Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Procedementopara a SOLICITUDE

Instrucións de Admisión na FP en Galicia Curso 2023/2024 (Dpto Orientación IES Sánchez Cantón - CGTD)

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

REQUISITOS DE ACCESO

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS MEDIOS

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS SUPERIORES

ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE

MATRICULACIÓN E RENUNCIA

ENLACE PARAINFORMARSE

LIBERACIÓN DE PRAZAS

CICLOS con PROBAS PSICOFÍSICAS

  • A Solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web.
  • Logo de realizada a Solicitude web, a aplicación informática xera un Impreso con instruccións individualizadas para cada solicitante.
  • O Impreso xerado pola aplicación informática indica a Documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera Centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional.
  • Este documento será validado polo Centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a Solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de Admisión.
  • No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como Resgardo da Solicitude de admisión.

  • Grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas

Para Acceso a Grado Medio

  • Título de ESO
  • Título profesional Básico (FPB)
  • Proba de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio
Para Acceso a Grado Superior
  • Título de Bacharelato
  • Título de Técnico
  • Proba de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior

GRUPO A ESO ou equivalentes GRUPO B FPB e PCPI GRUPO C Probas de Acceso e outros Ata o 70% Ata o 20% Ata o 10%

GRUPO A Bacharelato ou equivalentes GRUPO B Título de técnico GRUPO C Probas de acceso e outros Ata o 70% Ata o 20% Ata o 10%

O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do Centro educativo que solicitase en primeira opción. Será obrigatorio levar o Certificado do Grao de Discapacidade e o Ditame Técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuno. O Departamento de Orientación emitirá un informe, no que constará unha orientación específica, e se incluirá unha proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante.

As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden:

  • Matricularse: deberase facer no Centro adxudicado e nos Prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia.
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

  • A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes do ciclo formativo ata o 29 de setembro ás 13:00 horas para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso.
  • Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.
A relación dos Ciclos Formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional