Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

AS FUNCIÓNS VITAIS DO SER HUMANO: A RELACIÓN

NUTRICIÓN

REPRODUCIÓN

RELACIÓN

- A función de relación permite aos seres vivos percibir todo o que ocorre ao seu arredor e reaccionar dunha forma adecuada.- A función de relación lévase a cabo nos seguintes órganos, aparellos e sistemas: - Órganos dos sentidos - Aparello locomotor - Sistema nervioso

2 FUNCIÓN DE RELACIÓN

Función de relación

VER

SISTEMA ÓSEO

O esqueleto humano está formado por 206 ósos.Dálle forma ao noso corpo, intervén no movemento e protexe órganos delicados como o cerebro, a médula espiñal e o corazón.TIPOS DE ÓSOS: ÓSOS LONGOS.- Por exemplo, a tibia, o peroné e o fémur, que é óso máis longo do corpo. ÓSOS CURTOS.- Por exemplo, os das mans e os dos pés. ÓSOS PLANOS.- Por exemplo os do cranio e as costelas. Protexen as partes delicadas do corpo. ÓSOS IRREGULARES.- Por exemplo, as vértebras e os osiños do oído (o estribo é o óso máis pequeno do corpo).

Os ósos permanecen unidos entre sí mediante os LIGAMENTOS.

Algúns ósos do corpo están recubertos dun tecido máis flexible e brando que recibe o nome de CARTILAXE.

1

2

3

4

VER

VER

SISTEMA MUSCULAR

Os músculos son órganos elásticos, é dicir, poden estirarse ou encollerse e despois recuperar a súa forma e tamaño anteriores.Os músculos esqueléticos únense aos ósos e fan que estes se movan.

Os músculos únense aos ósos mediante os TENDÓNS.

Os músculos reciben ordes do cerebro ou da médula espiñal a través dos nervios que chegan ata eles.

VER

VER

SISTEMA NERVIOSO

1

2

3

4

5

O sistema nervioso reliza as seguintes funcións: - Analiza a información que lle chega a través dos órganos dos sentidos e dos órganos internos. - Ordena as respostas necesarias para que o corpo funcione correctamente. - Coordina o funcionamento dos órganos e sistemas do corpo.

O sistema nervioso está formado por un único tipo de células: As NEURONAS, que transmiten información continuamente a través de distintas prolongacións.

AXÓN

O axón é unha ramificación longa e fina que se encarga de enviar a información ás dendritas doutras neuronas. Só hai un axón en cada neurona.

DENDRITAS

As dendritas son ramificacións curtas que se encargan de recibir a información transmitida polos axóns doutras neuronas. Cada neurona ten varias dendritas.

CORPO

O corpo é a zona central da que parten o axón e as dendritas.

VER

O cerebro é o órgano do pensamento e da memoria, almacenando datos e experiencias. Tamén controla os actos voluntarios como a fala.

O cerebelo coordina os movementos e controla o equilibrio.

O bulbo raquídeo encárgase de que os órganos internos funcionen correctamente; por exemplo, encárgase de que o corazón latexe ou que o fígado produza a bile.

A médula espiñal ordena respostas involuntarias, como retirar a man cando nos queimamos. A médula espiñal está protexida polas vértebras, que forman a columna vertebral.

Os nervios son fibras longas formadas pola unión de axóns de varias neuronas. Hai dous tipos de nervios: - Os nervios sensitivos, que transmiten a información desde os órganos dos sentidos ata o encéfalo e a médula espiñal. - Os nervios motores, que levan as ordes do encéfalo e a médula espiñal ata outros órganos.

ÓRGANOS DOS SENTIDOS

ÓRGANO: olloSENTIDO: vistaRECEPTORES situados na retina

ÓRGANO : oídoSENTIDO: oídoRECEPTORES situados no caracol

ÓRGANO : narizSENTIDO: olfactoRECEPTORES situados na pituitaria amarela

ÓRGANO: linguaSENTIDO: gustoRECEPTORES situados nas papilas gustativas

ÓRGANO: pelSENTIDO: tactoRECEPTORES situados por toda a pel.

Conteñen uns receptores que captan os estímulos e envíanos ao cerebro a través dos nervios

VER