Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Retos para os nosos nen@s e familias

OS EXTERVIRATORS

Antolín presenta...

1. FUNCIONAMENTO

Como sabedes, temos un potente virus que nos está dando moito a lata... Pero nós, sabemos que se non nos ve, acabará marchando máis pronto que tarde... por iso estamos todos metidiños na casa polo ben común.

Como non podemos saír e non podemos ir á escola... a Antolín ocorréuselle unha idea! Imos xogar aos "extervirators". Este xogo, consiste en superar uns retos divertidos que espertarán a nosa creatividade, farán voar a nosa imaxinación e permitirannos seguir aprendendo

Con cada reto que fagades, podedes elixir que virus exterminar (teredes que indicar a comunidade autónoma e a provincia). Así, nós iremos subindo o mapa actualizado cada día.O obxectivo é acabar con todos os virus do mapa.Pero coidado... se pasa moito tempo sen que ninguén envíe un reto feito... o virus propágase...É UN TRABALLO EN EQUIPO!

Hai varios retos (que veredes a continuación) que podedes facer cando queirades. A maiores, propoñeremos 5 ou 6 retos concretos no blogue que tedes na web do cole... A forma en que os propoñamos.... será sorpresa!

RETOS PARA CALQUERA MOMENTO:Retos lingüísticos: de calquera libro ou conto que leades, podedes facer un pequeno resumo e debuxo, ademais de dar a vosa opinión por se outros nenos/as queren lelo.Retos matemáticos: invención de problemas matemáticos coa correspondente solución. Poñede en práctica todo o que aprendistes en clase. Os problemas poden ter relación coas noticias que vedes sobre o coronavirus ou seren doutra índole.

Retos sociais e ecolóxicos: consisten en enviar unha fotografía axundando nalgunha tarefa doméstica e acompañala dun pareado (exemplo: estou fregando a cociña, para axudar á miña avoíña). Tamén pode ser unha foto dalgunha manualidade que fagades con cousas de reciclaxe.Retos saudables: teredes que enviar algunha receita dun prato saudable (escrita a man ou ordenador, formato vídeo, formato presentación...) ou unha táboa de exercicios físicos.Retos musicais: enviade un audio ou vídeo no que fagades un baile, un ritmo con obxectos da casa (cacerolas, mesa, vasos...)...

Lembrade: non tedes que facer todos os retos! Trátase dun traballo en equipo que vos permitirá lembrar e poñer en práctica todo o que aprendemos na escola!

Os retos que fagades, teredes que envialos a:colexiooural@gmail.comE non vos esquezades de consultar periodicamente o blogue que aparece na páxina web do cole.

ÁNIMO!