Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Antía Berredo García

1 BAC A

ÁMBITO BIOLÓXICO/ FÍSICO-QUÍMICO

· Tocaremos as características tanto do río, como do seu embalse, ao seu paso por Santiso e arredores.

TRABALLO RÍOS

Actualmente destaca, o xa mencionado; encoro de Portodemouros, malia que xa existiron precursores anteriormente, que detallaremos a continuación.

- Industrias:

- Recursos piscícolas:

Destacan a troita, a anguía e incluso, o peixe vampiro, máis coñecido como a lamprea.

O río nace nos montes de Olveda, no concello de Antas de Ulla, na provincia de Lugo. Posúe afluentes como o Deza, o Furelos, o Pambre e o Arnego.AS súas augas son retidas polo emblase de Portodemouros. Finalmente, desemboca na ría de Arousa, no Océano Atlántico.

- Curso do río:

O río Ulla localízase na parte oeste da comunidade galega, cruzando polas provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

TRAZOS XERAIS

- Lonxitude:

- Localización xeográfica:

O río, na súa totalidade, mide 132 km.

ULLA

O RÍO

"A verdadeira Ribadulla, quedou asolagada polo encoro"

Como compensación, os veciños da nova Ribadulla, recibiron unha igrexa cun valor arquitectónico moito menor, sobre a que o obispado gardou un par de ases baixo a manga.Debido a isto, moitos dos mozos daquela época, víronse obrigados a deixar a súa terra e emigrar, tanto ás cidades dentro de Galicia, como a Coruña; como á América.Pero neste caso, o pobo nunca deixou de loitar polo que era seu, levándose a cabo unha serie de pleitos, nos que os veciños, enfrontándose co obispado, tentaron recuperar o seu campo da festa. Tres xuízos, dictaminaron a sentenza final, na que, como xa o pobo supoñía, imbadidos polo pesismismo; acabaron por perder.

Cara a década dos 60, todo o pobo foi notificado de que debían deixar as súas casas; que ese territorio sería ocupado polas augas do futuro encoro de Portodemouros. Aínda que algunhas familias decidiron crear dende cero, unha nova Ribadulla; un pouco máis elevada, para o que recibiron unha ínfima aportación económica; nada volveu a ser como antes.Alá quedaron a ponte e a igrexa de grande antigüidade e alto valor histórico, da que aínda, cando baixa o nivel das augas, podemos ver os seus restos.

UNHA HISTORIA TRÁXICA, AÍNDA QUE PRODUCTIVA

Ribadulla, un pequena aldea situada en Santiso, nun primeiro momento pode semellar como calquera outra. Pero se nos paramos a pensar no significado do seu nome, "na ribeira do Ulla"; e preguntamos aos seus maiores, decatarémonos de que este lugar, agocha unha historia ben curiosa:A primeira e verdadeira Ribadulla, atopábase nas beiras de río Ulla, onde a vida transcurría con tranquilidade. Festas tradicionais, ledicia e sorrisos. Porén, esta calma viuse troncada por unha gran tormeta, que cambiaría a vida da súa poboación para sempre.

TODA UNHA ALDEA ABANDOANDO OS SEUS FOGARES

Muíño das Canizas

Muíño da Pena

Central de Don Pepe Salgado

Central eléctrica do Ulla

Este muíño situado en Barazón (Santiso), tamén se adicaba a moer os cereais para facer o pan. Actualmente, este muíño non está completamente en desuso, foi convertido nun bar e nunha área de lecer.

Este muíño era utilizado, como ocorre habitualmente, para moer o gran (de millo, de trigo...) para abastecer ao pobo de fariña coa que facer o pan. Pertencía ao Pazo da Pena, situado preto de Arcediago (Santiso).

Tamén se trata dunha central hidroeléctrica, pero neste caso atopábase situada un pouco antes da ponte de San Justo (Vila de Cruces). Ao atoparse moi preto do encoro de Portodemouros, tivo que cerrar cando se comenzaron as obras desta presa.

