha inscrición que di,”BENEDICITE FONTES DOMINO”.

PRESENTACIÓN LOREM IPSUM

info

No seu interior, o altar maior, consta dun retablo barroco con columnas salomónicas decorado con motivos vexetais.

Altar principal do Santuario

Sto Tomé

San María de Lañas

San Tirso

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

Santaia

San Estevo

Sta María de Loureda

Encrucillado

Quizpuzzle

Ruleta da sorte

Aforcado

Quizigrexas

Situa os elementos

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO

"

GALICIA PUEBLO A PUEBLO

PATRIMONIO GALEGO

CIENCIAS SOCIALES

ROMÁNICO DE ARTEIXO

ARTEIXO É ARTE

IGREXAS ROMÁNICAS DE ARTEIXO

GALIPEDIA

"

"

"

"

"

"

Fontes consultadas

CRÓNICAS DE ARTEIXO

"

¡Grazas!

O ROMÁNICO NAS IGREXAS DE ARTEIXO