Want to make creations as awesome as this one?

Deixámosvos unhas recomendacións xerais pero é importante que preguntedes calquera dúbida aos profesionais de atención terapéutica que traballan coa persoa con TEA. 1) DÍA A DÍA, 2) ANTICIPACIÓN DA SITUACIÓN “QUÉDOME NA CASA”, 3) PLANIFICACIÓN DO DÍA E ESTRUTURACIÓN DO TEMPO. Máis info nas nosas redes ou en www.autismogalicia.org.

Transcript

RECURSOS E IDEAS:O TEMPO NA CASA E As PERSOAS CON AUTISMO#quedanacasa

TEAconsellos

01

O día a día é complicado para as persoas con autismo e neste estado de confinamento ponse aínda máis desafiante. É normal que sintas angustia de como enfrontar esta situación, tanto se es unha persoa con TEA, coma se tes un fillo ou filla con autismo, non te sintas culpable, os teus pensamentos e sentimentos son normais.

O TEMPO na CASA E As PERSOAS CON AUTISMO

SE ES UNHA PERSOA CON TEA Planifica cando acceder á información sobre o Coronavirus, para non recibir información en todo momento. Debes facer frente a ter moito tempo libre, podes preguntar á túa familia ou amigos que podes facer, ou como poderías axudar.

PARA AS FAMILIASO primeiro do que debemos partir é que temos que tentar ser pacientes coas persoas que estamos a compartir estes días, e manter a calma coa persoa con autismo, flexibilizando e pasando por alto algunha conduta que non poña en perigo a súa integridade e a doutras persoas, tentaremos aproveitar estes días e quedarnos con momentos de goce

A información que proporcionamos á persoa con TEA

Comenta que tipo de actividades aínda son posibles e non só o que xa non está permitido.

Tenta que a información que escoite sobre a pandemia non sexa constante, e contextualiza a información dunha forma clara e sinxela, evitando na medida do posible termos negativos como mortal, catastrófico, etc.

Se é necesario planifica o tempo que responderás as súas preguntas no día.

Toda a información que proporcionemos á persoa con TEA ten que comprensible para ela de forma individual. Servirnos dos sistemas alternativos/ aumentativos de comunicación no caso de que sexan comprensibles para a persoa e este familiarizado con eles.

Nombre del autor

02

Esta situación de illamento ten un carácter excepcional e rompe as rutinas de todos e todas. Temos que explicala adaptando a información á idade e ao nivel de comprensión.

ANTICIPACIÓN DA SITUACIÓN “QUÉDOME NA CASA ”

Enlace

Para reforzar a rutina de lavado de mans podemos imprimir e colocar nas nosas casas os recursos de ARASAAC:

A OMS (Organización Mundial da Saúde) ten un exemplo visual de como facer esta rutina de forma máis estrita.

Enlace

Os profesionais da rede de entidades de Autismo Galicia elaboraron materiais que nos poden axudar na adaptación da compresión da situación:

Enlace

Tamén podes tratar de facer historias sociais para explicar a situación de illamento. Deixámosvos un exemplo que fixo Carol Gray:

03

Para estruturar o tempo, imos utilizar calendarios, axendas, alarmas, temporizadores…

PLANIFICACIÓN DO DÍA E ESTRUTURACIÓN DO TEMPO

Crea un horario con pictogramas, imaxes, debuxos, etc. Colócao ao seu alcance e facilítalle o seguimento. Planifica accións variadas, que tamén teñan en conta os seus intereses e motivacións. Crea actividades con diferentes niveis de apoio. Actividades que poida facer el ou ela só, con actividades nas que necesite apoio.

Dedica un tempo para realizar unha planificación do tempo, da semana e se fose necesario elabora un horario mensual cos días en casa por confinamento e sen clase, asistencia ao centro, terapias, etc.

Se tedes que saír, marca os tempos controlados de paseo e infórmalle do que faredes despois.

Pregunta no colexio se hai opcións para realizar tarefas escolares a distancia. Pero é importante que se recibimos tarefas, a persoa estea ben para poder realizalas.

Na planificación ten en conta actividades rutinarias de hixiene e axuda de tarefas no fogar, tarefas individuais e tarefas de goce en familia. Podes incluír un par delas no día.

Evita o uso de moita tecnoloxía. Controla o posible risco de adicción. A moitas persoas con TEA polos seus intereses restrinxidos non lles importará estar na casa xogando a videoxogos durante horas ou facendo constantemente o que lles interesa. Podedes usala para fomentar as relacións sociais, que fagan vídeo chamadas, envíen vídeos…

Pode ser útil ter presente un panel de elección con todas as cousas que podemos facer en casa. E ofrecer oportunidades de elección:

Tenta proporcionar previsibilidad pero permite tamén tempo para a variación. E, se a persoa pode manexalo, asegúrache de ofrecer opcións. Desta maneira, saberá cando se lle permite elixir unha actividade e cando non.

Dálles unha descrición xeral do que vai suceder, tan concreta e visual como sexa posible: "Nos quedamos en casa" Aspanaes

É importante non marcar prazos fixos de duración, porque non saberemos ata cando se alongará a situación.Tede en conta, como diciamos anteriormente, que debes adaptar a información que proporcionas á comprensión da persoa, é dicir, se entende mellor un horario por semanas, por días ou mesmo por secuencia de actividades máis pequenas.

Podemos poñer o sábado e o domingo nun persoal a parte, para que estean máis situados no tempo. Ademais, pódense expor actividades diferentes para a fin de semana.

As axendas poden ser móbiles, ou deixalas nun lugar concreto, outra idea para non ter que levar toda a axenda, e facer rutinas en “chaveiros”, que poida ter sempre consigo.Utilizando tamén como recurso Pictoagenda ou ARASAAC, podemos crear unha única rutina.Utilizarase para anticipar o que se vai a facer xusto despois do que se está facendo nese momento. Tamén para rutinas que causen moita tensión.Pode levalo no seu peto.

Para mellorar a autonomía podemos realizar recursos para a auto-xestión do tempo . Como por exemplo, listado de tarefas coas cousas que ten que facer e as que lle gustaría facer ou as que teño que facer e me gustaría facer e ir verificándoas e marcándoas.

APP PICTOTARIO: Pictorario é unha aplicación móbil para crear e visualizar horarios con pictogramas.

INTIC

PicTableros: Taboleiros de Comunicación configurables baseados en Pictogramas

PICTAR: Taboleiros de comunicación con pictogramas

Enlace

Enlace

Enlace

PICTOAGENDA

Enlace

A parte das axendas tradicionais hai moitas ferramentas que nos poden axudar a facer axendas, horarios e outros recursos de apoio:

www.autismogalicia.org

¡Graciñas, e en breve máis TEAconsellos