Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Castelao e Goya,intérpretes de dores e desesperanzas

Estampas de guerra

Idea original de

Castelao

Goya

"Estas estampas, arrincadas da miña propia door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito"

Galicia mártirAsí titúlase o primeiro dos tres álbums da guerra que publicou Castelao en 1937. Con el pretendía amosar a súa defensa da Républica e denunciar internacionalmente a represión que estaba sufrindo Galicia.Está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa.

Guerra Civil española

Guerra da Independencia española

Os desastres da guerraSon unha serie de oitenta e dous augafortes realizados por Goya entre 1810 e 1815. As estampas que van desde a 1 á 47 detallan as crueldades cometidas na Guerra da Independencia española.

"Mísera humanidade. A culpa é túa!"

Estampas de guerra

Idea original de

Castelao no seu álbum Atila en Galicia retrata os sufrimentos e os agravios que sofren as mulleres, como nas estampas “Denantes morta que aldraxada” ou en “Matáronlle un fillo”

Na estampa 5 “E son feras” de Goya observamos a participación valorosa da muller durante a guerra.

"Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tan siquera son capaces de concebir. E na miña Terra complirase a vontade dos mártires"

Atila en Galicia é o segundo álbum da guerra que publicou Castelao en 1937 e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa

Na estampa 18 "Enterrar e calar" mostra o resultado, a presenza de cadáveres por todas partes, afastados xa das causas da súa morte, só esperando ser enterrados.

Idea original de

"Estas estampas relembran os primeiros meses da guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e deunos tempo para crear o Exército da República"

Milicianos é o terceiro título dos tres álbums da guerra e publicouno Castelao en 1938 como homenaxe ao valor e xenerosidade dos soldados. Está formado por once estampas debuxadas a tinta chinesa.

Estampas de guerra

A inutilidade da guerra e a repetición do sufrimento teñen unha boa explicación nas imaxes nas que se mostra, como na estampa 20 "Cúraos e a outra", aos soldados feridos que, unha vez curados, han de volver ao combate para converterse de novo en vítimas.

Goya non organiza as oitenta estampas.Parece coma se quixese mostrar o aleatorio que existe na guerra, onde non se sabe que é o seguinte que vai pasar.