Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

11

fe breiro

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 FEBREIRO

11

GolgieBlox

GoldieBlox vs. the Big Sister Machine

Science it´s a girl thing

Inventoras

Nenas na ciencia e na tecnoloxía

Science girls

Índice

Sciencegirls

Cantos nomes de inventoras ou científicas coñecen as nenas? Por que cres que coñecen nomes de homes e non de mulleres? Por que cres que na escola non se estudan apenas mulleres científicas? Cantas podes nomear ti?

Cantos anos ten esta nena? Por que di que a súa asignatura favorita é Ciencia? Que inventores/ científicos coñecen as nenas entrevistadas? Coñeces ti algún deles? De que che soan? Sabes que descubriron ou inventaron?

Sobre o vídeo

info

Comentarios profesorado

Aquí é interesante estar pendente de se as intervencións van cara a que as mulleres inventaron menos cousas, salientar que foi debido a que en moitos ámbitos non se lles permitía participar; que naqueles nos que inventaron ou descubriron moitas cousas, o descubrimento poñíase a nome do home ou a propia historia se encargou de borrar o nome de moitas.

Comentarios profesorado

A última rapaza en falar di que “nunca notara que na escola todos os inventores eran masculinos”. Pode abrirse un debate sobre se alumnos e alumnas o notaran, e se pensan que afecta igual ás nenas e aos nenos o feito de que todos os que se estudan sexan homes ( para o profesorado é interesante observar se opinan igual alumnas e alumnos). É importante que se faga fincapé na necesidade de ter “referentes” femininos para as nenas, xa que se non coñeces científicas, é difícil que te imaxines de científica.

Pensa e reflexiona

Que compañía realizou o vídeo? Por que Microsoft realiza vídeos coma este? Falar de que no futuro os traballos máis cualificados estarán relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, e que a metade do talento do mundo, o talento feminino, estase desaproveitando porque as nenas non se lles anima a que estuden materias científicas.

O que escoitan as nenas

Cal é a idea principal deste vídeo? A quen está dirixido?Como se dirixen as persoas adultas ás nenas en todo momento? Linda, preciosa, querida...

Falemos do vídeo

Que potencial científica se está a perder en cada situación que describen?(Xeóloga, exploradora, bióloga mariña, enxeñeira aeroespacial...) .

Falemos do vídeo

Que fai diante do cartel da Feira Científica do instituto? Que mensaxe tenta transmitir ese xesto de pintarse os beizos diante do cartel? Ten algo que ver con tanto “linda, preciosa, bonita” ao longo da súa vida?

Falemos do vídeo

Reforzase máis no día a dia a preocupación das nenas polo seu aspecto físico que a súa curiosidade “científica”? Cres que a proposta de “digámoslles máis veces brillante, intelixente, creativa” tería efecto na súa seguridade e no seu interese no ámbeto científico?

Falemos do vídeo

Listas e listos para continuaranalizando?

Lorem Ipsum

Invencións

Vese o vídeo un par de veces. A segunda vez pídeselles que escollan unha cousa que lles sorprenda que sexa inventada por unha muller e unha cousa que non lles sorprende.Previsiblemente, aquelas que son consideradas do ámbito das tarefas femininas serán as escollidas como “non sorprenden”. É importante observar como aqueles inventos asociados á esfera doméstica considéranse moitas veces inventos menores – como o “baño María”- sen ser quen de valorar as melloras enormes que supuxo na vida de moitas mulleres e homes, ou descoñecendo o alcance das aplicacións do descobremento.

Invencións

Cómpre salientar que moitas mulleres que fixeron inventos e descubrimentos do ámbito doméstico ou das tarefas consideradas femininas, eran mulleres moi creativas que inventaron alí onde estaban; que de estaren noutros ámbitos terían inventado outras cousas coa súa creatividade, e que son, efectivamente, exemplos de talento pouco aproveitado –pola limitación de ámbitos aos que están expostas as mulleres ( máis aínda no pasado, evidentemente). Animar a cada nena e neno a explicar a importancia dos inventos que escolleron como sorprendentemente realizados por mulleres, buscando información sobre as súas aplicacións ou o proprio proceso de invención. Tamén poden investigar, como tarefa para casa, sobre a muller que inventou o obxecto que escolleran. Pódese realizar un mural cos inventos de todas estas mulleres....

