Want to make creations as awesome as this one?

Ciencias sociais, terceiro de Primaria. Tema: A localidade e o concello

Transcript

O LUGAR ONDE VIVES

As aldeas e as vilas

Os servizos municip.

INVESTIGA...

CONCURSO

O goberno municipal

A poboación

TEST PREGUNTAS

ÍNDICE

Imos ver as diferencias estre estes tipos de localidades

As aldeas, as vilas e as cidades

As aldeas son localidades pequenas coas seguintes características: - Casas baixas e de pedra onde adoita vivir unha soa familia. Están rodeadas de campo e hortas. Entre as casas hai camiños.- Poucos habitantes. Os habitantes das aldeas forman a poboación rural.- Aa xente traballa en actividades relacionadas coa natureza: agricultura, pesca, gandaría...- Nas aldeas hai poucos servizos.

AS ALDEAS

As vilas son localidades de tamaño mediano coas seguintes características: - Casas baixas e edificios de pouca altura. Rúas curtas e estreitas.- Bastante poboación.- Aa xente traballa en actividades relacionadas cos servizos, sobre todo comercios, e na industria da zona. Nas zonas costeiras, destaca a pesca e o turismo.- Pódese ir a pé aos sitios, por iso hai pouco tráfico e escasa contaminación,

AS VILAS

As cidades son localidades grandes coas segintes características: - Edificios altos. Hai edificios de vivendas, museos, comercios, hospitais... - Rúas largas e longas. As máis largas chámanse avenidas. Hai transporte público porque as distancias son moi grandes. - Moitos servizos: escolas, centros de saúde, oficinas, comercios... A maioría da poboación traballa no sector servizos e algunhas en fábricas. - Hai zonas industriais: adoitan agruparse nas aforas en polígonos industriais. - As cidades divídense en barrios que teñen os distintos servizos.

CIDADES

Nas cidades distínguense tres zonas: Centro histórico: é a zona máis antiga. As rúas son estreitas e soe haber distintos monumentos. Ensanche: barrios que hai arredor do centro. Hai edificios de vivendas e de oficinas. As rúas son longas e largas. Periferia: é a zona máis moderna. Hai edificios de vivendas, parques. zonas de ocio, centros comerciais...

PARTES DUNHA CIDADE

A vida nas cidades é menos tranquila que nas aldeas e vilas. O tráfico é intenso, polo que o aire está máis contaminado. Todas as cidades teñen máis de 10.000 habitantes, que forman a poboación urbana.

Imos ver diferentes cuestións sobre a poboación

A poboación

As persoas, poden cambiar de localidade: - Os inmigrantes son as persoas que chegan a unha localidade para vivir nela. - Os emigrantes son as persoas que se van dunha localidade para vivir noutra. Se hai máis inmigrantes que emigrantes, a poboación aumenta.

Hai tres grupos de poboación segundo a idade das persoas: - Poboación nova: persoas de menos de 15 anos. - Poboación adulta: entre 15 e 65 anos. - Poboación anciá: máis de 65 anos.

Ao longo dun ano, a poboación dun lugar pode variar. Para saber si aumenta ou diminúe, temos que saber duas cousas: - Natalidade: número de persoas que nacen - Mortalidade: número de persoas que morren. Se é maior a natalidade que a mortalidade, a poboación aumenta, se non, diminúe.

As persoas viven agrupadas nas localidades; estas persoas chámanse habitantes e forman a poboación desa localidade. A poboación rural é a que vive nas aldeas e a poboación urbana é a que vive nas cidades e vilas.

A POBOACIÓN

Imos ver como se goberna un municipio.

O goberno dun municipio

QUE É O CONCELLO? O Concello é o conxunto de persoas que gobernan un municipio. Está formado polo alcalde e os concelleiros. - O alcalde ou alcaldesa preside o concello e dirixe o goberno municipal. - Os concelleiros e concelleiras axudan ao alcalde a gobernar ocupándose de distintos temas: deportes, cultura, saúde, turismo... O Concello tamén é o edificio onde se reúne o goberno municipal.

