Want to make creations as awesome as this one?

No description

More creations to inspire you

Transcript

LETRAS GALEGAS 19

1905

Nacemento

1910

Primeira formación

1918

Famelga

1919

1923

A Sociedade da Lingua

1924

1926-29

1932

Radio Galicia e casamento

No instituto de Pontevedra

Servizo militar, SEG e primeiros artigos

SAN FRAGUAS

Na universidade

SEGUINTE

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } O día dos Inocentes de 1905 naceAntonio Fraguas. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } A Insuela de Cotobade en que eu nacín... era unha aldea con máis vacas que veciños. Agora veciños quedan moi poucos, e vacas, ningunha. A casa onde nacín daba ao camiño chamado Camiño Real, cunha entrada para un curral con portal de ferro, entrada do gando, do carro e da xente. Unha escaleira subía a un patín e á entrada da parte alta da casa. Preto da escaleira estaba a porta da cociña á que se pasaba pola corte da vaca do leite, o cortello das crías, a pía dos porcos pequenos... (“O lugar e a casa onde nacín” in Grialnº 144) @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } a:visited { color: #800000; so-language: zxx; text-decoration: underline } @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Son fillo de solteira. Pero un fillo de solteira un tanto especial, porque deixei de selo cando tiña sete anos. Ata entón non coñecín o meu pai, emigrado no Brasil, e foi a miña nai quen me forneceu de todo o que un neno precisa: atención, aprecio, educación, compañía... e un lapote de cando en vez... A miña nai [tamén] é Mamá Antonia... Mamá Antonia nunca fora á escola, e o único que sabía de letras e de números era o que fora aprendendo en por ela nos mercados e nas feiras en que traballaba desde nena. Pero o seu enxeño natural compensaba a falta de escola, e a súa axilidade para o cálculo era tal que acababa ela máis rápido facendo as contas de cabeza que calquera de nós con lapis e papel. Sempre tiña un truco para me axudar a entender e gardar na cabeza todo o que a miña nai me ensinaba... Por sorte, a miña nai quixo que Mamá Antonia compartise con nós aqueles tempos primeiros. Así que ata os sete anos non tiven pai, pero tiven dúas nais ...Imaxino como foron aqueles primeiros anos da miña vida... A miña nai soa, cun fillo que atender pero sen pai. E Mamá Antonia completando o cadro. Que valente foi a miña nai cando a convidou a quedar canda nós...

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } En 1918 pasa unha tempada na escola de Famelga. O mestre desta escola influirá de xeito decisivo no futuro de A. Fraguas: @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Era unha marabilla escoitar falar aquel home. Non se conformaba con dar a lección de corrido, sempre tiña tempo para explicar os motivos, as razóns, o porqué de cada cousa... ...non só quería que don Antonio fose o meu mestre, senón que eu algún día quería ser un mestre como don Antonio... ...don Antonio explicábanos por que se formaban as serras, por que unhas son máis aguzadas e outras teñen contornos máis suaves, por que os ríos son vigorosos no seu curso alto e se van sosegando conforme se achegan a desembocadura, como se crearon as rías a partir dos vales costeiros anegados...

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } En 1910comeza a ir á escola pública da parroquia natal. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...O que aprendín ben foi a ler. As únicas cousas que me explicou[o mestre]foron dúas verbas, que “torto” era que lle faltaba un ollo e que “afónico” era o que lle faltaba a palabra, é dicir, que non podía falar. Nunca collín na man un xiz; vin unha cousa branca que lle deron unha vez a un rapaz porque foi o inspector da escola... O seu paiManuel Fraguas Rodríguezregresa de América e o mesmo día que casa coa nai tamén o recoñece por fillo, o 7 de agosto de 1912.

