Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A medida dos versos

O RITMO

MEDIRVERSOS

ACENTOS FINAIS

LICENZAS MÉTRICAS

A SINALEFA

CLASIFICACIÓN DOS VERSOS SEGUNDO A MÉTRICA

CLASES DE VERSOS

A MÉTRICA

+

+

+

+

+

+

+

O RITMO

A MÉTRICA

A medida dos versos é un dos recursos empregados polos poetas para conseguir ritmo nas súas poesías

CÓMPUTO SILÁBICO

A MÉTRICA

Medir un verso consiste en contar o número de sílabas métricas que o integran, pero débese de ter en conta que moitas veces estas non coinciden coas sílabas gramaticais. Elementos que condicionan as sílabas métricas -Os acentos finais ( da última palabra do verso) -As chamadas licenzas métricas

A LEI DOS ACENTOS FINAIS

LOREM IPSUM DOLOR SIT

Esta lei, que sempre se aplica, consiste en sumar ou restar sílabas aos versos tendo en conta a última palabra de cada un deles- Se o verso remata en palabra aguda ( ou monosílabo), sumamos unha sílaba máis (+1). - Se o verso remata nunha palabra esdrúxula, restamos unha sílaba (-1)- Se o verso remata en palabra grave, o número de sílabas métricas e gramaticais é o mesmo ( non sumamos nin restamos).

AS LICENZAS MÉTRICAS

A MÉTRICA

Ademais hai outros elementos que poden condicionar o número de sílabas métricas. Son as chamadas licenzas métricas, que son voluntarias para o poeta. Son:SINALEFA: unión nunha soa sílaba métrica dúas ou máis vogais (a vogal final dunha palabra coa vogal inicial da palabra seguinte). Esta licenza métrica aparece con moita frecuencia. SINÉRESE: unión nunha única sílaba métrica de dúas vogais que forma hiato nunha palabra. DIÉRESE: división dun ditongo en dúas sílabas métricas.

A SINALEFA

A MÉTRICA

A sinalefa é un recurso literario que consiste en pronunciar nun mesmo golpe de voz (un única sílaba) dúas ou tres vogais de diferentes palabras. Normas a ter en conta.

  • As vogais acentuadas non acostuman facer sinalefa .
  • Tampouco se acostuma facer sinalefa cando hai signos ortográficos que indican unha pausa ( comas, puntos, ...) porque estes impiden que as vogais se pronuncien nun mesmo golpe de voz.
  • A H, como non soa, non impide a sinalefa

NOTA . Facer sinalefa ou non decídeo o poeta para conseguir unha determinada medida, polo tanto é importante ver o resto da métrica da composición e imaxinar cantas sílabas métricas querería facer o autor ou autora.

CLASES DE VERSOS

A MÉTRICA

Os versos segundo as sílabas métricas poden ser:

  • VERSOS ARTE MAIOR/ARTE MENOR
    • Son versos de arte menor cando teñen oito sílabas ou menos. Son versos de arte maior cando teñen máis de oito sílabas.
  • VERSOS SIMPLES/COMPOSTOS
    • A partir de doce sílabas métricas, debido á súa gran lonxitude, os versos divídense en dúas partes denominadas hemistiquios, separadas por unha pausa ou cesura.

Fíxate nestes versos alexandrinos ( divididos en dús hemistequios e cunha cesura no medio, de Ramón Cabanillas "Ó romper novo día, a barca milagreira ( 7+7)atracou antre as laxes dunha nova ribeira." ( 7+7)

TIPOS DE VERSOS

A MÉTRICA

VERSOS DE ARTE MENORdúas sílabas: bisílabo tres sílabas: trisílabo catro sílabas: tetrasílabo cinco sílabas: pentasílaboseis sílabas: hexasílabo sete sílabas: heptasílabooito sílabas: octosílaboVERSOS DE ARTE MAIORnove sílabas: eneasílabo dez sílabas: decasílaboonce sílabas: hendecasílabo doce sílabas: dodecasílabotrece sílabas: tridecasílabo catorce sílabas: alexandrino