Want to make creations as awesome as this one?

#Quedanacasa Actividades de EF para este período en casa para o alumnado de 1º, 3º e 4º de E.P. do CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña)

Transcript

(A Coruña)

C.E.I.P. EMILIA PARDO BAZÁN

E.F. na casa

#QuedaNaCasa

Recursos #QuedaNaCasa

Tarefas 3º de E.P.

Actividade Física en casa

Tarefas 4º de E.P.

Reto Familiar

Tarefas 2º de E.P.

Tarefas 1º de E.P.

Información

índice

índice

Debido ao avance do virus covid-19 en Galicia o 12 de Marzo a Xunta de Galicia decidiu que os colexios estarán pechados, en principio, ata o 27 de Marzo. Esta medida está acompañada coa obriga de permanecer nas nosas casas durante este período (#QuedaNaCasa)Por este motivo queremos que a través da E.F. seguir traballando, na medida do posible, os contidos que estabamos realizando en clase; ademais, achegamos distintos recursos cos que estar activos/as e pasar o tempo que deberemos estar na casa.Establecede un horario no que dedicarlle tempo a estas tarefas, podedes ter como referencia as horas ás que tiñades E.F., pero tamén recomendamos a realización de actividade física diaria, ben sexa as recomendadas nesta presentación ou outras.Ánimo, pronto voltaremos a vernos!

Información

por que esta presentación?

índice

estades preparados? comezamos?

índice

Nestes momentos estabamos traballando en Movemos o corpo III, que estáadicado aos lanzamentos e recepcións de obxectos.Comezamos aprendendo a botar unha pelota de tamaño medio.Podedes comezar explicándolle á vosa familia a investigación que fixemos sobre a parte do corpo máis efectiva para botar a pelota e o por que.Se non molestades a ningún veciño/a podedes tentar practicar con ambas mans esta habilidade e con pelotas pequenas e medianas. Seguimos pasándonos e recollendo as pelotas medianas cunha man e coas dúas. Coa vosa familia podedes poñervos a unha distancia de dous pasos e pasarvos a pelota (pequena ou mediana):- con dúas mans (de abaixo-arriba, de arriba-abaixo, desde o peito cara adiante).- cunha man (esquerda e dereita, proba distintos modos de lanzar)- cun pé (a pelota non se pode levantar do chan, coidado de non romper nada) Empezade collendoa coas dúas mans e pouco a pouco tentade recoller a pelota pequena cunha man, coa que vos pareza que mellor o facedes. Agora probamos a lanzar ou golpear cara un obxectivo. Golpear un globo ata levalo a un determinado lugar sen que caia utilizando as dúas mans (a dereita ou a esquerda), o xogo dos bolos con botellas de plástico pequenas ou obxectos similares, lanzar a unha diana, a petanca... son posibles xogos que podedes facer.

1º E.P.

índice

Xogo de puntería

Con pelotas pequenas (mellor de gomaespuma) e un obxecto sobre unha cadeira ou similar.

índice

Caza Pokémons

índice

DESPRAZAMENTOSComo estamos a traballar diferentes posibilidades de desprazamento imos adaptar xogos que poderemos facer na casa con pouco material.O primeiro trátase dun xogo para facer no corredor da casa colocando cintas ou fíos que simularán cables que teremos que atravesar sen tocar coma un labirinto. (Ollo para non danar a pintura o ideal sería facelo pegándoas con cinta de carroceiro ou pegar o celo despois de tocalo cos dedos pola parte pegañosa para que perda parte do adhesivo).

2º E.P.

índice

CONTO MOTORO seguinte será un conto motor como eses que vos conta o profe que tanto pedides, nel so teredes contar coa colaboración dun maior da casa e algún material que pode ser cambiado por cousas da casa. (banco por silla, "esterilla" por alfombra...)

2º E.P.

índice

SEMPRE ACTIVOSE para seguir movendo o esqueleto e practicando os números en inglés ao mesmo tempo podemos traballar co seguinte vídeo:

2º E.P.

3º E.P.

índice

3º E.P.

Ola chicas e chicos de 3º: Aquí vos deixo algunhas propostas de xogos para que fagades na casa estes días que non hai cole. Non tedes que facelas todas nin van ser avaliadas, pero é importante que sigamos practicando actividade física, aínda que sexa na casa.