Esta central hidroeléctrica situábase no Caneiro (na serra de Agra), unha pequena aldea situada en A Golada, pero moi preto de Santiso. Foi levada a cabo, en 1950, por dous irmáns, Emilio e Manuel Fociños Vilar; e abastecía ás aldeas da contorna. Tivo que cerrar coa chegada do encoro, antes de quedar anegada por el.

INDUSTRIAS PIONEIRAS RELACIONADAS CO RÍO

Muíño das Canizas

Pazo da Pena

Memorial á Emilio e Manuel Fociños na súa aldea natal

Por último, a xeración de residuos non peligrosos reduciuse de forma drástica dende 2016, no que se produciron 16,327t; ata as 0,03t que se produciron en 2017 ou as 0,055t de 2018. No que respecta aos residuos peligrosos, pasaron das 1,056t en 2016, as 3,44t en 2017 e os 1,393t en 2018.Como aspecto positivo, a xeración total dos residuos non deixa de reducirse: 18,026t en 2016; 5,107t en 2017 e as 3,278t en 2018; o que se relacionaría coas diferentes medidas que foron impostas polo Goberno, para tentar frear, na medida do posible, o cambio climático.A que se debe esta reducción que se acaba de expresar? O encoro non sempre é productivo, e en 2017, como consecuencia das mínimas precipitacións, o nivel da auga reduciuse en menos da metade, o que non me deixou á central traballar con normalidade.

Actualmente, o río Ulla conta, ao seu paso por Santiso e arredores, con diversas industrias e medios de transporte, debido á existencia da presa de Portodemouros:· Central hidroeléctrica do encoro de Portodemouros: sitúase no termo municipal de Vila de Cruces (Pontevedra) e Arzúa (A Coruña) e foi inaugurada o 1 de marzo de 1968, tras un lustro de obras. Se xa agora nos impresionan as súas dimensións (ten unha capacidade duns 297 hm³), imaxinémonos como podían sorprender nos anos 70. A elección deste lugar para a súa construcción, débese á existencia na contorna dos materiais necesarios para o seu levantamento; ademais da excelente impermeabilidade da rocha existente.Dende un punto de vista biolóxico/físico-químico, considérase que o estado químico do encoro de Portodemouros é bo; centrándose na cantidade de osíxeno disolto. A pesar diso, o estado trófico do encoro é moderado, debido ás baixas concentracións de fósforo e presencia de cianobacterias. Porén, o potencial ecolóxico é moi bo, grazas ao fitoplacto.No 2017, produciuse unha notable reducción das horas de funcionamento (pasa de 4072 horas no 2016 a únicamente 61 horas no 2017; volve aumentar no 2018, con 2821 horas); o que se repercute tanto na producción de enerxía como no consumo de recursos enerxéticos de fontes renovables, como no uso de auga (como se mostra nas táboas).

INDUSTRIAS E MEDIOS DE TRANSPORTE ACTUAIS

A primeira vista, pode parecer algo insignificante, pero se este servizo non existise, o pobo tería que rodear uns 30 km. Os operarios afirman, que normalmente transportan a persoas que traballan e viven en bordos distintos dos encoros; e na primavera, transportan tractores e outra maquinaria, coincidindo coas labores de campo. O servicio de transporte no ferry, foi a alternativa, que en plena dictadura franquista, se lle deu aos veciños para sustituír ás sete pontes do río Ulla, que quedaran asolagadas coa construcción do encoro nos anos 1967-1968. En 1972, cinco xóvenes perderon a vida, cando cruzaban estes 400m de separación, nunha barca, o que levou aos veciños a reclamar mellores condicións ao Réxime.

Como principal medio de transporte, nado a partir da aparición do encoro, atopamos o seguinte:· Ferry: o encoro aislou dúas aldeas, que se atopan a ambos lados do embalse. Ditas poboacións son, Beigondo (que pertence ao concello de Santiso) e Loño (correspondente ao concello de Vila de Cruces); cuns 200 veciños entre as súas aldeas. Para contrarrestar estes efectos, instalouse un ferry que cruzase as augas para comunicar á veciñanza. O servizo é totalmente gratuíto e funciona todos os días do ano, as vinte e catro horas do día. A barcaza chamada "Azulón Primero" cuns 12 m de eslora; leva traballando máis de 30 anos facendo a vida da veciñanza moito máis doada.

