Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

1º E.S.O

Mª JOSÉ FANDIÑO

OS SERES VIVOS

EStá formada polo conxunto de todos os SERES VIVOS e as RELACIÓNS que se establecen entre eles e co medio.

BIOSFERA

LÚA GRANDE que estabiliza o eixe de rotación

O2 na atmosfera para RESPIRAR e formar a CAPA DE OZONO

AUGA en estado LÍQUIDO

EFECTO INVERNADOIRO NATURAL = temperaturas estables

Campo magnético no núcleo = MAGNETOSFERA que a PROTEXE do vento solar

DISTANCIA axeitada do Sol = TEMPERATURA adecuada para a vida

CARACTERÍSTICAS DA TERRA QUE FIXERON POSIBLE A APARICIÓN DA VIDA

Apareceu hai máis de 3500 millóns de anos. Unhas TEORÍAS propoñen que foi en OCÉANOS primitivos. Outras que se orixinou noutros lugares do UNIVERSO e chegou ata aquí en METEORITOS. Todas COINCIDEN en que as primeiras formas de vida eran moi SINXELAS = organismos unicelulares, procariotas, que se alimentaban da materia orgánica que existía no medio. A partir deles orixináronse o resto dos seres vivos.

ORIXE DA VIDA NA TERRA

Non son capaces de producir materia orgánica, pero si transformar a que produciron outros seres, polo que se alimentan deles.

Producen materia orgánica a partir da materia inorgánica que toman do medio, usando enerxía solar a partir de CO2 e auga.

HETERÓTROFA

AUTÓTROFA

CAPTAN materia e enerxía do medio para manterse con vida e xeran substancias de refugallo que se expulsan ao medio mediante un proceso chamado EXCRECIÓN.

NUTRICIÓN

TODOS OS SERES VIVOS REALIZAN AS TRES FUNCIÓNS VITAIS

Poden DETECTAR estímulos e RESPONDER ante eles. Por exemplo, unha alga pode detectar a iluminación e moverse cara ela para realizar a fotosíntese.Outro exemplo é unha gacela que escapa dun león.

RELACIÓN

TODOS OS SERES VIVOS REALIZAN AS TRES FUNCIÓNS VITAIS

Dan lugar a outros seres vivos coas súas mesmas características. Así, unha bacteria pode dividirse para dar lugar a dúas bacterias. Todos os seres vivos nacen, medran, reprodúcense (se é o caso) e morren; a forma en que o fan define o seu CICLO DE VIDA

REPRODUCIÓN

TODOS OS SERES VIVOS REALIZAN AS TRES FUNCIÓNS VITAIS

AGORA, A VER SI PRESTACHES ATENCIÓN

PREGUNTAS

PLURICELULARES Os que están formados por moitas

UNICELULARES Os que están formados por unha soa célula

A TEORÍA CELULAR di que todos os seres vivos estamos formados por CÉLULAS

A CÉLULA UNIDADE BÁSICA DE VIDA

Contén unha serie de ORGÁNULOS que realizan funcións específicas inmersos nunha substancia viscosa chamada CITOSOL.Unha célula é a unidade mínima fisiolóxica.

Envolve o contido da célula illándoo do medio externo.

MATERIAL XENÉTICO

CITOPLASMA

MEMBRANA PLASMÁTICA

Contén a información necesaria para controlar o funcionamento da célula. Transmítese ás células fillas durante a reprodución.Toda célula procede doutra célula = é a unidade mínima reprodutiva.

TODAS AS CÉLULAS POSÚEN

EUCARIOTAS

PROCARIOTAS

Maior tamaño. Con núcleo ben definido, limitado por unha membrana, no que está contido o material xenético. Con orgánulos especializados

As máis sinxelas. Non teñen núcleo; o material xenético atópase disperso no citosol. Só teñen ribosomas, que se encargan de producir proteínas.

TIPOS DE CÉLULAS

Gracias ós CLOROPLASTOS orgánulos que realizan a FOTOSÍNTESE

VEXETAL

ANIMAL

Nutrición autótrofa

Nutrición heterótrofa

CÉLULAS EUCARIOTAS

OUTRA PARADIÑA PARA REPASAR O QUE VISTES HASTA AQUÍAHÍ VAI UN ROSCO DE PASAPALABRA

PREGUNTAS

Ciencia que estudia a CLASIFICACIÓNdos seres vivos

Para clasificar a diversidade dos seres vivos establécense diferentes categorías, chamadas TAXÓNS e cada un inclúe seres vivos con características comúns. Organízanse seguindo unha xerarquía, de modo que cada taxón inclúe aos do tipo inmediatamente inferior. Os organismos do mesmo dominio só comparten características comúns moi xerais mentres que os da mesma especie teñen caraterísticas comúns moi específicas.

TAXONOMÍA

CLASIFICACIÓN

Allobates niputidea

Neopalpa donaldtrumpi

Arcella gandalfi

Macrostylis metallicola

Agathidium vaderi.

Goetheana shakespearei.

Scaptia beyonceae

Agra katewinsletae

Aleiodes shakirae

A SEGUNDA é a ESPECIE en minúsculas. O ser humano pertence á especie Homo sapiens. A primeira palabra indica que pertencemos ao xénero Homo, que inclúe o ser humano moderno e outros homínidos xa extintos.

