Full screen

Share

11
10
7
6
9
8
5
4
3
2
 CEIP P. ALBINO NÚÑEZ     
1
Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people create interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

1

2

3

4

5

8

9

6

7

10

11

CEIP P. ALBINO NÚÑEZ

A profe empezou a falarnos das mulleres que foron pioneiras en moitas traballos e profesións; antes as mulleres non podían estudar nin facer todo o que desexaban. E logo falounos dunha científica moi importante que loitou para estudar e investigar sobre o quería: MARIE CURIE. MARIE CURIE de Cid22

Traballamos con bibliografía que atopamos na nosa biblioteca. Tamén vimos diferentes vídeos para saber máis cousas sobre a súa vida e o traballo que desenvolveu como científica e muller pioneira e loitadora:

Nós quixemos ser científicos como Marie Curie e empezamos facendo experimentos, primeiro na biblio, alí fixemos unha lámpada de lava:

Despois a profe xa montou o recuncho dos investigadores na nosa aula cos libros sobre Marie Curie e con todos os aparellos dos científicos: probetas, pipetas, tubos de ensaio, matraces, microscopios, diferentes tipos de vasos, pinzas, mascariñas, radiografías, funils, xiringas, guantes... palabras novas e un pouco difíciles para nós pero que aprendimos pouco a pouco. Alí seguimos facendo experimentos. Tamén nos gusta moito o microscopio, xa vimos moitos insectos. Un dos experimentos que fixemos foi sobre a formación das cores facendo diferentes mesturas:

Na clase tamén temos unha mesa de luz e alí observamos radiografías, Marie Curie salvou a moitos soldados na guerra cun aparato portátil de raios X. Coa mesa de luz vemos moi ben os ósos do noso corpo.

Fixemos un gran póster sobre MARIE CURIE que pintamos entre todos e con el adornamos o corredor da nosa clase, tamén coloreamos os utensilios que empregan os científicos. Mirade que chulo nos quedou!!

Agora xa somos uns verdadeiros científicos coma MARIE CURIE. Pequenos Científicos de Cid22

Na hora de lecer agora xogamos no noso recuncho de investigadores e empregamos os utensilios dos científicos, lemos os libros sobre Marie Curie e outras científicas e de vez en cando facemos experimentos coa profe.

Agora xa somos pequenos científicos como MARIE CURIE. Pequenos Científicos de Cid22

Fixemos tamén un caderno co que aprendimos sobre MARIE CURIE. Levámolo para as nosas casas para ensinarlles as nosas familias todo o que aprendemos. Mirade que bonito quedou o de Rodrigo: MARIE CURIE - TRABALLO 5º INFANTIL from Cid22

E con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, quixemos ensinarlles aos compañeiros de 6º de primaria todo o que aprenderamos ao longo destes dous meses de traballo. Así que convocámolos na biblio do cole e fixémoslles unha presentación ben chula.

Esperamos que vos gustara o noso traballo, nós pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas. Agora agardamos con sorpresa cal será o noso próximo traballo de investigación (a nosa profe aínda non nos dixo nada, é un segredo). Ata pronto!!!

Show interactive elements