Want to make creations as awesome as this one?

Percorrido literario a través de grandes murais exteriores

Transcript

A ENCARGA

IDEADOR@S en

Carta a un fillo (Kipling), de González Abal e Ares Fondevila, Silleda

A literarrúa salta os muros

Un percorrido literario a través de grandes murais exteriorespara ampliar os espazos da palabra

A ENCARGA

EN EQUIPO

salta os muros

Deberás visitar todos os murais do noso traxecto para demostrar que coñeces as bases de cada un. Acadarás así unha clave para acceder a outras intervencións que conseguen traspasar especialmente os seus muros, as fronteiras ocultadoras das mensaxes. Desde o seu valor, seguro que podes realizar unha boa proposta.

A literatura está a saír á rúa tamén a través da imaxe. Comeza a encher grandes espazos comúns e cotiás á marxe da publicidade. Para impulsar este salto, precisamos ideas que enriquezan os eventos de arte urbana que temos no país e que descubrirás ao final. Contribúes a tinxir as paredes da cor das palabras?

COMEZAR

A literarrúa salta os muros

A ENCARGA

EN EQUIPO

COMEZAR

Queres unirte a compañeir@s para colaborar? Envíalles esta ligazón a través da mensaxería que empregues.

EXPLORA

autor@s voces

autor@s LETRAs

LENDAS POPULARES

OBRAS EN OBRAS

VERSOS EN IMAXES

Ao final debes retirarlle a lona ao edificio !

VOLVE INTENTALO

AUTOR@S DESDE AS VOCES

Achegámonos a varios murais que homenaxean figuras literarias. Nestes casos, escoitaremos algún fragmento da súa obra.

COMEZAR

Maruxa Mallo, de Xoana Almar, en Ordes

1. Isaac Díaz Pardo é o protagonista deste espectacular mural de Lula Goce (en Sada).Isaac foi un intelectual, empresario galeguista e artista plástico, sobre todo. Mais tamén escribiu ensaios, obras de teatro e carteis de cego. A un destes, O marqués de Sargadelos, pertence o fragmento ligado, no que se enumeran distintas persoas que participan no asasinato deste nobre pioneiro da industrialización do país. Foi linchado por xente instigada polos seus inimigos e iso transmíteo literariamente Díaz Pardo ao...

basear a acción no paralelismo

inserir unha rima asonante

acumular adxectivos e alcumes despectivos

manter un ton de carraxe

2. Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Inma López, María Reimóndez, María Xosé Queizán e Silvia Penas ficaron representadas neste mural de Vanesa Álvarez (en Vigo).Aquí podes ler e escoitar o poema Metrofobia, de Yolanda Castaño. O texto contén múltiples comparacións e metáforas, pero a figura que o vertebra é a...

personificación

aliteración

anáfora

antítese

3. A viguesa María do Carme Kruckenberg conta con este mural na súa cidade, obra de MM Puhinger, Ewa.Atende este poema de María do Carme e decide: por que a guerra non rematou?

Porque non hai memoria

Por ser sempre destrutiva

Porque quere mentir

Por sermoscompetitiv@s

MOI BEN

A primeira letra que debes teclear é o

B

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Jues Verne, de Fernández, Alonso e Bárbara , Vigo

AUTOR@S DESDE AS LETRAS

Un par de murais de literat@s protagonistas das Letras, que representan multitude de iniciativas deste tipo impulsadas por concellos e centros de ensino.

COMEZAR

1. María Victoria Moreno está presente nunha rúa de Pontevedra grazas a este mural de Tania Solla e Polo Correo do Vento.Aquí podes escoitar o inicio de Leonardo e os fontaneiros (e toda a obra, lida por alumnado). Quen narra?

O neno Tono e diríxese a un can

Leonardo e diríxese aos seus amigos

Un narrador omnisciente

2. Lois Pereiro ficou así representado na súa vila natal, Monforte de Lemos, por Humberto Loureiro e Miguel Rodríguez. Na obra Poesía última de amor e enfermidade, Lois inclúe un texto titulado Acróstico (podes lelo ampliado). Que verso rompe coa formación agardada nun acróstico lateral (para acentuar a caída)?

Somentes

deixar na terra

ó fondo dunha interna

a súa alma cunha dor eterna

XENIAL!

A segunda letra que terás que engadir é o

G

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

AS LENDAS POPULARES

Algunhas lendas referidas a espazos concretos están presentes tamén en grandes deseños. Veremos dous realizados polo colectivo Cestola na Cachola (Xoana Almar e Miguel Peralta).

COMEZAR

Mar de lenda, de Rakele, en Carballo

1. A pena da Moura (Carballo), como di Miguel Peralta, o autor da intervención plástica, é unha homenaxe á muller galega, ao tempo que se inspira na lenda homónima. Le aquí o texto e decide sobre o que pretende explicar fantasiosamente esta lenda.

A orixe do costume de levar as cargas na cabeza

O xurdimento da calceta como técnica

A presenza dun dolmen ao que se lle chamou así

os inicios da actividade comercial en carballo

2. A lenda da Serpe de Vilaescura podes lela tamén na páxina de Cestola na Cachola. Pódese dicir que ten unha compoñente (como se "aprecia" na imaxe) claramente...

consumista

cultista

ecoloxista

hedonista

ESTUPENDO!

A terceira letra da serie é o

A

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

DE OBRAS EN OBRAS

A seguir, tres obras literarias que, cando menos aparentemente, nutriron o deseño doutros tantos murais.

