Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

" Reliquias do pasado " Susana Trigo Arcos e Isa Torres Jack, profesoras do IES de Ponte Caldelas.

Os pasos do Verdugo

1 Definición2 A Calzada 3 Situación 4 T. construtiva5 Sabiduría popular6 Estado actúal7 Equipo

Índice

+info

As poldras ou pasos son bloques de pedra que están colocadas no río e que permiten cruzalo. Se o río non vai moi cheo pode pasar unha persoa saltando de pedra en pedra. Están situados nos vaos, é dicir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, entre 20 e 30 cm.Antigamente usábanse para poder cruzar o río co gando para cambialo de leira, ademais de permitir a comunicación entre as parroquias. Algúns veciños contáronos que ían por eles para ir vender á feira ou cruzaban para ir ao médico. Eran camiños de misa e para enterrar aos mortos. Tamén eran parte do camiño dos arrieiros que traían o viño do Ribeiro cara á costa en mulas ou carros.

As poldras ou pasos son bloques de pedra que están colocadas no río e que permiten cruzalo

As Poldras ou Pasos

01

+info

En moitos casos os pasos estaban acompañados por unha calzada feita a ras do fondo do río, con lousas planas, por onde ía o gando tirando do carro. Era a calzada para os carros ou porto. Os pasos están relacionados coa denominación “Porto”, (latín portus=paso). Non é de estrañar que os términos como Porta Souto, Portalaxa ou Portamedo nos leven á localización de pasos do río. Os pasos con calzada ou portos adoitan ter un peto de ánimas.Os pasos sitúanse todos en lugares de natureza salvaxe e de gran beleza. Formaban parte de antiquísimos carreiros, congostras, camiños de arrieiros, peregrinos, rutas de paso de persoas e mercadorías desde tempo inmemorial. Eran a solución máis económica, a modo de ponte, para cruzar o río. Moitos deles perduraron ao longo dos séculos.Moitos pasos teñen as pedras desgastadas polo pasar continuo das xentes durante anos e anos, quedando así testemuña da súa antiguidade.Según as nosas informantes, as avoas, desgastábanse polo paso da xente que ía calzada con “zocas con chatolas de chapa”.

A Calzada dos pasos

02

+info

Os pasos que presentamos nesta proposta son os pasos do Río Verdugo:En Ponte Caldelas temos: Pasos de Porta Souto, na Fraga e no río Pequeno (30+10 pasos)Pasos de Taboadelo (22 pasos)En A Lama temos:Pasos de Portamedo (22 pasos)Pasos no Toxal e regueiro de Portalaxa (10+16 pasos)

MAPA:

Situación dos pasos

03

+info

Colocábanse pedras de forma prismática de gran tamaño aliñadas sobre o leito do río, o tamaño e número dependen da largura do río e a fondura do cauce. A distancia entre eles vén sendo o paso dunha persoa.

A técnica construtiva é moi similar en todo o mundo

Técnica constructiva

04

Pasei os pasos da Fragaindo ao muíño da maquíapasei anda as Almiñaspedíndolle o perdón da miña vida

A Fraga

Meu santiño San Vicente olliños de lagarteiro quen che vai pasar o río o vintedous de xaneiro

San Vicente

Descubre mas información pasando el ratón por encima

Sabiduría popular

+info

-Están esquecidos e as institucións responsables de manter o Patrimonio non fan nada para a súa conservación permitindo en moitos casos a súa destrución. Moitos estragáronse coas enchentes e a acumulación de sedimentos e nunca máis se repuxeron.-Non están catalogados como BIC (Bens de Interés Cultural) nin inventariados nos Concellos.-Non están sinalizados nin tampouco incluídos nos programas de sendeirismo.-Nós cremos que os pasos se deben conservar porque contan a historia dunha antiga Galicia rural e de quen fomos; é algo que a cultura non debe esquecer. -Tamén pensamos que se debería conservar porque seguen sendo útiles para comunicar unha aldea con outra, ademáis dánlle máis vida a paisaxe.

Cremos que é urxente protexer os pasos porque:

Estado actual

06

E o alumnado de 3º da ESO do curso 2018-19

Nombre Apellidos

Profesora de Xeografía e Historia

Susana Trigo Arcos

Profesora de Tecnoloxía

Isa Torres Jack

Descobre máis información sobre os pasos pinchando aqui

Membros do equipo