Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Tipo de mobilidade: Curso estruturadoInstitución de acollida: Centro Lingüístico para la Enseñanza y Evaluación de Idiomas (RCeL) da Universidade Nacional e Kapodostríaca de AtenasLugar de celebración: Atenas (Grecia)Datas: 5-10 de novembro de 2018Número de profesorado participante:7Lingua do curso: inglés

Mediación Lingüística

PROFESORADO PARTICIPANTE

Os 7 profesores imparten catro dos sete idiomas ofrecidos na EOI de Santiago. Todos tiñan experiencia previa no desenvolvemento e creación de documentación fundamental dentro da ensinanza de EEOOII, como currículos, especificacións de probas de certificación, e táboas de baremación. Tres deles son membros da Comisión de Coordinación de las Probas de Certificación de EOI (CCPC) y terán un papel activo na adaptación destas probas e dos currículos á nova normativa do Real Decreto 1041/2017,Francisco Pose Santos (alemán)Laurence Guillas (francés)María Cristina González Piñeiro (Italiano e CCPC)Juan Lago Leis (inglés e CCPC)Teresa Moralejo Gárate (inglés e xefa de estudos)Stéphane Moens (xefe do dept. de francés)Cristina Rodríguez Rodríguez (xefa do dept. de inglés e CCPC)

Institución de acollida

O departamento RCeL (Centro Lingüístico para la Enseñanza e la Evaluación de Lenguas) da Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas ten como obxectivos levar a cabo investigación e creación de materiais e recursos para a docencia e a avaliación de linguas e apoiar proxectos educativos do Ministerio de Educación de Grecia e outras entidades europeas educativas. Conta cun equipo altamente cualificado que dende 2004 contribue á investigación e divulgación no campo da educación de linguas. En concreto, o RCEL conta con profesorado especialista na mediación lingüística, con numerosas publicacións e presentacións en congresos internacionais. O seu traballo no desenvolvemento do exame de linguas KPG (Exame Nacional de Linguas Estranxeiras), que inclue a competencia de mediación, é único en Europa. O equipo del RCeL é uns dos mellores cualificados para impartir unha formación sobre a mediación lingüística.

+ info

"O profesorado participante enfréntase aoreto de implantar o Real Decreto 1041/2017 que establece o currículo para as EEOOII de España, Todos os participantes teñen experiencia previa na aplicación de lexislación estatal ao contexto educativo galego das EEOOII. Mais, para que poidan continuar aportando ao desenvolvemento do Real Decreto que se implanta, tanto a nivel de docencia coma da avaliación e certificación de competencias, é necesario formarse para coñocer como a mediación lingüística, agora a quinta competencia que debe desenvolverse nas actividades de lingua, poida formar parte das ensinanzas e certificacións de linguas." Cristina Rodríguez Rodríguez

Detección de necesidades

5 Nov

Introduction to the theory and practice of cross linguistic mediationTeaching and learning through mediation activitiesSelecting materials for mediation activities

6 Nov

Dealing with oral mediationDealing with written mediationWorkshop: Developing mediation activities

7 Nov

Assessing oral and written mediation: an introductionVideo-taped mediation sessions and Q&AEvaluation criteria and rating grids for mediation test tasksWorkshop: Designing rating grids for mediation test tasks

8 Nov

New Performance descriptors of the CEFR CompanionBeyond cross-linguistic mediationFeedback on seminars and discussion

9 Nov

All day workshop:Designing mediation LEARNING tasks and developing criteria for their evaluationDesigning mediation TESTING tasks and developing criteria for their evaluation

10 Nov

Preparation of materials and evaluation reports

Programación de actividades

Curso impartido en inglés por Bessie Dendrinos, Maria Stathopoulou e Kia Karavas, responsables do exame KPG de Grecia.

Aspectos positivos destacados: O traballo en grupo e o intercambio de coñecementos

"Había persoas que coñecía de velas e saudalas no centro e pouco máis. Despois desta experiencia non só hai seis persoas que coñezo mellor, senón que tamén vin como se traballa noutros departamentos. Resultou moi reconfortante ver que traballamos de maneira moi semellante e que para os mesmos problemas atopamos solucións moi semellantes. Isto indica que imos polo bo camiño, que despois de analizalo dende distintas perspectivas (cada lingua é unha perspectiva, unha maneira de ver e entender o mundo) optamos por camiños moi semellantes." Francisco Pose Santos

"A reflexión persoal e en grupo sobre o ensino de linguas e a diversidade de posibles ferramentas para a súa avaliación. Sen dúbida, compartir tempo, coñecementos e espazos cos/coas compañeiros/as foi unha experiencia moi enriquecedora e satisfactoria, a nivel persoal e profesional." Juan Lago Leis"O traballo en grupo despois das sesións formativas na universidade." Laurence Guillas"A experiencia co grupo de colegas co que fun e o intercambio de ideas entre nós foi o máis positivo para min." Cristina Rodríguez Rodriguez"Poder asistir cos meus compañeiros. O feito de que fósemos docentes de varios idiomas contribuíu a enriquecer a miña perspectiva e comprensión da mediación, así como a experiencia global de aprendizaxe." Cristina González Piñeiro"Ademáis da formación en si, a experiencia compartida con outros 6 compañeiros da escola". Teresa Moralejo Gárate"As sesións de traballo en grupo." Stéphane Moens

Reflexión dos participantes sobre a experiencia

Aspectos a mellorar destacados: Falta de contidos prácticos enfocados ás EEOOII

"Que os contidos expostos estiveran máis adaptados ás nosas necesidades concretas, unha formación, se cabe, aínda máis especializada. Botei en falla máis práctica e modelos ilustrativos de tarefas.""Un curso máis enfocado a nosa realidade de docencia.""Unha formación máis enfocada á nosa realidade nas EEOOII galegas"

"O curso tería que ter sido un pouco máis longo para realmente asimilar ben toda a información e para ter máis tempo de traballar os aspectos prácticos coas relatoras.""A formalidade na parte organizativa da Universidade Nacional e Kapodistríaca é claramente mellorable. Asistindo ó curso tiven a sensación de que o noso seminario era algo que se facía así de paso, algo pouco significativo. Considero ademais, que a parte práctica podería ter sido mellor. Son mellorables os accesos ás instalacións para as persoas con mobildiade reducida..""O curso tería que ter sido un pouco máis longo para realmente asimilar ben toda a información e para ter máis tempo de traballar os aspectos prácticos coas relatoras.""Ter máis tempo para seguir aprendendo alí ."

Reflexión dos participantes sobre a experiencia