Want to make creations as awesome as this one?

Proposta E.F do 30 de marzo ao 3 de abril

Transcript

CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO EDUCACIÓN FÍSICA

VIÑAGRANDES

César Noguerol

Contacto

Instrucións retos e xogos

XOGOS

RETO Nº2

RETO Nº1

Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Consellos

Contacto Para resolver calquera cuestión estarei á vosa disposición no seguinte enderezo de correo electrónico: cesar.noguerol@edu.xunta.gal

Instrucións sobre os RETOS e XOGOS Cando podo realizar os retos e os xogos? Durante esta semana podes realizar os diferentes retos (1 e 2) e xogos que aparecen no inicio, unha vez rematadas as tarefas propostas polo teu titor ou titora ou aproveitando os momentos do día nos que esteas aburrido ou aburrida. Non tes que realizar os tres retos no mesmo día. Como podo ver os retos? Para entrar en cada reto debes premer na icona. Dentro de cada reto encontrarás a explicación sobre o que hai que facer. Como podo ver os xogos? Para entrar no xogo debes premer na icona . Se o desexas, podes enviar fotos ou vídeos realizando os xogos ou retos propostos, á dirección de correo electrónico que aparece en "contacto", para publicar unha recompilación na páxina web do colexio.

RETO DE MALABARES Neste reto debes intentar realizar malabares con dous obxectos que atopes pola casa como pelotas de tenis, bolas de papel, calcetíns dobrados… Para conseguilo podes axudarte dos seguintes vídeos: Conseguiches realizar malabares con dous obxectos? Parabéns! Eres todo un experto! Daquela, intentao agora con tres obxectos como no seguinte vídeo:

RETO DE ENCESTAR O GLOBO MATERIAL NECESARIO:

  • Un globo, se non tes globos na casa podes empregar un guante de látex.
  • Unha papeleira, cubo de lixo ou algún outro recipiente no que entre o globo.
PASOS A SEGUIR:
  1. Coloca a papeleira nunha punta da casa.
  2. Vai á outra punta da casa co globo.
  3. Intenta encestar o globo na papeleira transportándoo de diferentes formas cada vez:
  • Primeiro dando toques coas mans.
  • logo cunha soa man.
  • Empregando só as pernas.
  • Agora coa cabeza.
  • Intentao só soprando.
  • Podes inventar algunha forma de transportar o globo.

Algúns consellos para estes días... Nestes días nos que debemos permanecer nas nosas casas é moi importante que intentemos seguir estes consellos para manternos SANS E ACTIVOS:

  • REALIZA ACTIVIDADE FÍSICA TODOS OS DÍAS: corre, brinca, camiña, xoga… en definitiva, MÓVETE!!!!!
  • axuda nas tarefas do fogar: colgar a roupa ou pasar unha fregona tamén son actividades físicas.
  • Segue unha ALIMENTACIÓN equilibrada: come moitas froitas e verduras e intenta evitar alimentos ultra procesados e con azucre.
  • BEBE MOITA AUGA aínda que non teñas sede.
  • ASÉATE A DIARIO E LAVA AS MANS CON MOITA FRECUENCIA.
  • Pero sobre todo, aproveita para DESFRUTAR DA TÚA FAMILIA.
Unha aperta e moito ánimo para todas as nenas e nenos e as vosas familias.