Want to make creations as awesome as this one?

Actividade indicada para preparar a volta á escola despois da corentena

Transcript

Como será a volta?

Volveremos un día ao noso colexio, ao CPIP Virxe da Cela, e o primeiro será CARGARSE DE ÁNIMOS e felicitarnos porque FOMOS CAPACES DE QUEDAR NAS NOSAS CASAS.Desde o Departamento de Orientación propoñemos ao alumnado, en colaboración coas súas familias, ao profesorado, e ao persoal non docente un reto basado na actividade de Helena Alvarado “O xogo da Rosa e da Espiña”, que é o seguinte: Cando toda a comunidade educativa poidamos compartir de novo os espazos, que ese tempo chegará! estaría ben que cada un de nós deixara unha pegada da súa: ROSA “que aprendín a facer,”, “momentos bos e agradables que tivemos”, “reflexións positivas"... ESPIÑA “ o que más nos costou”, “medos que apareceron”; é dicir, os momentos e situacións menos agradables.

Aceptas o reto?

Esta ROSA e esta ESPIÑA pódese expresar como a cada un lle resulte máis doado: poesía, debuxo, unha canción, ……