O GOBERNO DO MUNICIPIO

COMO SE FORMA O CONCELLO? O alcalde e os concelleiros representan aos habitantes do municipio. Os concelleiros son elixidos nas eleccións municipais cada catro anos. - A campaña electoral: os que queren ser concelleiros, presentan o que queren facer no municipio, as súas propostas. - As eleccións municipais: os habitantes do municipio maiores de 18 anos, votan o que prefiren. - Os concelleiros e o alcalde: os candidatos máis votados son nomeados concelleiros, e entre eles, elixen a un para ser alcalde/alcaldesa. - O goberno municipal: o alcalde elixe algúns concelleiros e dálles distintas tarefas.

O GOBERNO DO MUNICIPIO

COMO FUNCIONA O CONCELLO? O Concello conta cun pleno e cun goberno municipal para tomar as decisións necesarias. - O pleno: está formado polo alcalde e todos os concelleiros elixidos polos cidadáns. Son reunións para debatir as propostas. As "ideas" que se aproban, convértense en ordenanzas municiapis, que son normas que todos temos que cumplir. - Goberno municipal: está formado polo alcalde e os concelleiros elixidos por el ou ela. Aplican os acordos do pleno.

O GOBERNO DO MUNICIPIO

Os servizos municipais

Os SERVIZOS MUNICIPAIS organízaos o Concello para atender ás necesidades dos habitantes do municipio. O Concello instala mobiliario urbano, como papeleiras, bancos, colectores... e constrúe infraestructuras, como os sumidoiros. Os habitantes podemos gozar destes servizos grazas aos concelleiros que os organizan e aos empregados municipais que levan a cabo as distintas tarefas.

Servizo de transporte

Servizos de urbanismo

Servizos de protección

Servizos de saneamento

Servizos culturais e de ocio

TIPOS DE SERVIZOS MUNICIPAIS

VÍDEOS

Tipos de localidades

VÍDEOS

Organización do municipio

CONCURSO Canto sei?

Responde as seguintes preguntas e así saberás o que debes repasar.

Canto sei?

CCSS: A localidade e o concello

Poboación urbana

Poboación activa

Poboación rural

Os habitantes das vilas e das cidades forman a:

PREGUNTA 1 de 4

¡Correcto!

Seguinte

Nos arredores do río

En polígonos irregulares

En polígonos industriais

Nas cidades, as fábricas adoitan agruparse:

PREGUNTA 2 de 4

¡Correcto!

Seguinte

Ás persoas que marchan da súa localidade para vivir noutra

Ás persoas que naceron durante ese ano

Ás persoas que chegan a unha localidade para quedarse a vivir

A que nos referimos cando falamos de "inmigrantes"?

PREGUNTA 3 de 4

¡Correcto!

Seguinte

Plenos municipais

Goberno municipal

Reunións de Concello

Como se chaman as reunións nas que o alcalse/alcaldesa e os concelleiros/as debaten propostas?

PREGUNTA 4 de 5

¡Correcto!

TEST "A LOCALIDADE E O CONCELLO"

TEST PARA COMPROBAR O APRENDIDO

INVESTIGA...

Agora... investiga!

Os que sodes do concello do Incio, farédelo sobre ese concello, e os de Sarria, sobre o Concello de Sarria

  • Nome do Concello
  • Nome do alcalde ou alcaldesa e partido político
  • Número de concelleiro/as
  • Servizos municipais cos que conta o Concello
  • Número de habitantes censados
  • Número de votantes nas últimas eleccións municipais

Busca os datos e fai unha ficha sobre o teu Concello

Lembra enviarme as actividades ao email. Podedes facelas en ordenador ou en caderno e enviarme as fotos.

  • Pensa nalgunha mellora para o teu Concello (melloras nos parques, acondicionamento das rúas, solicitude dun local para unha actividade...) e redacta unha carta expoñendo e solicitando, dirixida ao alcalde ou alcaldesa.
  • Analiza os datos de persoas censadas e votantes nas anteriores eleccións. Agora calcula: cántas persoas non votaron?
  • Qué persoas poden exercer o dereito ao voto? Cres que é importante votar? Por qué?

Agora, realiza estas dúas actividades:

CIENCIAS SOCIAIS

CCSS, TEMA 6. 3º de Primaria