LAMPREA (HYPEROARTIA)

ANGUÍA EUROPEA (ANGUILLA ANGUILLA)

TROITA (SALMO TRUTTA)

CARPA COMÚN (CYPRINUS CARPIO)

Este peixe sen mandíbula (agnato), ten un comportamento anádromo, é decir, vive no mar pero reprodúcese nos ríos de gran caudal, con augas non demasiado rápidas. Polo tanto, atoparíase preto da desembocadura, na ría de Arousa. Trátase dun peixe moi antigo, que se alimentan de sangue. Atópanse ameazadas

Son peixes que pasan parte de ano no mar, e outra parte nos ríos. Son bastante difíciles de divisar e moi escurridizos, pero se sabes escoller ben a época do ano, aínda podes ter sorte e velas facer rumíños na auga. Atópase en perigo crítico de extinción.

É un peixe moi presente ao longo de todo o río, porén, nas proximidades de Santiso, só os anciáns recordan poder pescar bos exemplares. Dende a chegada do encoro, xa non deixaban verse tanto como antes, e estes últimos anos, é bastante raro poder velas. Posúe un estado de conservación non preocupante.

Ata fai uns anos, este peixe tiña moi pouco ou case nada de representación no encoro; pero aumentaron radicalmente en número cando a Xunta de Galicia as botou. Actualmente, é un dos peixes máis abundante do encoro. Porén, en xeral, atópase nun estado de conservación vulnerable.

BIODIVERSIDADE DO RÍO E DO ENCORO

Folla de carballo

Folla de sobreira

CARBALLO (QUERCUS ROBUR)

AMENEIRO (ALNUS GLUTINOSA)

SOBREIRA (QUERCUS SUBER)

Folla de ameneiro

É unha árbore da familia das betuláceas, extendido por Europa e o suroeste de Asia. O seu hábitat natural son os lugares húmidos, como o río Ulla. Trátase dunha árbore de altura media, caducifolio. A súa madeira é bastante clara, pero ao cortala vólvese de cor vermello-anaranxado, polo que en moitas partes de Europa, creíase que era unha árbore maldita; ademais dita madeira é moi resistente á auga. A súa corteza posúe propiedades medicinais, ao conter tanino, utilizado para rebaixar os niveis de colesterol. Posúe un estado de conservación de preocupación menor.

Trátase dunha árbore da familia da aciñeira e do carballo (as fagáceas); de folla verde escura, simple e perenne, da que habitualmente se extrae a cortiza, por iso, dita árbore posúe nomes tradicionais en Galicia, como corticeira. Grazas á súa cortiza, a sobreira foi cultivada para a extracción (mediante un proceso, coñecido como pela, que non ten por que ser perxudicial para a árbore se se realiza correctamente). Atópase no sur de Europa e o norte de África, e en xeral, en todo a bacia do río Deza e o río Ulla. Posúe un estado de conservación de baixo risco.

Trátase dunha árbore robusta, de copa alta, bastante leñosa e de folla caduca. Atópase na maior parte de Europa e na Asia occidental, atópase dotado para aguantar temperaturas baixas. Require un clima húmido para o seu desenvolvemento, por iso a súa cercanía ao río Ulla; oceánico, donde poida escapar da sequía estival. No hemisferio norte, os carballos producen novas follas entre en abril ou maio; as súas landras maduran en setembro e caen en outubro. Esta especie foi analizada por Carl von Linneo, establecendo o sistema binominal da nomenclatura, no século XVIII. O seu estado de conservación é o de case ameazado.

A auga estancada á que se deu lugar a partir da chegada do encoro, é aproveitada polo concello de Santiso, para organizar diversas sesións de deportes acuáticos, como neste caso o kayak. O campamento de verán, realiza, todos os anos, unha saída para practicar esta actividade.

