Want to make creations as awesome as this one?

Unidade didáctica para aprender como traballa a arqueoloxía

Transcript

Pescuda na prehistoria

Un achegamento ao traballo dos prehistoriadores

No exercizo da webquest vimos como os historiadores deben pescudar no pasado a través das fontes escritas (novas de xornais, informes, tratados, testemuñas escritas...), fotografías, pinturas, audiovisuais, gravados, restos materiais, obxectos, a memoria oral dos que viviron os acontecementos, pero como pode facer un prehistoriador con culturas que non nos deixaron testemuñas escritas?

Tarefa

Un prehistoriador debe recurrir ao traballo dun arqueólogo e interpretar os achádegos que lle proporciona unha escavación. Imos percorrer coa axuda da información que hai en internet un dos xacementos arqueolóxicos de Galicia mellor traballado a nivel divulgativo: o Castro de Viladonga. De feito imos a utilizar a súa páxina web para aprender algo sobre unha escavaciónNesta tarefa que te propoñemos a continuación só debes contestar as preguntas que están numeradas. Con esas respostas elaboras unha redacción na que nos informas como é o traballo arqueolóxico e que como a partir de restos materiais recreas unha etapa da vida da humanidade ( utiliza o exemplo que te proporciona O castro de Viladonga)

Sabías que á hora de localizar restos arqueolóxicos unha ferramenta utilizada é a toponímia?Sabías que en Galicia hai unha enorme riqueza toponímica?Sabías que palabras como antas, medorra, castro, indican indicios de restos arqueolóxicos?No mapa que tes despois desta diapositiva pescuda se hai algún topónimo que nos dea algún tipo de indicio arqueolóxico

Preme na parte interactiva

Proceso (I)

Agora imos a ver outra ferramenta esencial para os arqueólogos á hora de localizar restos, a fotografía aérea.Na seguinte diapositiva vas a ver unha fotografía aérea do relevo. Saberías dicir onde pode haber restos arqueolóxicos?

Proceso (II)

Proceso (III)

Proceso (IV)

Lembra

  • Se traballaches ben todo o anterior imaxino que chegarías a unha serie de conclusións:
  • Na Prehistoria non temos documentos escritos e polo tanto só podemos utilizar a información derivada dos restos materiais.
  • Para localizar restos arqueolóxicos debemos botar man de fontes auxiliares como a toponimia, as lendas, achádegos casuais ou a fotografía aérea que poida delatar formas sepultadas no actual chan.
  • Unha escavación debe ser feita dunha forma moi rigorosa, deixando proba fotográfica de como se atoparon os restos. Todo que nos imos atopando debe ser rexistrado escrupulosamente e clasificado.
  • Os restos materiais dan información de como vivían, das fontes de sustento, da organización social, das crenzas das sociedades que non nos legaron testemuñas escritas.
  • O exemplo utilizado para ilustrar o traballo arqueolóxico ( o castro de Viladonga) é un exemplo de sociedade protohistórica que coexiste integrada no Baixo Imperio Romano. É dicir, os indíxenas castreños non nos deixan testemuñas escritas, pero os romanos si nos describiron sobre eles.

Autoría: Humberto Martínez Gargamala. Prof no IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

A información utilizada procede da páxina do museo do castro de Viladonga.Como docente agradezo a xentileza do museo de ter compartido todo este coñecemento.Para saber máis: https://viladonga.xunta.galPara a toponimia agradecemos á páxina web: http://onosopatrimonio.blogspot.comPara as lendas agradecemos á páxina web:https://galiciaencantada.com Xustificación didáctica Grazas