Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Rutina de quecemento

  1. Marcha de soldado. 45 segundos
  2. Marcha cruzada. 45 segundos
  3. Oito perezoso . 45 segundos
  4. Equilibrio en flamengo (10 segundos cada pé)
  5. Equilibrio en "T" (10 segundos cada pé)
  6. Picacús (30 segundos)
  7. Bicicleta (45 segundos)
  8. Reptar e gatear (2 percorridos polo corredor de casa)

1

Glosario

Marcha de soldado: mover alternativamente brazo e perna opostos. Tanto a perna como o brazo deben moverse estendidos (prestar atención sobre todo a cóbados e xeonllos) Marcha cruzada: tocar alternadamente co cóbado o xeonllo contrario. Hai que erguer máis o xeonllo do que baixo o cóbado. Equilibrio en flamengo: adoptar posición de "grúa" ou "flamenco", á pata coxa co outro xeonllo flexionado, os brazos abertos en 90º. Ao conseguir a posición equilibrada, pechar os ollos. Equilibrio en "T": brazos totalmente extendidos, adiantar unha perna e flexionar o corpo polas cadeiras ao mesmo tempo que levanto a perna atrasada até colocar o corpo coma un "T" Oito perezoso: co brazo extendido en 90º frontais, debuxar o símbolo do infinito co dedo polgar Picacús: posición de gateo coas mans apoiadas no chan, lombo aliñado e xeonllos apoiados no chan formando un ángulo de 90º. Realizar movementos pendulares cara adiante e cara atrás, tocando co cu os talóns e recuperando a posición incial.

Acrosport

  1. Ponte: coloca os pés no sofá e as mans no chan, a cabeza mirando ao teito e as pernas extendidas, o cú en liña coas pernas

2

Acrosport

Reproduce as seguintes figuras:

3

INFO

Coordinación óculo manual

Emprega un vaso en cada man (que non sexa de cristal) para atrapar obxectos esféricos pequenos que te lancen, se non tes ningún que non faga moito ruído podes fabricalo con papel de refugallo.

4

Coordinación óculo manual

Emprega os mesmos obxectos que antes, pero agora as esferas (pelotas de goma, papel...) lánzanse rodando polo chan.

5

Coordinación óculo manual

Déitate boca arriba, pon os vasos detrás da túa cabeza. Trata de coller cos pés as esferas e metelas nos vasos que tes detrás.A que non é doado!

6

Remate

Recolle todo o empregado e ponte en posición "tortuga" durante un minuto

7