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } En 1923 fundacon outros compañeiros a Sociedade da Lingua para defender o galego e ao tempo elaborar un dicionario e, quizais, tamén ten contacto por primeira vez coas Irmandades da Fala. Fun rematando o bacharelato. O sexto curso foi un curso especial; incluso fundaramos, entre varios, xa mociños, unha Sociedade de Lingua (ibidem) @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ... Xurdiu así una pequena sociedade que chamamos: Sociedade da Lingua, co seu regulamento e unha insignia formada por un pequeno triángulo de prata e as letras S.S.L. colocadas unha en cada vértice do triángulo... Tiñamos como temas de estudo facer un Dicionario Galego, estudar os brasóns pontevedreses e facer un estudio da economía das repoboacións forestais feitas polos veciños das parroquias e lugares campesíos de Galicia

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } em { font-style: italic } No bienio 1926-28 cumpre o servizo militar en Compostela e imparte clases como profesor auxiliar na Facultade de Filosofía e Letras (ata 1933).O 15 de outubro de 1927 é proposto para sociodo Seminario de Estudos Galegosonde ingresa como numerario ao ano seguinteco estudo "O castro deSoutolongo (Lalín)". Participa en variasxeirasou traballos de campo para estudar algunhas comarcas: Terra de Melide (foi un dos encargados de catalogar os xacementos castrexos) e Terra de Deza. É secretario de actas e logo como bibliotecario do SEG.O 8 de outubro de 1927 publica o primeiro artigo, en castelán, no xornalEl Pueblo Gallego, "Compostela al día. Un artista olvidado", sobre o escultor Uxío Souto e a súaDruidesa.En 1929 enA Nosa Terraaparece a súa primeira colaboración en galego, "Unha serán na catedral", e un ano despois, con López Cuevillas e Purificación Lorenzana, enArquivoso primeiro traballo relacionado coa arqueoloxía, "Mámoas do Sabiñao".

En 1932 é unha das voces pioneiras no uso do galego na radio, formando parte do primeiro cadro de actores de Unión Radio Galicia.Casa en Valga con Teresa Martínez Magariños o 16 de xullo deste mesmo ano. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...Teresa foi a miña compañeira durante máis de setenta anos, e sen o seu apoio permanente non sei eu o que sería de min. Non só aturou o meu compromiso permanente con Galicia e a súa cultura, sacándolle horas ao noso descanso e ao noso tempo xuntos, senón que foi o meu apoio nos momentos difíciles que vivimos, especialmente durante a guerra civil e os anos posteriores... ...Non puiden encontrar ninguén mellor para compartir o meu paso polo mundo...

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } O 14 de abril de 1919, Antonio solicita facer o ingreso no Instituto de Pontevedraondeestuda todo o bacharelato, que rematará en 1924. Nestes anos é discípulo de Castelao ou Losada Diéguez e traba amizade con Sebastián González García-Paz e Luis Brey Bouza.“...ingresei no instituto, aprobei o ingreso. Contestei moi ben, ademais, no ingreso... E, en setembro, aprobei o primeiro curso por libre. Logo estudiei o segundo tamén por libre... Funme examinar e aprobei. E o terceiro xa fun por oficial.Desde que entrei no instituto eu non deixei de ser “o da aldea”. Houbo xa momentos en que presumía de que era “o da aldea”(Xosé Manuel González Reboredo, “Notas dunha conversa con Antonio Fraguas” in Revista Galega do Ensino, nº 17 (novembro 1997) @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } a:visited { color: #800000; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...Era a primeira vez que saía da miña aldea de Insuela, e aínda que Pontevedra non é grande, a min parecíame a cidade máis populosa do mundo; sobre todo os días 1 e 15 de cada mes, cando se celebraba o mercado de gando ao que acudían tratantes de toda a contorna. ...Cando cheguei a Pontevedra para matricularme no Instituto, chamábanme “o da aldea”. Case todos eran da cidade, e para eles resultaba estraño que un rapaz coma min, procedente dese mundo para eles descoñecido, fose compañeiro seu de estudos. Algúns preguntábanme como era a vida no sitio de onde eu viña... Eu, claro, era “un da aldea”, un da aldea que non sabía falar castelán, e tiven que aprender ben o castelán...

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } No curso 1924-25 matricúlase na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá; no seu expediente universitario destacan oito sobresalientes con matrícula de honra.

