Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Cómo comezar a usalo

KAHOOT!

QUÉ É?

Kahoot! é unha ferramenta para o uso e creación de xogos de preguntas e respostas e outros modos de aprendizaxe como enquisas.

MODO DE XOGO

Kahoot! permite xogar individualmente ou por equipos. Cada pregunta ten un tempo de resposta e puntos, que se dan por acerto e tamén por tempo de resposta.

REXISTRO EN KAHOOT!

Preme o botón morado 'SIGN UP'. A continuación, se che pregunta cómo queres usalo, preme en 'As a teacher'.

BUSCAR UN KAHOOT!

Para buscar un Kahoot! creado por outra persoa, preme na barra de búsqueda e escribe o contido que che interesa. Podes usar filtros para axilizar a túa búsqueda.

DIRIXIR KAHOOT!

Unha vez prememos no Kahoot! que nos interesa, preme 'Play' e elixe modo de xogo; aparecerá na pantalla un código, que é o que van introducir os xogadores.

XOGAR A KAHOOT!

Para xogar, podemos utilizar 3 dispositivos: ordenador, tablet ou smartphone. No caso do material dispoñible no noso centro, a mellor opción é proxectalo na aula de informática para que o alumnado xogue dende os ordenadores. Os xogadores deben dirixirse á páxina kahoot.it, e introducir o código que se reflexa na pantalla, nome de equipo ou de usuario según modo de xogo, e premer 'OK, go!'.

XOGAR A KAHOOT!

Na pantalla na que se proxecta o xogo, aparecerán as preguntas coas opcións correspondentes. Os xogadores len isto na pantalla, e no seu dispositivo, marcan a cor da resposta que consideran correcta.

XOGAR A KAHOOT!

Cando remata o tempo de resposta, en cada ordenador aparecerá o cor verde se a resposta foi correcta, e roxa se foi incorrecta, e na principal indicaráse a correcta. Ao premer 'next' na pantalla que dirixe, mostrarase o ranking d@s xogador@s en cabeza e ao premer de novo, pasará á pregunta seguinte ata rematar.

CREAR KAHOOT!

Se non topamos o contido desexado e decidimos crear o noso xogo, debemos entrar na nosa conta e premer na opción 'create', na que nos aparecerán 4 opcións, e marcaremos a primeira, 'quiz', que sería o xogo de preguntas e respostas. A continuación seguiremos estes pasos: 1. Escribir o título do noso Kahoot! 2. Describir o contido do xogo engadindo almohadillas# para facilitar a búsqueda do xogo

CREAR KAHOOT!

3. Introducir unha imaxe para o título do Kahoot! (opcional) 4. Preme 'OK, go!' e comeza a ingresar as preguntas no apartado 'question' e as respostas en 'answer'. É obrigatorio engadir 2 respostas, e podemos engadir 3 ou 4 tamén. Cando ingresemos a resposta correcta, debemos premer no tick que aparece á dereita para que se garde como resposta correcta.5. Podes modificar en cada pregunta o tempo de resposta e a puntuación nas casillas correspondentes.

Tamén podes engadir vídeos e imaxes na preguntas:

NORABOA!

Benvid@ ao mundo Kahoot!