Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Top 10 ferramentas TIC PARA CREAR ACTIVIDADES e cuestionarios ONLINE

ferramenta TIC 01

Kahoot!

Ferramenta de gamificación que permite crear cuestionarios personalizados para que os alumnos xoguen poñendo en prácticas coñecementos xa traballados. A versión gratuita permite só dúas opcións de xogo, elección múltiple e verdadeiro e falso. Ademais, pódense subir imaxes para ilustrar as preguntas. Ofrece un repositorio de actividades xa creadas.

+ info

ferramenta TIC 02

qUIZZIZ

Ferramenta similar a Kahoot que permite crear cuestionarios online. A súa interfaz é moi intuitiva e ten máis posibilidades de edición . Introduce funcionalidades novas, como que permite inserilo nunha aula virtual e permite asignar as actividades como tarefa e non só como xogo. Os alumnos poden asignarse avatares , podemos crear memes para o feedaback das respostas. Ten repositorio de actividades.

+ info

ferramenta tic 03

educaplay

Ferramenta para crear múltiples actividades online que se poden compartir en webs ou aulas virtuais: tests, ditados, sopas de letras, crucigramas, videoquiz, ruleta de palabras, actividades de completar, de relacionar, de ordenar, adiviñas, mapas... Ten un banco de recursos onde podemos atopar outras actividades xa creadas, clasificadas por materias. Permite engadir imaxes e audios. Por último, na pestana "Centro de ayuda" atopamos titoriais de como crear cada actividade.

+ info

ferramenta tic 04

quizlet

Esta ferramenta é moi útil para a prendizaxe de idiomas. Permite crear flashcards ou fichas con elementos audiovisuais para presentar vocabulario e posteriormente utilizalas en xogos. Hai un recuncho de recursos compartidos no que atopar coleccións de fichas e en "Centro de ayuda" atopamos titoriais.

+ info

ferramenta tic 05

socrative

Ferramenta para crear cuestionarios online. Perfecta para avaliar en entornos dixitais xa que permite velos resultados de forma inmediata. Pódense crear cuestionarios grupais ou individuais. Hai tres modalidades de preguntas: verdadeiro/falso, opción mútiple e resposta curta. Posibilidade de gamificación coa funcionalidade "Carreira espacial". permite engadir imaxes, explicacións ás respostas e descargar o cuestionario en pdf.

+ info

ferramenta tic 06

edpuzzle

Ferramenta que permite facer de calquera vídeo, propio ou de YouTube/Vimeo, unha lección educativa. Moi usado polos docentes que practican flipped classroom. Permite recortar, fragmentar, engadir preguntas, gravar a nosa propia voz por enriba...

+ info

ferramenta tic 07

PADLET

Esta ferramenta é unha pizarra colaborativa que ofrece moitos e variados recursos educativos. Permite subir e compartir vídeos, audios, imaxes, documentos, e ligazóns e textos. Serve para propoñer actividades, crear videotecas, avaliar producións orais ou escritas, sintetizar ideas, recopilar recursos e instrucións para un proxecto... A versión gratuíta permite a creación de 3 murais, pero pódense reciclar.

+ info

ferramenta tic 07

flipgrid

Esta ferramenta permite crear foros de discusión en vídeo. Cada grid (grella) ou taboleiro é unha clase onde o docente colga un vídeo propoñendo un tema e os alumnos responden cos seus propios vídeos. Moi útil se queremos avalialos oralmente.

+ info

ferramenta tic 09

genially

Ferramenta dixital que permite crear presentacións interactivas, xogos, escape rooms, imaxes e mapas interactivos, liñas do tempo, infografías, pósters, libros interactivos, storytelling. Pode usarse como unidade didáctica (recursos, actividades formativas e de avaliación) ... Permite inserir vídeos, audios, imaxes, ligazóns, cuestionarios, pdfs, animacións. Pódese inserir e integrar en blogs, aulas virtuais e webs.

+ info

ferramenta tic 10

LIVEWORKSHEETS

Ferramenta moi sinxela que converte os nosos tradicionais pdfs en fichas interactivas. Podemos crear as nosas propias ou buscalas no xeneroso repositorio que ofrece. Están clasificadas por idiomas e por materias e niveis. Podemos inserilas ou compartilas nas nosas plataformas virtuais. O alumnado complétaas online, obtén feedback inmediato e ten a opción de envialo ao correo do profesor, unha vez rematadas.

+ info

WORKSHEETS