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } O 14 de abril de 1919 Antonio solicita facer o ingreso no Instituto de Pontevedraondeestuda todo o bacharelato que remata en 1924. Nestes anos é discípulo de Castelao ou Losada Diéguez e traba amizade con Sebastián González García-Paz e Luis Brey Bouza.“...ingresei no instituto, aprobei o ingreso. Contestei moi ben, ademais, no ingreso... E, en setembro, aprobei o primeiro curso por libre. Logo estudiei o segundo tamén por libre... Funme examinar e aprobei. E o terceiro xa fun por oficial.Desde que entrei no instituto eu non deixei de ser “o da aldea”. Houbo xa momentos en que presumía de que era “o da aldea”(Xosé Manuel González Reboredo, “Notas dunha conversa con Antonio Fraguas” in Revista Galega do Ensino, nº 17 (novembro 1997)

No bienio 1926-28 cumpre o servizo militar en Compostela e imparte clases como profesor auxiliar na Facultade de Filosofía e Letras (entre 1929 e 1933).O 15 de outubro de 1927 é proposto para sociodo Seminario de Estudos Galegosonde ingresa como numerario ao ano seguinteco estudo "O castro deSoutolongo (Lalín)". Participa en varias dasxeirasou traballos de campo do SEG: Terra de Melide (foi un dos encargados de catalogar os xacementos castrexos), Terra de Deza. É secretario de actas e bibliotecario do SEG.Publica o primeiro artigo, en castelán, no xornalEl Pueblo Gallegoo 8 de outubro de 1927, "Compostela al día. Un artista olvidado", sobre o escultor Uxío Souto e a súaDruidesa. E en1929 no periódicoA Nosa Terraaparece a súa primeira colaboración en galego, "Unha serán na catedral", e un ano despois, con López Cuevillas e Purificación Lorenzana, enArquivoso primeiro traballo relacionado coa arqueoloxía, "Mámoas do Sabiñao".

LETRAS GALEGAS 19

1932

Primeiras oposicións, A Estrada

1936

Actividade política. Estatuto de Autonomía

1937

Represión

1939

1942

RAG

1944

1950

1959

Traslado a Compostela

Ensino privado e tese de doutoramento

Novas oposicións. Instituto de Lugo

SAN FRAGUAS

Instituto "Padre Sarmiento"

SEGUINTE

INICIO

En 1959 volve a Compostela como profesor do Instituto Rosalía de Castro, do que será xefe de estudos e vicesecretario, ao tempo que tamén imparte clases na Facultade de Filosofía e Letras, ata que remata o seu labor docente coa xubilación, o 28 de decembro de 1975. Eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade.

Oposita de novo a cátedras de instituto, pero fracasa varias veces polos antecedentes políticos, como lle di un dos membros do xurado. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...díxome o director do Instituto San Isidro: “A usted le ha hundido la política. El tribunal le respeta a usted muchísimo, tiene a usted en gran consideración, pero la política no le dejó ser [catedrático de instituto]Por fin aproba en 1950 e é destinado ao Instituto de Lugo, no que toma posesión o 15 de maio. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Os meus anos en Lugo foron como unha explosión de felicidade tras o tempos amargos que me tocou vivir... Lugo para min significou o mesmo que para Frei Luís o de “Diciamos onte”: A liberdade. Foi a volta á miña vida académica, por iso nunca poderei esquecer Lugo. ...Para un profesor coma min, que gusta de explicar as cousas sobre o terreo, dar clase en Lugo foi un regalo formidable que non quixen desaproveitar...

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } em { font-style: italic } Cando en1944 xorde o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, é o encargado de catalogar o que quedaba da biblioteca do antigo Seminario de Estudos Galegos. Ademais será, con posterioridade, xefe da sección de Etnografía e Folclore, secretario, comisario de varias exposicións... á vez que redacta trece artigos (entre 1946 e 1975) para a revistaCuadernos de Estudios Galegose publica dous libros (Historia del Colegio de FonsecaeLos colegiales de Fonseca) @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...a min nomeáronme en seguida para coidar dos libros... E alí, de noite, eu fun catalogando todo o que había;