Cousas inventadas por mulleres

Vídeo censurado

Prexuízos e estereotipos

Contido sexista

Este vídeo ten unha historia sorprendente- en pleno século XXI. Presentouse no ano 2014 como unha campaña da Unión Europea para animar as adolescentes a estudiaren materias científicas. En menos dunha semana tivo que ser retirado polas críticas polo seu contido indiscutiblemente sexista. Trátase de animar a alumnas e alumnos a analizar por que este vídeo foi considerado sexista ( mozas caracterizadas de xeito hipersexualizado, inventando pintalabios e maquillaxe...). A idea que dicían querer combater as mentes iluminadas que crearon este vídeo para a Unión Europea, e as persoas responsables políticas que lle deron o visto bo, era a suposición de que as nenas non están interesadas na ciencia porque consideran que lles resta “feminidade”, atractivo, éxito entre os rapaces... Unha rapaza “lista” pode ser tamén atractiva...pero unha que “se pasa de lista”, non.

Vídeo

Observar se a distribución por sexo é idéntica ou hai nesgo de xénero.

Cando a unha nena se lle regala unha vasoira, non só aprende a varrer- o cal é bo, na vida hai que saber varrer- senón que aprende que ela é a encargada de varrer-porque a un neno non se lle regala.

VS

GOLDIE-BLOX

Animarlles a que falen dos xoguetes que recibían de máis cativos, prestando especial atención a aqueles de carácter científico.

Anuncios de xoguetes

Visionamos os anuncios e preguntamos pola mensaxe en ambos.

Pregúntaselles se consideran que xogando apréndense cousas ou só se trata de entretemento...

Conluír coa importancia de animar a nenas e nenos a xogar a todo tipo de cousas...

AnunciosGOLDIEBLOX

CELEBRA

A CIENCIA CON CONCIENCIA DE XÉNERO.SON MOITAS AS MULLERES INVESTIGANDO NO COVID

Grazas!

O alumnado pode escoller unha muller ou invento e procurar máis información sobre as súas achegas a ciencia, realizando posteriormente unha breve ficha para expoñer no corredor.

Exemplo de tarefa

SERRA CIRCULAR

Thabitha Babbitt

XERINGUILLA

Letitia Geer

CALEFACCIÓN DO COCHE

Margaret Wilcox

WIFI

Hedy Lamarr

Algunhas mulleres inventoras que quizás non coñecías

CAFETEIRA DE FILTRO

Melitta Bentz

PRIMEIRA PROGRAMADORA INFORMÁTICA

Ada Lovelace

LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN DOS COMPUTADORES

Grace Hopper

PRECURSORA LIBRO ELECTRÓNICO

Ángela Ruíz

Algunhas mulleres inventoras que quizás non coñecías

XOGAMOS A INVESTIGAR?

FALTAN MOITAS!

COMPUTACIÓN EN LA NASA

Dorothy Vaughan, Katherine Johnson, Mary Jackson ,Christine Darden

LÁSER PARA CORREXIR A VISTA

Patricia Bath

ENVASADO AO BALEIRO

Amanda Jones

Algunhas mulleres inventoras que quizás non coñecías

  1. Busca na rede información dunha delas.
  2. Averigua en que ano naceu
  3. Comenta algo que che sorprendese da súa biografía

Curiosidade

----

----

18--

19--

19__

Cronoloxía e biografía

Averigua de que países eran estas inventoras.

DÁNDOSE DE ALTA EN GENIAL PODE SER MODIFICADA E SELECCIONAR SÓ O QUE INTERESE SEGÚN O NIVEL DO ALUMNADO, ENGADIR, SUPRIMIR...

Actividade en aberto realizada con genial.LY e canva

Realizada por : Sonia Casal (sonfercas@edu.xunta.gal e Tareixa Casal (teresafc@edu.xunta.gal