Noemí

índice

HABILIDADES DE XIROCando remataron as clases estabamos practicando as habilidades de xiro. Se vos deixan as vosas familias podedes seguir coa práctica da voltereta adiante e atrás (que xa practicamos na clase), se dispoñedes dun lugar seguro para a súa práctica na casa (nunca directamente no chan).LANZAMENTOS E RECEPCIÓNSAlgúns exercicios de lanzamentos e recepcións que podedes practicar (se non molestades a ninguén) son: - Cunha parella facer pases coa man a unha distancia dun ou dous metros aproximadamente. Realizar distintos pases: con dúas mans, coa man dereita ou esquerda, ou con mans alternas. Tamén podedes intentar pases co pé polo chan. - Cando teñades práctica no exercicio anterior (e dependendo do espazo que teñades), podedes ir aumentando a distancia entre vós (un paso cara atrás) cando recibades ben a pelota e diminuíla (un paso adiante) cando a pelota caia.

3º E.P.

- CAMIÓN DOS XEADOS: O obxectivo deste xogo é levar un globo enriba dun cono ou vaso (de plástico ou papel) dun sitio determinado a outro, sen que caia ao chan. Como exemplo, podedes fixarvos na seguinte imaxe ou ver a actividade no enlace.

índice

LANZAMENTOS E RECEPCIÓNS - GLOBOS VOADORES: Se tes globos na casa, xoga con tres ou catro globos inchados, a mantelos no aire ao mesmo tempo durante 1 minuto, e intenta que non caian ao chan, golpeándoos con rapidez.

3º E.P.

índice

LANZAMENTOS DE PUNTERÍAImos a mellorar a puntería que temos e imos a facelo xogando coas cousas que teñamos pola casa.DIANA: Debuxar unha diana con cinco círculos concéntricos nun papel ou cartón grande e escribirlle a puntuación no espazo entre cada círculo, de 5 puntos a 1 punto (sendo 5 puntos a zona central e 1 punto na zona máis exterior). O obxectivo do xogo é sacar a maior puntuación lanzando pelotas feitas de papel de periódico. Pódese pegar a diana a unha parede ou simplemente deixala no chan e intentar que as pelotas caian dentro, e contabilizar os puntos.FEIRA DE PUNTERÍA: Colocaremos varias cintas adhesivas dun lado ao outro do dintel dunha porta (pode ser formando unha especie de telaraña ou en ringleiras separadas) como na foto de exemplo, e ao igual que no xogo anterior, lanzamos pelotas feitas de papel de periódico (ou pelotas pequenas de plástico) dende varios tipos de distancias, cortas, medias e longas. O obxectivo é conseguir que as pelotas queden pegadas na telaraña. A puntuación variará entre 1, 3 e 5 puntos dependendo de se a distancia é corta, media ou longa.

3º E.P.

índice

BALONCESTO: Utiliza calquera cubo, caixa ou cesto que teñas na casa para encestar diferentes obxectos (brandos) como pelotas, globos, peluches pequenos. Realiza 10 lanzamentos con ambas mans, 10 coa man dereita e 10 coa man esquerda. Con cal se che da mellor? Realiza o mesmo exercicio variando a distancia de lanzamento.Variante: xoga por parellas con alguén da túa familia a encestar pelotas de papel ou pompóns nun vaso de papel ou caixa que sosterá a outra persoa. Se xogades varias parellas, podedes ver cantas pelotas encestades nun minuto. Toma como exemplo do vídeo “Pom pom Minute to win it”:

3º E.P.

índice

MINI GOLF: Un proxecto que vos propoño é facer un mini golf cunha caixa de cartón, unha vasoira e pelotas pequenas, como no modelo da foto. Pedide axuda dun adulto/a para recortar as portelas por onde entrarán as pelotas. Podedes decoralo como máis vos guste (con papel, cinta adhesiva, pintura, etc...).O obxectivo do xogo é facer rodar as pelotas polo chan, golpeándoas coa vasoira (ou outro pau que teñades) e conseguir que entren por unha das portelas do minigolf. Se lle poñedes puntuación enriba de cada portela, podedes xogar a sumar puntos.Podedes ver este proxecto aquí.

3º E.P.