O20 de maio de 1937aComisión de Depuración de Enseñanzade Pontevedraordena a súa separación definitiva do ensino público.E chegou a denuncia de que era comunista peligroso e, no acto suspendéronme (Glez. Reboredo) @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...Os fusís contra as ideas... ...Xa nada volveu ser igual. Os fusís contra os libros. ...Eu funme zafando, pero durante anos espertei con medo de que me viñesen buscar para unha camiñada polo monte, de ida pero sen volta. Xa nada volveu ser igual. Eu era profesor de Xeografía e Historia no Instituto da Estrada, e co grupo galeguista da vila fixeramos a campaña do Estatuto. Ó se producir o alzamento viñeron uns falanxistas de fóra e con varios mozos, algúns deles ex-alumnos meus, organizaron a represión. Primeiro déronnos o ricino e logo mandáronnos borrar con cepillos e sosa viva todas as pintadas de ESTATUTO SI, que fixeramos no chan, arredor da fonte e noutros lugares concorridos. Os rapaces da vila, por me favorecer, na vez do cepillo e a sosa metéronme nas mans unha bandeira, que sería a falanxista, digo eu. Tiñamos que ir cantando o Cara al Sol, pero eu non o sabía, trabucábame e díxome un deles: “Non cante, don Antonio, non cante, deixe” Os que estamos aquí, foi un verdadeiro milagre... Non me metín nunca con ninguén. Non teño reservas con ninguén (entrevista na TVG)

En 1933 aproba as oposicións para o ensino secundario e o11 de novembro deste mesmo ano deixa Compostelaparaincorporarseao claustro do Instituto da Estrada, do que foi secretario. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...A Estrada, cando eu cheguei alí no ano 1933, era un ermo, pero asemade unha vila desexosa de formar parte daquel novo tempo que supuxo a República. Todos os proxectos que puxen en marcha, desde o museo á biblioteca, foron acollidos con entusiasmo polos veciños, que os fixeron seus e que os converteron no centro da vida cultural daquela localidade buliciosa e con gran tradición literaria... ...En 1936 todo quedou cernado de raíz... a min salvoume a vida o aprecio dos veciños da Estrada e a proximidade a miña casa natal de Insuela, onde me tiven que agochar durante meses para non ser vítima do odio que se desencadeou...E visituou cos seus alumnos Tui: Celebramos haber tenido ocasión de visitar el colegio Subvencional de la ciudad de Tuy(sic), aunque no sea nada más que para que los vecinos de La Estrada, y sobre todo, los padres de familia, se den perfecta cuenta del enorme sacrificio que realizan los profesores de nuestro colegio ya que para la enseñanza de los alumnos no cuentan con más material pedagógico que el que suministra su imponderable entusiasmo.(inFaro de Vigo, 31/05/1934, referencia a saída Santa Tegra, Tui, Vigo e Pontevedra)

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } En 1936 presenta a súa candidatura á alcadía de A Estrada, participa en mitins e na campaña pro Estatuto de autonomía. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } a:visited { color: #800000; so-language: zxx; text-decoration: underline } Eu fun galeguista... Por iso me preocupo por Galicia sen aspiracións políticas. Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra (El Correo Gallego, 6/11/1999)

A Real Academia Galega acorda nomealo membro correspondente na sesión do 13 de decembro de 1942, e de número na do 19 de abril de 1951, para ocupar a cadeira de Castelao.O discurso de ingreso,Coplas que se cantanban nas ruadas de Loureiro de Cobotade,leuno o 8 de maio de 1956 sendo respondido por Otero Pedrayo. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...Veño a ocupar un lugar que quedou baleiro o día sete de xaneiro de 1950 cando alá lonxe, en Bos Aires, morreu Alfonso Rodríguez Castelao, o amigo Daniel, o médico que por non poder varrer a morte do leito dos enfermos non quixo exercer a medicina. Quizais fora mellor deixar vacante o seu posto deica que outro artista como el ou Rosalía, as dúas representacións de Galicia máis sinceras e acabadas, viñera ocupar esta cadeira. Non debera ser eu o destinado que son home de poucas letras e a quen a arte lle foxe como foxe o vento que canta nas ripas dunha cancela. Veño pro sitio dun home cuxo nome leva unha proxección universal de sincera grandeza e popularidade...(do discurso de entrada de A. Fraguas na RAG)

Imparte clases na academia Menéndez y Pelayo, da que consta como director un crego, e tamén exerce como profesor encargado na Universidade, mentres aproveita o resto do tempo para redactar a tese de doutoramento, que defenderá na Universidade de Madrid o 16 de xuño de 1948.

