Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Pílulas docentes para o ensinovirtual e inclusivo

Comezar

ÍNDICE

As clases presenciais

As clasesvirtuais

Fontes web de información

Créditos

Pack DUA básico para Secundaria

As clases presenciais

Ofrece materiais, explica...Plantexa retos, despexa dúbidas...

Ten un/haprofe-guía

Alumnado

Feedback

na casa

Ten un rol pasivo (adquire coñecemento)e activo (pregunta, interacciona, corrixe, investiga...)

É inmediatoRegula a vida da aula

Actividades de afianzamento, memorización, investigación...Afloran dúbidasSerán correxidas na seguinte clase.

Baséanse nun proceso máis lineal

Paso 1

Paso 2

O profesorado prepara o material adaptándoo ao ensino telemático.

O material ofréceselle a través de plataformas dixitais, correos...

O alumnado traballa, constrúe os contidos por si so.

Paso 3

Se hai Feedback

Paso 4

As clases virtuais

Se NON hai Feedback

Paso 4´

Pack DUA básico paraSecundaria

lectura fácil

Audio

Vídeo

Apoios visuais

Funcións executivas

Rúbricas

Multi nivel

Entrega de Tarefas

Recursos sinxelos para facer os deseños didácticos das tarefa que se enviarán ao alumnado facéndoas máis accesibles.

Presenta a información ao teu alumnado enformato audio ou coa posibilidade a que poida ser oído.Deste xeito axudarás a superar as barreiras sensoriais ou de comprensión lectora de moitos alumnas e alumnos.Os PCxa teñen unha ferramenta que permite facer locución dos textos pero, OLLO, moitos non funcionan cos documentos en PDF nin, por suposto, fotos ou similares. Neste caso, cando traballemos con documentos que teñen que ser lidos e son extensos sería interesante ofrecerllos tamén en formato .doc .odt. para que o alumnado poida facelo auditivo.Posibles Apps on line para dar forma auditiva a textos e presentarlos como "podcast" (arquivos de audio):- FromTexttoSpeech que permite de forma rápida e cómoda converter pequenos textos a voz e gardalos en formato .mp3 para a súa posterior reprodución. Para iso é necesario "subir" a ligazón para poder inserilo nalgunha aplicación.(Non hai opción de galego)-Spreaker. App gratuíta para crear contidos en podcast, escoitalos e deixalos para que os escoite o alumnado (e demais audiencia)

Podemos tamén axudar ao noso alumnado aportando os contidos en formato audiovisual. Isto vailles facilitar moito a comprensión dos contidos:- Creando vídeos explicativos nos que podemos saír ou simplemente amosar o que explicamos nas nosas pantallas.- Anexando vídeos feitos xa por outras persoas que aporten un complemento aos contido que queremos presentar ao alumnado.Banco de recursos de vídeos de contidos:Canal YouTube EDU.Permite atopar, visionar (e colgar na AV) vídeos educativos de case todas as materias e contidos xa creados por outros profes.FlippedPrimaryApp: Aplicación con moitos contidos (de EP pero que moitos nos poden valer para os primeiros cursos de ESO e para agrupamentos o alumnado con dificultades).Nesta reportaxe da revista EDUCACIÓN 3.0 ofrécese unha listxe de 50 canles educativas de reconocido uso por profesorado e alumnado.

A Lectura Fácil (presentación do texto nun formato accesible e fácil de entender) diríxese a todas as persoas, en especial a aquelas que teñen dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional).Desde o equipo de biblioteca do noso IES creamos unha presentación conLIBROS EN PDF en LECTURA FÁCIL(de literatura e tamén de divulgación).Hai diferentes formas de facilitar a información en lectura fácil, pero existe un protocolo de actuación coas seguintes regras:O texto debe desagregarse en frases curtas.Evite as fontes de fantasía e as cursivas. Arial e Helvética son doadas de ler.O texto debe estar nun tamaño de letra grande, mínimo 14 pt.As imaxes deben seleccionarse para representar cada frase do texto cando sexa posible.A linguaxe debe simplificarse sempre que sexa posible, e deben explicarse as palabras ou termos complicados que sexan necesarios.O texto debe presentarse en páxinas A4 cando sexa posible, nunca menor.O texto debe estar sempre aliñado no lado dereito da páxina, e as imaxes deben estar aliñadas no lado esquerdo da páxina.Os elementos de deseño deben reducirse ao mínimo para evitar que se desvíen da información.Contidos máis curtos.Se se está creando un informe nun formato de lectura fácil, pode ser beneficioso acurtar o texto resumíndoo, mantendo só os elementos craves que a xente necesita saber. Isto axuda a evitar a produción dun documento inmanejable por seren demasiado longo.fonte desta informaciónCADRO DE PAUTAS FUNDAMENTAIS PARA CONVERTIR UN TEXTO EN LECTURA FÁCIL

Para lle dar máis accesibilidade aos textos/contidos que presentamos ao noso alumnado podemos apoiar con axudas visuais:- Imaxes explicativas: fotos, debuxos, vectores. [App:Pixabay como banco de imaxes gratis e Canva para presentar imaxe e texto]- Mapas xeográficos, históricos... - Liñas de tempo [Se poden facer en Genial.ly ou Canva, p.e.]-Gráficos- Debuxo do plantexamento do problema (en mates, FQ...)- Captura de pantalla- mapa conceptual, esquema (con resaltados ou cores facilita a comprensión e memorización da información)- pero tamén podemos meter algo divertido como ungiftou meme (que de seguro os vai enganchar algo máis) [App:Ghify,memegenerator.es]