FESTAS TRADICIONAIS

SENDERISMO

PESCA

KAYAK

En toda Galicia, realízanse pequenas festas arredor dos principais ríos, e o río Ulla non é unha excepción. Entre elas, destaca a festa do río da Ponte da Cornella (Arcediago, Santiso), a cal se celebra o último fin de semana de agosto e é adicada ao emigrante e ao deporte. Ese día fanse concursos de atletismo e natación.

O concello de Santiso conta cunha ruta de senderismo dun 14,2 km, que cruza por moitas das aldeas da contorna de Visantoña (unha das aldeas máis grandes de Santiso). Existe un tramo de dita ruta, na que as persoas que decidan levala o cabo, camiñaran xusto pola ribeira das augas do encoro.

Se somos un pouco observadores e nos fixamos nas ribeiras do encoro, seremos quen de ver a numerosos pescadores agardando a que pique algún peixe, sobre todo, preto das pontes, onde é máis doado o acceso. Moitos deles, fano por simple diversión e se teñen sorte, para chegar á casa con algo de comer.

ACTIVIDADES PRESENTES NO RÍO ULLA

Pero en 1967, chegou o encoro, e as familias víronse obrigadas a abandoar as súas casas, como xa comentei antes; pero tamén as súas terras de cultivo.Cando comenzaon a formar a nova Ribadulla, moitos campesiños tentaron seguir cos cultivos que estaban acostumados a levar para adiante, as árbores froiteiras. Despois de varios intentos fallidos, axiña se deron conta de que nada volvería a ser como antes. As árbores non eran capaces de producir froitas de tan alta calidade e en ocasións nin sequera daban froitos. Como consecuencia, moitos homes e mulleres, tiveron que loitar para buscar unha nova ocuapción coa que poder gañarse a vida e dar de comer ás súas familias. Sustituíronse as árbores froiteiras, por gando, maioritariamente vacuno (tanto para o producción de leite como de carne) e por cereais que poidesen alimentar dito gando; creando pequenas explotacións nas que estaba empregada toda a familia e da que dependían enteiramente; como aínda é moi habitual no rural galego.

Recordando a historia de Ribadulla, e segundo os anciáns máis cercanos, a aldea era conocida pola calidade da súa fruta (antes da chegada do encoro), debido a que se trataba dunha zona con bastante humidade grazas á súa cercanía ao río, xa que se atopaba na súa ribeira. Toda a poboación da contorna, loitaba por conseguir froita procedente deste lugar. Incluso, como afirman as persoas que vivían na antiga Ribadulla, habían incluso abeleiras, onde os rapaces ían a coller as abelás.

CURIOSIDADES DO RÍO

Problemas causados polo encoro de Portodemouros

Pero en 1967, chegou o encoro, e as familias víronse obrigadas a abandoar as súas casas, como xa comentei antes; pero tamén as súas terras de cultivo.Cando comenzaon a formar a nova Ribadulla, moitos campesiños tentaron seguir cos cultivos que estaban acostumados a levar para adiante, as árbores froiteiras. Despois de varios intentos fallidos, axiña se deron conta de que nada volvería a ser como antes. As árbores non eran capaces de producir froitas de tan alta calidade e en ocasións nin sequera daban froitos. Como consecuencia, moitos homes e mulleres, tiveron que loitar para buscar unha nova ocuapción coa que poder gañarse a vida e dar de comer ás súas familias. Sustituíronse as árbores froiteiras, por gando, maioritariamente vacuno (tanto para o producción de leite como de carne) e por cereais que poidesen alimentar dito gando; creando pequenas explotacións nas que estaba empregada toda a familia e da que dependían enteiramente; como aínda é moi habitual no rural galego.

Recordando a historia de Ribadulla, e segundo os anciáns máis cercanos, a aldea era conocida pola calidade da súa fruta (antes da chegada do encoro), debido a que se trataba dunha zona con bastante humidade grazas á súa cercanía ao río, xa que se atopaba na súa ribeira. Toda a poboación da contorna, loitaba por conseguir froita procedente deste lugar. Incluso, como afirman as persoas que vivían na antiga Ribadulla, habían incluso abeleiras, onde os rapaces ían a coller as abelás.

CURIOSIDADES DO RÍO

Problemas causados polo encoro de Portodemouros