Nestes anos vive de impartir clases na academia Menéndez Pelayo de Compostela e tamén exerce de profesor encargado na Universidade. Aproveita o tempo que lle queda libre para elaborar a súa tese de doutoramento que defendereá na Universidade de Madrid o 16 de xuño de 1948. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...eu acoplárame a un crego que era licenciado en Filosofía e Letras... Eu non podía dar clase, podía dar clase clandestinamente, a min estábame prohibido dar clase... Veu cinco ou seis veces a policía a ver se eu era dono de non sei que cousas... A academia estivo alí[Algalia de Abaixo]ata que eu saín catedrático, e incluso un tempo máis. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline }

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } em { font-style: italic } O20 de maio de 1937aComisión de Depuración de Enseñanza de Pontevedraordena a súa separación definitiva do ensino público.E chegou a denuncia de que era comunista peligroso e, no acto suspendéronme (Glez. Reboredo) @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Eu era profesor de Xeografía e Historia no Instituto da Estrada, e co grupo galeguista da vila fixeramos a campaña do Estatuto. Ó se producir o alzamento viñeron uns falanxistas de fóra e con varios mozos, algúns deles ex-alumnos meus, organizaron a represión. Primeiro déronnos o ricino e logo mandáronnos borrar con cepillos e sosa viva todas as pintadas de ESTATUTO SI, que fixeramos no chan, arredor da fonte e noutros lugares concorridos. Os rapaces da vila, por me favorecer, na vez do cepillo e a sosa metéronme nas mans unha bandeira, que sería a falanxista, digo eu. Tiñamos que ir cantando oCara al Sol, pero eu non o sabía, trabucábame e díxome un deles: “Non cante, don Antonio, no cante, deixe” @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } "A hecatombe" ...Os fusís contra as ideas... ...Xa nada volveu ser igual. Os fusís contra os libros. ...Eu funme zafando, pero durante anos espertei con medo de que me viñesen buscar para unha camiñada polo monte, de ida pero sen volta. Xa nada volveu ser igual. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Os que estamos aquí, foi un verdadeiro milagre... Non me metín nunca con ninguén. Non teño reservas con ninguén (entrevista na TVG)

LETRAS GALEGAS 19

1976

Museo do Pobo Galego

1979-1991

Múltiples publicacións

1983

Consello da Cultura Galega

1992-1995

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Imparte clases na academia Menéndez y Pelayo, da que consta como director un crego, e tamén exerce como profesor encargado na Universidade, mentres aproveita o resto do tempo para redactar a tese de doutoramento, que defenderá na Universidade de Madrid o 16 de xuño de 1948.

1994

Doazón da súa biblioteca

1996

1999

2018

Autor das Letras 2019

Recoñecementos varios

Pasamento

SAN FRAGUAS

Adeús a súa dona

ATRÁS

SEGUINTE

Recibe múltiples premios e nomeamentos: Pedrón de Ouro, premio Trasalba, medalla Castelao, premio de Investigación da Xunta de Galicia, Cronista Xeral de Galicia(1992), premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia.Lugo, Melide e Santiago de Compostela danlle o seu nome a unha rúa etc.No mes de outubro de 1995, a sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega organiza na súa honra o Simposio Internacional Medicina popular. Antropoloxía da Saúde, coordinado por Xosé Manuel González Reboredo. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Vaia o meu fondo... sentimento de agradecemento pero reparen en que eu non son merecente de semellante lembranza... porque eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade.(agradecemento cando lle dedicaron unha rúa en Compostela) os que acordaron darlle o meu nome nada podían esperar de min, porque non son un político, nin son nada, non máis que un pobre profesor xubilado. (cando lle dedicaron unha rúa en Lugo)

O 24 de xaneiro de 1976 asiste á primeira xuntanza para a creación dun museo galego de antropoloxía, que se denominará Museo do Pobo Galego. Participa en todos os actos como director deste, dende a inauguración das primeiras salas o 29 de outubro do ano seguinte, ata o pasamento do seu compañeiroXocas, o 18 de xullo de 1989, cando é nomeado presidente do padroado. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...do[proxecto]que estou máis orgulloso é do que deu como resultado a creación do Museo do Pobo Galego. Penso que Galicia tiña necesidade dun espazo así, para ensinarlles a propios e foráneos a súa esencia como comunidade de seu, construída paseniño ao longo da historia.