Enténdese porfuncións executivas o conxunto de habilidades e procesos cognitivos que nos permiten adaptarnos con éxito ao medio e resolver problemas a partir da integración das diferentes informacións dispoñibles, podendo realizar condutas propositivas grazas a elas. Son, por exemplo, o razonamento, a planificación, a fixación de metas, toma de decisións...Nun estado de emerxencia comoo que estamos a vir, confinados en casa e sen un profe diante, moito do noso alumnado ten dificultades en moitas das funcións executivas por non ter a ese adulto que llas vaia regulando.Cómpre, polo tanto, facilitar as tarefas con estes simples consellos:- NON cargar Aula Virtual de documentos desordenados ou con nomes ambiguos. Subir poucos documentos (de usar PDF podemos unificalos a través de IlovePDF.com), que estean ordenados dun xeito claro e teñan un nome fácil de comprender e de localizar.- Dar INSTRUCCIÓNS CLARAS de como se debe facer unha tarefa: O plantexamento, cada paso que deben dar, a orde para facer as diferentes tarefas,...- Que o alumnado saiba QUE SE ESPERA DELXS.- Devolerlle ao alumnado as actividades "correxidas" ou, polo menos,unha mensaxe na ue saiban que estamos aí e que o seu traballo chega a nós.

A rúbrica en si é un documento que describe (a priori) distintos niveis de calidade dunha tarefa ou proxecto que debe desenvolver, dando un feedback (inmediatoi) informativo ao alumnado sobre a tarefa e o seu desenvolvemento durante o proceso e, tamén, unha avaliación detallada sobre o seu traballo finai.Son, polo tanto, unha ferramenta que axuda a avaliar a aprendizaxe do alumnado facendo que os propios estudantes tamén coñezan os seus erros mediante a autoavaliación.Podemos crearas nosas propias Rúbricas pero tamén existen bancos de rúbricas que podemos usar para os traballos que mandamos:https://cedec.intef.es/banco-de-rubricas-y-otros-documentos/

Ofrécelle al alumnado alternativas para a súa expresióne que as vaia gardando nun portfolio (manual ou dixital) e as comparta con vós.Permite que poidan decidar a mellor forma de expresar as súas aprendizaxes, así, cando deseñemos as tarefas, actividades, traballos ou retos podemos ofrecer unha variedade de opcións para ir completando o portfolio:ESCRITO: Deixa ao alumnado que prefira expresar a súa aprendizaxe elaborando un texto escrito co que se lle solicita. Permítelles elixir. O criterio sempre é alcanzar a aprendizaxe, non expresarse por escrito.AUDITIVO: Permite que poidan expresar as súas aprendizaxes en formato oral. Debe ser unha elección libre. Se necesitas deixar constancia do seu proceso e os seus resultados grava a narración oral en formato audio ou vídeo.PENSAMENTO VISUAL:O Visual Thinking é unha forma creativa e moi visual de representar as aprendizaxes mediante debuxo e texto. Aquí tedesun vídeoque vos axudará a propoñelo ao alumnadoIMAXE: Outra forma libre de comunicar a súa aprendizaxe pode ser a través de debuxos que representen as ideas principais.VÍDEO: Temos alumnado con maior creatividade que prefiren gravar un vídeo explicativo, achegando imaxes, vídeos, audios ou mesmo gravarse eles. Pode ser con edicións de imaxes ou con elementos que teñan na casa, stopmotion... Podes propoñer esta opción de forma individual ou en grupo.AUDIO: Unha forma sinxela de presentar as aprendizaxes por parte do alumnado pode ser usando gravacións orais que poden ensaiar e non teñen público diante. Incluso poden facer ou presentar a información de xeito cantado (un rap, por exemplo).LIBRE: ás veces a nós non se nos ocorren xeitos creativos pero o alumnado nos sorprende moitas, moitas veces: Permite, nás súas formas de expresión, a liberdade na elaboración, apelando á creatividade persoal ou grupal.

A presentación de actividades en diferentes niveis de complexidadebaséase na taxonomía de Bloom.Trátase de ofrecer ata seis formatos diferentes de complexidade cognitiva á hora de abordar un determinado contido.Se estas alternativas as convertivmos en actividades fixas, alternativas e opcionais, damos cabida a todas as capacidades cognitivas.Aquí tendes unha infografía explicativa. O ideal é que nas tarefas que lle mandemos ao alumnado tiremos cara as de orde superior (e que non so sexan de memorizar e comprender)https://4.bp.blogspot.com/-DpM9c4pSKFA/VUJFyi-rh8I/AAAAAAAABck/Qi3Z46QP6nw/s1600/bloom.jpg

DIVERSAS FONTES DE INFORMACIÓN PARA A CREACIÓN DESTA PRESENTACIÓN

https://cedec.intef.es/tareas-accesibles-y-tecnologicas-en-tiempos-de-covid/?fbclid=IwAR2FZ4KUDQtk5ftgdaofkeQkptao_pjTny7TMuSHhtGMtHFrJmqlWPKltoshttps://view.genial.ly/5c332137b47b536e4b39be9ahttps://psicologiaymente.com/inteligencia/funciones-ejecutivashttps://recursoseducats.blogspot.com/2015/04/istado de puntoshttps://cedec.intef.es/rubricas/https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/evaluar-con-rubricas/https://www.tododisca.com/lectura-facil/http://www.lecturafacil.net/es/

MOITAS GRAZAS!

iessanpaio@edu.xunta.es

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11TUI 36700 Tlf: 886110762