A seguinte Unidade que traballaremos serán os lanzamentos e recepcións a través dun deporte alternativo chamado Datchball:

índice

3º E.P.Datchball

GUÍA

índice

Nestes momentos estabamos traballando en Que non caia!, que está adicado a lanzamentos e recepcións de obxectos.Elaboramos as bolas de malabaresPrimeiro aprendemos e elaboramos tres bolas de malabares, na guía da seguinte páxina tedes ao principio o xeito recomendado de facelas, pero ao final no apartado de recursos e fonte web tedes vídeos con outras opcións. Recomendámosvos ver primeiro todas as opcións e logo escoller a que mellor se adapte aos materiais que teñades na casa.Seguimos a guía ata chegar ao máximo nivel posible de lanzamentosCando xa teñades as bolas feitas comezade en orde as tarefas que se vos propoñen na guía. Na zona de recursos e fontes tedes vídeos e páxinas nas que podedes aprender habilidades máis complicadas, pero non pasedes a estas ata completar e dominar toda a guía.Á volta ensinádesme ata onde chegastes!

4º E.P.

índice

Guía con tarefas e recursos para elaborar as bolas de malabares e para facer exercicios de lanzamento e recepción con elas.

Sexamos malabaristas!

ACTIVIDADE

índice

Antes do Entroido comezamos coa clase de 4ºC un panel co azucre presente nos distintos alimentos que fostes traendo durante unha semana. Colocouse o envase do alimento e ao seu carón o azucre que ten metido dentro dunha bolsiña de plástico transparente e cos gramos rotulados na propia bolsa.Como actividade podedes reproducir esta tarefa na vosa casa. O proceso que seguimos foi o seguinte:

4º E.P.

Deixala preparada para traela á volta e colocala no muro que está no centro.

Paso 5

Métese o azucre na bolsiña de plástico.

Paso 4

Utilízase unha báscula de cociña para pesar o azucre. Se non dispoñedes de báscula tede en conta que un terrón contén 4g de azucre.

Anótase o dato para non olvidalo na bolsiña de plástico.

4ºE.P.

Paso 1

Consúltase o envase do alimento e procúrase o dato do azucre que contén.

Paso 2

Paso 3

Fatsecret

índice

SinAzúcar.org

Recursos

Enlaces

Pronto poderemos gozar da natureza e practicar deporte ao aire libre, mestres tanto deixámovos ideas para facer na casa.

Presentación elaborada por @pabloamo81 e os mestres de E.F. do seu centro con recompilación de retos e actividades que facer na casa.

índice

Recursos #QuedaNaCasa

Presentación elaborada por @profe_estEFi con recompilación de retos e actividades que facer na casa.

14 días - 14 retosProposta da mestra de E.F. Marta Blanco Girón para estes 14 días de confinamento.

Propostas de Gloria Pérez-Seoane (@GloriaEdufis) para estes días dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO. Seguro que lle sacades proveito!

índice

Recursos #QuedaNaCasa

índice

Actividade física en casa para nenos/as

índice

Actividade física en casa para nenos/as

Lembrade non tocarvos a cara e lavarvos as mans

Proposta baseada no traballo de @LuciaefQuintero

Retamos ás familias a realizar un caledoscopio de mans. Como recomendación presentámosvos os seguintes pasos para elaboralo:1. Escollede unha música que lle guste a toda a familia. Respectade as licenzas.2. Escoitade a música e elaborade un pequeno guión cos pasos a seguir.3. Realizade un storyboard cos movementos das mans.4. Practicade xuntos cada secuencia do storyboard.5. Practicade coa música cada paso.6. Practicade toda a canción.7. Gravade un video con toma cenital coa coreografía de mans.8. Enviádeo a edufisepb@gmail.com

índice

Reto Familiar

Cando publiquemos o vídeo enviarémosvos un contrasinal a todos os nenos/as da clase, só se poderá ver con contrasinal, para o público en xeral estará oculto.

Canal privado Vimeo

edufisepb@gmail.com

Envía o vídeo

Grava

Practica

SE QUEREDES COMPARTIR ALGUNHA DAS TAREFAS QUE VAIADES FACENDO:

EQUIPO EDUCACIÓN FÍSICA

Carlos

Noemí

Diego

edufisepb@gmail.com

Contacto e suxestións:

http://xogosesonhos.blogspot.com/

C.E.I.P. EMILIA PARDO BAZÁN

índice

www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna

Grazas!#QuedaNaCasa