Cando se crea o Consello da Cultura Galega, é nomeado membro a título individual destacando a súa participación, sobre todo, como coordinador da sección de Antropoloxía Cultural.

Publicamúltiples libros: o dedicado ao patriarca Manuel Murguía(1979), ao traxe tradicional (1985), ao cancioneiro da súa terra de Cotobade (1985), á vida e á obra do seu compañeiro da RAG Iglesia Alvariño(1986), á Real Sociedade Económica de Amigos do País (1986), ás romarías e aos santuarios (1988), a Celso Emilio Ferreiro (1989), ás tradicións galegas (1991) etc.

O 17 de decembro de 1994 asina a cesiónda súa biblioteca ao Museo do Pobo Galego(12.937 libros e folletos e 399 cabeceiras de publicacións periódicas), ao tempo que escribe no libro de ouro do Museo: No día que deixamos o noso "tesouro", a sinxela biblioteca co pensamento na nosa terra e na nosa cultura. Os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que che fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer. (Clodio Glez. Pérez, Galegos na Historia. Antonio Fraguas: Profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo. Galego de ben., Ir Indo Edicións).

O 29 de marzo de 1996 falece dona Teresa, a súa dona; remata así un matrimonio que non tivo descendencia.

O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería oescritor homenaxeadoo Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } ...A Fermín[Bouza Brey, colega seu do SEG e xuíz na Estrada]dedicáronlle o Día das Letras Galegas en 1992. Quen me dera que algún ano mo dedicasen a min tamén. Aínda que eu xa non o verei...

O 5 de novembro de 1999 fina en Santiago de Compostela, cando estaba a piques de cumprir os 94 anos.Está enterrado á entrada do cemiterio compostelán de Boisaca, entre Aurelio Aguirre (un dos protagonistas do Banquete democrático de Conxo), Valle-Inclán, e dende xaneiro de 2012 tamén a carón do seu amigo Isaac Díaz Pardo. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Oséculoque agora rematamos ten que gravar en todas as pedras de Compostela o talante simpático, tenro, firme e (malia o seu arrandear de paisano crebado pola querencia da terra e do po bíblico)segurodeste nosodon Antón. Deste don Antón, O Noso que se nos foi onte silandeiramente.(Anxo Tarrío, “Don Antón, o Noso” in O Correo Galego, 6/11/1999)

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } O 5 de novembro de 1999 fina en Compostela, sendo enterrado á entrada do cemiterio de Boisaca, entre Aurelio Aguirre (un dos protagonistas do Banquete democrático de Conxo), Valle-Inclán, e dende o 5 de xaneiro de 2012 tamén a carón do seu amigo Díaz Pardo. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Oséculoque agora rematamos ten que gravar en todas as pedras de Compostela o talante simpático, tenro, firme e (malia o seu arrandear de paisano crebado pola querencia da terra e do po bíblico)segurodeste noso don Antón. Destedon Antón, O Nosoque se nos foi onte silandeiramente.(Anxo Tarrío, “Don Antón, o Noso” in O Correo Galego, 6/11/1999)

LETRAS GALEGAS 19

Xaneiro 2019

Placa na casa natal

Marzo

Primavera das Letras

Abril-decembro

Exposición itinerante

3 de abril

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } Imparte clases na academia Menéndez y Pelayo, da que consta como director un crego, e tamén exerce como profesor encargado na Universidade, mentres aproveita o resto do tempo para redactar a tese de doutoramento, que defenderá na Universidade de Madrid o 16 de xuño de 1948.