Carolus Linneo (1707-1778) propuxo un sistema para nomear as diferentes especies.

Cada unha ten un nome científico con DÚAS PALABRAS, sempre en cursiva A PRIMEIRA designa o nome do XÉNERO en maiúsculas. Dentro dun mesmo xénero agrúpanse especies próximas.

NOMENCLATURA BINOMIAL

Conxunto de organismos que poden reproducirse entre si dando lugar a descendencia fértil. Os membros dunha mesma especie poden ser moi diferentes. Por exemplo, unha eiruga e unha bolboreta do mesmo tipo presentan poucas similitudes na súa forma pero son da mesma especie; pola contra, individuos moi parecidos poden pertencer a especies diferentes.

ESPECIE

METAFITAS

FUNGI

METAZOOS

PROTOCTISTAS

MONERAS

As primeiras clasificacións dos seres vivos baseábanse principalmente en características morfolóxicas. Hoxe o parentesco evolutivo é un criterio empregado. En 1969, Whittaker dividiu os seres vivos en 5 REINOS.Revisada e actualizada por Margulis e Swartz, séguese empregando na actualidade.

reinos

Algúns con NUTRICIÓN autótrofa e outros heterótrofa.

BACTERIAS

Poden asociarse e vivir formando COLONIAS.

Reprodúcense por BIPARTICIÓN = orixina 2 células fillas idénticas.

Unicelulares e procariotas.

Previamente, o material xenético duplícase para que cada célula filla reciba unha copia do mesmo.

MONERAS

ALGAS

Uns con nutrición autótrofa e outros heterótrofa Dous grupos: Protozoos Algas

Eucariotas Unicelulares e pluricelulares.

PROTOZOOS

protoctistas

PSEUDÓPODOS Deformacións temporais da membrana plasmática e do citoplasma que se proxectan na dirección do movemento e arrastran toda a célula. Ex: Ameba

FLAXELOSFilamentos, máis ou menos longos que propulsan a célula. Un ou varios, pero sempre en número moi reducido.

A maioría son móbiles, con estruturas para realizar movementos

Unicelulares Nutrición heterótrofa.

CILIOSFilamentos curtos que rodean a célula e que ao moverse impúlsana.Ex: Paramecio

protozoos

AGORA FÍXENVOS UN CRUCIGRAMA PARA VER QUE LEMBRADES

PREGUNTAS

PARDAS ademáis pigmentos de cor marrón.

VERMELLAS ademáis pigmentos de cor vermella.

VERDES con clorofila, necesaria para realizar a fotosíntese.

PLURICELULARES As células non se especializan para formar tecidos, cada u célula ten que realizar todas as funcións.

Algunhas teñen a capacidade de moverse

Realizan a FOTOSÍNTESE Nutrición autótrofa.

UNICELULARESLibres ou asociadas en colonias

ALGAS

PLURICELULARES Non forman tecidos. Forman unhas estruturas filamentosas, as HIFAS, que medran entrelazándose para formar o MICELIO, do que xorden en certas épocas do ano corpos frutíferos, estruturas especializadas na reprodución = COGOMELOS

Dixestión externa

Con células eucariotas Nutrición heterótrofa

UNICELULARESLevaduras

FUNGI

Forman TECIDOS = as células especialízanse e agrúpanse cunha función determinada. Así, hai tecidos especializados en soster o peso da planta, en realizar funcións de reserva ou en producir gametos. A maioría son TERRESTRES algunhas son acuáticas

Pluricelulares. Nutrición autótrofa pois realizan a FOTOSÍNTESE

PLANTAS

METAFITAS

Forman TECIDOS = as células especialízanse e agrúpanse cunha función determinada. Como soster o peso do animal, recubrir órganos, transmitir información ou producir movemento

Pluricelulares. Nutrición HETERÓTROFA

ANIMAIS

METAZOOS

OUTRO RAPIDIÑO DE UNIR COLUMNAS

PREGUNTAS

Amplísima variedade de organismos vivos da Terra. A biodiversidade actual ten a súa orixe no proceso de EVOLUCIÓN ocorrido durante millóns de anos, desde que apareceu a primeira forma de vida. Apórtanos múltiples beneficios na nosa vida diaria: mellora a nosa saúde, proporciónanos alimentos, regula o clima ou retén auga.

BIODIVERSIDADE

A biodiversidade estase a perder a un ritmo preocupante, en ocasións debido ás actividades humanas.

ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

CONTAMINACIÓN

SOBREEXPLOTACIÓN

CAMBIOS NO HÁBITAT

Se unha especie corre o risco de extinguirse é unha especie ameazada Dependendo deste risco: especies vulnerables, en perigo de extinción e en perigo crítico de extinción

AMEAZAS

Son máis vulnerables á extinción, porque as súas poboacións son reducidas e están limitadas a áreas moi concretas.

Son aquelas propias dunha área concreta e que non se van atopar fóra dela.

ESPECIES ENDÉMICAS

Deterioro dos ecosistemas: as cadeas tróficas poden sufrir cambios coa desaparición de especies.

Perda de valor paisaxístico

Perda de materias primas: recursos alimenticios, compoñentes para a produción de medicamentos...

CONSECUENCIAS DA PERDA DE BIODIVERSIDADE

ESPERO QUE VOS GUSTARA

¡Gracias!