Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

I have a message for you

Joss & Anna

Celebrate Valentine's Day with us

Valentine’s Day Card Contest 1. INTRODUCIÓN Este concurso ten como finalidade promovela expresión escrita entre o alumnado da escola, así como recuperala tradición de escribir postais e celebralo amor e a amizade. 2. PRESENTACIÓN Cada participante presentará unha tarxeta de San Valentín en inglés. O tema das tarxetas será “O amor” ou “A Amizade” e nelas se poderán incluír: mensaxes, poemas, cartas de amor ou relatos de amor/amizade. Haberá un máximo de 140 palabras. As tarxetas irán acompañadas de imaxes (debuxos ou fotografías) e texto. Valorarase a orixinalidade e creatividade das tarxetas e dos textos. Cada estudante entregará a tarxeta ao seu profesor / á súa profesora indicando: NOME E APELIDOS, GRUPO, PROFESOR/A. 3. DATAS DE PARTICIPACIÓN Se poderán presentar tarxetas ata o 11 de febreiro. O veredicto do xurado se dará a coñecer o día 13 de febreiro ás 17:45 durante a inauguración da exposición que se fará nos corredores da EOI de Lugo coas tarxetas participantes. 4. DESENROLO DO CONCURSO Un xurado, composto por profesorado de inglés elixirá unha tarxeta gañadora despois de ter en conta a calidade técnica, artística e creativa da obra. A persoa autora da tarxeta gañadora será galardoada cunha cea para dous o día 14 de febreiro e o resto de participantes recibirán un pequeno agasallo. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.