3 de maio

Outro vídeo

17 de maio

Coda

Créditos

Telexornal

Fraguas e Tui

SAN FRAGUAS

A RAG en Cerdedo-Cotobade

ATRÁS

VOLVER

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } A cidade de Tui ten dous motivos xeográficos como cuarteis de senlleiro brasón: o río Miño e o monte Aloia. Forma un conxunto monumental que comenza na Santa Igrexa Catedral e remata nas mansións campesiñas extramuros da cidade. Na súa historia hai afastadas raíces, moitas aínda descoñecidas na sombra da incertidume e a hipótese, máis ou menos lexendaria, de que un día se poida mostrar a testemuña fidelísima que nos diga o nome dos históricos que tiveron a idea de erguer en Tui a súa morada. Pero se a historia da cidade ten lenda, tamén a ten o monte Aloia ou monte de San Xulián. É un dos mellores miradores de Galicia. Dende o seu cume enxérganse Vigo, as illas Cíes, as Estelas de Baiona, o pazo de Monterreal, o Pico de Santa Tegra, Caminha e as vilas do norte de Portugal, e a liña do Miño deica Salvaterra. No cume está a capela de San Xulián, levantada na explanada, e logo a cruz monumental, que lle pon remate. Aquí celébrase unha gran romaría adicada ó titular do monte. Conta a tradición que no momento de ocorrer a invasión musulmá en España, os tudenses fuxiron para os montes e levaron para o Aloia “el cuerpo y reliquias del Mártir San Xulián”, segundo refire Ávila y Lacueva... O monte está, segundo as lendas xeográficas, cheo de reliquias de santos enterrados alí. E aínda chega unha crenza de santidade ó supor que San Xulián sufriu martirio no mesmo monte..."San Xulián do Monte Aloia" inRomarías e Santuarios, Galaxia, Vigo, 1989 (2ª). pp. 363-5 @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline }

Escolares de Cerdedo-Cotobade participaron o 28 de febreiro na presentación desta edición da primavera das Letras, proxecto web que conxuga aspectos lúdicos e didácticos para coñecermos mellor a Fraguas.

O 13 de xaneiro.Cerdedo-Cotobade dou comezo aos actos en honra do seu egrexio veciño coa colocación dunha placa na casa natal.

Neste ano Fraguas "Antonio Fraguas, memoria dun soño" e o nome dunha exposiciónformada por 12 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e obra do autor do día das Letras. Ao tempo, vanse ofrecendo datos acerca do contexto social, económico e político para comprendermos mellor ao noso homenaxeado.A exposición entre abril e decembro, visitará: Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Amoeiro

Nesta nova edición do Telexornal das Letras Galegas, o alumnado do CPI dos Dices-Rois achéganos á figura e o legado de Antonio Fraguas a través de entrevistas a Clodio González, Xusto Beramendi, Malores Villanueva ou Héctor Cajaraville. Unha vez máis un magnífico traballo.

O Día das Letras a RAG celebra xuntanza extraordinaria en loanza de Antonio "o da aldea" , na terra onde naceu.

Desde a biblioteca do IES "Concepción Arenal" (Ferrol) chéganos tamén este magnífico traballo videográfico sobre a vida e obra do noso homenaxeado:

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:visited { color: #800000; so-language: zxx; text-decoration: underline } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } AA. VV., Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Un home que traballou sempre por e pra Galicia. Ofrenda no seu Centenario, Xunta de Galicia-Fundación Antonio Fraguas-Museo do Pobo Galego, 2006, 267 pp.AA. VV., Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros Literarios, Hércules de Ediciones, A Coruña, 2019, 93 pp.AA. VV., O Instituto Rosalía de Castro e o Colexio San Clemente, Xunta de Galicia-Concello de Santiago, 2012, pp. 129-138CAJARAVILLE, Héctor, Antonio .. O bo mestre, o mestre bo, Xerais, Vigo, 2019, 108 pp.FRAGUAS, Antonio, As cousas de Antonio de Insuela, Editorial Compostela-Edicións O Correo Galego, Santiago, 1996, 96 pp.FRAGUAS, Antonio, Do tempo e dos astros, Galaxia, Vigo, 2019, 56 pp.FRAGUAS, Antonio, Romarías e santuarios, Galaxia, Vigo, 1988VILLANUEVA GESTEIRA, Malores, Antonio Fraguas. Mestre da memoria, Galaxia, Vigo, 2019, 196 pp.http://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/Antonio%20Fraguas.pdfhttp://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2019/http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/2019-antonio-fraguas-fraguashttps://www.tabeirosmontes.com/a-interrupcioacuten-traacutexica-do-galeguismo.html

O 13 de xaneiro, Cerdedo-Cotobade dou comezo aos actos en honra do seu egrexio veciño coa colocación dunha placa na casa natal.