COMEZAR

Martin Codax, de Pedro Sardiña, Vigo

1. O lapis do graffiteiro é un mural de Sokram realizado na vila de Carballo. Nel parece xogar co título da novela O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas, ben coñecida ao ser unha obra fundamental, adaptada tamén con éxito ao cine e ao teatro. Nesta novela, o lapis rehumaniza o posuidor e sabemos xa ao inicio de onde lle vén ese poder. Le o fragmento ligado e indica a orixe do lapis.

Síntoo moito, meu. E o meu tío apertaba o gatillo. Preferiría non facelo, compañeiro. E entón o meu tío batía duramente coa estaca, un golpe certeiro na caluga do raposo atrapado no cepo. Entre o meu tío o trampeiro e a presa había un intre dunha mirada. El dicía cos ollos, e eu oín ese murmurio, que non tiña máis remedio. Iso foi o que eu sentín diante do pintor. Eu fixen moitas barbaridades, pero cando estiven diante do pintor murmurei por dentro que o sentía moito, que preferiría non facelo, e non sei o que el pensou cando a súa mirada se atravesou coa miña, un lampexo húmido na noite, pero quero crer que el entendeu, que adiviñou que o facía para aforrarlle tormentos. Sen máis, sen tomar outra distancia, apoieille a pistola na tempa e rebenteille a cabeza. E logo acordoume o lapis. O lapis que levaba na orella. Este lapis.

Procedía da carpintería do tío do narrador

Era dun artista que asasinouquen fala

Era dun cazador que anotaba as pezas

foi un agasallo do tío do narrador

2. Carapuchiña Vermella transfórmase neste mural de Susana Llorente e Carlos Concheiro en Carapuchiña Feroz (na vila de Carballo).Na versión parella de Roald Dahl que podes ler aquí, quedou sen poñer un substantivo referido a unha vestimenta, a sobrepeliz. Procura o lugar onde debería estar e fíxate en que a súa presenza esixiría cambiar a palabra de rima do verso anterior. Cal tería que ser ese vocábulo?

Infeliz

Desliz

Perdiz

Actriz

3. Lidia Cao é a autora deste mural, A costureira das Casillas ou Fiando a revolución, en Ordes. A denuncia das condicións de traballo e a perspectiva feminista conecta esta composición cun poemario de Antía Otero cuxo título fai referencia, en oxímoro, ao ruído continuo das máquinas de coser. Cal será o seu título?

Os silencios atronadores

O son da xordeira

O branco non pinta

A folga laboriosa

PERFECTO!

En cuarto lugar coloca un

I

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

OS VERSOS EN IMAXES

Aquí recollemos tres murais, alén deste inicial, inspirados en versos determinados e reproducidos na propia parede.

COMEZAR

Mural de Viki Rivadulla con versos de Marta Dacosta e Paco Souto, en Muxía

1. Un verso de Celso Emilio Ferreiro é o fío deste mural de Xosé Vizoso que podemos ver en Foz. Pertence ao arquicoñecido poema Deitado frente ao mar, no que Celso Emilio reivindica o uso da lingua, recrimina a quen renega dela e abre o canto á solidariedade. Podes ler e escoitar o texto aquí. Por que cres que lle chama proletaria á lingua cando a maioría dos seus falantes nesa altura eran campesiñ@s e mariñeir@s?

Para animar o empresariado a usala

para que a clase obreira fose solidaria

Para identificala coa xente sinxela

Proletario/a: obreiro/a, relativo ou pertencente ás persoas que perciben un salario

2. Este mural está adicado a Julia Becerra, unha nobre nacida en 1892, cantante, galeguista e defensora da igualdade de xénero. Os seus creadores, Xoana e Miguel, incorporaron fragmentos dunha canción popular, cantada actualmente, por exemplo, por Luar Na Lubre. Nela (podes ampliala) é clara a dicotomía: a conexión entre un apuntamento sobre a natureza e mais un sentimento. En que cantiga das seguintes se aprecia tamén?

Verde caravel na horta,botas por riba do muro;así dorme descansadoquen seu amor ten seguro

chamácheme moreniña,branquiña vaite lavar.disme que non teño amores: inda chos podo emprestar.

3. Laura Tova creou este mural, pintado por nenas e nenos en Malpica, partindo do título dun poema de Paco Souto. Cal será ese título? Telo abaixo cortado en bloques para montar.

A percebeira é unha illa

E a perca illa unha beira

A eira Percebilla é unha

QUE BOA!

A última letra vai ser o

C

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

B

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

*

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

*

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

**

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

**

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

***

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

***

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

****

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

****

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

PREME OK

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

PREME OK

B

Insire o código

OK

L

I

A

C

D

E

F

G

H

INCORRECTO

B

Insire o código

PARABÉNS!

A Poppins do Sar, de Yoseba MP...... Os Murais para os océanos, de Fernández, González e Draw, que inclúen versos en galego de Keith Payne, tradutor á súa vez de poetas galegas no libro Six Galician Poets...... Os deseños de Castelao e Rosalía feitos por Vanesa Álvarez en Nova York...... E ti que propós facer?

Accede a Derrubando muros e Rexenera Fest (Carballo), a Desordes Creativas (Ordes) ou ao Cromático Mural Fest (Cambre), contacta e fai a túa proposta para ampliar a presenza da literatura nos espazos exteriores. Entra tamén na app Street Art Cities, revisita as obras vistas -boa parte delas están- e descubre moitas máis en todo o mundo!

  • Carballo
  • Ferrol
  • Vigo