Desde a biblioteca do IES "Concepción Arenal" (Ferrol) chéganos tamén este magnífico traballo videográfico sobre a vida e obra do noso homenaxeado:

AA. VV., Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Un home que traballou sempre por e pra Galicia. Ofrenda no seu Centenario, Xunta de Galicia-Fundación Antonio Fraguas-Museo do Pobo Galego, 2006, 267 pp.AA. VV., Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros Literarios, Hércules de Ediciones, A Coruña, 2019, 93 pp.AA. VV., O Instituto Rosalía de Castro e o Colexio San Clemente, Xunta de Galicia-Concello de Santiago, 2012, pp. 129-138CAJARAVILLE, Héctor, Antonio .. O bo mestre, o mestre bo, Xerais, Vigo, 2019, 108 pp.FRAGUAS, Antonio, As cousas de Antonio de Insuela, Editorial Compostela-Edicións O Correo Galego, Santiago, 1996, 96 pp.FRAGUAS, Antonio, Do tempo e dos astros, Galaxia, Vigo, 2019, 56 pp.FRAGUAS, Antonio, Romarías e santuarios, Galaxia, Vigo, 1989 (2ª), 373 pp.VILLANUEVA GESTEIRA, Malores, Antonio Fraguas. Mestre da memoria, Galaxia, Vigo, 2019, 196 pp. @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } https://academia.gal/letras-actualhttps://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Fraguashttp://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/Antonio%20Fraguas.pdfhttp://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2019/http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/2019-antonio-fraguas-fraguas @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline } https://emigracion.xunta.gal/es/conociendo-galicia/aprende/entrevista/anton-fraguas-fraguashttps://www.tabeirosmontes.com/a-interrupcioacuten-traacutexica-do-galeguismo.html

Neste ano Fraguas "Antonio Fraguas, memoria dun soño" e o nome dunha exposiciónformada por 12 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e obra do autor do día das Letras. Ao tempo, vanse ofrecendo datos acerca do contexto social, económico e político para comprendermos mellor ao noso homenaxeado.A exposición entre abril e decembro, visitará: Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Amoeiro

Nunha nova edición do Telexornal das Letras Galegas, o alumnado do CPI dos Dices-Rois achéganos á figura e o legado de Antonio Fraguas a través de entrevistas a Clodio González, Xusto Beramendi, Malores Villanueva ou Héctor Cajaraville. Unha vez máis un magnífico traballo.

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } A cidade de Tui ten dous motivos xeográficos como cuarteis de senlleiro brasón: o río Miño e o monte Aloia. Forma un conxunto monumental que comenza na Santa Igrexa Catedral e remata nas mansións campesiñas extramuros da cidade. Na súa historia hai afastadas raíces, moitas aínda descoñecidas na sombra da incertidume e a hipótese, máis ou menos lexendaria, de que un día se poida mostrar a testemuña fidelísima que nos diga o nome dos históricos que tiveron a idea de erguer en Tui a súa morada. Pero se a historia da cidade ten lenda, tamén a ten o monte Aloia ou monte de San Xulián. É un dos mellores miradores de Galicia. Dende o seu cume enxérganse Vigo, as illas Cíes, as Estelas de Baiona, o pazo de Monterreal, o Pico de Santa Tegra, Caminha e as vilas do norte de Portugal, e a liña do Miño deica Salvaterra. No cume está a capela de San Xulián, levantada na explanada, e logo a cruz monumental, que lle pon remate. Aquí celébrase unha gran romaría adicada ó titular do monte. Conta a tradición que no momento de ocorrer a invasión musulmá en España, os tudenses fuxiron para os montes e levaron para o Aloia “el cuerpo y reliquias del Mártir San Xulián”, segundo refire Ávila y Lacueva... O monte está, segundo as lendas xeográficas, cheo de reliquias de santos enterrados alí. E aínda chega unha crenza de santidade ó supor que San Xulián sufriu martirio no mesmo monte..."San Xulián do Monte Aloia" in Romarías e Santuarios, Galaxia, Vigo, 1989 (2ª), pp. 363-5

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } O Día das Letras a RAG celebra xuntanza extraordinaria en loanza de Antonio "o da aldea" , na terra onde naceu.

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent } O 28 de febreiro escolares de Cerdedo-Cotobade deron inicio á edición deste ano da Primavera das Letras, unha iniciativa lúdico pedagóxica que visualiza e pon en valor a vida e obra do homenaxeado o Día das Letras.